Aquelarre branca compressed

Page 1

aquelarre Nº20 CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE A CORUÑA



AQUELARRE 20

MAIO 2018

DESPEDIDA DO COLEXIO Hai nove fantásticos anos comezamos o colexio, non todos tiveron a mesma reacción: uns choraban ao ver a súa nai marchar e outros estaban moi felices por empezar esta nova aventura. Pero fíxonos moi ben entrar por aquela porta. En infantil déronnos clase dúas profesoras ás que lles agradecemos que nos ensinaran a escribir, ler, facer experimentos e outras moitas cousas máis que aprendiamos nas saídas que realizabamos en todo o curso. Ao chegar a cinco anos xa todos desexabamos ir sen mandilón. Ao chegar a primaria todo cambiou, novos profesores, novas ensinanzas e algúns que outros novos amigos. Acordámonos da visita á fábrica de Bonilla e á do zoo de Marcelle, no que vimos animais moi bonitos e explicáronnos moitas cousas que descoñeciamos. Estas son dúas de todas as excursións divertidas e interesantes que fixemos ao longo de primeiro e segundo curso. Ao finalizar segundo xa tocaba cambio de profesores e profesoras e pasar de escribir no libro a escribir nun caderno para cada materia, foi unha situación rara e diferente, pero acostumámonos enseguida e seguimos aprendendo como se nada. Neste curso aprendemos a multiplicar e máis cousas relacionadas coas Mate, Naturais, Sociais e as Linguas. Tamén houbo actividades nas que aprendiamos moitas cousas diferentes, coma charlas ou traballos en grupo. Nos seguintes cursos aprendemos máis curiosidades e contidos de aprendizaxe que responderon a todas as nosas preguntas. Tivemos que superar moitos exames e outros obstáculos, mais os superabamos todos xuntos apoiándonos uns aos outros. Todo foi doado ata agora que estamos en sexto, e non cremos que vaia ser fácil non chorar na graduación.

Grazas ás profesoras e profesores, compañeiras e compañeiros por estes nove anos tan divertidos! Greta e Alejandra 6ºA; Sara, Jairo e Noa S 6ºB

1


AQUELARRE 20

MAIO 2018

1º PREMIO EDUCACIÓN INFANTIL «CONTOS COMPARTIDOS» MARGARIDA E A ESTRELA

Érase unha vez unha margarida que se atopaba debaixo da terra, pero confundiuse de mes,;aínda estabamos no inverno. Un día apareceu unha estrela no ceo e acercouse á margarida. - Ola! Cómo che vai? Xa vexo que te confundiches de mes, pero non pasa nada, eu voute protexer e darche calor coa calor da estrela. Coa calor da estrela a margarida conseguiu medrar aínda sendo inverno e converteuse na margarida máis fermosa do xardín. Valeria, 6º A EI e a súa nai, Mª Elena

2


AQUELARRE 20

MAIO 2018 1º PREMIO 1º CICLO EP «CONTOS COMPARTIDOS»

Xaquín o gaiteiro

Había unha vez un neno chamado Xaquín que vivía nun pobo da montaña lucense. Era un neno moi bo, estudoso e traballador ao que lle gustaba moito ir á escola. Un día, cando ía coa súa nai ao mercado da vila, escoitou un son moi fermoso que saía pola fiestra dunha casa. Entón Xaquín preguntoulle á súa nai:-Mamá, quen vive nesa casa ? Contestoulle a nai:-Vive o señor Antón, o gaiteiro máis antigo de Galiza. Dixo Xaquín:-Sabes mamá, a min gustaríame moito aprender a tocar ese fermoso instrumento. Podo acercarme á fiestra? Respondeulle a nai:-Si, pero con moito coidado. Cando está ensaiando non quere que o molesten. Xaquín acercouse moi amodiñoe alí viu como tocaba o señor Antón. De súpeto, agachouse para que non o vira o gaiteiro, pero o velliño, moi astuto, decatouse e díxolle: - Que fas rapaz ? Pasa, que nesta casa están as portas abertas para quen queira entrar. 3


