XEADO DE OREO INGREDIENTES:
8 GALLETAS OREO 200 GR. DE NATA CONDENSADA 200 GR. DE NATA PARA MONTAR (BEN FRIA)*
PASOS: 1º Moer as galletas oreo
2º Mesturalas coa leite condensada
3º Montar a nata (mellor que esté ben fría)
4º Agregar a mestura anterior pouquiño a pouco con movementos envolventes
5º Por último meter a mestura nun bol apto para conxelador e deixalo dun día para outro…
XEADO DE CACAO
INGREDIENTES: 4 ou 5 CULLERES DE CACAO 200 GR. DE LEITE CONDENSADA 200 GR.DE NATA PARA MONTAR (ben frÃa)*
PASOS 1º Mesturar o cacao coa leite condensada
2º Montar a nata ben fría
3º Engadir pouquiño a pouco a mestura anterior coa nata montada
4º Meter nun bol e poñelo no conxelador ata o día seguinte
XEADO DE FROITAS INGREDENTES FROITA VARIADA (mellor que unha delas sexa plรกtano pola textura)
PASOS 1º Picar a froita
2º Meter a froita nun tupper e deixala unhas horiñas no conxelador ata que esté conxelada
3º Meter a froita conxelada nun recipiente e triturala… E xa temos o xeado feito!
POLOS De refresco de cola INGREDENTES: refresco de cola SEN CAFEÍNA
PASOS: 1º Botar unha lata de refresco de cola nunha pota e poñela ao lume para reducir o refresco
Ao reduciren o refresco de cola este colle máis intensidade no seu sabor* 2º Esperar a que enfríe un pouquiño e introducir o refresco en recipientes de polos ou no seu defecto en copiñas con un pauciño e metelo no frigorífico ata que se conxelen.
ACTIVIDADES QUE PODEMOS FACER AO REMATAR A RECEITA -Pedir ao neno/a que faga un debuxo de cómo sería o seu xeado favorito (este podería ser tamén feito antes) e que enumeren ou escriban os sabores que tería. -Facer a etiqueta do xeado ou xeados que fixeron (con debuxo ou con escrita, en función da súa madurez) -Recordar algún dos ingredientes utilizados (cantos máis mellor) e debuxalos ou escribilos… -Gozar do postre en familia!