AQUELARRE 19
MAIO 2017
1
AQUELARRE 19
MAIO 2017
DESPEDIDA DO COLEXIO
Hoxe despedímonos dun período moi importante das nosas vidas, que por moito que medremos, sempre lembraremos o colexio. Foron moitos os momentos os compartidos nista escola; uns alegres, outros tristes, algúns de enfado... Pero todos serviron para esforzarnos máis e con todo ese traballo e esforzo conseguimos chegar a grandes cousas. Cando eramos pequenas, chegar a sexto facíasenos moi distante, que faltaba moito. Tiñamos medo de sexto. Pensabamos que ía ser moi difícil que non íamos chegar; pero todo o contrario, coa axuda dos nosos mestres, amigos, e compañeiros, puidemos superar todas as dificultades. Coas notas non houbo problema, con esforzo conséguese todo! Agora que chegamos a sexto, iso que viamos tan lonxe converteuse nunha cousa que xa estamos vivindo, e estamos orgullosas de todo iso que tivemos que pasar para chegar a onde estamos. Tamén temos moitas cousas que agradecerlles aos nosos profesores, porque aínda que ás veces se enfandan, sempre nos axudan a seguir adiante, e en gran parte grazas a eles chegamos ata aquí. Seguro que todos algunha vez dixestes: “Quero que acabe o colexio” ou “Por fin remata este curso!” e outras cousas así; sabémolo ben, pero agora que estamos a piques de rematar a escola, non queremos que se acabe, porque neste colexio pasamos gran parte da nosa vida. Hai que apreciar todo o que se vive, porque hai momentos que só se viven unha vez en toda a vida. É moi difícil despedirse do colexio porque hai moitísimas lembranzas. Nestes nove anos coñecemos persoas marabillosas coas que fomos creando unha gran familia. Botaremos de menos o colexio, aínda que temos moitas ganas de seguir aprendendo e ver que nos depara o futuro. Helena e Luci 6º B
2
AQUELARRE 19
MAIO 2017
1º PREMIO EDUCACIÓN INFANTIL «CONTOS COMPARTIDOS»
O NOVO MUNDO DE ATALANTA
Atalanta é un oso polar que vive nas montañas de Galicia. Si, abraiado lector, un oso polar que ninguén sabe moi ben nin como nin cando chegou ata aquí. Galatea é unha cría de oso pardo. É moi inqueda, e moi lambeteira. Entretense percorrendo as fragas na procura de novos e descoñecidos froitos para comer. Nunha desas excursións atopou a Atalanta. Atalanta pensou que Galatea estaba completamente cocha. Galatea pensou que Atalanta se tiña arrebolado nunha montaña de fariña. Frotaron con forza as súas peles, pero non cambiaron de cor. Gustoulles tanto descubrir que eran diferentes, que se fixeron inseparables. Atalanta adptouse moi á présa aos costumes dos osos pardos. Non era doado cambiar o mar pola montaña, botaba de menos os baños matutinos, os bailes coas focas e as carreiras cos pingüíns. Pero tamén descubriu o divertido que era xogar coas follas do outono, o fermosas que estaban as fragas na primavera e o emocionante que era deixarse levar río abaixo pola corrente. No inverno, ensinou aos seus amigos a facer bonecos de neve, guerras de bólas e a construír zorras con 3
AQUELARRE 19
MAIO 2017
troncos, coas que esvaraban a toda velocidade esquivando as árbores e as rochas. Ás veces, se tiña sorte, convencíaos para xogar ás agachadas. Nunca conseguían atopalo. Os osiños pasábano tan ben con Atalanta que nunca máis quixeron hibernar. Lucas Varela, 4º E. I e Elena Vares González
1º PREMIO 1º CICLO EP «CONTOS COMPARTIDOS»
XA CHEGOU A PRIMAVERA!