AQUELARRE 20

MAIO 2018

O neno entrou moi tímido, mentres o virtuoso da gaita seguía tocando. Quedou abraiado do ben que o facía e pensou...canto daría por tocar así ! Entón, o gaiteiro fixo un pequeno descanso e preguntoulle a Xaquín: - Que... gustaríache aprender a tocar ? Hai que ter bos pulmóns xa que a gaita é un instrumento moi esixente. Xaquín respondeu: -Si, gústame moito o son da gaita, pero... non teño quen me ensine. Dixo o gaiteiro: -Por iso non te preocupes, eu estaría encantado de poder axudarche. Fala cos teus pais, e cando queiras ven por aquí. Xaquín marchou moi contento e cando chegou onda a súa nai díxolle:- Mamá...o señor Antón ofreceuse para ensinarme a tocar a gaita. Ti lévasme, verdade ?. Respondeu a nai: -Claro que si,; o teu pai e máis eu estariamos moi contentos de que cumpras o teu soño. María, 1º e o seu pai, Antonio

4


AQUELARRE 20

MAIO 2018 1º PREMIO 2º CICLO EP «CONTOS COMPARTIDOS»

Leo, o león vexetariano Leo vivía na sabana, coa súa familia, moi feliz, pero a hora da comida era un suplicio. Por moito que a súa nai lle dicía:-Acabo de cazar esta cebra, mira que xamón ten, seguro que está boísimo. E o seu pai insistía:-Proba un pouco de antílope, ou un pouco de gacela, verás que carne máis tenra.... Non había forma de facerlle probar a carne. Dáballe moito noxo o sangue e o seu cheiro. Só comía herbas e follas que alcanzaba dende a súa altura, que era pouca. Os pais e os maiores da manda dicíanlle:-Se non comes carne, non terás forzas para cazar. -Se non como carne, non preciso cazar. Un día Leo perdeuse, e viuse rodeado dunha manda de xirafas. A máis pequena, Xulia, que lle dixo o seu nome despois de asegurarse de que Leo non a ía comer, fíxose a súa amiga e axudoulle a coller follas das partes máis altas das árbores... que sabor tan diferente e que tenras eran... tan diferentes ás do chan e ás que estaban máis baixas! Estivo perdido un par de horas, pero como na sabana non hai reloxo, non existe o tempo. En todo caso, a Leo pareceulle moi pouco cando escoitou ao lonxe o berro da súa nai chamándoo:-Grrrrr !!!, Leooooooo!!! Grrrrr !!! -Estou aquí, mamá !!! As xirafas, fuxiron a toda présa, e tamén Xulia, claro. Cando Leo e a súa nai regresaron co resto da manda, Leo explicoulles: -As xirafas son herbívoras, aínda que eu estaba só e perdido, non me comeron. Pero se a nosa manda, carnívora, atopase soa e perdida a Xulia.... -Espera... Quen é Xulia ? -Xulia é unha nova amiga, da miña idade, unha xirafa que me atopou e me coidou mentres estiven perdido. Collía follas das máis tenras para min. E só pensar que Xulia podería ser a vosa merenda.... A manda pensou e debateu sobre o que Leo contara e decidiu probar polo menos as follas e a herba. Podería ser unha vantaxe para cando a caza escasease. Mencía, 4º A e a súa nai, Lola

5


AQUELARRE 20

MAIO 2018 1º PREMIO 2º CICLO EP «CONTOS COMPARTIDOS»

Contos da avoa A miña avoa viviu moitas aventuras na súa vida, algunhas das máis simpáticas e curiosas en Inglaterra, onde pasou unha parte importante da súa vida. A aventura que vos veño a contar hoxe discorre no aeroporto de Londres, nada máis baixar do avión e no momento de pasar pola Aduana. A miña avoa levaba tres botellas de bebida na maleta ( dúas de anís para facer rosquiñas (– que por certo sáenlle moi ricas ) – e unha de zume de mora, que ben se podería tomar por viño tinto, cando só estaba permitido entrar no país con dúas. Unha policía da fronteira parouna e preguntoulle: -Have you got anything to declare ? (Ten vostede algo que declarar?) E a miña avoa, que sabía que levaba unha botella de máis, aínda que era de zume, fíxose a inxenua coma se non soubese inglés e díxolle: -Non falo inglés. A policía, que algo sabía de español e era moi desconfiada, entendeuna e sinalou un cartel onde se podía ler: Se ten algo que declarar, informe á Aduana. A miña avoa volveuse a facer a inxenua e dixo: -Tampouco sei ler. Cun aceno, a policía indicoulle que abrira a maleta. De mala gana, a miña avoa fixo o que lle mandou a axente, que procedeu a quitarlle unha das botellas de anís, xa que o máximo eran dúas. Mentres a axente ía atender a outras persoas, a miña avoa pechou a maleta e sen querer bateu co cóbado na botella e esta caeu ó chan. A policía case se queda pegada no sitio porque o anís é moi pegañento e as solas dos seus zapatos parecían non querer separarse do chan. As outras persoas presentes e a miña avoa tiveron que aguantar a risa como puideron para non quedar mal diante da policía, que bastante avergoñada e anoxada estaba xa. Miña avoa colleu a maleta disposta a marchar mentres pensaba: «Nin para ti, nin para min: eu non farei rosquiñas con este anís, pero tampouco o vai beber ninguén á miña conta». Enara e a súa nai Anabel

