© Texto: Alumnado 4º B EP © Ilustracións: Alumnado 4º B EP © Caricatura cuberta: Antonio Palla
Editorial: Fernández Latorre D.L: CO 17- 05- 2019
Estes textos non son só froito dun traballo do alumnado para “celebrar” o Día das Letras Galegas. Son tamén unha mostra de querer coidar e manter viva unha das maiores e mellores herdanzas que temos recibido: a nosa Lingua. Coidémola entre todos e todas e non deixemos que morra, porque o día que a Lingua morra, morrerán aqueles e aquelas que nola deixaron. Velaquí o noso pequeno recoñecemento á nosa Lingua.
A PORTA MÁXICA Había unha vez unha nena chamada Ainoa. Un día, Ainoa estaba recollendo a súa habitación e viu que debaixo da cama había algo que brillaba. Entón entroulle a curiosidade e achegouse a ver que era. Era unha porta pequena que estaba moi vella. Ainoa agarrou a porta e viu que podía entrar e fíxoo moi valente. Non se decatou de que o seu irmán, Marco, que tiña 7 anos estaba espiándoa e decidira seguila. Dentro viu que era un lugar máxico. Púxose moi contenta porque o seu soño de ir a un mundo de fantasía fixérase realidade. Entón viu a Marco e berroulle enfadada por tela seguido. Marco pediulle perdón. Entón, acercouse un grupo de persoas que vivían alí e estiveron falando un bo anaco. Fixéronse moi amigos. Cando chegou o momento de marchar, Ainoa e o seu irmán prometeron volver todos os días despois do colexio.
Noa LETRAS GALEGAS 2019
1
O NENO E O CAN
Había unha vez un neno coxo que estaba xogando cunha vídeo consola. Un día regaláronlle un can ao que lle faltaba unha pata. O neno non quería o can porque dicía que era defectuoso. O seu pai insistiu en que lle dera unha oportunidade e xogara con el. Pouco a pouco, o neno quixo moito ao can e foron amigos inseparables.
I Ismael
LETRAS GALEGAS 2019
2
MARCO E OS LEÓNS BRANCOS
Marco paseaba pola beira do mar. Era mediodía. Na busca da cuncha máis fermosa do mundo, Marco observaba os cangrexos. Así todos os días ata que se facía noite. Entón, soñaba con visitar un zoo que se chamaba “O zoo dos leóns brancos”. Un día, cando Marco chegou á súa casa, a súa nai díxolle: - Marco, déitate pronto. Mañá imos ir ao zoo e hai que erguerse cedo. Veña! E así foi: Marco ergueuse moi cedo. Estaba moi contento, pero... a non ser que o zoo fora cuberto, íanse enchoupar. Marco dixo: - Mamá; chove moito! Non si?. Vaia fastidio! Entón, Dana, a irmá de Marco berrou: - Non! Xa non chove! Mirade o arco da vella!. Marco, Dana e os seus pais marcharon ao zoo dos leóns brancos. Por fin Marco sabería se iso dos leóns brancos era verdade!
Alejandra LETRAS GALEGAS 2019
3
AS NUBES CHOROSAS
Xa é outono e a nube está moi preocupada. O Sol gánalle territorio e ocupa case todo o ceo. Non sabe que facer. Intentará chorar un pouco, a ver se sae o arco da vella. Entón dilles ás súas amigas que teñen que facer unha viaxe, chegar ao Sol e convencelo para que descanse algún día. Alá foron todas, pero o Sol queimounas. Entón comezaron a chorar sen parar e... saíu o arco da vella!. As pingas cada vez ían a máis e o Sol decidiu retirarse para descansar un pouco.
