Aqularre 14

Page 1

MAIO 2012

AQUELARRE 14

1


MAIO 2012

AQUELARRE 14

2


MAIO 2012

AQUELARRE 14

DESPEDIDA DO COLEXIO

Chegamos aos tres anos pensando "que é o que facemos aquí?" ou "por que estamos nun lugar con tantos nenos/as?". Algúns choraban ao ver que a súa nai estaba a marchar. Ese foi o meu caso, pero nese momento vin achegarse a moitos nenos/as e a unha persoa adulta, que me axudaron a deixar de derramar bágoas. Máis adiante, empezamos a deixar de utilizar o mandilón porque chegamos a primeiro de primaria. Xa non eramos eses rapaces/as egoístas de antano, eramos máis responsables. Nese curso aprendemos a ler e estudamos as normas básicas de ortografía, pero aínda non nos poñían exames. Ah! Que boa vida!. Tampouco tiñamos deberes para levar. Foi a partires de segundo/terceiro cando empezou esa “tortura”. Así fomos medrando ano tras ano, facéndonos cada vez máis responsables e aprendendo máis, grazas aos mestres/as que nos prestaron a súa axuda, que nos explicaban cando tiñamos unha dúbida, que nos dicían como facer ben algunha cousa… Todo o que sabemos debémosllo aos profesores/as que nos deron clase; non todos da mesma maneira, pero facíano como podían, intentándoo tan ben como sabían. Agora estamos xa no sexto curso, a piques de marchar para o instituto, onde as cousas serán máis difíciles que no colexio, con novas asignaturas, clase pola tarde… Pero cada paso que damos ímonos facendo “máis maiores” e para conseguilo hai que ir camiñando a pouquiños cara adiante. Hoxe aquí, gustaríame dicir:

Grazas, compañeiros/as e titores/as por todo o que me axudastes!

Alba Atán Salanova, 6ºA

3


MAIO 2012

AQUELARRE 14

1º PREMIO DO CONCURSO «CONTOS COMPARTIDOS» EDUCACIÓN INFANTIL

Leila, a egua laranxa Houbo unha vez un animal, un...cabalo, chamado... Leila, que era de cor... rosa e lila. A Leila gustáballe moito... bailar. Leila tiña moitos amigos e amigas cabalos que eran de cor... marróns, azuis, grises e amarelos, que son as cores dos nenos e as eguas eran vermellas, rosas, lilas e verdes, que son as cores das nenas. Un día, Leila e os seus amigos, foron todos xuntos a... bailar un rock ‘n roll. Bailárono tan ben e con tanto xeito que ao final da canción... os cabalos remataron cun xeonllo no chan e as eguas dando unha volta arredor deles. O público aplaudía con moita ledicia e de premio, déronlle... chocolate (non, Mencía, chocolate non, que fai doer a barriga) aos cabalos gústanlle moito as... cenorias. Sí, eso sí. Déronlles moitísimas cenorias. Leila comeu tantas que a súa cor virou a... laranxa coma as cenorias. Cando se viu no espello... sorprendeuse, quedou ca boca aberta, pero os seus amigos dixéronlle:... (non te preocupes Leila, que laranxa estás moi guapa, e a cor laranxa tamén é de nenas). Mencía Pérez-3 anos B e a súa mamá 4


MAIO 2012

AQUELARRE 14

1º PREMIO DO CONCURSO «CONTOS COMPARTIDOS» PRIMEIRO CICLO

Contemos patiñas Se queredes recordar na vosa cabeza, o número das patiñas no noso planeta, compre ler con cala, estes versiños, se é cos amigos, mellor que soíños. O mil pés, xa ten moito recorrido, o camiño de Santiago, quedoulle curtiño. Detrás del, non pode collelo! ven o cempés, da gustiño velo! O señor cangrexo, camiña de lado, coas súas dez patiñas, anda un pouco liado. Son as arañas e alacrás de oito patas, se os ves paseando, mellor te apartas! Vou amosarvos un caso ben curioso, dun animaliño que é ben precioso, primeiro verme, logo casulo, máis tarde bolboreta, con catro ás e seis patiñas, podía facer calceta! De catro patas hai moitas parellas, touro e vaca, cadelo e cadela, rato e ratiña, cabalo e máis egua. A ver se adiviñas, un que vive no mar con seis brazos e dúas patiñas, e non é calamar. É moi rico á galega e escorredizo noivo, adiviñáchelo? Si, chámase polbo. Por certo, disque o home é un aniñaliño, que con dúas patiñas, vai ben dereitiño, e cando pasan os anos, e xa vai canso, axúdalle a terceira, chámase caxato. 5