6


AQUELARRE 20

MAIO 2018

DEBUXÁMONOS

3 anos A

7


AQUELARRE 20

MAIO 2018

3 anos B

8


AQUELARRE 20

MAIO 2018

UNHAS PEGADAS MOI RARAS

Nun bosque moi escuro, había un esquío e un corzo que atoparon unhas pegadas moi raras. Como non sabían de quen podían ser, decidiron seguilas. Camiñando, camiñando, viron que desaparecían as pegadas dentro dunha cova. Alí, viron un lobo durmindo, pero... só tiña un ollo! Os animais asustáronse moito e saíron correndo da cova. Pensaron que esas pegadas tan raras, non podían ser do lobo, xa que as súas patas eran moi pequeniñas e as pegadas eran enormes. Como eran moi curiosos, volveron entrar. Moi caladiños e sen facer ruído, pasaron preto do lobo polo lado que non tiña ollo e atoparon máis pegadas. Seguíronas e viron un oso moi grande que lles deu moito medo. Correron tanto, que ningún animal malo os puido atrapar. 1º A

9


AQUELARRE 20

MAIO 2018

O NENO PRESUMIDO Non hai moito tempo, había un neno chamado Manuel que era moi guapo. Tiña o pelo de cor laranxa e os ollos castaños. Ía sempre moi peiteado e levaba a roupa moi limpa, e sempre que se lle manchaba, en vez de lavala, comprábanlla nova. Este neno era, como vos podedes imaxinar, un dos nenos máis presumidos de todo o país, aínda que non era moi listo. No colexio todas as nenas estaban namoradas del, e os nenos odiábano. -Oh, Manueliño!- dicían unhas. -Querémoste!- comentaban outras --Que guapo es!- Berraban todas as nenas. El quedaba moi satisfeito deses cumpridos, pero os demais enfadábanse cada vez máis. E así día tras día, ata que un día pasou algo que enfadou aos nenos máis do que se enfadaran en toda a súa vida. Manuel chegou ao colexio cun novo peiteado moito máis horrible (para os nenos), pero ás nenas encantoulles. E con roupas aínda peores ca o peiteado: unha chaqueta cunha fotografía súa por atrás, unha camiseta na que poñía o seu nome, e un pantalón que tiña unha «M» en fío dourado. Esa tarde quedaron tres nenos na biblioteca e planearon como vingarse. -Eu penso que poderiamos dicirlle a un profesor que nos pegou-dixo un. -Mellor pintamos a súa mochila-comentou outro. -Tamén poderiamos vestir coma el-propuxo o que quedaba. E así o fixeron, peiteáronse e vestíronse coma Manuel. Ao día seguinte todos estaban asombrados con eles, incluído Manuel. A maioría das rapazas foron con eles, outras quedaron con Manuel que coma el, pensaban que o imitaban. Cando os tres nenos e Manuel estaban sós, Manuel pegoulles un puñetazo a cada un deles, pero un profesor que pasaba por alí castigouno. Así aprendeu a non pasarse de presumido. Cando volveu ao día seguinte estaba despeiteado, cunha chaqueta de deporte e un pantalón tamén de deporte e unha camiseta azul. Os outros tres nenos estaban nas súas casas porque Manuel lles pegara ben forte. Duarte, 5º A

