1º EN TEMPO DE BURBULLAS Iniciamos unha nova aventura este curso como grupo, con moitas novidades e incertezas : outra profe, novos compañeiros ,outro espazo onde compartir o noso traballo , as nosas vivencias , sentimentos ... Case todo foi diferente pero chegamos xuntos ao final, xestionando conflitos ,gañando autonomía e confianza para seguir sementando e recollendo experiencias . Mergullámonos nun obradoiro de monicreques e contos promovido pola Concellaría de Igualdade para crear entre todos un conto relacionado coa igualdade de xénero, a nosa contorna e o traballo en equipo. No Samaín a clase encheuse de esqueletos, bruxas, vampiros, zombis ...
Traballamos en equipo resolvendo tarefas e investigando sobre música e arte .
12