Lucía LETRAS GALEGAS 2019
4
UN NADAL “PERFECTO”
Mía ía coa súa familia á casa dos seus avós para pasar alí o nadal. Mentres camiñaba cara o coche, empezou a nevar con moita intensidade. A nai dixo: - Non vos preocupedes! Ninguén nos parará; teremos un nadal perfecto. - Tes razón; nada nin ninguén nolo impedirá –continuou o pai. Subiron ao coche, puxéronse en marcha e ao pouco, quedaron sen gasolina. Mía púxose triste e preocupada, pero a nai repetiu: - Non vos preocupedes! Ninguén nos parará; teremos un nadal perfecto. E o pai repetiu de novo: - Tes razón; nada nin ninguén nolo impedirá. Tiveron que cambiar de ruta porque cortaran a estrada, o coche esvaraba na neve... Pasoulles de todo!. Mía non paraba de queixarse dicindo que quería chegar dunha vez á casa dos seus avós. Estaba moi nerviosa; ía chegar Papá Noel e se non estaban na cama xa durmidos cando chegara, non habería agasallos. Cando por fin chegaron á casa dos avós, cearon a todo correr, puxeron os pixamas e foron durmir. Á mañá seguinte, Mía viu que había unha morea de regalos. Entón dixo: - Mamá,
papá:
tiñades
razón. Foi un nadal “perfecto”.
Martina
LETRAS GALEGAS 2019
5
OS TRES BOMBEIROS
Había unha vez tres bombeiros. Chamábanse: Luís, María e Carlota. Vivían xuntos nun chalé con xardín. Un día tiveron que estar apagando un incendio durante 24 horas seguidas. No seu tempo libre, Luís xogaba ao fútbol con María, mentres que Carlota lía un libro fantástico. A Luís encantáballe viaxar a países europeos, a María gustáballe correr aventuras polo bosque e a Carlota fascináballe visitar museos internacionais. Un día, o xefe da estación de bombeiros díxolles que tiñan que traballar moitas horas máis. Luís dixo: “Vale, pero tes que pagar máis”. María exclamou: “Por suposto que si; sen problema”. Carlota pensou un pouco e ao final dixo: “Está ben, traballaremos máis se en verán temos máis vacacións”. O xefe aceptou a proposta de Carlota e así os tres bombeiros traballan máis horas cada día pero teñen máis vacacións no verán.
Carlos LETRAS GALEGAS 2019
6
A ÁRBORE ESPECIAL
Hai máis ou menos tres ou catro días apareceu unha árbore. Esa árbore medrou ata chegar ao remate do arco da vella. Ao final do arco da vella había un parque no que soaba música e había luces de cores cando nenos e nenas xogaban nel. Era unha árbore especial: só daba froitos en inverno, no outono medraban esquíos polas súas pólas, en verán lentes para o Sol e viseiras e na primavera, aparecían loros de todas as cores e bolboretas que ulían a caramelo. En cada estación ía o arco da vella e daba felicidade e amizade á árbore. A árbore poñía esa felicidade polas súas ramas e os loros repartíana por toda a cidade. Era unha árbore especial chea de seres moi especiais.
Paula LETRAS GALEGAS 2019
7
O RATO E KARLA
Había unha vez unha nena chamada Karla que quería ter un rato. O día do seu aniversario foi coa súa nai a unha tenda de animais. Alí había un rato bebé e Karla insistiulle á súa nai: - Por favor, mamá, podes comprarme ese ratiño bebé? - Si –respondeulle a nai- pero tes que poñerlle un nome. Xa sabes como vas chamalo? - Vaise chamar Pelusa –contestou Karla. A nai entón díxolle que pagaría ata 100 €, non máis. Entraron na tenda e pediron o rato bebé. O vendedor díxolles que só custaba 12€. Estrañadas, preguntáronlle como era tan barato, porque non entendían ese prezo. O vendedor explicoulles que o rato tiña un problema, que era débil e case non medraba. Elas mercárono igual. Karla sempre o pasou moi ben co seu ratiño. Pasaron xuntos moitos, moitos anos e mesmo celebraban xuntos o seu aniversario: o 2 de abril.
