MAIO 2013
AQUELARRE 15
1
MAIO 2013
AQUELARRE 15
DESPEDIDA DO COLEXIO
É difícil resumir todo o que pasei neste colexio. Entrei con tres anos, como a maioría dos meus amigos. O verán anterior ao comezo das clases foi moi longo. Desexaba que comezaran xa: Ía ir ao cole de maiores! Que ilusión! Por fin, deixaba atrás a gardería. Recordo que cando cheguei a clase chamoume moito a atención unha nena de cabelo castaño que non paraba de moverse. Sempre estaba rindo ou falando. Era moi inqueda. Hoxe é unha das miñas mellores amigas. Cando soaba a música saiamos todos caladiños para o recreo. Ao chegar alí, o silencio cesaba e era substituído por unha morea de berros. Que divertido era pasar a liña vermella do patio sen que nos viran os profes! Os anos pasaron e fomos crecendo. De cada un deles teño recordos fermosos e moi bos amigos. As viaxes co colexio non as cambiaría por nada. As saídas pola cidade, ao teatro, ao acuario, aos museos, á Casa do Queixo, a Marcelle, á Fervenza do Toxa, a Manzaneda e moitas máis. Nelas vivín momentos moi divertidos.. Tamén me vai ser difícil esquecer as festas celebradas no centro: o Samaín coas nosas cabazas alumeando o colexio; o Nadal, onde as nosas voces enchían o salón de actos; o entroido, preparando bailes e disfraces para sorprender aos nosos pais; o día da Paz, onde o ceo se tinguía de cor branca, a festa de fin de curso, que este ano non teño ganas de que chegue porque será a última que faga neste colexio. Ao longo destes anos coñecín a moitos profesores. Entre todos ensináronme o que sei. Espero non defraudalos na miña seguinte etapa. Agora, cos meus doce anos, o que sinto é moita mágoa de deixar atrás a este querido colexio.Levaremos con nós as nosas aprendizaxes e recordos Oxalá que o novo comezo que nos espera sexa tan bo como o tempo que vivimos aquí.
Manuel Lijó Sánchez e Antía López Vázquez. 6º B
2
MAIO 2013
AQUELARRE 15
1º PREMIO DO CONCURSO «CONTOS COMPARTIDOS» EDUCACIÓN INFANTIL
A miña amiga a GAIVOTA
Todas as mañás, ao espertar... teño na xanela unha gaivota que me vén saudar. Fala moi alto para que non me adormeza de novo, e chegue ao cole coa cara despexada, sen sono... Miña amiga a GAIVOTA é branca e moi faladora. É como un reloxo matinal que me dá a hora... Polas tardes se vai sol e pasea coas amigas pousa na farola e fai que me mira... Tamén na fin de semana, achégase á xanela, olla cara arriba, e pía, pía... como dicindo...¡Arriba! Ás veces pasa moito tempo apoiada na farola. En que pensará, a miña amiga A GAIVOTA? Polas mañás moi cediño, no parque de Eirís, fan asemblea todas as gaivotas que pasan por aquí... Pero a miña Gaivota, branca como a neve, fai sempre unha escapadiña...para vir verme... Isto que vos conto é ben certo, non é trola; podedes vir vela calquera mañá, apoiada na farola. Tema da poesía baseado no relato real proposto por. Lucas Cerqueiro Espinosa (5 anos A) coa colaboración da súa nai (Anna Espinosa)
3
MAIO 2013
AQUELARRE 15
1º PREMIO DO CONCURSO «CONTOS COMPARTIDOS» 1º CICLO PRIMARIA
UXÍA E A SÚA BICICLETA
Hai moito tempo nunha aldea de Ourense vivía unha nena chamada Uxía. Todas as fins de semana ía visitar aos seus avós. Unha tarde o avó de Uxía regaloulle unha bicicleta moi especial, pois estaba feita de madeira. Todo era perfecto, pero a Uxía parecíalle que non corría tanto como as bicicletas dos seus compañeiros, así que lle pediu a súa nai que lle comprara unha bicicleta nova, pero a nai parecíalle perfecta a que lle regalara seu avó. Resignada, Uxía baixou a bicicleta ao parque e cal foi a súa sorpresa ao ver que todos os nenos e nenas querían aquela bicicleta Así que Uxía comprendeu o valor dos xoguetes que seu avó lle levaba facendo dende que era pequena. Agora, todas as tardes baixa á casa do seu avó para aprender a facer xoguetes. Nerea Sánchez Viqueira (1ºB) e a súa nai Rosa Viqueira.