-Xa chegou a primavera!-dixo mamá vaca a Loliña- Érguete rápido, non notas como cheira? Corre, corre, asómate á ventá; vén, Loliña, vén! Loliña asomouse pero non cheirou nada. -Mamá, eu non noto nada. Pero... a que cheira a primavera? Dime, mamá., -Loliña, a primavera cheira a mil cousas diferentes; sae e pregunta, verás como as descubres. Loliña fixo caso e saíu. Atopouse cunha ovella e preguntoulle: -Ovella, ti sabes a que ule a primavera? -Si, Loliña, si. A primavera ule a herba recén cortada e a froitas frescas -respondeu a ovella. Loliña seguiu camiñando e atopouse co cabalo. Díxolle: 4
AQUELARRE 19
MAIO 2017
-Bo día, cabalo, sabes a que cheira a primavera? -Si, Loliña; si! A primavera cheira a paz, a descanso e a tranquilidade -respondeu o cabalo. Loliña gardaba na súa cabeciña o que lle dicían. Camiña que te camiña, atopouse cunha pomba. Preguntoulle: -Bo día, sabes a que cheira a primavera? -Claro que si, Loliña. A primavera cheira a aire fresco, a aire do campo. -respondeu a pomba. -Moi ben; grazas, pombiña -despediuse Loliña. Cando xa estaba chegando á súa casa, atopouse cunha galiña. Díxolle: -Bos días, galiña, sabes a que cheira a primavera? -Si, Loliña. -contestou a galiña-. Cheira ao resío das mañás, ás flores deste campo, á beleza desta paisaxe... Loliña despediuse e foi á casa. Cando chegou: -Mamá, mamáaaa! Xa sei a que cheira a primavera! -Ah, si? -dixo mamá vaca-. Pois agora abre outra vez a ventá e mira a ver se notas algo. Loliña achegouse, abriu a fiestra e asomouse. -Nótalo agora, Loliña? -insistiu a nai. -Mmmmm, si, mamá; agora xa cheiro a primavera, xa descubrín o seu segredo. Saúl Mato e súa nai Lorena Fuentes
5
AQUELARRE 19
MAIO 2017 1º PREMIO 2º CICLO EP «CONTOS COMPARTIDOS»
UN CARBALLO Había unha vez un home chamado Xosé que tiña unha carballeira. Sempre fachendaba dela e non lle faltaban razóns, pois alí había moitos e moi grandes carballos. Pero había un especialmente grande e vello. Dicía a xente do lugar que tiña máis de catro séculos. Facían falta máis de oito homes cos brazos abertos para poder rodear o seu tronco. Tiña algunhas pólas secas que nas noites de luar facían figuras que parecían pantasmas cos brazos abertos. Un día de primavera, Xosé decatouse de que lle quedaba pouca leña no alpendre. Pensou en ir recoller unha pouca a fin de semana, que viña a neta da Coruña. Así levaríaa con el, xa que lle gustaba moito ir á carballeira. E así o fixo. A fin de semana chegou Uxía, a neta de Xosé. Entón el colleu o tractor e a motoserra e dirixíronse cara a carballeira. Segundo ían, Xosé pensou que igual cortaba o carballo vello, pois tiña as pólas xa moi secas e faría moi boa leña para o inverno. Ao chegar xunto del, acendeu a motoserra. Entón, daquela árbore centenaria saíron unha curuxa, un ourizo cacho, un esquío e un peto. Uxía pediulle ao avó que non cortase aquel carballo, pois era o refuxio de moitos animais, que quedarían sen casa. Xosé pensou tamén que aquela carballeira non sería a mesma sen aquel carballo. Uxía púxose moi leda ao ver que o seu avó Xosé xa non cortaría aquela árbore. Xosé Ramón Lamas e Marta Lamas, 3º
6
AQUELARRE 19
MAIO 2017 1º PREMIO 3º CICLO EP «CONTOS COMPARTIDOS»