Zoe LETRAS GALEGAS 2019
8
O ELEFANTE BAIXO
Había unha vez un elefante moi baixiño. El quería ser alto e un día foi onda un bruxo a pedirlle axuda. O bruxo regaloulle un anel que podía concederlle un desexo. O elefante colleu o anel e pediulle estar moi alto; tan alto coma o arco da vella. O anel concedeulle o desexo e ao momento, o elefante apareceu onde quería. Desde entón, sempre está alí subido, mirando todo desde o alto.
Christian LETRAS GALEGAS 2019
9
O RATIÑO LECTOR
Érase unha vez un rato a quen lle gustaba a lectura. Gustáballe un libro en especial que tiña por título “O libro azul”. Na súa casa lía o libro todas as noites antes de durmir. Cando se levantaba pola mañá, almorzaba e lía outro pouquiño. Era un rato feliz e contento xa que tiña moitos libros de distintas cores e cheos de aventuras e emocións.
David LETRAS GALEGAS 2019
10
PERIQUIÑO, O DEFECTUOSO
De cando en vez, dan ganas de ter un periquiño. Iso foi o que lle pasou a Jom. E a súa nai foillo mercar cando soubo que tiña tantas ganas del. Pero na tenda só quedaba un que tiña un ollo mal e Jom dixo que así non o quería. - Ese periquiño é defectuoso! Non o quero! –berrou. Pero á nai de Jom non lle importou; comprouno e levouno para casa. Ao chegar, díxolle ao seu fillo: - Cariño, dálle de comer ao periquiño. - Non quero darlle de comer a ese animal defectuoso! – respondeu Jom. Entón a nai contestou: - Non é defectuoso. É un ser vivo que non ten a mesma sorte ca ti, que tes todo o que queres cando queres. Querías un periquiño e non parabas se non o tiñas. - Iso non é verdade! Eu non son así, mamá! – protestou Jom. - Si que o es, cariño. Pero mira, é certo que el ten un ollo mal, pero ti tamén ás veces tes cousas mal e por iso non deixamos de quererte. –dixo a nai. Entón Jom, pensou no que dicía a súa nai, mirou ao periquiño e a partires dese día coidouno moito e quíxoo como era.
Karla LETRAS GALEGAS 2019
11
A OVELLA VERMELLA
Había unha vez unha ovella que escapou do rabaño. Un lobo perseguiuna e a ovella, fuxindo del, caeu nun bote de pintura vermella. Cando saíu del, era toda desa cor: era unha ovella vermella! O lobo cando a viu asustouse e marchou de alí. A ovella vermella foi onda as súas compañeiras pero elas tamén lle tiveron medo e a pobre ovella quedou soa e triste. Pasou por alí unha nena e díxolle: - Voute levar ao río para que te limpes. A ovella contestáballe “meee, meeee, meeee”. A nena levou á ovella ata a auga, limpouna e levouna de novo ao seu rabaño. A ovella quería ir coa nena porque lle parecía moi boa persoa así que foi vivir uns días á súa casa. Fixéronse moi amigas. Despois dun tempo a ovella volveu para o seu rabaño; a nena ía visitala todos os días e cando lle quitaron a la, o gandeiro deulla á nena e con ela fixo un precioso xersei.
Laura LETRAS GALEGAS 2019
12
O BOLI, O LIBRO E A AXENDA
Había unha vez un boli que estaba escribindo nun libro. Estaban moi aburridos ata que chegou un neno cunha mochila; parecía que viña da escola. Entón sacou da súa mochila unha axenda. O libro e o boli desconfiaban da axenda. Cando o neno marchou, o libro e o boli baixaron do escritorio e preguntáronlle á axenda como se chamaba e empezaron a falar. A conversa non foi moi ben. O libro e a axenda pelexáronse por ver quen era mellor. O libro sacou un rotulador permanente e apuntou a axenda. A axenda sacou un bolígrafo e fíxoo o mesmo.
Entón,
o
boli
púxose
no
medio,
separounos e dixo que así non se arranxaba nada. O libro e a axenda recoñeceron que tiña razón. No momento pararon, pero ao pouco xa estaban discutindo unha e outra vez.
