cambiamos

Page 1

CONTOS DE SEMPRE... AO XEITO DE 4.ยบ B

CAMBIAMOS OS CONTOS

1


CAMBIAMOS OS CONTOS

2


CAMBIAMOS OS CONTOS

3


CAMBIAMOS OS CONTOS

4


A aventura de Xoán Érase unha vez unha nai que tiña dous fillos e vivían nun pobo moi pobre. Un dos fillos chamábase Xoán e ao outro chamábano o Xastreciño Valente. A familia tiña un gato e unha vaca. Un día Xoán vendeu a vaca por cinco fabiñas máxicas. A súa nai,cando se enterou, enfadouse moito e tirounas na terra. Pola mañá crecera unha planta enorme no xardín. O Xastreciño Valente quixo subir por ela, pero Xoán non se atreveu. O xastreciño díxolle: Covarde , covarde, que o cu te arde!! O gato díxolle enfadado: Non te burles do teu irmán, fai ben en non subir e ti tampouco deberías. O xastreciño non lle fixo nin caso e subiu. Ao gato non lle quedou máis remedio que ir trás el. Cando o gato chegou viu que un ogro atrapara ao Xastreciño. O gato intentou salvalo, pero tamén o atrapou. Xoán empezaba a sospeitar que lles pasara algo, porque tardaban moito en baixar. Entón subiu e viu que o ogro os atrapara. Colleu un coitelo e cortoulle as mans ao ogro. Baixaron e todo o mundo comenzou a chamalo Xoán «o valente». E ademais Xoán fixouse nunha cousa , o gato levaba as botas do ogro. Laura, Luci e Joel CAMBIAMOS OS CONTOS

5


CAMBIAMOS OS CONTOS

6


CAMBIAMOS OS CONTOS

7


CAMBIAMOS OS CONTOS

8


O gato e o xastre Había unha vez unha muller chamada Branca, que tiña dous fillos, un deles marchou buscar unha muller para casar. E encontrouna, pero non tiña traballo para poder vivir. Un día púxose a buscar traballo e atopouno de xastre. A súa muller quería un gato e comprou un gato máxico que tiña un traxe de “Superman”. Nunha cima afastada vivían catro monstros terroristas, que secuestraron ao xastre, e un ogro xigantesco. Un día o gato invitou a cear ao monstro xigantesco. Antes de que chegara tivo que cumprir a “MISIÓN DE SALVAR AO XASTRE DOS OGROS TERRORISTAS”. O gato saíu voando á velocidade da luz. Xusto cando ían papar ao xastre, colleuno coas súas garras e fixo... MIAU! Os ogros despistáronse e o gato rescatou ao xastre que marchou para a súa casa. O gato atopou cunha planta e trepou por ela.Enriba había un neno que estaba atrapado nun castelo e liberouno, dun zarpazo. Baixaron pola planta e foron cear á casa, alí atoparon ao monstro e ao xastre e con eles fixeron unha gran festa. NOA, ANDREA, ZOE e JORGE

CAMBIAMOS OS CONTOS

9


CAMBIAMOS OS CONTOS

10


CAMBIAMOS OS CONTOS

11


CAMBIAMOS OS CONTOS

12


Fermín polas fabas máxicas Houbo unha vez, nunha granxa, unha muller moi pobre que vivía cos seus fillos: Fermín, que era xastre e Xoán, que era o pequeno. Tamén tiña un gato moi listo. Un día, a nai, mandou vender a Xoán a única vaca que tiñan. Aínda non chegaran ao mercado cando atoparon un vello que lles ofreceu unhas fabas máxicas pola vaca. Xoán como era pequeno creu o que lle dicía o vello e aceptou. Ao chegar á casa Xoán plantou as fabas. Fermín, pouco despois, foi mercar o leite e cando volveu viu que a planta desaparecera entre as nubes. Non puido aguantar a curiosidade e trepou ata chegar arriba. Ao fondo viu un niño de dragóns... que protexían un saco cheo de ouro! Para poder roubarllo, decidiu tirarlle unha pedra a un. Entón o outro dragón pensando que fora o seu irmán, berroulle: Pero ti que fás oh! Se queres guerra...vas tela! E comezaron a cuspir lume un ao outro. Cando caeron mortos Fermín colleu o saco e marchou. Cando a nai viu semellante milagre púxose moi contenta e quedaron ricos por sempre. Dende aquela a nai, os seus fillos e o gato nunca máis pasaron fame. Anxo, Laura,Aldara e Kevin CAMBIAMOS OS CONTOS