XAN E O SEU SEGREDO Lembro aquela mañá que entrou un neno na nosa clase, repetía 6º e sentárono á miña beira. Era un grandullón, con ollos pequenos e moi serio. Na clase era pouco falador, pero no recreo metíase con todo o mundo. E unha mañá tocoume a min ser a súa vítima. Faleino cos meus pais e aconselláronme que lle preguntara por que se metía comigo. Aínda que pensaba que non sería posible razoar con el, ao día seguinte armeime de valor e no recreo mantivemos unha conversa. Cando rematamos, pasou o de sempre: eu chorando polo empurrón e os alcumes e Foucellas castigado, pero mastigando un anaco da miña merenda, relambéndoa cunha lingua que lle chegaba ás orellas. Os meus amigos máis eu buscabamos unha solución para que remataran semellantes abusos, porque viamos que os castigos non supuñan ningún correctivo para el; máis ben, burlábase das nosas perdas e dos seus trunfos. Un día que a mestra non puido vir á escola todo cambiou. A substituta quería coñecernos mellor, así que en vez de preguntar os nosos nomes pediunos que lle contaramos episodios importantes da nosa vida, que nos impactaran, porque dicía que eses feitos formarían parte da nosa personalidade. Adiviñade quen empezou contando a súa historia: Foucellas! Houbo un longo intre de silencio; no fondo esperabamos non ser os protagonistas do seu relato e non ter que sentir vergoña diante da nova mestra, pero o que dixo, sorprendeunos: «Lembro unha mañá moi chuviosa; meus pais leváronme no coche ao colexio para que non me mollara. No medio do camiño díxenlles que un rapaz da clase se burlaba de min, pero non me fixeron caso, pedíronme paciencia, que me dera a coñecer. 7
AQUELARRE 19
MAIO 2017
Enfadoume moito a súa resposta e berrei. Meu pai mirou para atrás, sorprendido, e nese momento escoitei a miña nai pronunciar o meu nome e un forte golpe; batemos cun coche diante de nós. Todo foi moi rápido. Todo estaba escuro... Cando espertei estaba nunha cama e a miña avoa ao meu carón... Máis tarde souben que foran as últimas palabras dos meus pais, que só sobrevivira eu. O médico non paraba de dicirme que tivera moita sorte, que tiña moitas feridas pero que ían curar, mais algunhas non curaron nunca; seguen aí, abertas no corazón e prodúcenme rabia, ganas de bater ao mundo enteiro, de non deixar nada en pé... Todo fora culpa miña». Nese intre pechou os ollos e calou. Comprendín o que sentía e dun pulo estendín o meu brazo e cunha aperta de mans, díxenlle: - Non foi culpa túa, non estás só, es do noso grupo e ímoste coidar. Ao tempo que lle caían as bágoas polas meixelas, ía amosando un pequeno sorriso que lle cambiaba o rostro; non parecía el; por fin puidera contar o segredo que levaba tanto tempo atormentándoo. A mestra pediunos que non quedaramos parados, que cada quen fixera o que sentira... Moitos de nós démoslle apertas, empurronciños pequenos e mesmo Rosa estampoulle un bico tan sonoro que abouxaba as orellas e produciu nel un sorriso tan grande que amosou os dentes. - E ten dentes! Iso foi o que dixo Pablo... Botámonos a rir. Xan, que era o seu nome, agora está sempre connosco no instituto, no noso grupiño de colegas e agora e el quen lembra aos demais que coa forza non se consegue nada, que só nos fai máis infelices, e anímanos a non quedar quedos, a facer e dicir o que sintan. Dilles tamén que é máis valente recoñecer os problemas e pedir axuda para afrontalos, que iso fainos medrar como persoas. E debe ser certo, porque este grandullón non para de medrar;polo contrario, parece que lle foi minguando a lingua. Non deixa de sorprenderme este Xan! Ángeles Cortés e Daniel Seara, 6º A
8
AQUELARRE 19
MAIO 2017
