CAMPUS TERRA - LUGO
XUVENCIENCIA NA AULA- 2019
ENQUISA CIENTÍFICA
Tras levar a cabo a enquisa no noso centro, podemos concluír que si que hai diferenza en canto a sexo tanto na nosa enquisa como na dos científicos, xa que as opcións escollidas na nosa enquisa polos homes e as mulleres son diferentes nas mesmas preguntas.
Pregunta 1(Que espero da miña carreira profesional?): As 4 opcións máis elixidas na pregunta 1 na enquisa das alumnas foron “aprender continuamente cousas novas” (32%), “ter un bo soldo” (32%), “facer algo importante, contribuír á sociedade” (44%) e “tempo para a familia e amigos”(44%). As mulleres da gŕafica dos científicos están de acordo coas da gráfica das alumnas en “aprender continuamente cousas novas”, xa que foi escollida por un 84%. En cambio, as opcións que máis valoran as mulleres científicas na pregunta 1 son: “facer tarefas motivadoras”(63%), “ter flexibilidades á hora de organizar o traballo e a xornada laboral” (61%) e “liberdade para poñer en práctica ideas propias” (42%). En canto aos homes, os alumnos do Perdouro na pregunta 1 escolleron maioritariamente “ter un bo soldo”(50%), “facer algo importante, contribuir á sociedade”(28%), “ter tempo para a familia e amigos” (59%) e “ter establidade e seguridade laboral”(33%). Como vemos, coinciden en moitas coas opcións das alumnas, pero non coinciden en ningunha coa gráfica dos científicos, que escolleron maioritariamente: “tarefas motivadoras”(79%), “aprender continuamente cousas novas”(81%), “flexibilidade á hora de organizar o traballo e a xornada laboral”(40,5%) e “liberdade para poñer en práctica ideas propias”(50,5%).
Pregunta 2 (Que podo ofrecer?): Con respecto á pregunta 2, as alumnas do Perdouro votaron maioritariamente: “creatividade”(33%), “paciencia e perseveranza”(29%), “capacidade para asumir responsabilidades”(32%) e “mentalidade aberta”(41%), coincidindo coas mulleres científicas en “creatividade”(58%) e “paciencia e perseveranza”(50%). Ademais, as seguintes máis votadas polas científicas foron “capacidade analítica e rapidez de percepción”(47%) e “pensamento crítico”(52%). Os alumnos do Perdouro elixiron maioritariamente: “traballo en equipo”(28%), “motivación persoal”(30%), “mentalidade aberta”(26%) e “pensamento crítico”(28%), coincidindo cos homes científicos en “pensamento crítico”(52%). Ademais, os científicos tamén escolleron maioritariamente: “creatividade”(70%), “paciencia e perseveranza”(52%) e “capacidade analítica e rapidez de percepción”(43,5%).
IES PERDOURO
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA - 2019