© Texto: Alumnado 3º B EP © Ilustracións: Alumnado 3º B EP © Caricatura cuberta: Antonio Palla
Editorial: Fernández Latorre D.L: CO 17- 05- 2018
Estes textos non son só froito dun traballo do alumnado para “celebrar” o Día das Letras Galegas. Son tamén unha mostra de querer coidar e manter viva unha das maiores e mellores herdanzas que temos recibido: a nosa Lingua. Coidémola entre todos e todas e non deixemos que morra, porque o día que a Lingua morra, morrerán aqueles e aquelas que nola deixaron. Velaquí o noso pequeno recoñecemento á nosa Lingua.
LAURA E A ÁRBORE...
Había una vez unha nena chamada Laura que vivía en Francia. Ao lado da súa casa había unha árbore que non tiña follas. Laura todos os días, ao volver do colexio, collía follas do chan, unha escaleira e pegamento. Poñía a escaleira apoiada na árbore, subía por ela e pegáballe as follas. Así un día detrás doutro. Ata que un día, por fin, a árbore estaba chea de follas. Agora era unha árbore moi bonita, de follas de distintas cores e distintos tonalidades; era unha árbore preciosa! Agora Laura mira pola ventá todos os días, recorda o esforzo que fixo pola árbore e séntese moi, moi feliz.
Noa LETRAS GALEGAS 2018
1
O CABALO E O PRADO...
Un día un cabalo estaba comendo no bosque. Apareceron uns cazadores e como era un cabalo moi bonito quixeron collelo. O cabalo deuse conta e fuxiu. Chegou a un prado e escondeuse entre as herbas, que eran moi altas. Como os cazadores non o viron, marcharon na súa busca para outro sitio. O cabalo quedou moi contento e fixo alí a súa casa.
Ismael LETRAS GALEGAS 2018
2
KOA E A ÁRBORE...
Koa era un koala ao que lle encantaba comer bambú. Sempre estaba na mesma árbore da selva. Levaba vivindo alí moito tempo. Un día decidiu cambiar de árbore, pero como na selva había centos e centos delas, non sabía onde ir. Pasou días e días mirando cal sería mellor. Ata que, por fin, viu a árbore dos seus soños: estaba á beira dun río e rodeada de moitísimo bambú. Desde aquel día, Koa viviu moi contento na súa nova e marabillosa casa.
Alejandra LETRAS GALEGAS 2018
3
O FURÓN E A FOCA...
Unha vez un furón buscaba un fogar para as súas crías.
Polo
camiño encontrou unha foca que tamén ía coas súas crías. O furón díxolle se quería ir con eles en busca dun fogar e a foca contestoulle que quedarían encantadas. Seguiron xuntos ata que atoparon un lugar no que vivir tranquilos. Formaron unha gran familia e desde entón todos viviron felices.
Lucía LETRAS GALEGAS 2018
4
Mª VICTORIA E AS SÚAS HISTORIAS...
Había unha vez unha nena chamada Mª Victoria. Era moi feliz cos seus pais e a súa familia. Un día ocorréuselle escribir unha historia para celebrar o aniversario da súa nai. Cando lla entregou, a nai desilusionouse, colleu a historia, rachouna e berroulle: “Xa sabes que non me gusta que escribas!”. A pequena rapaza asustouse moito e chorando, marchou ao seu cuarto. Despois de 20 anos, aquela nai faleceu e Mª Victoria empezou a escribir moitas historias. Ao longo dos anos escribiu moitísimos libros. Tantos que xa non se podían contar. Publicáronse moitos deles, que gustaron moito á xente. Un día Mª Victoria tamén faleceu, pero os seus libros seguen en marcha aínda hoxe, porque son estupendos.
Martina LETRAS GALEGAS 2018
5
CHISPA E FELIPE...
Había unha vez un cabalo chamado Chispa. Era xigante, xeneroso e listo. Un día atopou un coello chamado Felipe. Fixéronse moi amigos. Chispa estaba moi contento co seu novo amigo. Nunca deixaron de ser amigos e xuntos viviron aventuras e momentos moi emocionantes.
Carlos LETRAS GALEGAS 2018
6
O VAMPIRO E O TOMATE...
Había unha vez un vampiro que era moi raro, porque non lle gustaba o sangue. Sempre bebía zume de tomate porque tamén era de cor vermella e así ninguén lle dicía nada. Unha noite atopouse cun tomate e colleuno para comelo, a ver se lle gustaba. O tomate pediulle por favor que non o comera. O vampiro insistiu en comelo. De súpeto ao tomate saíronlle pernas e saíu correndo. O vampiro quedou pampo e foi mercar… zume de tomate!
Paula LETRAS GALEGAS 2018
7
A PORTA E A CHAVE...