Ai que dous! Tareixa e Antón son unha parella de avós que viven nunha bonita casa de pedra na aldea. Teñen dous fillos e tres netos pequenos, que viven na cidade, e só se ven algunhas fins de semana. A Tareixa e a Antón failles compañía o papagaio Poli. Un día de inverno, Antón estaba picando leña no patio da casa. A súa muller estaba dentro e dixo: -Morro co frío! Vou botar unha manta polos ombros. Teño que entrar en calor. Despois de media hora, Tareixa seguía tremendo coma unha folla. Entón achegouse á porta da casa e chamou con voz mecosa: -Antón, meu amoriño! Podes vir para acender a cheminea? Teño moitísimo frío! -Agora mesmo vou, ruliña! -respondeu el. O home entrou na casa, foi ata o salón e prendeu o lume. -Vou quedar aquí un anaco para descansar e ler o xornal -dixo Antón. Tareixa sentouse ao seu carón. Pasada unha hora, a muller estaba leda coma unha bolboreta e dixo: -Antón, que ben estou agora! E ti como estás? -Eu acoro!. Súo coma un polo no forno! Desde o seu recuncho, o papagaio Poli observou aos dous vellos e berrou coma un tolo: -Ai que dous! Teredes que buscar un punto de equilibrio! E púxose a comer pipas como se nada. Titora e alumnado de 2ºB
9
AQUELARRE 19
MAIO 2017
O lapis Érase unha vez unha nena chamada Noa. Era unha nena superguapa. O día do seu aniversario regaláranlle un lapis. Probouno e pintoulle vermello e entón entráronlle ganas de pintar un coche vermello, pero o lapis pintoulle amarelo, quixo pintar un sol e pintoulle de azul e quixo pintar o ceo pero pintoulle de verde, probou a pintar o campo e, agora si, pintoulle vermello. Resulta que Noa fixo un debuxo ao revés: Un coche amarelo, un sol azul, un ceo verde e un campo vermello. María Pereiro Celeiro, 3º B
Iván e a variña
Iván era un neno normal ata que un día atopou un vello cofre cunha variña máxica dentro. Para comprobar se era de verdade máxica fixo aparecer un loro. Iván quedou coa boca aberta. A partir dese día Iván xa non foi un neno normal, foi un neno MÁXICO. Sergio Vázquez, 3º B
10
AQUELARRE 19
MAIO 2017
A CASIÑA DE CHOCOLATE Dous irmáns estaban paseando polo bosque e chegaron á beira dunha casa que estaba toda feita de chocolate e larpeiradas. Era dunha bruxa que os colleu prisioneiros para engordalos e comelos despois. Entón chegou o carteiro cos resultados dunhas análises que dicían que a bruxa tiña o azucre e o colesterol moi altos e que debía comer moi pouca carne e moitas verduras e peixe. Os nenos dixéronlle á bruxa que á súa avoa pasáballe o mesmo ca ela e que se os soltaba, eles levaríanlle todos os días leitugas, verzas, patacas, etc. e peixes para que comera san. Faríanlle a comida e acompañaríana un pouco os sábados e os domingos (porque non tiñan cole) e así non estaría soa. A bruxa aceptou e, como agasallo, todos os días que ían deixáballes coller algunha larpeirada da súa casa. Alumnado 4ºB
A raiña máis fermosa un minuto No país dos contos pasou un acontecemento inesperado. A raíña preguntoulle ao seu espello máxico quen era a máis feremosa do reino e respondeulle que Branca das Neves, a súa fillastra A raíña mandoulle un soldado cunha mazá envelenada pero como era despistado deulle un limón. Desgraciadamente Branca das Neves ao probar o limón puxo unha cara horrible e a raíña foi a máis guapa durante aproximadamente un minuto. Carmela Taboada, 3ºA
11
AQUELARRE 19
MAIO 2017