4
MAIO 2013
AQUELARRE 15
1º PREMIO DO CONCURSO «CONTOS COMPARTIDOS» 2º CICLO PRIMARIA O REI QUE QUERÍA SER O MÁIS LISTO Hai moito tempo, nun pequeno pobo dun país moi afastado, vivía un rei moi egoísta que non quería que ninguén aprendese a ler, a escribir, a sumar, a restar, ... Un día, un mozo chamado Martín preguntoulle ao seu avó: - Avó, que é ler? - Pois, ler é saber pronunciar as letras que aparecen escritas nos libros. - E, onde están os libros avoíño? - Nas bibliotecas.Aquí, no noso pobo, hai unha detrás do castelo do rei, pero para entrar tes que pedirlle permiso. O neno dirixiuse ao castelo do rei. En canto lle comentou o que quería, o rei botouno fóra moi enfadado. Martín, con moito sixilo, entrou na biblioteca sen ser visto e escoitou unhas voces que discutían. Asomouse con coidado e viu que moitos personaxes saídos dos seus contos estaban berrando e discutindo... - Que está pasando? - Preguntoulles o neno en metade da sala Riciños de Ouro explicou coa súa voceciña: - Estamos moi tristes, porque o rei tennos aquí encerrados e ninguén pode ler xa as nosas historias. O neno quedou pensando e dixo: - Xa o teño! Se ensinades a ler ás persoas do pobo, a eles de seguro que lles encantará ler as vosas historias. E así o fixeron, pero o Rei non estaba de acordo e unha noite foi a falar con Martín. - Isto non pode seguir así, pois só eu podo ser o máis listo. - Non ten porque ser así - Contestoulle o neno - Os libros ensínannos moitas cousas e todos podemos aprender moito con eles. O rei quedou pensando, e dixo: - Ti tes moita razón. Fun moi egoísta querendo ser o máis listo e, a partir de agora, compartirei os meus libros con todos aqueles que queiran lelos. Sara Sanz Fonta (3ºB) Estela Fonta Fernández
5
MAIO 2013
AQUELARRE 15 1º PREMIO DO CONCURSO «CONTOS COMPARTIDOS» 3º CICLO PRIMARIA
GATUXO E OS PEIXES Érase unha vez un gato que se chamaba Gatuxo, e vivía nunha casa de campo cunha familia con dous fillos que se chamaban Pablo e Paula. Un día os pais de Pablo e Paula mercaron catro peixes de cores e leváronos a casa como agasallos para os seus fillos. A Paula e a Pablo gustáronlle moito os peixes e chamáronos: «Escamiñas», «Ondiña», «Quenlliña» e «Mollado». Xogaron todo o día con eles, déronlles de comer, limparon a peceira e cambiaron a auga. Pero pola noite, cando quedaron sós os peixes... apareceu por alí Gatuxo a ver o que estaba a pasar, xa que en todo o día non lle fixeran caso ningún. Subiuse por riba da peceira e intentou tirala. Pero... ao cabo dun tempo, un peixe comezou a falar: - Pero ti que fas? - Pois ti que cres? Quero tirarvos a calquera sitio para que non vos encontren e tamén me fagan caso a min. - É normal que nos fagan caso, é o noso primeiro día - dixo Escamiñas un pouco asustada. - É verdade, aínda é o noso primeiro día e logo cansaran de nós e pode que ata nos tiren ao río ou ao váter - dixo Mollado. - Ao váter! Estades tolos! que medo! onde iríamos a parar? - dixo Ondiña Mentras falaban os seus compañeiros, Gatuxo e Quenlliña tiñan medo de que o gato realmente os quixera comer. Entón empezaron a pensar un plan de fuxida... - Oíde rapaces, deixádevos de tolerías, porque o gato o que quere é «botarnos o dente». Temos que saír de aquí e canto antes millor. - E, que podemos facer? - dixo Ondiña, que sempre estaba dándolle voltas a todo. - Teño una idea - engadiu Escamiñas... Falaremos con Gatuxo. - E que lle vas decir? - dixo Escamiñas... - Pois moi sinxelo, que ten que abrir a billa da auga e deixala toda a noite aberta porque temos que bañarnos moi cedo pola mañá. - Que aventura! - dixo Mollado - Eu apúntome, é un plan marabilloso. - Pero que medo!, ten que estar moi escuro aí fóra e vai ti saber se vai frío ou se pode haber serpes de auga... - dicía Ondiña E a mañá seguinte cando toda a casa estaba chea de auga, os catro peixes saíron nadando da peceira rumbo a novas aventuras... e Gatuxo na súa camiña ría pensando que voltaba a ser o único animal da casa. María Placer Ganchegui (5ºB) e súa nai.