10


AQUELARRE 20

MAIO 2018

A CHISPA DA IMAXINACIÓN Pop! Foi o ruído que fixo Chispa ao entrar noutra burbulla de imaxinación. El é o encargado de facer funcionar as rodaxes do cerebro para soñar. Algúns teñen arañeiras, o que quere dicir que leva moito tempo sen soñar nin viaxar ao seu mundo de imaxinación, pero aquel estaba brillante e tiña moitas carpetas cos soños apuntados e todos eran fantásticos. Ao xirar a manivela todas as pezas empezaron a soar e empezou o soño, Chispa só puido ver un tigre, un señor sentado nun sofá e un ordenador. Nada diso tiña sentido pero ningún soño ten sentido. Todo era fantástico, Chispa sentía calor por dentro e quería vivir o soño, pero iso está prohibido. De súpeto, viu que o soño se convertía nun pesadelo, e a nena despertouse. Pero logo volveu durmir sen problema. Chispa saíu e foi onda o seu irmán e xirou a manivela, no soño, viu que o neno era un científico e facía experimentos. Un deses experimentos saíu mal e explotou o laboratorio. Chispa pensou que o neno ía estar aterrado pero escoitouse unha risa maléfica; o neno estaba ríndose porque lle encantában os experimentos e máis os que explotan. Decidiu ir á cachola da nai, ¡aquelo parecía un castelo abandonado! De pequena soñara moito, iso sabíao Chispa, pero parecía levar moito sen soñar. Chispa xirou a manivela pero non apareceu nada na burbulla. Inspeccionou a zona de soños do cerebro e parecía estar danada e moi usada, tardaría tempo en curar. Enara, 5ºB

11


AQUELARRE 20

MAIO 2018

POEMAS DE CONTOS

Os tres porquiños son veciños de tres ratiños.

A ratiña presumida está moi divertida facendo a comida.

Carapuchiña é unha rapaciña que ten unha gatiña.

A sereiña Rosiña xoga feliz coa nosa estreliña.

O pobre Pinocho está na cama pocho comendo un carocho. O parruliño feo chamado Leo gañou un trofeo.

O frautista de Hamelín toca o violín no seu xardín.

Os sete cabritos teñen zapatos moi bonitos. A princesa Cincenta está moi contenta porque o rei a presenta. 1º B

12


AQUELARRE 20

MAIO 2018

O PEIXIÑO O peixe polo río, o peixe polo mar. O peixe sempre vivo, e non deixa de flotar. Un día fun de viaxe e atopei perdido un gato; leveino para o garaxe e meteuse nun zapato.

O peixe no profundo, o peixe con bondade. O peixe polo mundo, o peixe sen maldade.

Ao pasar pola peaxe meteuse no coche un pato que foi mirando a paisaxe co meu can o Garabato.

Manuel , 4º B

3º B

Era festa… Era a festa de nunca acabar cunha música xeitosa para bailar, todos xuntos onda a fogueira pasaron alí a noite enteira. Era festa e veu a vaca co leite que nunca remata, veu o esquío que nunca tiña frío e o escarabello máis vello. Era festa á noitiña e o escarabello so pensaba en bailar. Ten coidado coa vaquiña, non te vaia pisar! Xiana,Brais, Carmela e Héctor, 4ºA

13


AQUELARRE 20

MAIO 2018

Magosto

3º A

SAMAÍN Cando chega o Samaín, o verán xa rematado, as cabazas están ledas agardando a estaren cheas de candís e máis candeas. As tumbas están baleiras, os corpos andan danzando, os mouchos e as curuxas das árbores xa baixaron para vir a este colexio

e vervos tan animados. EDLG

5º A

14


AQUELARRE 20

MAIO 2018

PAZ

3ยบ A

15


AQUELARRE 20

MAIO 2018

ENTROIDO

Para celebrar o Entroido, unha das festas que máis gustan aos nenos e nenas, este curso decidiuse facer unha homenaxe aos contos populares. Lembramos a Carapuchiña Vermella, a Ratiña Fachendosa, Brancaneves e os sete ananiños, o Soldadiño de chumbo, o Frautista de Hamelín... 5 anos

16


AQUELARRE 20

MAIO 2018

O PAÍS DE NUNCA XAMAIS

Os nenos e nenas de cinco anos viaxamos dende Londres ata a Illa dos Nenos Perdidos. Alí atopámonos cunha tripulación de piratas e co seu Capitán Garfio, con Peter Pan, a tribu india, os nenos perdidos e a maxia dun pequeno ser chamado Campaíña. Tanto Wendy como os seus irmáns Juan e Miguel, tiveron unha infinidade de aventuras que resolveron coa axuda de Peter Pan, ata a súa volta á casa, logo dun tempo de experiencias inolvidables.