O meu lugar preferido O meu lugar preferido é unha fonte que está situada preto da avenida Casanova de Eirís, no parque de Pablo Iglesias . É un lugar moi bonito e grande. Ten tres chorros de auga limpa, pero ás veces... está sucia! Elexina porque cando a auga cae fai un son moi fermoso. Gústame ver o meu reflexo na auga e os chorros parecen que saltan cando paso por alí para ir ao parque. Síntome alegre e contenta de ter no meu barrio unha fonte coma esta. Sofía
O meu lugar favorito está situado na praza de Pablo Iglesias, ao lado do Centro Cívico. É bastante grande, e divertido. Ten tres partes: o parque dos nenos pequenos, o parque dos nenos un pouco máis grandes e unhas mesiñas con bancos, na parte de abaixo. Apeteceume debuxalo porque vou moitas veces por alí e para min é moi bonito. Cando vou ali, pásoo moi ben, cando empezo a xogar non paro. Alba
O meu lugar preferido é o parque que está en Eirís. É grande e espazoso. Gústame porque é divertido xogar alí, cando vou cos amigos. Tamén me gusta porque ten moitos xogos: tobogáns, ruleta, randeeiras... Cerca de alí hai un estanque que ten patos, tartarugas e peixes. Duarte
12
AQUELARRE 19
MAIO 2017
Pitufina Isto ocorreu cando Papá Pitufo, o líder da aldea dos pitufos, era xa bastante maior e decidiu que ese cargo debería pasar á súa única filla: Pitufina. O resto dos pitufos non estaban de acordo. Opinaban que por ser unha rapaza, non tería a mesma autoridade para dar ordes. Papá Pitufo, entón, dixo que o sucedería no liderazgo do seu pobo quen superara unhas probas. Todos os pitufos estiveron de acordo en que Pitufina puidese participar, xa que eles non lle vían posibilidades de gañar. Chegou o momento das probas. 1ª.- Ver quen era máis intelixente: Os participantes tiñan que conseguir saber a súa altura sen usar regras nin similares. Nesta proba participaron pitufo Sabio e Pitufina. Pitufo Sabio creou un robot que primeiro mirábate, despois tocábache a cabeza e por último dicíache a túa altura. Pero foi descalificado porque tiña unha cinta métrica incorporada. Pitufina en cambio, recolleu varias mazás e comprobou que tres mazás equivalían xustamente á súa altura. E gañou esa proba. 2ª.- Ver quen tiña máis forza: Os participantes tiñan que conseguir levantar coas súas propias mans un piano! Nesta proba participaron pitufo Fortachón e Pitufina. Pitufo Fortachón intentou levantar primeiro o piano máis grande. Como non o conseguiu, probou cun máis pequeno, pero non o levantou. Tocoulle a quenda a Pitufina que, con picardía, colleu un piano de xoguete que podía tocar melodías. Levantouno e gañou tamén a proba. 3ª.- Ver quen conseguía facer chover: Os participantes tiñan que conseguir que estando o ceo completamente soleado se nubrara e se puxera a chover. Nesta proba participaron pitufo Bromista, pitufo Bailarín e Pitufina. Pitufo Bromista fíxolle unha «ofrenda´´ ao ceo, que non lle saíu moi ben porque, en vez de coller un agasallo normal, colleu un dos seus agasallos das bromas e saíron fogos artificiais. Pitufo Bailarín púxose a bailar, pero en vez de ser unha danza da choiva, debeu ser de sol, porque durante unha semana fixo moitísima calor e non houbo ningunha nube. Pitufina comezou a cantar unha canción tan desafinada que non parou de chover nun mes. E gañou tamén esta proba. Pitufina demostrou que unha rapaza podía facelo igual ou mellor ca os rapaces e ocupou o cargo do seu pai. Marta Fernández,6º A
13
AQUELARRE 19
MAIO 2017
Rimas de amigos
Hoxe, David comeu regaliz.
Hoxe Ainhoa monta en canoa.
No Entroido, Martina disfrazouse de Pitufina.
O amigo de Daniel vive en Israel.