6
MAIO 2013
AQUELARRE 15
CREAMOS
1ยบ A
7
MAIO 2013
AQUELARRE 15
DORADO, O PEIXIÑO AVENTUREIRO Había unha vez un peixiño chamado Dorado que vivía nunha fervenza.
Un día, Dorado decidiu aventurarse no río Eume para visitar outros peixes. Fíxose de noite e perdeuse na ría de Pontedeume.
A mañá seguinte, un pescador descubriuno na súa cana, meteuno nun caldeiro con auga e levouno ao encoro do Eume.
Unha gaivota que voaba por alí deu un peteirazo na auga e… atrapou a Dorado! Voando, voando chegaron a lagoa de Valdoviño. Nese momento Dorado tivo unha idea e preguntoulle: Ti coñeces algún carangrexo?
A gaivota abriu o peteiro para contestar e Dorado logrou escapar. Caeu na lagoa, alí coñeceu outros peixes, fíxose amigo deles e deciciu quedarse a vivir cos seus novos amigos.
8
MAIO 2013
AQUELARRE 15
Álex e o barquiño
Érase unha vez un neno chamado Álex Era alto,, fraco, moreno e moi simpático. Cando cumpriu oito anos, recibiu moitos agasallos. Os que máis lle gustaron foron un barquiño de xoguete e un traxe de mergullador. Un día decidiu ir ata a beira do mar para ver o ben que flotaba o seu barquiño. Había moitas cousas nas que fixarse: gaivotas, cunchas, ondas moi altas, area,.... Álex despistouse por un momento e.... o barco de xoguete desaparecera na auga! Entón o neno decidiu poñerse o seu traxe de mergullador e comezou a buscalo entre peixes, augamares e algas. Non levaba moito tempo na auga cando viu a un polbo que se achegaba a el. -Señor Polbo, viu vostede un barquiño de xoguete? -Non, pero vin unha cousa flotando algo máis abaixo. Álex baixou un pouco máis e atopouse cun golfiño. -Señor Golfiño, viu vostede un barquiño de xoguete? -Si que o vin. Está no fondo do mar. E así foi como Álex comprendeu que un non se pode despistar cando xoga con barquiños. Lucía Suárez, 2º A
Este conto que che contei eu a ti, non mo contaran antes a min.
