Os muíños

Page 1

OS MUÍÑOS “Pequenas construciós con grandes solucións.”


Muíños en Vincios


Son uns articios para moer e serven especialmente para moer trigo, millo e fariña . As partes do muiño de auga son o inferno, a gradilla, o ferro da billa, o rodicio e a moega. O mecanismo do muiño é sinxelo. A auga do encoro corre por un canal ou cano e move unha roda con pas chamada rodicio. Esta roda, a súa vez, pon en movemento as pedras ou moas do muíño.



No andar superior do ediicio atópase o tremiñado, desde onde o muiñeiro controla a velocidade do rodicio mediante un ferro chamado brandeiro. O gran deposítase nun recipiente suxeito pola escada, chamado moega, moxega, caixón ou tremoia. Hai dúas pedras de moer ou moas: unha ixa ou pé, e outra móbil ou capa que roda sobre a ixa.



Algúns muíños eran de maquía: o muiñeiro recibía unha parte da fariña polo seu traballo. Outros eran de herdeiros: a propiedade do muíño era transmitda por herdanza. As quendas de uso eran por un tempo determinado.





Do uso compartido do muíño xurdían relacións sociais e comunais moi ricas, por exemplo as muiñadas (festas nocturnas no muíño). Refráns, ditos ou cancións…

“Unha noite no muíño unha noite non é nada, unnha semaniña enteira iso si que é unha muiñada”.



Estes tesouriños da nosa cultura son testemuña do pasado, das realidades e historias da xente que vivía noutros tempos. É necesario conservar estes bens patrimoniais e culturais que forman parte da nosa historia e foron tecendo o vínculo co noso pasado.


Autores: Noa Chamorro Guisande Martn Ares Novas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.