O PERIÓDICO Un periódico é un documento que se publica cada certo tempo e nos informa sobre o que sucede arredor. É un medio de comunicación escrito. No períodico hay varias seccións, que recollen noticias de disto tipo: mundo, comarca, sociedade, economía, pasatempos... O periódico está cheo de noticias.
Buscade e anotade na ficha: - O nome do periódico: - A data de publicación: - O prezo: - O nome dalgunhas seccións: Recortade as seguintes noticias e pégadeas na ficha: - A primeira noticia da páxina 12. - A terceira noticia da páxina 18 - A segunda noticia da páxina 37.7 - A útlima noticia da páxina L11.
A NOTICIA Unha noticia é un texto que recolle información sobre algo que aconteceu ou vai acontecer preto de nós. Unha noticia sempre responde ás seguintes preguntas: - Que? - Quen? / A quen? - Onde? - Cando? - Como? - Por que? / Para que? Escollede unha das noticias e respondede a estas preguntas.
A noticia ten varias partes. Búscadeas nunha das noticias e rodéadeas da cor indicada (a que ten cada nome). - Titular: é o título da noticia. - Antetitular: Pequeno texto qe vai antes do titular (ás veces). - Subtítulo: pequeno texto que vai despois do titular (case sempre). - Autor: persoa que redactoua noticia. - Corpo: todo o texto da noticia. - Foto: parte gráfica da noticia. - Pé de foto: pequeno text que acompaña á foto.