9
MAIO 2013
AQUELARRE 15
A DEUSA DO SOL Hai moito tempo,no antigo Xapón, contábase que se vira á deusa do sol, Amaterasa, no monte “Fuji” ao anoitecer. Ao pasar un ano, no mesmo día e á mesma hora, un grupo de aldeáns dun pequeno pobo próximo, foron a comprobar se o fenómeno se repetía, pois tiñan ganas de vela. E alí estaba a deusa, cunha toga amarela como o sol. Ao velos, sorprendida, formuloulles a seguinte pregunta: Que facedes aquí? Perdoe, deusa, - dixo o aldeán máis alto-. Queriamos comprobar se a lenda da súa aparición era certa. Agora sabemos que si. Por esta vez pasa, pero si volvedes, caerá sobre vos unha maldición –advertiu ameazante a deusaNun abrir e cerrar de ollos a deusa foise co sol e fíxose de noite. Pasado un ano, reuníronse outra vez o grupo de aldeáns Cal será a maldición?- preguntou o máis alto-. Queres comprobalo? – dixo en modo de pregunta retórica o único do grupo que non levaba roupa de cor marrónSíntoo moito, pero eu quero sabelo, - engadiu o máis baixo de todos –. Vou subir á montaña. En canto Amaterasu o viu, incendiouno, ata matalo cos seus raios, mentres dicía: A curiosidade matou ao gato-. E desapareceu. A noticia chegou rapidamente ao pobo. Alí un samurai chamado TaomaMashara decidiu saír na busca dun colgante que impedira a Amaterasu empregar os seus poderes. Pasado outro ano o samurai subiu á montaña . Apareceu a deusa que intentou matalo pero o colgante rexeitou os raios . Taoma aproveitou para levantar a Katana. Pretendes matarme? –preguntou a deusa. Non te matarei, pois rompería o equilibrio; pero non volvas á Terra. Así honrou o samurai TaomaMashara a memoria do morto. O grupo de aldeáns, agradecidos, fixéronlle unha estatua. Juan Castelo Naveira. 6º B
10
MAIO 2013
AQUELARRE 15
NORMAS PARA NON ESQUECER NO COLEXIO No colexio se o turno queres ter, a túa man debes erguer. Susana González, 3º A
Cando o mestre vaia explicar, non se pode falar, porque te poden castigar. Tampouco tarde hai que chegar tes que ser puntual para que a clase poida comezar. Todo isto é necesario, para que non te rifen por facer o contrario. Irene Gallardo Sierra, 3º B
AS NUBES As nubes son auga, a auga está no mar. O mar é tan claro coma o cristal. O mar é máis bonito porque te podes bañar. Aínda que a min, tamén me gusta o cristal. Icía Díaz, 3º A
O TEMPO Dona flor un día pasou frío e outro día pasou calor, pois na primavera ás veces fai sol, outras ventoleras ou bos chaparróns. Xoán
11
MAIO 2013
AQUELARRE 15
Do A ao Z para vivir ben
Apertas para sentirse acollidos/as. Bicos a moreas. Cantigas para durmir. Dozura para tratar aos demais con suavidade. Esforzo, para que vexas que podes. Falar, pero escoitando aos demais. Grazas para valorar o que temos. Humor para levar ben as cousas. Imaxinación para crear. Lecturas para coñecer. Mimos para todo o mundo. Nenos para facer futuro. Ñ que está nos aloumiños. Ofertas de cariño. Perdón para estar en paz. Quilos de paciencia. Risas para contaxiar alegría. Solidariedade para facer un mundo máis xusto. Tranquilidade para non perder os nervios. Unión, para facer máis forza. Verdade, para que haxa confianza. Xenerosidade para aceptar aos demais como son. Zume de optimismo.
Alumnado de 4ºA
12
MAIO 2013
AQUELARRE 15
O SAMAÍN
O MAGOSTO
13
MAIO 2013
AQUELARRE 15
O DÍA DA PAZ O Día da Paz foi o trinta de xaneiro. No colexio fixemos un mercadillo solidario de xoguetes e recadamos 925 euros. Estes cartos vanse empregar para facer unha escola nun pobo de Guinea Bissau. A ONG coa que colaboramos chámase «Miradas ao Mundo». A fundadora é María e contounos moitas cousas de alí. Un día veu acompañada por Bebe,que viviu alí a súa infancia, e contounos historias dese tempo e como conseguiu vir a España sen ter ningún diñeiro e que a comida que máis lle gustaba era a tortilla. Rimos moito.
Despois do mercadillo saímos ao patio para formar a palabra PAZ facendo unha cadea humana, con todos os nenos do colexio poñéndonos enriba dunha enorme silueta.