Mario M LETRAS GALEGAS 2019
13
A BOTELLA MÁXICA Érase una vez un neno chamado Saúl que quería ter un can, pero os seus pais non lle deixaban. Cando se fixo noite, a súa nai chamouno para cear e díxolle: - Cariño, que tes, que estás triste? - É que quero un can e vós non queredes –respondeu Saúl. - Ter un animal é moita responsabilidade –engadiu o pai. Saúl marchou para a cama enfadado, puxo a súa botella de auga na mesiña de noite e cando apagou a luz, a botella comezou a brillar. El non podía crer o que vía. Da botella saíu un xenio; parecíalle imposible, pero deulle igual. Recordou o conto da lámpada marabillosa e preguntoulle ao xenio: - Cantos desexos teño? - Só tes un –respondeu o xenio- Pénsao e decide ben. Saúl pensou un pouco e dixo: - Quero un can! - Pois aí o tes! –dixo o xenio-. Uns días despois, os pais decatáronse e enfadáronse moito. Pero ao final pensaron que non estaría mal ter unha mascota e decidiron quedar co can coa condición de que Saúl fora responsable para coidalo.
Silvia LETRAS GALEGAS 2019
14
O LORO E O TUCANO
Había unha vez un loro que se cría o máis fermoso de todos os loros polas súas plumas de cores. Un día chegou á sabana unha familia de tucanos. Eran moi bos veciños: coidaban moi ben a sabana e sempre axudaban a facer un mundo máis fácil e mellor. Os tucanos gañaron por primeira vez o concurso de animais listos, porque o pequeno da familia era un xenio en matemáticas. O loro, celoso, porque ata entón sempre ganara el, retou ao pequeno tucano a unha loita matemática. O loro fixo trampas porque sabía que non podía gañar ao tucano. Cando se decataron, o pequeno tucano, que ademais de moi bo en mate era amable e xeneroso, perdoouno coa condición de que non volvera a ser tramposo e presumido. Fixéronse moi amigos e agora sempre pasean voando xuntos, collidos das ás.
Eva LETRAS GALEGAS 2019
15
O VÍNCULO
Despois de que Foraki evolucionara a Frogdier e máis tarde a Greninja, o Pokemon empezou a obter máis habilidade, e o vínculo entre Ash e Greninja fortaleceuse tanto que xurdiu algo semellante a “mega evolución”. Ocorreu así: Ahs e Halein comezaron unha loita e cada un ía utilizando compañeiros como Charizar ou Greninja. Usaban lume, tronos e todo canto había. Nun momento, Greninja envolveuse nun tornado de auga. Foi posible grazas ao vínculo que tiña con Ash. Aínda que Ash e o seu axudante quixeron acabar con el, non foron capaces. Ao final, Halein e Ash recoñeceron a súa derrota e dixeron que tiñan que empregar todo o seu potencial e adestrar máis se querían ser mellores.
Saúl LETRAS GALEGAS 2019
16
MÍA E O LEÓN Había unha vez un león. Ese león, chamado Charli, tiña unha mellor amiga. Pero a mellor amiga de Charli non era un león nin unha leoa; era unha nena chamada Mía. Mía tiña un irmán chamado Mie. O seu pai tiña unha granxa de leóns. Aquela granxa tiña árbores por todas partes e moitos, moitos arbustos. Estaba no Sur, por iso case sempre ía Sol e calor por alí. Cando no inverno ía máis frío e aparecían nubes, Charli non tiña frío porque a súa pelaxe protexíao. Charli e Mía queríanse moito e xuntos eran moi felices.
Claudia LETRAS GALEGAS 2019
17
DÚAS AMIGAS INSEPARABLES
Había unha vez dúas nenas que se chamaban Claudia e Daniela. Eran moi boas amigas e ás dúas gustábanlles as mesmas cousas, os mesmos animais e os mesmos programas de televisión. Eran inseparables; sempre querían estar xuntas... Ata que un día Gloria, a nai de Claudia, decidiu cambiar de casa. Claudia non atopaba o momento de contarllo a Daniela. Cando por fin llo dixo, as dúas se puxeron moi tristes porque xa non ían estar cerca. Ao día seguinte, cando saíron para o colexio, Daniela e Claudia atopáronse no portal da súa casa. Déronse conta de que vivían no mesmo edificio. Era unha sorpresa! Sentíronse moi felices e agora si que ían ser inseparables!.