Sofía Gdez Tohux- 1 B e a súa mamá, Soledad


MAIO 2012

AQUELARRE 14

1º PREMIO DO CONCURSO «CONTOS COMPARTIDOS» SEGUNDO CICLO

A casa enfeitizada Nunha aldea moi afastada, vivía unha familia que estaba a ver a televisión. De súpeto, entra unha friaxe pola ventá, e o irmán pequeno, Adrián, queíxase de que ten frío. A nai di que vai facer chocolate quente, pero cando quere quitar a culler do bote dase de conta de que non se pode mover. Para non asustar á familia, dixo que acabara o cacao. Uxía, que así se chamaba a nai, xa bastante medo tiña, pensou en abrir unha caixa de galletas, pero ao abrila ve que está chea de vermes. Entón chama ao pai, para ver se lle podía axudar con todo o que estaba a pasar. Cando o pai chega á cociña ven todo branco, do medo que tiña, e a nai pregúntalle- Que che pasa? O pai respóndelle que hai unha pantasma que se está a rir, detrás do televisor. Os dous morren co medo e deciden levar aos seus fillos xa para a cama, pero ao chegar ao cuarto, a cama non esta! Collen aos nenos e os levan para o cuarto dos pais.A nai decide contarlles un conto, para que durman antes, pero as palabras do libro cámbianse e convírtese nun conto de medo. Uxía para de ler e dilles que xa é hora de durmir. Todos durmen e non ocorre nada... que saibamos. A mañá seguinte, ao levantarse, ven que todo está coma sempre, a familia pregúntase: - Que pasou? Imaxinárono todo ou sucedeu de verdade?... María Placer Ganchegui- 4ºB e a súa nai Maite

6


MAIO 2012

AQUELARRE 14

1º PREMIO DO CONCURSO «CONTOS COMPARTIDOS» TERCEIRO CICLO

Unha estrela moi especial Cada noite na miña aldea, onde o ceo sempre relocía, vía pola miña ventá, onde había moitas estrelas, pero unha delas era especial. Pouco a pouco iame durmindo mentres miraba a súa doce luz ao pestanexar, e desexaba mirala e tocala de preto. Entón durmíame, e nos meus soños ía cara ela, mirábaa e tocábaa. Pola mañá, ao espertar, sentiame moi feliz de que cada noite nos meus soños eu á miña estrela visitaba. Foi entón que me decatei e aprendín que cando durmimos podemos soñar nunha bela fantasía.

7 Emily Galdón L-5ºA e Katherine LH


MAIO 2012

AQUELARRE 14

Aventura pirata Había unha vez un barco cheo de intrépidos e valentes piratas que sucaban o mar de A Coruña en busca dunha aventura.

A tripulación ao completo puxo rumbo a terra para atopar ao Pirata Despistado e o seu tesouro porque o seu barco naufragara e necesitaba a nosa axuda. Co mapa do tesouro no noso poder puxémonos en marcha... Tras superar moitas probas, atopamos ao Pirata Despistado e o seu cofre do tesouro. En agradecemento pola nosa axuda recompensounos cun suculento botín de moedas de ouro.

Fomos auténticos piratas!!! Alumnado 4 anos A e B

8


MAIO 2012

AQUELARRE 14

CREAMOS Os seres mariños Érase unha vez un mergullador que baixou ao fondo do mar e quedou abraiado da enorme variedade de seres mariños que vira. Pero un grupo deles formado por estrelas de mar, golfiños e uns polbos , achegáronse ao home e dixéronlle: - Estamos en perigo! Un león mariño quere comernos! - Xa veremos quen come a quen. Vide comigo e imos pescalo-respondeulles o mergullador. -Non, non, é moi grande e non poderemos pescalo!-dixo un polbo. -Entón o mellor vai ser que fuxamos todos de aquí! Nademos ata alonxarnos!-exclamou o home. E así o fixeron. Jaime, 2º B