Nenos e nenas de cada clase soltaron tres globos coa palabra PAZ escrita e decorados con outros desexos que xa fixeramos na clase. Despois, arredor do patio cuberto, cantamos, todos xuntos, unha bonita canción: «Os nenos queremos a paz» Ao final deste día aprendimos moito e fixémonos máis bos e solidarios. Composición escrita polo alumnado de 6ºA.
14
MAIO 2013
AQUELARRE 15
Os nenos e nenas de primeiro traballamos a Paz e reproducimos o cadro de Picasso, «O Guernica», que significa o NON A GUERRA.
<<Todo neno é un artista. O problema é como seguir sendo artista cando un medra>> Picasso
15
MAIO 2013
AQUELARRE 15
O ENTROIDO
16
MAIO 2013
AQUELARRE 15
LETRAS GALEGAS ROBERTO VIDAL BOLAÑO Naceu nun barrio obreiro de Santiago, o día 31 de xullo de 1950, no mesmo ano que morreu Castelao. Con 12 anos comezou a traballar nunha empresa de recambios de coche, pero tamén traballou nunha tenda de coloniais, nunha axencia de viaxes e, por último nun banco, no que tráballou ata os 27 anos, idade na que comezou a adicarse profesionalmente ao teatro. Con 15 anos xa escribira a súa primeira peza teatral, “O xogadeiro”. Fundou a primeira compañía profesional de teatro en galego, O grupo Antroido, na que realizou todo tipo de funcións, empresario, autor, director, pintor de fondos… Tamén fixo guións para a radio e televisión. Actuou en series de televisión e películas. No ano 1991 creou e dirixiu a compañía Teatro do Aquí, coa que seguiu representando as súas propias obras. Obtivo moitos premios como: O Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, María Casares; Xacobeo 92… Morreu moi novo, aos 52 anos, no ano 2002. A Roberto Vidal Bolaño considérano o pai do teatro moderno galego e sempre defendeu a nosa Lingua, por iso se lle adican as Letras Galegas deste ano. Ao longo da súa vida escribiu moitas obras de teatro, algunhas delas adicadas ao público infantil. As máis importantes son: • Laudamuco, Señor de Ningures • Bailadela da morte ditosa • Agasallo de Sombras • Días sen Gloria • Saxo Tenor • As Actas Escuras • Rastros • O Día que os Chífanos Deixaron de Zoar 4º B
17
MAIO 2013
AQUELARRE 15
O Parque de Pablo Iglesias Un Mércores na hora de Plástica, os alumnos-as de 5º A e B, fomos ao parque de Pablo Iglesia a debuxar ao aire libre unha paisaxe do natural. Cando chegamos collimos os folios, un lapis e unha goma. A continuación sentámonos onde quixemos, escollendo un lugar dende onde se vía moi ben case todo o parque e puxémonos a debuxar.
Cando rematamos e ao chegar ao colexio, escollemos os dous mellores de cada clase. Seleccionamos os feitos por Juliana, Daniela, Adrián e Xenia. Fotografámolos e coa axuda da pantalla dixital fotografámolos. Entre toda a clase debuxámolos e pintámolos en dous murais moi grandes en cada grupo de 5º. Pasámolo moi ben porque foi algo diferente.