13


CAMBIAMOS OS CONTOS

14


CAMBIAMOS OS CONTOS

15


CAMBIAMOS OS CONTOS

16


A grande familia Había unha vez unha familia pobre, formada por un neno, Diego, o seu irmán e a súa nai. Un día a nai mandoulle a Diego ir vender a vaca ao mercado. Polo camiño atopou un gato que tiña postas unhas botas. O gato díxolle: -Cámbioche a vaca por unhas fabiñas máxicas. O neno aceptou, pero só, se o gato aceptaba ser a súa mascota. O gato aceptou. Volveron á casa, a súa nai enfadouse moito e mandouno á cama. Diego, triste, tirou ás fabiñas pola fiestra. Ao día seguinte, ao saír ao xardín, viu un tronco verde e xigante. Chamou ao seu imán e os dous, xunto co gato, subiron polo talo. Ao chegar arriba viron unha tenda abandonada. Tardaron meses en reconstruíla, pero ao final montaron unha xastraría. Tiñan moitos encargos, o negocio ía ben. Ata que... Un ogro ameazou con destruíla, se non lle facían un traxe e lle conseguían unha muller. O xastreciño quedou facendo o traxe, mentres o gato con botas e Diego foron buscar unha muller para o ogro. Despois de visitar varios reinos pedíronlle a un rei a man dunha das súas fillas, para casala co ogro. O rei dixo que non, pero a filla aceptou. Agardaron á noite e cando todos durmían escaparon coa princesa. Volveron á tenda e o ogro e a princesiña casaron e foron felices. DIEGO, LUCÍA E HELENA. CAMBIAMOS OS CONTOS

17


CAMBIAMOS OS CONTOS

18


CAMBIAMOS OS CONTOS

19


CAMBIAMOS OS CONTOS

20


Unha historia máxica Érase unha vez un xastreciño moi valente que paseaba pola rúa, cando viu unha muller moi fermosa. Ao día seguinte volveuna ver no «hipermercado» e seguiuna. Ela deuse conta e preguntoulle que quería. O xastreciño díxolle que lle gustaba e a muller invitouno á súa casa. Cando estaban tomando un café declaróuselle e despois dun tempo casaron. A muller tiña un fillo que ía vender unha vaca, pero polo camiño atopouse cunha carroza na que ían Cincenta e a Bela Durminte e pediulles que o levaran á feira. Cando chegaron o neno púxose a vender a vaca e uns nenos chamados Hansel e Gretel dixéronlle se quería que lle axudasen e así foi. Levárono xunto un señor e este comprouna por unhas fabiñas máxicas que plantou. Despois naceu unha planta xigantesca. O neno trepou por ela e atopou un castelo onde vivía un ogro: No castelo tamén vivía un gato que tiña unhas botas e o neno roubouno. Púxose moi contento porque sempre quixera ter unha mascota. O gato con botas que era moi listo conseguiu obter un castelo e un campo de cultivo, aínda que non se sabe como. Desta maneira a familia fíxose rica.

Chloe, Hugo, Javier, Diana e Wences CAMBIAMOS OS CONTOS

21


CAMBIAMOS OS CONTOS

22


CAMBIAMOS OS CONTOS

23


CAMBIAMOS OS CONTOS

24


O trato Érase unha vez un gato que tiña unhas botas coas que podía correr moitísimo e unha espada. Quería coñecer ao que matou a sete, “o Xastreciño Valente”. Un día atopou unha casa moi antiga e decidiu entrar, porque a porta estaba aberta. Alí vivía un neno que coñecía ao xastreciño. O gato con botas preguntoulle se llo podía presentar. El díxolle que si, pero cunha condición: tíñalle que dar unhas fabiñas. Ao día seguinte quedaron no castelo do ogro. Unha vez alí, o xastreciño ensinoulle ao gato con botas como usar a espada e matar a sete dun golpe. Ao volver atoparon a un señor que vendía fabiñas e o gato con botas pensou: perfecto! Comproulle un puñado e deullas ao neno, que as plantou e comprobou que medraban moito. Dende aquel día todos están felices e contentos. Nora, Andrea M, Óscar e Enrique

CAMBIAMOS OS CONTOS

25


CEIP JUAN FERNANDEZ LATORRE A CORUÑA

CAMBIAMOS OS CONTOS

26


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.