Martina e a súa amiga Karla pasan o día fala que fala.
Agora Andrés durme debaixo dun ciprés.
Hoxe Paula traballa na aula.
Onte Fran comeu un flan.
Onte, Saúl abriu o baúl.
Hoxe Gabriel preparou un pastel.
Pola mañá, Antía da súa casa saía.
Hoxe Laura vai a sauna.
Os zapatos de Lucía compráronse nunha zapatería.
Na tenda, Mario comprou un canario.
Hoxe Mario ordena o seu armario.
Agora a Lucas pícalle a nuca.
O esquío de Alejandra comeu unha landra.
No seu aniversario, Sara pintouse a cara.
2º A
14
AQUELARRE 19
MAIO 2017
Escola de superheroes e superheroínas
Os nenos e nenas de 3 anos convertéronse en superheroessuperheroínas e viviron unha chea de aventuras. Xogando e explorando, practicaron todos os seus superpoderes e defenderon a súa cidade. Os Superheroes dos cómic ensináronlles diferentes emocións. E tamén tiveron a sorte de contar con verdadeiros superheroes-superheroínas da vida real!!!
Que ben o pasaron!!! 15
AQUELARRE 19
MAIO 2017
O castelo medieval
Os nenos e nenas de 4 anos viaxamos a Idade Media e convertĂŠmonos en cabaleiros medievais cos nosos escudos, espadas e cascos.
Para rematar a andadura pola Idade Media os alumnos e alumnas decoraron a bandeira do seu propio reino. Toda unha aventura! 16
AQUELARRE 19
MAIO 2017
O alumnado de cinco anos na era Mesozoica
Que sorpresa o primeiro día de cole despois do verán! Cando chegamos á clase, atopamos dous ovos xigantes… De quen serán? Averiguamos que eran de dinosauros e aprendemos...
Tamén descubrimos que aínda que xa non existen dinosauros, o que si se conserva é unha árbore desa época: o gingko biloba.
5 anos
17
AQUELARRE 19
MAIO 2017
Visita a Bonilla
Os nenos de 1ºA visitamos a fábrica de patacas Bonilla onde nos explicaron como era o proceso desde que chegan as patacas do campo ata que nós poidamos comer esas patacas tan ricas, nun bar ou na nosa casa. Para entrar na fábrica puxemos unha bata branca e ao rematar regaláronnola xunto cunha bolsa na que había un paquete de patacas e outro de «gusaniños».
Tamén nos ensinaron a moto coa que ao principio repartían as patacas; hoxe van en camións.
Alumnado de 1º A
18
AQUELARRE 19
MAIO 2017
Ao teatro!
Os nenos e nenas de novembro.
1º
fomos ao teatro o día 3 de
Vimos unha obra con monicreques inspirada nunha novela infantil de Érica Esmorís: «O PODER DE AMÁBEL». Conta a historia de Amábel, unha rapaza cunha familia que ten superpoderes. Ela é a única que non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Decidida a descubrilo emprende unha viaxe chea de aventuras moi curiosas co seu amigo Braulio... Gústounos moito!! Alumnado de 1º B 19
AQUELARRE 19
MAIO 2017
ARTE E XEOMETRÍA A arte e a xeometría son grandes amigos, e cando se xuntan fan un cadro espectacular. Pintores como Mondrian e Kandinsky usan a xeometría para facer os seus cadros. Nós en 5º, estámolo estudando en matemáticas. MONDRIAN
É un pintor que usa paralelas e perpendiculares usando as cores vermella, azul, branca, negra e amarela. Tivo unha época na súa vida na que fixo obras realistas coma «Red Tree»
KANDINSKY
Utiliza principalmente polígonos, rectas circunferencias cunhas cores moi vivas. Plasma os seus sentimentos na pintura.