Alumnado de 5º
18
MAIO 2013
AQUELARRE 15
ENTREVISTAMOS A Mª XOSÉ CANDO NACICHES? EN QUE LUGAR? Nacín o 10 de marzo de 1968, en Corcubión. A QUE XOGABAS NA TÚA INFANCIA? Xogaba as agochadas ao brilé, ao fútbol… QUE QUERÍAS SER DE PEQUENA? Quería ser científica. QUE ESTUDIACHES? Bioloxía. ONDE COÑECICHES AO TEU MARIDO? Coñecino na Universidade de Santiago. POR QUE VIÑECHES VIVIR A CORUÑA? Vin por motivos de traballo; tiña 23 anos. EN QUE TRABALLAS? Traballo nunha empresa de telecomunicacións. GÚSTACHE O TEU HORARIO DE TRABALLO? Si, gústame. CANTOS FILLOS TES? Teño tres fillos. QUE CHE GUSTA FACER COA TÚA FAMILIA? Gústame viaxar, facer deporte, ir á praia… CAL FOI A TÚA MAIOR EMOCIÓN? Foi cando fun de viaxe a París. ONDE CHE GUSTARÍA VIVIR, NO CAMPO OU NA CIDADE? POR QUE? Gustaríame vivir no campo porque me gusta o aire libre e a paisaxe. CAL É A TÚA COMIDA FAVORITA? O marisco, especialmente os percebes. ONDE CHE GUSTARÍA PASAR UNHA FIN DE SEMANA, NA PRAIA OU NA MONTAÑA? Na montaña. QUE SERIE VES NA TELEVISIÓN QUE CHE GUSTE? Vexo “ O Intermedio”. EN QUE FALAS HABITUALMENTE? Falo en galego. QUE AFECCIÓNS TES? A afección que teño é ler. CAL É A VIAXE DA TÚA VIDA? Ir a Australia. Daniel Pena Miguel Castro Alejandro Méndez - 6º A
19
MAIO 2013
AQUELARRE 15
VISITA Á PANADARÍA
Os nenos e nenas de 3 anos visitamos a Panadaría do Barrio..
Amosáronnos distintos tipos de pan, empanadas, e doces..
Mercamos unha barra de pan para o almorzo de media mañá..
Agasalláronnos con caramelos e croisants.. Na clase comémolos . Que ricos ! Alumnado de 3 anos A e B
20
MAIO 2013
AQUELARRE 15
Os nosos pratos
Os nenos e nenas de 4 anos sabemos que é moi importante comer san e variado. Por iso, coa axuda das nosas familias, fixemos un menú con algúns dos alimentos que máis nos gustan. Mirade que ricos quedaron. ESTÁN PARA COMELOS!
Alumnado de 4 anos A e B
21
MAIO 2013
AQUELARRE 15
VIAXEIROS NO TEMPO
Este curso o espírito aventureiro dos nenos e nenas de 5 anos levounos a viaxar a través do tempo. Comezamos descubrindo a era Mesozoica, cando os dinosauros habitaban o noso planeta.
A seguinte viaxe foi á Prehistoria, converténdonos en auténticos nenos e nenas primitivos. Construímos as nosas covas, decorámolas con pinturas rupestres e creamos ferramentas, xoguetes e xoias con barro.
Cabalgando, cabalgando, chegamos á Idade Media. As nosas aulas transformáronse nun castelo medieval e, convertidos en raíñas, cabaleiros, e bufóns.. Vivimos miles de aventuras!!!
E seguimos viaxando. Alumnado de 5 anos A e B
22
MAIO 2013
AQUELARRE 15
CAMPO A TRAVÉS Este curso nenos e nenas do CEIP Juan Fernández Latorre participamos por primeira vez nunha actividade chamada «Campo a Través». Nas carreiras participaron aproximadamente cincuenta rapaces e rapazas. As dúas primeiras carreiras foron da fase comarcal, a primeira realizouse nos campos da Torre de Hércules e a segunda en Acea da Ma. Nesas carreiras comarcais clasificámonos para a segunda fase os equipos alevín feminino (5º curso), alevín masculino (5º curso) e benxamín feminino (3º curso). Na fase intercomarcal, que foi en Acea da Ma o equipo alevín feminino quedou en segundo lugar, medalla de prata,e xunto con Anxo Cousillas clasificámonos para a seguinte fase e trouxemos para o Colexio un bonito trofeo. Na fase provincial, que tamén foi en Acea da Ma, o equipo alevín feminino (María Placer,Iris Gómez, Lucía García, Natalia Fontecha, Nerea Couceiro e Marta González) gañamos unha medalla de bronce e outro trofeo para o Colexio. Anxo tamén o fixo moi ben. Aínda que non nos clasificamos para o campionato galego, deunos moita alegría participar nestas xornadas de «Campo a través» María Placer e Iris Gómez,5º
