CONCURSO DE EXPRESIÓN ORAL
BASES 1. Poden participar todas as persoas que o desexen, grandes e pequenos. Haberá cinco categorías: - Educación Infantil - 1º e 2º de Educación Primaria - 3º e 4º de Educación Primaria - 5º e 6º de Educación Primaria - Adultos 2. Pódese participar individualmente ou con outros, ata un máximo de tres persoas. No caso de participar varios, a categoría de participación será a que corresponda á persoa de maior idade. 3. Pódese participar en calquera idioma (galego, castelán, ingles…), como cada un se sinta máis cómodo. 4. Busca un personaxe histórico que che guste e algunha información sobre el ou ela (poden axudarte na casa). Tes que meterte na pel dese personaxe e contarnos algo en primeira persoa. 5. Busca alguén na casa que te axude a preparar todo (vestiario, decorado, guión, linguaxe non verbal…) e a gravar o vídeo co móvil ou cunha cámara. A duración do vídeo non pode ser superior a un minuto e medio. 6. Presenta o vídeo. Podes facelo de dúas formas: - Mándao por correo electrónico a librincios@gmail.com co asunto Métete na pel de… - Entrégao nun pen drive na biblioteca, durante o recreo. 7. O prazo para entregar os vídeos remata o 23 de novembro. 8. Entre o 27 de novembro e o 1 de decembro proxectaremos os vídeos na biblioteca, durante o recreo. Aqueles que asistan poderán exercer como xurado. 9. O premio se entregará o día 20 de decembro, logo das exposicións na biblioteca.