ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS 1º/ 2º Este curso os alumnos de 1º e 2º realizaron moitas das actividades complementarias propostas polos diferentes Equipos de Dinamización do Centro e que non puideron compartir mesturados ,respectando o protocolo COVID . Desexamos que o próximo curso podamos “picar as burbullas “e gozar de moitos momentos compartidos. Entre as actividades que disfrutamos este curso ... Gozamos do magosto non Galiñeiro.
Preparamos as nosas panxoliñas polo Nadal que foron gravadas en video e colgadas nas blogues de aula, pois a situación neses momentos non estaba, nin está, para actuacións presenciais nos espazos interiores.
Celebramos o Día da Paz a través de actividades relacionadas co conto
" O homiño de papel".
No entroido disfrazámonos con motivos musicais , seguindo os mandadiños da semana, ata rematar disfrazados o último día para dar unha volta ao patio en pequenas comparsas para que nos visen os nosos compañeiros/as.
16