Debuxo - Nerea Pena,5º
23
MAIO 2013
AQUELARRE 15
CONCELLO DE OZA Cando estudamos o Concello, sempre nos referimos, como é lóxico, ao noso, ao da Coruña. Pero este curso, descubrimos que houbo un tempo no que a zona na que se ubica o colexio, pertencía a outro: ao Concello de Oza. A súa poboación era humilde, dedicada na súa maioría á agricultura e á gandería e o seu territorio era como tres veces o de A Coruña O límite natural entre os dous concellos era o río Monelos, invisible na actualidade, pois foi soterrado xa hai varios anos. O Concello de A Coruña, poderoso economicamente e cunha poboación moi numerosa, necesitaba ampliar o seu territorio e no ano 1912, conseguiu anexionar o de Oza, quedando así un único concello na cidade. No Concello de Oza, había dous castelos (O de San Diego e o de Oza), unha fortaleza defensiva (o forte de Valparaíso, do que hai restos no parque de Eirís) e moitos muíños, dos que xa non queda nada, ademais de varias igrexas románicas. As pegadas da existencia deste concello, foron desaparecendo ao longo do tempo. Na actualidade, aínda se pode ver o último edificio que albergou a sede municipal: está na rúa Montes, na parte de arriba do parque de Oza, nun estado lamentable e ruinoso, que debería avergoñar a quen permitiu e permite isto. A pregunta que a maioría de nós nos fixemos foi «Pero, se isto foi a Casa do Concello, como pode estar neste estado?» Agora coñecemos máis das nosas raíces; a lástima é que se deixen estragar ata chegar a desaparecer.
4º 24
MAIO 2013
AQUELARRE 15
APÓCEMAS E BEBERAXES DA BONDADE INGREDIENTES: - Un litro de paciencia - Dous grans de millo - 1kg de felicidade - Catro pétalos de rosa - Dúas gotas de xampú
Ainhoa Tajes, 3ºA
PREPARACIÓN: Ferver o litro de paciencia. Engadirlle todos os ingredientes. Cocelos durante una hora. Deixar arrefriar. Por último, tomalo o máis rápido posible.
Candela Nogareda, 3ºA
DA SABEDORÍA INGREDIENTES: - Moita prudencia - Infinita curiosidade - Eternas gañas de saber - Un chisquiño de paciencia - Continuidade na lectura - Un puñadiño de saber escoitar - E un moito de comprensión PREPARACIÓN: Remexelo todo, servilo moi frío e en pequenas doses.
DA SOLIDARIEDADE INGREDIENTES: • 1Kg de tranquilidade • 2 litros de axuda • Unhas gotas de atención • 1kg de amizade • 5 litros de paciencia • 3 espigas máxicas da solidariedade PREPARACIÓN: Remóvese coa culler máxica. Despois ponse no lume da solidariedade 45 minutos, a lume lento. Listo ao instante! Poñer dúas follas aos lados para facer o rito sagrado da solidariedade. Gabriel Ares, 3ºA
25
MAIO 2013
AQUELARRE 15
LEMOS E RECOMENDAMOS CONTOS CANTADOS DE KALANDRAKA O 30 de xaneiro, o alumnado de 5 anos gozou dunha excelente animación lectora por parte da editorial Kalandraka. Cun acordeón e unhas fermosas historias conseguiron que todos e todas participaran nas cancións que foron verdadeiros “contos cantados”.
CONTACONTOS NA ESCOLA Este ano, na escola, houbo moitos contacontos. Por un lado, pais e nais, convocados polo Equipo de Dinamización da Lingua, estiveron contando historias durante o mes de abril, ao alumnado de Infantil e Primeiro de Primaria. Por outra banda, durante todo o curso, nos recreos dos venres, na Biblioteca contaban un conto aos que quixeran escoitalo. Unhas veces foron nenos e nenas, e outras mestres/as. O resultado foi moi bo e a participación elevada.