Daniela LETRAS GALEGAS 2019
18
O PAXARO, O LORO E O GATO
Un día, dous amigos, o paxaro e o loro, vivían tranquilos no bosque animal. Este bosque tiña moitos animais, árbores e arbustos de todo tipo. O paxaro e o loro eran amigos desde había tres anos, cando foran vivir ao bosque. Tiñan os dous un plumaxe colorido, suave e liso. Semanas máis tarde, puxéronse a cantar na póla dun castiñeiro e entón escoitaron miañar. Foron ver o que pasaba e viron un gato ferido dentro da árbore, chorando porque non tiña amigos. Entón, como o paxaro e o loro eran tan cariñosos, dixéronlle: - Queres ser o noso amigo? - Vale, si! –dixo o gato. Pasaban os tres moi bos momentos cantando, pero un día o gato enfermou. Tiña moita febre. Os dous amigos non sabían que facer así que pediron consello a un moucho sabio. El díxolles que o mollaran para baixarlle a febre. Os dous amigos mollárono no río e mellorou enseguida. Desde ese día todos foron moi felices para sempre no bosque animal.
Miguel LETRAS GALEGAS 2019
19
MIRO E ROX
Miro era un pequeno rato de campo que vivía todo o verán nun campo de trigo ata que o dono ía recoller o cereal. Entón tiva que irse. Non tiña casa e tiña medo a pasar moito frío no inverno. Viu que cerca do campo había unha casa e pensou que estaría moi ben para pasar alí o inverno, quentiño e sen chuvia. Coouse pola ventá do soto. Viu que había moitas cousas: armarios, alfombras, calzado, bolsos, etc. Buscou e decidiu que a súa cama sería unha zapatilla, quentiña e segura. Cando espertou pola mañá foi buscar algo de xantar e descubriu un gato!. Fuxiu para a súa zapatilla e quedou alí moito tempo. Cando saíu de novo descubriu a outro rato. Era Rox, o rato desa casa. Rox levouno ata a cociña e a despensa, onde había moito que comer. Despois levouno ao cuarto dos nenos da casa, que tiña moitos xogos. Cando estaban alí entraron os nenos e os dous ratos agocháronse dentro dunha caixa. Os nenos colleron esa caixa e levárona ao xardín. Alí, os dous ratiños saíron con moito coidado e agocháronse no campo. Miro estaba feliz fóra; sentíase libre. Estiveron un pouco xogando polo xardín e despois volveron para casa con moito tino de non ser descubertos.
Miro
estaba moi contento por poder estar alí e ter a Rox como compañeiro (e como o mellor amigo).
Lois LETRAS GALEGAS 2019
20
A NOITE INFINITA
Unha noite de sábado fun á casa do meu tío. El tiña unha casa un pouco terrorífica: O chan renxía, as ventás abríanse e pechábanse co vento, escoitábanse sempre sons e o peor era que había cadros que parecían que te vixiaban. Esa noite deiteime ás doce da noite e dúas ou tres horas despois o reloxo do meu cuarto marcaba aínda as doce. Eu, con calafríos de medo, fun ao cuarto onde durmían os meus tíos, pero non estaban. Saín da casa e perdinme polo camiño. Despois de moito camiñar volvín a estar diante da casa dos meus tíos. Era coma un bucle, volver a empezar unha e outra vez. Así que botei a correr, choquei cunha árbore e... espertei na miña cama. Xa eran as 8 da mañá. Todo fora un pesadelo.