5 anos

17


AQUELARRE 20

MAIO 2018

PIONEIRAS

Vero Boquete: unha lenda do fútbol feminino Verónica Boquete Guiadáns naceu en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987 e é unha futbolista galega que triunfa polo mundo . De pequena sentíase frustrada porque era unha nena nun mundo de nenos. Pero cumpriu o seu soño: ganarse a vida como futbolista. Comenzou no ano 2001 no Xuventude de Aguiño de Riveira (A Coruña) e despois pasou a Zaragoza. Con 16 anos debutou coa selección Sub-19 coa que conseguiu a Eurocopa de 2004. Ese mesmo ano participou no mundial de Tailandia. No 2010 marchou a Estados Unidos, tamén pasou polas ligas rusa, sueca e alemana e xogou coa selección española. Vero viviu multitude de situacións nas que ser muller era un problema. De pequena entrenaba cos rapaces pero quedaba no banquiño por ser nena. Por iso ademais de ser unha gran xogadora esta galega caracterizouse pola súa loita para que o fútbol feminino fose recoñecido. Carmela, 4ºA

18


AQUELARRE 20

MAIO 2018

CELIA RIVAS CASAIS Celia Rivas é a miña bisavoa, a primeira muller en España en sacar o carné de conducir para camións, foi no ano 1932 cando tiña 20 anos. Era a irmá máis nova das catro mulleres da Familia Rivas, que colleron as rendas do negocio de Transporte de peixe, chamado «Hijos de Joaquín Rivas», nesa epoca estaba mal visto que o nome da empresa estivese en feminino. Agora voulle facer unha pequena entrevista a mina nai: -Ti coñeciches a túa avoa Celia Rivas? -Non, eu non cheguei a coñecela, morreu dous anos antes de que eu nacera. Pero sempre estivo presente nas conversacións dos meus pais. -Que historias che contaba a túa nai sobre ela? -Miña nai contoume que miña avoa a pesar de non ter estudios superiores, sempre foi moi intelixente e moi avanzada para aqueles tempos. Cando o seu pai veu de América, contoulles que alí as mulleres conducían, entón Celia propúxolle ao seu pai que quería sacar o carné para poder axudalo no negocio. En canto tivo a idade, foi dende Fisterra, a súa terra natal, á Coruña para examinarse e aprobouno sen dificultade algunha. Dende aquel momento era Celia a que conducía o camión para transportar o peixe, ela foi pioneira de comercializar e buscar mercado con peixe fóra da súa localidade. Cando a Guerra Civil estallou, requisaron todos os vehículos de transporte, Celia negouse a que outra persoa levase o seu camión, entonces decidiu ir á fronte acompañada da súa irmá María. Confiaron tanto nela que foi a encargada de transportar o correo oficial, pasaron multitude de aventuras en aqueles tempos, e moitos dos homes que conducían coma ela, mofáronse e ríanse dela polo feito de ser muller. -Como era a túa avoa Celia? -Destacaría da miña avoa, sobre todo a súa valentía, coraxe e bondade xa que axudou a moita xente e era moi querida en Fisterra. Celia Ferro Cartamil, 6ºA