VISITOUNOS ANXO MOURE Despois de ler o libro "O CARBALLO CON BOTAS" preparámonos para a visita do seu autor, Anxo Moure. Contounos cousas moi interesantes sobre os bosques e tamén nos explicou como podemos axudar a coidar a natureza. Ao finalizar a súa visita saímos a despedilo e vimos como se marchaba na súa bicicleta.
2ºB
26
MAIO 2013
AQUELARRE 15
VIOLETA MONREAL: MOITO MÁIS CA UNHA ESCRITORA O pasado 21 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria gozamos da presenza de alguén moi especial: Violeta Monreal, unha asturiana «creadora de historias», como ela mesma se define. Despois de estudar Belas Artes, empezou ilustrando libros, pero axiña comezou a escribir, mesturando textos e imaxes, para facernos coñecer a todos e todas o que xorde no seu pensamento, o que ela imaxina cando «está nas nubes». O que máis chamou a atención é a súa maneira de ilustrar, rasgando papeis., cos que obtén ilustracións cheas de vida e cor, con numerosos detalles. Unha verdadeira marabilla!
O Elefante dunha soa orella AUTOR: Rivadulla Corcón EDITORIAL: Sotelo Blanco RESUMO
O libro trata dun elefantiño de peluche que ninguén quere comprar porque lle falta unha orella. Un día, unha nena que se chama Dulce quéreo porque lle dá igual o aspecto que teña; o que lle importa é o seu interior. O libro mostra, ademais, sentimentos alegres, como o amor e tristes como a soidade. OS NOSOS COMENTARIOS
- É moi bonito e interesante. Ademais, crea tensión e está cheo de sentimentos que cambian constantemente: amor, cariño, respecto... - Gustoume moito porque ensina que hai que xulgar á xente polo seu interior, non polo seu aspecto físico. - Chamoume moito a atención que os capítulos os conten os zapatos, a nube, o coche, o nariz de pallaso... - Rematan todos felices, pero sentín moita tristeza porque a nai de Dulce morrera e tiven medo cando atropelaron ao can.
4º
27
MAIO 2013
AQUELARRE 15 MARCOS CALVEIRO
Marcos Calveiro naceu en 1968 en Vilagarcía, vive en Vigo e desenvolveu a súa actividade profesional como avogado. Comezou a publicar inicialmente literatura infantíl e xuvenil. A primeira obra, «Sari,soñadora de mares» foi traducida ao catalán e ao castelán, e a segunda ao castelán e ambas as dúas foron moi ben valoradas. Tivo diversos premios, os máis importantes son: En 2007 recibiu XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil polo libro: «O carteiro de Bagdad», despois mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil, polo libro: «O canto dos peixes» e no ano 2012 gañou o Premio Merlín polo libro «Palabras de auga». Este é o libro que nós traballamos na aula. Aquí presentámosvos unha breve reseña.
PALABRAS DE AUGA É unha historia intensa na que se mesturan tristeza, alegría, medo, desesperación, é tamén comprensión; sucede no continente africano. Trata dunha tribo de africanos chamada Kimba que vive nun lugar árido e con pouca auga. O xamán manda á tribo mudarse a outras terras que tiveran auga abundante, e terán que buscala. Na súa viaxe, encóntranse con moitas dificultades: sol abrasador, formigas xigantes, soldados... Tras moito andar atoparon unha planta con algo de auga no seu interior . Ao final, encontraron un sitio onde chove dabondo. Marta González e Xián Rial (5º A) Tania Carril e Clara Mouzo (5ºB)
28
MAIO 2013
AQUELARRE 15
Robín Hood escapa da mazmorra do rei Xoán
Pinocho salva a Gepeto Onte, no mar, Pinocho foi salvar a Gepeto porque o comeu Onte Robín Hood paseaba polo unha balea xigante. bosque. Robín Hood escapou do castelo porque o trataron moi mal e a mazmorra ulía moi mal.
O Gato con Botas O Gato con botas e Camila namoráronse pronto e van celebrar a súa voda. Daranse un bico na boca. 1º B
Un asasinato no bosque Onte os tres porquiños perdéronse nun bosque e un lobo comeu aos tres porquiños. 29
MAIO 2013
AQUELARRE 15
30