Catarina Hai moitos anos vivía unha nena que se chamaba Catarina. Como era moi boa e axudaba a todo o mundo, todos a querían. Un caloroso día de verán foi dar un paseo polo bosque. Mentres camiñaba, Catarina pensaba: -Que boa sorte poder pasear por este fermoso bosque! De súpeto, viu algo que se movía e decatouse de que era un raposo. - Por favor, rapaciña, podería vostede acompañarme ata a aldea? - Por suposto, señor Raposo-respondeu a nena. Puxéronse a camiñar xuntos. Ao chegar á aldea, Catarina viu unha festa e divertiuse moito cantando e bailando. Ela sente que se un é bo e xeneroso, pode pasalo xenial. E.... colorín, colorado este conto tan bonito xa está rematado. Olga, 2ºB

9


MAIO 2012

AQUELARRE 14

Os mรกis pequerrechos Ola, os nenos e nenas de 3 anos debuxamos o noso corpo, que vos parece?

3 anos A

10

3 anos B


MAIO 2012

AQUELARRE 14

Autorretratos

5 anos A

5 anos B 11


MAIO 2012

AQUELARRE 14

Carapuchiña Vou á casa da miña avoa.

Que lonxe está!Como pesa.

Ola, lobo!

Que levas aí? Non levo nada.

Por aquí chegarás antes.

Que listo é este lobo, engañoume.

Vale.

Socorroooo! Quen é?

Auuuuuu! Que bruto es!

Que pasou aquí? Estás ben avoa?

6ºA

12


MAIO 2012

AQUELARRE 14

Chegou a primavera Cando chega a primavera as árbores teñen flores, as bolboretas aparecen lucindo as súas cores.

Se miras pola ventá enseguida as verás, voando entre as flores moi xoguetonas están.

1º B

13


MAIO 2012

AQUELARRE 14

SAMAÍN

M A G O S T O

14


MAIO 2012

AQUELARRE 14

A PAZ

Este foi un día especial. Para celebralo, primeiramente, os nenos e nenas de cada curso decoramos uns paraugas con bonecos, pombas e outros símbolos da PAZ, que adornaron o corredor do colexio.

O mesmo día 30 fixemos unha carreira con fins benéficos. Corrimos todos os nenos e nenas da escola dando varias voltas ao patio. Como cada neno tiña varios padriños que lle pagaban por cada volta, conseguimos xuntar un montón de euros para que aos nenos do Congo lles podan comprar material escolar. Por último baixamos todos os paraugas para o patio, collímonos das mans e cantamos e bailamos todos xuntos unha canción típica do Congo e a titulada "No dudaría" de Rosario Flores. Ao rematar subimos para a clase e déronnos un diploma de agradecemento por participar na "VIII carreira quilómetros de solidariedade". Neste día fixemos cousas moi bonitas e desexamos un mundo mellor. Marta Balado - 5º A

15


MAIO 2012

AQUELARRE 14

DÍA DA POESÍA A PRIMAVERA Veñen os cucos, ucos, ucos veñen as cegoñas, oñas, oñas nacen as flores, ores, ores están contentos, estos señores. Lía, 3º B

GUSTARIAME SER... Unha estrela gustariame ser e de moi lonxe os problemas ver.

Non boto en falta anos nin estacións, á miña bola vou!

Moi alta no ceo estou, ninguén se mete conmigo, á miña bola vou!

Demasiado soa estou! Pensandoo mellor: Gústame ser como son!!

María-Xenia Ryck, 4º B

AS FLORES O xirasol, xira baixo o Sol; a xoaniña, xira pequeniña; a lavanda, ten enriba a lavandeira que leva unha bandeira; a papoula, medra nunha póla; o caravel, ten mel; a rosa, rosiña ten unha espiña pequeniña. Xana, 3º B

16


MAIO 2012

AQUELARRE 14

Canción para a miña nai Mamá, que tal? Sabes que te quero dende aquí á Lúa e ata o ceo enteiro. Ti pareces un anxo recheo! Omar, 2º B