19


AQUELARRE 20

MAIO 2018

MARÍA VICTORIA MORENO: LETRAS GALEGAS 2018 Ola, amigos e amigas. Voume presentar: son Nica unha cadela e a miña dona é María Victoria Moreno, unha escritora á que se lle adica o día das Letras Galegas deste ano. Quredes saber cousas da miña dona? Pois veredes, Mª Victoria naceu moi lonxe de Galicia, en Valencia de Alcántara, na provincia de Cáceres, aló polo ano 1939. A Mª Victoria gustáballe estudar, así que, despois de facer a primaria na vila segoviana de Sepúlveda, marchou a Barcelona facer o bacharelato e de aí pasou a estudar Filoloxía na Universidade Complutense de Madrid. E de Madrid deu o chimpo para Galicia para poñerse a dar clases nos institutos de Lingua Española, pero... ao coñecer a nosa xente e os nosos costumes fíxose unha gran defensora do noso idioma. Comezou a falar en galego e a escribir libros e libros e máis libros en galego, participou en moitos concursos literarios, déronlle moitos premios, fixéronlle homenaxes.... Guau! que contento estou coa miña «xefa»! Pero a cousa non acabou aí, xa que o seu amigo Carlos Casares nomeouna directora dunha colección de libros adicados aos máis pequenos e á rapazada algo máis maior: a Colección Árbore, da Editorial Galaxia. O seu primeiro libro publicado foi un ben chulo, «Mar adiante», que conta a histoira duns rapaces que poñen escola a bordo dun barco, o «Arroás» e no que vien moitas aventuras. Tédelo que ler, vaivos molar! Pero a min o que máis me gusta é un libro que fala, xa o podedes supoñer, de cans e de cadelas. Titúlase «Eu conto, ti cantas» e adicoumo Mª Victoria a min. Escoitade como comeza con estes versos tan fermosos: Un conto ledo coma os ollos dun can e a voz dun neno.

Ilustración: Manuel Uhía

Cunha presa de letras e un aloumiño vouche contar un conto coma un sorriso.

Gustáronvos? Seguro que si. Eu non vos podo ler máis así que agora sodes vós os que tedes que buscar e ler os libros de Mª Victoria. Vanvos encantar!!

20


AQUELARRE 20

MAIO 2018

DE AVENTURA EN AVENTURA

Comezamos o curso sendo invadidos por robots de todo tipo:

Ata chegou á nosa escola un robot espacial moi especial BB-8 Star Wars. Despois de estudalos, visitounos a informática Gema.

Convertémonos en deseñadores de robots con materiais de refugallo.

21


AQUELARRE 20

MAIO 2018

Despois desta aventura fómonos a outra non menos interesante. Da man da ratiña fachendosa introducímonos no mundo dos contos clásicos lendo tamén versións nas que se reflicten valores como a igualdade de xénero, a tolerancia e o respecto polas diferenzas.

E agora, convertémonos en intrépidos e valentes piratas para vivir a última aventura deste curso.

Alumnado de 4 anos

22


AQUELARRE 20

MAIO 2018

UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA

O día 1 de marzo nenos-as de 2º A fomos en autobús ao C.E.I.P Mosteiro de Caaveiro, na Capela Alí ensináronnos o colexio; vimos: peonzas de moitas cores e formas, triciclos de madeira,motos de cartón, bonecas feitas por nenos e nenas de África e fotos de nenos e nenas practicando xogos tradicionais . Despois, no polideportivo agardábanos o alumnado de 1º e 2º esperándonos para xogar connosco aos: Buxaina Zancos

Chapas

Mariola

2º A

23


AQUELARRE 20

MAIO 2018

AO TEATRO!

O día 9 de novembro os nenos e nenas de segundo fomos ao Teatro Colón para ver a obra de teatro «Animais de Compañía». Contaba a historia da cadela Fedra e a gata Maxa. Dous animais diferentes que convivían nun mesmo espacio e que aprenderon a respectarse. O que máis nos gustou foi cando a cadela Fedra estaba cantando e apareceu a gata Maxa bailando polo Tellado. Tamén nos sorprendeu ver a Fedra varrendo o chan porque as cadelas non fan iso. 2º B O 30 de novembro, o alumnado de 3º de Primaria foi ver unha obra de teatro ao Forum Metropolitano. Era "A galiña dos ovos de ouro", da compañía Zum Zum Teathre. Contaba a historia de dous granxeiros que compartían con todo o mundo o pouco que tiñan; eran pobres, pero felices. Un día, atoparon unha galiña que poñía ovos de ouro. Empezaron a ser ricos e tolearon cos cartos. Como nos lles chegaban a nada decidiron matar a galiña para ter máis ouro, pero acabóuselles todo. Gustounos moito, pasámolo moi ben e aprendimos que querer ter todo e ser máis ca os demais, non é boa cousa. 3º

24


AQUELARRE 20

MAIO 2018

RECEITA DOS NEMS (Receita senegalesa) Aita veu do Senegal aos sete meses de nacer. Agora xa ten nove anos, coma min. É moi simpática e divertida. Somos amigas desde que comezamos no colexio e estivemos na mesma clase todos os cursos. O outro día ensinounos unha receita do seu país que queremos compartir con vós. Ainhoa 4º B

