Receitas

Page 1

TAREFA 1: RECEITA DE XEADO PARA 6 PERSOAS (Para facer en grupos de tres persoas) INGREDIENTES: - 200 ml de nata - 4 iogures do mesmo sabor - 4 culleradas de leite condensada - Améndoas - Arandos UTENSILIOS: - 2 boles - 1 culler grande - Batedor de variñas - Batedor manual - Lingua de repostería PASOS: 1º. Poñer a nata nun bol e montar co batedor de variñas. 2º. Poñer os iogures noutro bol e batelos. 3º. Engadir o leite condensado e mesturar ben. 4º. Incorporar esta mestura á nata e mesturar con movementos suaves. 5º. Verter todo nun bol e tapar con flim transparente (o film ten que estar en contacto coa crema). 6º. Meter no conxelador durante 2 ou 3 horas. 7º. Sacar 15 minutos antes de comelo. 8º. Servir con améndoas machucadas e arandos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.