En Plástica fixemos un cadro de Mondrian e outro de Kandinsky. Para facelos tivemos que aprender xeometría co libro de mates. A nós parécenos moi divertido relacionar a xeometría coa plástica e así utilizamos mellor os materiais: escuadra, cartabón, transportador, regra e compás. 5º A
20
AQUELARRE 19
MAIO 2017
O Magosto
Que ben! Cantas apañei.
Estou apañando castañas
Que ricas!
Agora... asámolas!
Sábeme o leite!
Encántame bailar! A min tamén.
21
Viva o Magosto!
AQUELARRE 19
MAIO 2017
Poema da castaña Quixera ser unha castaña e desde o meu outeiro ver as follas pasar do outono vindeiro. Quixera ser unha castaña xirar, xirar e xirar e cando os nenos me coman berrar, berrar e berrar. E no patio do colexio saltar e bailar para celebrar o magosto... Que felicidade!
Martín, Xiana e Mencía, 3ºA
A CASA DOS ESQUELETOS Había unha vez unha casa feita de ósos preto dun río de sangue. Á media noite, a casa moveuse e saltaron mil esqueletos que comezaron a bailar. Cando saíu o sol volveron formar a casa. Así fixeron todas as noites e por iso a xente só ía ao río polo día. Saúl, 2ºA
A MOMIA DE EXIPTO Hai moitos anos había unha momia que vivía nuha pirámide en Exipto. Un día uns nenos visitaron a pirámide. Entón a momia saíu e perseguiunos. Ao final os nenos lograron escapar e non volveron á pirámide . Que aventura! Antia, 2º A
22
AQUELARRE 19
MAIO 2017
Pola igualdade
23
AQUELARRE 19
MAIO 2017
A PAZ
PAZ
Cor da p el, lixión, non raza ou reé te da cue o importanstión.
, a amor , v o h c Que mizade a a v o h que c a PAZ v o h c . que icidade l e f a t i 1º A e mo
A PAZ é de todos/as e te mos que compar tila. 2º A
6ºA sorrisos r, o m a , Z PA son as a í r g e l a e aminas it v s e r o ll me día. para cada 4º B
Nenos e mos ig nenas soua o s m e is, temos sm tos e d os dereiesexam os a PAZ.
eOs nenos e n s nas de 3 ano a queremos . PAZ na escola 4º EI
onsec e s n o A PAZ n v i o l e n c i a , n g u e c o e con amor es conségu go. iálo 3º A e con d
5ºB
24
AQUELARRE 19
MAIO 2017
O Entroido
Bo día! Que tal? Ola!
Pensando no Entroido.
De que ides? Eu de Guille. Eu tamén de Guille.
Xa estades? Si, si que estou.
Eu estou listo.
Que ben o fai!
Eu de Mafalda.
Xa.
A quen lle importa.
Saíde de aí!
Queremos xogar!
Que divertido!
Saíde de aí!
Queremos xogar!
25
AQUELARRE 19
MAIO 2017
Zipi e Zape Zipi e Zape é unha historieta humorística creada polo autor español Josep Escobar a partir do 1946, a máis popular das súas obras. É unha das máis populares de banda deseñada en España, só por detrás de “Mortadelo e Filemón”, ao menos na súa época. Foi publicada no 1948-19942000-2002. Os personaxes deste cómic foron Zipi, Zape, Don Pantuflo e Doña Jaimita. A pesar das súas trasnadas Zipi e Zape xamais recibiron unha labazada do seu pai, Don Pantuflo Zapatilla. Pero iso si, non se libraron de acabar no “cuarto dos ratos”, de esquivar unha locomotora, de ser empedrados, atados a unha vía dun tren ou a un barril de dinamita a punto de estalar... Ao principio Zipi e Zape eran altos, de pelo curto, vestían pantalóns negros e camisas brancas de manga curta con garavata, zapatos negros e calcetíns brancos estirados.
A partir dos anos sesenta fanse máis baixos e rechonchos e teñen o pelo máis longo e redondo. Na década de 2000 Zipe e Zape pasaron aos debuxos animados da man da produtora BRB Internacional.