A primavera Xa está aquí a primavera o Sol empeza a quentar, as árbores teñen follas, óense os paxaros chiar. Na terra xa medra a herba, hai rosas e tulipáns, e no campo, as margaridas adornan cada vez máis

A fada da primavera A fada da primavera sempre se viste de festa coas súas cores que son o símbolo dos seus amores. As súas ás son inmensas follas que algunhas veces se adornan con flores de diferentes cores. A primavera é unha señora divertida, que por todas as persoas é querida. Nayely, 5ºA

17


MAIO 2012

AQUELARRE 14

O GATO CON BOTAS Un muiñeiro ao morrer deixou ao seu fillo un gato. Ai,ai, ai vou morrer! Tan soio como un rato. Cinco por unha, cinco, comeza o conto do cinco. Cinco por dúas, dez, estudio inglés. Cinco por tres, quince, son un lince. Cinco por catro, vinte, a merendar nun intre. Cinco por cinco, vinte e cinco, bocata de touciño. Cinco por seis, trinta, parezo unha porquiña. Cinco por sete, trinta e cinco, salto e brinco. Cinco por oito, corenta, o meu corazón reventa. Cinco por nove, corenta e cinco, para un pouquiño. Cinco por dez, cincuenta, xa rematei a libreta.

O gato tan listo coma a fame foi polo campo cunhas botas, e cazou unhas perdices tolas ao darlle a todas. O gato tan atrevido foi á casa do ogro a quen mandou ser un rato, para zampalo todo. O fillo do muiñeiro rico casou coa filla do emperador e foron felices para sempre na terra grande do amor. Mar, 6º B

Alba e Andrea, 4º A

CARAPUCHA, CINCENTA E BRANCANEVES Carapuchiña vermella polo bosque escapou xunto co arco da vella mais o lobo a zampou.

Cincenta perdeu, un zapato no camiño pero nunca creu que llo traería o principiño. Brancaneves se mudou a unha casa en miniatura cando ela xa cansou despertouna un caradura. Paula, 6ºB

18


MAIO 2012

AQUELARRE 14

ENTROIDO MUSICAL

19


MAIO 2012

AQUELARRE 14

LETRAS GALEGAS

Antonio Palla

Este ano Valentín Paz Andrade é o autor elexido pola nosa Real Academia para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas. O poeta e escritor Valentín Paz Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril de 1898. Fixo os estudos de bacharelato na cidade de Pontevedra e estudou Dereito en Compostela, onde coincidiu con numerosos intelectuais galegos: Castelao, Vicente Risco, Antón Villar Ponte... Foi membro do Partido Galeguista do que foi nomeado secretario en 1934. Anteriormente fora candidato a deputado nas Cortes, aínda que non saíra elixido. Dende moi novo adicouse a escribir en xornais e revistas como a «Gaceta de Galicia» chegando a dirixir, durante máis de catro anos, o xornal «Galicia», aínda que seguiu colaborando noutros xornais e revistas galegas e de Madrid. Traballou como avogado de moitas empresas pesqueiras e escribiu moitos libros sobre os problemas da pesca en Galicia e no mundo. Colaborou, xunto con outras persoas, na creación da empresa Pescanova, adicada á pesca e conxelación de peixes en mares moi afastados de Galicia. Escribiu tamén poesía. O seu primeiro libro está adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao, e leva por título «Pranto Matricial». Máis tarde escribiu «Sementeira do vento» e «Cen chaves de sombra». Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias e galardoado co Pedrón de Ouro, a medalla Castelao e numerosos premios máis polo seu traballo a prol de Galicia, da súa economía, da súa cultura e do seu idioma. Portada do libro «Valentín Paz Andrade, a memoria do século XX», de Tucho Calvo.

20


MAIO 2012

AQUELARRE 14

MEMORIAS DA MIÑA BISAVOA A miña bisavoa chámase Dolores Martínez Tasende. Naceu no ano 1910 en Oza Serantes Do Medio, na comarca de Bergantiños. De pequena xogaba cos nenos da súa aldea. Cando creceu dedicouse aos labores do campo. Levantábase moi cedo para coller leña, sachar as patacas, plantar as leiras,.. e deitábase moi tarde . Casouse sendo nova e tivo catro fillos, un deles é a miña avoa Maruxa. Ten dez netos, entre os que está o meu pai, e once bisnetos entre os que estou eu. Cando eu era pequeno lembro como a miña bisavoa xogaba comigo á pelota; agora xa non pode... pero xogamos a outras cousas. Na actualidade ten 101 anos e vive cós meus avós en Carballo. Gústame ir vela os fins de semana e xogar con ela ás cartas e ao parchís e escoitala contar as súas historias. Espero seguir xogando con ela moitos anos máis. Nicolás, 5º B

Memorias da miña avoa A miña avoa chámase Violeta Fresco. É a nai do meu pai. Naceu o 27 de Maio de 1933 en Vilagarcía; polo que ten 78 anos. Foi unha nena de posguerra, e como todos os nenos da súa época tivo unha infancia difícil con pouca escola e moito traballo, pois había que axudar na casa, recorda que con 12 anos xa facía de comer. A escola estaba lonxe da súa casa e ia andando co seu irmán Pepe. Tiña clase pola mañá e pola tarde. Como material escolar só tiña un libro, unha pizarra e un pizarrillo. Despois das clases ía ás leiras, por auga á fonte, e a coidar dos seus irmáns máis pequenos. O seu xogo preferido era “as agochadas”, ao que xogaba no monte con todos os nenos. Os seus xoguetes eran sinxelos e escasos, sempre quixo ter un oso de peluche e o tivo con 65 anos. Di que aínda que foi unha infancia chea de traballo a recorda con moita felicidade. Iago, 5ºB

21


MAIO 2012

AQUELARRE 14

VISITA AO MACUF Os nenos e nenas de primeiro visitamos o MACUF e participamos na actividade "Saborosos sustos". Comezamos a visita cunha representación teatral na que, Carmela, a protagonista, nos contaba cales eran os seus medos e como os superou. Nós tamén contamos cales eran os nosos e para superalos tivemos que tomar un antídoto que fixemos nós, unha chocolatina con raños, caveiras, tiburóns... Logo, mentras esta se arrefriaba no conxelador, fomos ver a exposición de Bernardí Roig, pero.. menudo susto! había unha dentadura e moito sangue na escaleira que subía cara á sala de exposicións. Na sala vimos esculturas moi realistas, un home nun cubo de basura, unhas carautas que parecían iguais pero que non o eran e uns nenos que non podían xogar porque estaban atados polos pés. Xa de volta, cando iamos buscar o antídoto, vimos unha escultura que nos amosaba a un home que tiña moitos problemas porque non falaba con ninguén das súas inquedanzas e medos. E xusto antes de entrar a recoller as nosas chocolatinas, uiiiiiiiii que susto!Un sarcófago... menos mal que só servía para gardar discos e escoitar música, así que nos puxemos a bailar. E para rematar tomamos o noso antídoto, unha chocolatina riquísima que nos quitou todos os medos. Nesta exposición aprendemos que para non ter medo debemos falar sempre que teñamos dúbidas, inquedanzas... 1º A

22


MAIO 2012

AQUELARRE 14

DISFRUTRANDO XOGOS TRADICIONAIS A finais do mes de abril, os nenos e as nenas de 2º de Primaria iremos ao Colexio de A Capela a participar nunha xornada de xogos tradicionais. Por iso, estivemos traballando sobre eles, recollendo información nas nosas casas e xogando nas clases de Educación Física e no tempo de recreo. Grazas a iso, comprobamos que aínda que moitas veces parece que se non se xoga ao fútbol, non hai nada a que xogar, isto non é certo. Ademais, asegurámosvos que o pasamos moi ben. Velaquí algúns deles:

OS ZANCOS: intentamos camiñar subidos a unhas plataformas de madeira.Que difícil é!

A CORDA: saltamos mentres dous nenos ou nenas agarran dando voltas á corda agarrándoa por cada extremo. Parecemos canguros!

AS CHAPAS: percorremos un circuito empuxando as chapas cos dedos, a ver quen chega antes á meta.É moi emocionante.

O BRILÉ: hai dous equipos, colocándose cada un nunha zona do campo. O xogo consiste en darlle coa pelota a un contrario, sin que poida collela e caia ao chan.Hai que ter puntería e axilidade!

23

2º A


MAIO 2012

AQUELARRE 14

SABÍAS QUE... "O globo de Betanzos" ascende polo mesmo motivo que descubriron e demostraron os irmáns Montgolfier, no ano 1782, cando un globo creado por eles subiu ata 1000 m, mantívose no aire 10 minutos e pousouse unha milla e media máis lonxe de donde ascendera. En ensaios posteriores enviaron animais, nunha cesta enganchada no globo, para investigar os efectos do aire na altura. A primeira cámara fotográfica era unha cámara de madeira, fabricada por Charles e Vincent Chevalier, ópticos de profesión, que utilizou o fotógrafo francés Joseph Niépce en 1826. A frase "O cine é unha invención sen futuro" foi pronunciada polos franceses August e Louis Lumière, irmáns que inventaron o cine (cinematógrafo) e que patentaron no ano 1894, ano no que rodaron a súa primeira película, pero que pronto abandonaron a producción cinematográfica. Thomas Alva Edison, coñecido inventor da lámpada eléctrica, inaugurou, en 1882, a primeira central eléctrica do mundo, que iluminou a rúa de Wall Street en Manhattan. O británico James Watt foi un dos artífices da revolución industrial do século XIX ao inventar a máquina de vapor que se utilizou en trens, barcos,... que substituíron aos cabalos como medio de transporte. O "código de barras" existe grazas á inquedanza que sentiron os seus inventores, Norman Woodlan e Bernard Silver, en 1948, ao escoitar unha conversa sobre a necesidade de atopar a maneira de capturar, de modo automático, a información dun produto ao pasar por caixa.

Alumnos de 5º A

24


MAIO 2012

AQUELARRE 14

ESTUDAMOS A PICASSO Clara, 3ºA

Chicos, 6ºB

Ainhoa. 3º B

Álex, 3º A

María, 6ºB

25


MAIO 2012

AQUELARRE 14

ENCONTROS CON AUTORES Xosé Neira Vilas O día 26 de outubro veu ao noso colexio Xosé Neira Vilas. Veu porque o seu libro "Memorias dun neno Labrego" cumpría 50 anos. Os nenos de 5º e 6º de primaria fixémoslle moitas preguntas e respondeu a todo o que lle preguntamos sempre cun sonriso por recordar o seu pasado. Martín, 6º B Contounos un pouco da súa vida, a emigración a Bos Aires (Arxentina). Tamén falounos de Pachín, o seu can, e de Balbino, un rapaz da aldea. Angela, 3º A Os nenos de 5ºA (Miguel), de 5ºB (Paula), de 6ºA (Paloma), de 6ºB (Arturo) fixéronlle unha entrevista en vídeo para poñer na páxina web. Daniel, 6º B Comentounos cousas da súa vida,de cando emigrou a Arxentina e a Cuba e tamén falou dos seus libros. Aledouse moito cando se decatou que había moitos nenos e nenas sudamericanos: arxentinos, venezolanos, colombianos, ecuatorianos, brasileñas e peruanos. Coral, 6º B

Inacio Vilariño Inacio Vilariño veu ao colexio Juan Fernández Latorre o día 20 de marzo do 2012. Naceu no 1974 en Lalín. Gañou dous premios “Barriga verde”, un por “Auga que non vas beber” no 2009 e outro por “Fábula galénica” no 2010. O día que nos visitou contounos dous contos.Foi divertidísimo porque el interpretaba os personaxes. Fixo como se fose un burro, un monstro, exaxeraba os xestos… gustoume moito. Claudia e Ángela, 3º A

26


MAIO 2012

AQUELARRE 14

Ana Alonso Ana Alonso naceu no 1 970 en Tarrasa, Barcelona.Escribe poesías e contos. Gañou o premio Hiperión de poesía e o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil. É autora da colección de libros “La pizca de sal”, da editorial Anaya, Ana visitounos o día 9 de marzo do 2012. Contounos como era a súa vida e díxonos que escribía dende nena, pero gardaba nun caixón todo o que escribía.Un día decidiu apuntarse a un concurso e gañouno. E así comezou a ser escritora. Saray, 3º A

Silvestre Gómez Xurxo Silvestre Gómez Xurxo, autor de "Ti non xogas!" e "Déixao medrar", encontrouse cos alumnos de 5º e 6º o pasado 2 de marzo. Díxonos que antes de ser escritor fora mestre, despois tivo unha etapa que era mestre e escritor e agora, xa xubilado, dedícase a ser escritor porque lle gusta moito. Falounos dos seus libros e contounos como algúns autores poden meterse na mente dos personaxes que están facendo e, algunhas veces, a historia se apodera da mente do autor e pode chegar a estar de mal humor. Foi marabilloso poder falar con el, parecía unha entrevista da televisión; nós, os nenos de 5º, os entrevistadores e el o entrevistado. _ En que se inspirou para facer o libro "Ti non xogas!"? _ Inspireime na vida real, na vida diaria entre nenos e nenas. _ Vostede pensa que se moitos rapaces leran este libro cambiarían o seu comportamento cos compañeiros? _ Non o sei, pero gustariame que o fixeran. _ Cal foi o libro que lle costou máis escribir? _ O libro que máis me costou escribir foi "Todo vai ir ben". Respondeu a moitas máis preguntas e contounos máis cousas que, por espazo, non podemos contar. Por último, dedicounos os libros. Grazas, Silvestre!! Aroa, Ismael e Sara - 5ºA

27


MAIO 2012

AQUELARRE 14

RECOMENDAMOS Ti non xogas! Autor: Silvestre Gómez Xurxo Ilustacións: Anxo Fariña Editorial: Xerais Phanti é unha pantasmiña que lle axuda a Suso, o protagonista do libro, a resolver os conflitos que ten con Róber. O primeiro que lle ensina é que para resolver un conflito ten que tranquilizarse. Despois pensar como actuar e, por último dialogar, ata atopar unha solución.

Suso tamén aprendeu que sempre hai que dicir a verdade e non permitir que ninguén leve a culpa de algo que non fixo. Phanti, tamén lle ensina a Suso que cando un compañeiro está só ou ten problemas hai que buscar a forma de axudalo.

Para non nos esquecer de Phanti, decidimos facer un broche coa súa imaxe, para que nos recorde como actuar diante dun conflito. 3º B

28


MAIO 2012

AQUELARRE 14

As bruxas O libro As Bruxas é de Roald Dahl e as ilustracións de Quedin Blake . É moi intrigante. Cóntache as cousas peores que pode facer unha bruxa, así que ten coidado coa túa profesora que pode ser unha bruxa. Recomendámolo porque é un libro moi bonito, intrigante e interesante. Se comezas a lelo non pararás ata que o remates. Ariadna, Tania e Tamara 6ºB

Matilda Este libro escrito por Roald Dahl e ilustrado por Quentin Blake, gustoume moito. É moi gracioso e divertido, nel, a protagonista, Matilda, con poderes especiais e unha gran intelixencia non é entendida polos seus pais, só a mestra soupo valorala. Recoméndovolo, se queredes pasar un bo rato, este é o voso libro. Alejandro, 6º B

Danny o campeón do mundo O libro que lin é "Danny, o campión do mundo" de Roald Dahl e ilustrado por Jill Bennett. O protagonista desta bonita historia chámase Danny. Danny é un rapaz que vive co seu pai nun carromato, seu pai garda un segredo a Danny relacionado cos faisáns. Recoméndovos que o leades, se sodes uns grans aventureiros, espero que vos guste. Mar, 6ºB

Charlie e a fábrica de chocoate O libro do que fago a recensión é "Charlie e a fábrica de chocolate" de Roald Dahl. Este libro é moi creativo e dulce, xa que Charlie (o protagonista) é o neno máis pobre e triste da cidade, ata que un día atopa unha tarxeta dourada para ir de visita, con outros catro nenos, á fábrica de chocolate de Willy Wonka e alí vive unha grande aventura que lle cambia a vida. A min, encantoume este libro, e por iso recoméndoo aos nenos e nenas que se animen a lelo. Thalita, 6ºB

29


MAIO 2012

AQUELARRE 14

PASATEMPOS Localiza nestes dous debuxos sete diferenzas.

Resolve o sudoku.

Axuda ao corredor a chegar รก meta.

30


MAIO 2012

AQUELARRE 14

31


MAIO 2012

AQUELARRE 14

32


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.