Ingredientes 8 obleas de papel de arroz. 1 solombo de porco (ou carne de tenreira) 100 grs de fideos de arroz 1 frasco de salsa fermentada para nems Aceite de xirasol Pementa 8 follas de leituga 2 cenorias 1 tomate pera Salsa hoisin Salsa de soia Sal e cilantro Preparación 1º Pica ben toda a carne, a cenoria e o tomate, agrégao ao bol e molla cunha gotiña de soia e una cullerada de salsa hoisin. Espolvorea con cilantro, sal, pementa e mezcla todo. 2º Coce os fideos de arroz nunha cazola con abundante auga para que queden maleables e colocaos nunha superficie limpa durante uns minutos. Rechea as follas de arroz e enrólaas. Frite os roliños nunha tixola co aceite de xirasol ben quente. 3º Serven os roliños nun prato e acompaña coa salsa para nems e unhas follas de leituga. Aita 4ºB

25


AQUELARRE 20

MAIO 2018

CONSTRUÍMOS CIRCUITOS ELÉCTRICOS O alumnado de 6º de EP, ao longo do primeiro trimestre e, aproveitando os coñecementos adquiridos en Ciencias da Natureza sobre a materia e a enerxía, decidimos construír os nosos propios circuítos eléctricos e así poñer en práctica todo o aprendido. As maquetas resultaron moi variadas, dende lanternas ata casiñas e poboados con luces, pasando por faros, lámpadas, un tren magnético con regulador de velocidade, pulsómetros, xogos, pistas de despegue con luces intermitentes, etc

Para facer estes circuítos empregamos xeradores de corrente, elementos de manobra como interruptores e reguladores, elementos condutores e receptores da electricidade, entre outros. Fixemos unha exposición na entrada do colexio durante o mes de febreiro e parte de marzo, dirixida a toda a Comunidade Educativa. Así, coa colaboración das familias e empregando materiais que tiñamos pola casa, creamos estas maquetas, entendendo mellor o funcionamento da electricidade.

6º B

26


AQUELARRE 20

MAIO 2018

XUIZO AO LOBO FEROZ

O pasado día 28 de febreiro os nenos e nenas de 2º C asistimos como avogados defensores ao xuizo que na Biblioteca Municipal do Castrillón se celebrou contra o Lobo Feroz. As bibliotecarias querían botalo fóra da biblioteca pero nós co noso gran traballo de investigación logramos demostrar a inocencia de moitos dos lobos que aparecen nos contos infantís. 2º C

ANIMACIÓN Á LECTURA

O 20 de febreiro, Iago López, veu contarnos o novo conto de El Hematocrítico: «AXENTE RICIÑOS». O relato trata dunha nena moi curiosa que recorre o bosque para resolver historias de contos tradicionais (Riciños de Ouro, Os tres porquiños, Hansel e Gretel...) dunha forma diferente. Gustounos moito porque este curso traballamos os contos tradicionais no colexio 2º B

27


AQUELARRE 20

MAIO 2018

TERESA GONZÁLEZ Con ela coñecemos un pouco máis de "Fred Quincalla, o nómade do mar" e aos obxectos que deron pé á súa fermosa historia: «Tres personaxes moi peculiares, con historias moi curiosas e aventuras inesquecibles. Con Fred Quincalla, O Gran Gogol e Leopolda viviredes momentos cheos de curiosidades».

MARÍA CANOSA Compartiu co alumnado de 5º e 6º de Primaria os seus libros "A cazadora de estrelas" e "Muriel", dous textos cheos de fantasía, tenrura e sensibilidade.

KALANDRAKA Nunha animada e animosa sesión, fixeron que os/as máis novos/as do colexio o pasaran de marabilla con contos e música.

CONTOS EN FAMILIA Ao longo do curso pais, nais, avós., avoas.. de Infantil a 3º de EP compartiron historias co alumnado. Unha experiencia estupenda!

CONTAVENRES Os venres, no tempo do recreo, alumnado de diferentes cursos contou a quen quixo escoitalo, algún conto moi fermoso. Fixérono todos e todas máis que ben. Ata contouno unha nena de E.I !!!

28


Coordina Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Coa colaboración de todo o alumnado e profesorado.

EDLG CEIP “Juan Fernández Latorre”


Promociรณn 2009-2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.