5ºB
26
AQUELARRE 19
MAIO 2017
Letras Galegas Carlos Casares Mouriño naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense, pero aos catro anos marchou para Xinzo de Limia, onde seu pai era mestre. Alí aprendeu o nome das árbores e dos paxaros e xogaba cos xoguetes que el facía. Estudou Filosofía e Letras, en Santiago e foi profesor nos institutos de Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. No ano 1971 coñeceu unha moza sueca, Kristina Berg, e ao poco tempo casou con ela. Kristina ensínoulle Suecia. A Carlos Casares gustoulle, aprendeu o idioma e soñou que algún dia, Galicia se puidera parecer a ela. As ideas de Casares, de amor a Galicia e ao idioma galego, aprendeunas de Ramón Piñeiro e dos galeguistas vencellados á editorial Galaxia. O primeiro libro importante de Casares foi «Vento ferido», logo viñeron «Xoguetes para un tempo prohibido», «Os mortos daquel verán», «Deus sentado nun sillón azul», «O sol do verán»... todos para adultos. Pero tamén escribiu libros para nenos, como «A galiña azul», «O can Rin e o lobo Crispín», «Lolo anda en bicicleta», «O polbo xigante».. Escribiu tamén sobre a vida de diferentes persoas coma a do seu amigo Ramón Piñeiro. Colaborou durante moitos anos co xornal «A Voz de Galicia». Casares foi membro da Real Academia, deputado polo PSdeG, dirixiu a Editorial Galaxia, a revista Grial e presidiu o Consello da Cultura Galega. Faleceu en Vigo o 9 de marzo de 2002. Lía, Lucía e Raquel, 4º EP, 2013
27
AQUELARRE 19
MAIO 2017
NA LEMBRANZA DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ Querido inimigo Gustounos moitísimo porque conta a historia de Laura, unha nena, que lles ten moito medo aos cans e remata facendose moi amiga dun. 1º
O merlo branco Gustoume moito e pareceume moi interesante como amosa o que sofren algunhas persoas por ser diferentes. Encantoume! Se Agustín estivera aquí diríalle que para min é un dos mellores escritores do mundo!
No corazón do bosque Gustoume moito, porque fala de como se pode solucionar o acoso escolar. Tamén fala da amizade. Gustoume moito porque viven moitas aventuras. Tamén ten moitos sentimentos, como a tristura, a sorpresa, a ledicia … e ten imaxinación. 4º
O meu nome é Skywalker Convidámosvos a ler este libro, porque é entroido e ten moitos momentos divertidos, cos que podes soñar. Tamén é un pouco triste. Cando descubras o final vaste sorprender moito. 5º
28
AQUELARRE 19
MAIO 2017
VISITÁRONNOS Iago López O día 1 de marzo, Iago López autor do conto «O Cociñeiro Martiño» veu ao noso colexio para visitar aos nenos de 1º e 2º de primaria. Antes da súa visita lemos o conto, recortamos e pintamos gorros de cociñeiros para decorar o salón de actos do colexio, onde falamos con el. Gustáronlle moito os nosos traballos. Iago elixiu a cinco rapaces para representar os diferentes personaxes do libro. Que divertido foi! Que ben conta os contos! Ao rematar asinou autógrafos nos libros que algúns nenos e nenas mercaran e tamén nalgúns dos debuxos que nós fixemos sobre o libro. 1º C
FOI MOI DIVERTIDO!
Chinto e Pinto Aínda que o libro «Cámbiache o conto!» é cousa dos dous, só puido vir Chinto, o autor dos textos, para falar da súa obra co alumnado de 3º e 4º.
Héctor Cajaraville Compartiu co alumnado de 5º e 6º de Primaria, o seu orixinal libro «Quen dá a quenda?»
Mónica Rodríguez Falou co alumnado de 5º e 6º do seu libro «Alma y la isla», XII Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil.
29
AQUELARRE 19
MAIO 2017
30