Fran LETRAS GALEGAS 2019
21
O HÁMSTER E O CANARIO Había unha vez un hámster que viaxara por todo o mundo para atopar un amigo. Un día encontrou moitos hámsteres. Cando foi onda eles, non o quixeron e mandáronlle marchar. Foise moi triste e seguiu buscando algún amigo. Á mañá seguinte topouse cun canario que estaba enredado nunha corda. O hámster axudouno a liberarse e preguntoulle se querería ser o seu amigo. O canario, encantado, díxolle que por suposto que si. Dende entón foron sempre amigos, viviron xuntos e pasárono sempre moi ben.
Mario A. LETRAS GALEGAS 2019
22
A ÁRBORE SOLITARIA O ano pasado un “observador” de árbores decatouse de que un baobab sentíase moi só. Entón decidiu falar con el. - Que che pasa? –preguntoulle. - Síntome só –respondeu o baobab. Nese momento pasou un can que tamén estaba só. O “observador” chamouno e contoulle todo. O can entendeuno, xogaron e xogaron ata fartarse. O “observador” tiña que marchar e despedíronse. O can e o baobab seguiron falando e chegado un momento, o can díxolle ao baobab: - Se queres podo quedar para sempre contigo. A árbore aceptou encantada e xuntos viron aparecer o arco da vella.
Dani LETRAS GALEGAS 2019
23
NOA E AS BRUXAS Noa estaba na súa casa aburrida e dixo: - Estou farta! Quero ser unha bruxa! - E por que, miña filla? –preguntoulle súa nai-. As bruxas son malas, fedorentas, feas... - Porque as bruxas poden voar coas súas vasoiras máxicas e poden ser boas, ulir a rosas e ser fermosas... –respondeu Noa. - Parvadas! –dixo a nai. Fermosas! Parvadas!. Non liches a historia dun neno que se converte en rato por culpa dunhas horribles bruxas? Noa baixou a cabeza. Pero insistiu de novo: - Podo ir ao mundo das bruxas? - Non! -Dixo súa nai. Noa baixou triste ao xardón. Alí viu pasar ao seu amigo Hugo e preguntoulle se quería ir con ela ao mundo das bruxas. Hugo respondeulle que non, que lle daban medo, noxo, arrepíos... Que de ningunha maneira iría con ela. Noa sentiu vergoña e triste, pediu un desexo: - Quixera ás doce da noite, converterme nunha bruxa. E así foi. Volveuse unha bruxa, pero unha bruxa guapa, que ulía a rosase que era boa. Pero ninguén a cría. Así que arrepentiuse e pediu volver ser unha nena. Cumpriuse o seu desexo e Noa viu que ninguén lembraba nada do de antes. Seguiu coa súa vida de sempre ata que un día díxolle á súa nai que quería ser un vampiro. A nai díxolle que os vampiros eran sucios, sempre vivían a escuras e estaban manchados de sangue. Entón Noa botouse a rir e dixo que todo era unha broma. Entón a nai suspirou aliviada das tolerías da súa filla.
Ainoa LETRAS GALEGAS 2019
24
O ELEFANTE NEGRO E ROSA
Había unha vez un elefante que vivía nun mundo de cores. Un día viaxou ao mundo rosa e volveuse rosa. Despois foi ao mundo negro e volveuse negro. Volvíase sempre da cor do mundo que visitaba. E como as cores que máis lle gustaban eran a negra e a rosa, decidiu ir sempre a eses mundos para poder ter sempre esas cores.
Andrea LETRAS GALEGAS 2019
25
COUSAS ESTRANAS
Un bo día, Justin estaba na súa casa debuxando cando escoitou uns pasos. Foi mirar, pero non había ninguén. De súpeto, viu uns brazos xigantes achegándose. Justin pensou en fuxir ás carreiras pero entón parou e dixo berrando moi forte: - Non te teño medo, sexas o que sexas. Non es real! Entón aqueles brazos xigantes fóronse alonxando ata desaparecer.
Andrés LETRAS GALEGAS 2019
26
E AQUÍ ESTÁN...
...OS AUTORES E AS AUTORAS
Alumnado de 4º B Curso 2018-2019
CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE