AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA

Page 1

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA ALUMNADO 1ยบA LETRAS GALEGAS 2020



Estas pequenas historias non son só froito dun traballo do alumnado para “celebrar” o Día das Letras Galegas. Son unha mostra de querer coidar e manter viva unha das nosas e mellores herdanzas que temos recibido: a nosa Lingua. Coidémola entre todos e todas e non deixemos que morra, porque o día que Lingua morra, morrerán aqueles e aquelas que nola deixaron. Velaquí o noso pequeno recoñecemento á nosa Lingua nestas pequenas historias.

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA


Texto: Alumnado 1º A Ilustracións: Alumnado 1º A Editorial: “Biblioteca Os Soños na Gaiola” CEIP Juan Fernández D L: C - 2 - 2020 Serie: #QuedamosNaCasa

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA

Latorre


A SERPE COCIÑEIRA Unha serpe ía pola selva a toda velocidade. Un policía púxolle unha multa.. Máis tarde fixéronse amigos e comeron unha tortilla na casa da serpe debaixo da terra.

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA ______________________________________________________ 1


O RAPOSO AZUL Un día soleado unha conserxe chamada Carla atopouse cun raposo na Praza de Pablo Iglesias. A conserxe díxolle: -Oes!, que raposo máis raro es ti! Por que es azul? -Non o sei– respondeulle o raposo. -Teño unha idea! Imos miralo no meu ordenador-dixo Carla. -Aquí di que es un raposo máxico, do país Taratatus. Como acabaches aquí?”

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA ______________________________________________________ 2


O RAPOSO AZUL -Eh, Marrito! Imos tomar un xeado?-dixo Carla. -Vale!-respondeu o raposo. E alรก marcharon os dous.

Arianna

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA ______________________________________________________ 3


O CONTO MÁXICO Había unha vez un neno que tiña de mascota un raposo. Foron á biblioteca do cole Cidade Vella e leron moitos contos. O neno deuse conta de que o último conto era MÁXICO!: quen o lía voaba a onde o levase o conto. E así pasaron intres moi divertidos.

Álex

AS NOSAS HISTORIS NA NOSA LINGUA ______________________________________________________ 4


LUCAS E RAPOSÍN Érase unha vez un neno chamado Lucas e o seu soño era ter unha mascota. Un día, paseando polo bosque, atopou un bebé raposo.. Lucas levouno para a súa casa e deulle leite. Pasaron os anos e Raposín xa era maior. Lucas levouno ao bosque e atoparon á súa familia. E colorín, colorado, o conto de Lucas e Raposín está rematado.

Bruno

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA ______________________________________________________ 5


NOA E O SEU CAN Noa era unha nena moi divertida. Estaba todo o día xogando co seu can. Levábao todos os días a nadar á praia Un día, nadando, atopou un zapato. Estaba tan contento co seu novo xoguete que tiveron que levalo para a casa.

Valeria

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA ______________________________________________________ 6


LÚA E A TARTARUGA Un día, unha muller que se chamaba Lúa foi pasear á praia. De súpeto viu unha tartaruga. A tartaruga viu que a muller estaba bailando e foille preguntar o motivo do baile. A muller díxolle que era o seu aniversario e estaba moi contenta. Cumpría 17 anos. A tartaruga cantoulle cumpreanos feliz e regaloulle un colar de cunchas. Depois deron un paseo e ao final Lúa invitou á tartaruga a un prato de leituga e un pouco de tarta.

Leire

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA ______________________________________________________ 7


A TARTARUGA E A MÉDICA Unha tartaruga paseaba pola Praza de Pablo Iglesias. Cravou unha agulla e quedou durmida. Unha médica que pasaba por alí quitoulle a agulla e espertou.

Hugo F.

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA ______________________________________________________ 8


O GATO E O ZAPATO Había unha vez unha nena que tiña un gato. O gato estaba na casa e sempre quedaba durmido dentro dun zapato.

Candela

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA ______________________________________________________ 9


A TARTARUGA DO NENO Había unha vez un neno que tiña unha tartaruga na súa casa. Escapouse, cravou unha agulla e tiveron que atendela. Cando a curaron, ao final quedou durmida.

Ainhoa

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 10


PACO O POLICÍA Paco é policía e está de vacacións na praia. Gústalle tocar a guitarra e pintar cadros. Con Paco sempre está o seu pequeno gato que rescatou da rúa.

Hugo G.

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 11


A NENA E A XIRAFA Era unha vez unha nena que vivía nun castelo. Saíu para ler un libro cos seus amigos. Cando ía polo camiño atopou unha xirafa e púxose a ler con ela. Fíxose de noite e marchou para o seu castelo.

Bianca

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 12


O LORO DO POLICÍA Un policía tiña un loro de compañeiro. Un día o policía marchou a casa co loro. Meteuno na súa gaiola pero esqueceu cerrala. O loro saíu, encheu un prato de auga e bañouse nel.

Sergio

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 13


A NENA E O GATO A nena tiña un gato e foron á praia. Metéronse na auga e comezaron a nadar moi lonxe. Colleron frío e fóronse para a toalla. Como se aburrían puxéronse a xogar co ordenador.

Emma

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 14


O ELEFANTE ROSA Unha nena estaba xogando no bosque e de súpeto apareceu diante dela un elefante rosa.. Ao seu carón había un libro e del saíu música e puxéronse a bailar.

Claudia

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 15


O GATO LEVOU O ZAPATO Un neno estaba na Praza de Pablo Iglesias, encontrou un gato e púxose a xogar con el. Mentres xogaba perdeu un zapato e resulta que foi o gato quen o levou na boca.

Marcos

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 16


O LORO DO COLEXIO Un policía tiña o loro do colexio na clase de guitarra. O loro de contento que se puxo coa música, voou por todo o cole.

Ariadne

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 17


A TARTARUGA DE BALARÉS Un home nadaba na Praia de Balarés. De súpeto, atopou unha tartaruga lendo un libro. O home asustouse e saíu pitando!

Ana

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 18


O NENO E A XIRAFA Un neno encontrou unha xirafa no bosque. Púxose a bailar con ela.. Bailaron moito tempo. Máis tarde marchou para casa a estudar co ordenador.

Anthony

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 19


O NENO QUE TIÑA MEDO Había un neno que tiña medo a durmir só. Un día, de repente quitóuselle o medo. Agora é o neno máis valente do mundo.

Braian

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 20


O NENO E O ELEFANTE Un neno paseando polo parque de Eirís encontrou un elefante e xuntos bailaron mentres o neno tocaba o ukelele

David

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 21


O PIRATA E O LORO Había unha vez un barco que tiña de capitán un pirata que tiña un loro. Rompeu o barco e o loro foi voando e o pirata foi nadando. Chegaron a unha illa. Pasaron comendo cocos o resto da súa vida.

Javi

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 22


O NENO E O LORO Un neno coñeceu un loro na Praza de Pablo Iglesias e púxose a xogar con el. Cando o neno chegou á casa debuxou un loro no ordenador para non esquecelo nunca.

Xaquín

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 23


A MÉDICA E LORITO A médica está na casa pasando a corentena co seu amigo, o loro Lorito. Ao loro Lorito encántanlle os contos que escribe a médica no ordenador.

Martina

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 24


O GATO E O POLICÍA O policía estaba a nadar na praia de Riazor. Apareceu un gato que ía poñer o seu zapato. E ao final, co cordón quedou xogando.

Martín

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 25


XOÁN E AS SETE PEDRAS MÁXICAS O cabaleiro Xoán estaba perdido no bosque co seu amigo o lobo. Ían en busca de sete pedras máxicas. De súpeto apareceu un demo malísimo. Xoán desenfundou a espada e acabou co demo. Seguiron andando e atoparon un castelo. Era o castelo do rei que, ao velos, cansos, decidiu acollelos. Ao día seguinte, o rei converteu a Xoán nun paladín (que é un cabaleiro moi forte e valente) e o ferreiro forxou unha armadura para o lobo. Proseguiron a súa misión e cos agasallos do rei deron coa primeira das pedras; era a pedra do lume.

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 26


XOÁN E AS SETE PEDRAS MÁXICAS Se queredes saber como atoparon o resto das pedras... ...cando volvamos ao cole volo conto.

Lucas

AS NOSAS HISTORIAS NA NOSA LINGUA _____________________________________________________ 27


AS NOSAS HISTORIAS EN GALEGO 1ºA

ED. PRIMARIA

Curso 2019/20

CEIP Juan Fernández Latorre A Coruña


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.