Érase unha vez unha porta que estaba moi triste porque nunca a abría ninguén. E non a abrían porque non había chave. Un día, a porta viu unha nas escaleiras, pero non tiña maneira de poder collela. Pasou por alí unha nena. Viu que a porta estaba triste e preguntoulle que lle pasaba. Cando lle contou o da chave, a nena colleuna e púxoa no pecho. Desde entón a porta foi feliz.
Zoe LETRAS GALEGAS 2018
8
O CARACOL E A LEITUGA...
Había unha vez un caracol que tiña moita fame. Atopou unha plantación de leitugas. Pero a maioría eran moi pequenas. Entón tivo unha idea: ía regalas todos os días para que medraran. Así tería moitas leitugas para comer. E así fixo: regounas cada día, esperou e esperou e despois dunhas semanas tiña moitas leitugas moi grandes. Así puido comer todos os días.
Christian LETRAS GALEGAS 2018
9
O PINGÜÍN E OS GRANS...
Había un pingüín que sempre tiña grans na cara. Non conseguía quitalos con nada. Un día faláronlle dunha crema que era moi boa; a mellor do mundo. Pediuna por internet. Por fin chegou un paquete coa crema para grans. Botouna na cara e ao día seguinte xa non tiña nin un só gran na cara.
David LETRAS GALEGAS 2018
10
A QUENLLA E A FLOR..
Un día, unha quenlla ía nadando e atopou unha pequena cousa no mar. Era unha flor chamada margarina. Nada máis mirala,
a
quenlla notou algo raro na cara; fíxoselle unha chispa nos ollos. Entón dixo que non lle gustaban nada as flores e quixo partila en anacos. Outra quenlla que nadaba por alí preguntoulle por que facía iso, que aquela flor era moi boa e axudaba a limpar a auga. A quenlla respondeu que non non lle gustaban as flores e estaba enfadada, pero que non o faría máis.
Karla LETRAS GALEGAS 2018
11
O LORO SEN COR...
Había unha vez un loro que estaba triste porque non tiña cor nas plumas e os demais sempre se burlaban del. Un día saíu o arco da vella. O loro, voando, achegouse ata alí e cando pasou por debaixo del viu que xa tiña cor. Tiña plumas de todas as cores. Sentiuse moi feliz e todos quixeron xogar con el.
Laura LETRAS GALEGAS 2018
12
O MANDO E A TELE…
Un mando estaba tirado nun sofá queixándose de que estaba aburrido e quería xogar a algo. Entón viu unha televisión e díxolle: - Pódesme poñer o canal 3 para xogar? - Faríao moi gustosa, pero non estou conectada –respondeu a tele. - Enchúfote eu! –dixo o mando. Entón, o mando saltou do sofá, enchufou a tele e preguntoulle: - Queres xogar comigo? A tele díxolle que si, fixéronse amigos e xogaron e xogaron ata que o mando quedou sen pilas.
Mario M LETRAS GALEGAS 2018
13
O GATO E O CAN…
Érase unha vez un gato que vivía só nunha casa moi bonita. Non lle gustaba vivir só, pero non tiña ningún amigo. Un día alguén petou á porta. O gato foi abrir e encontrouse cun can que lle preguntou se lle podía dar algo de comer, porque tiña moita fame. O gato deixouno pasar e pasárono moi ben preparando xuntos a comida. Desde entón foron amigos e viviron os dous na mesma casa.
Silvia LETRAS GALEGAS 2018
14
O CARACOL E A XOANIÑA...
Unha vez había un caracol e unha xoaniña que ían casar. Pero a xoaniña non sabía que vestido poñerse e chamou á súa curmá a bolboreta. A bolboreta tróuxolle moitas prendas: con lunares, con flores, con volantes, con cadrados, con triángulos, con círculos... A xoaniña miraba e miraba pero non lle gustaba ningún. Ata que viu un que lle encantou: un vestido cheo de flores vermellas, parecido ao seu corpo. E con ese vestido casou. A xoaniña e o caracol foron moi felices e viviron coma perdices.
Eva LETRAS GALEGAS 2018
15
O RAPAZ E O FALCÓN
Un rapaz andaba paseando pola praia e decidiu meterse na auga. Entón viu a uns mozos ferindo a un falcón. Foi onda eles, botounos fóra e colleu o animal. Levouno á súa casa e púxolle unhas vendas. Coidouno e despois duns días xa puido voar. Fixéronse moi amigos e empezaron a salvar animais. Despois dun tempo o falcón encontrou unha parella, formaron un niño e naceron pequenos falconciños.
Saúl LETRAS GALEGAS 2018
16
A LÚA QUE NON PODÍA DURMIR…
A Lúa levaba moitos días e moitas noites sen durmir porque nunca sabía a quen lle tocaba alumear no ceo. Un día, por fin quedou durmida. Pero chegou a mañá e con ela o Sol, que cantaba berrando a todo berrar. E a pobre Lúa volveu espertar. Falou co Sol e fixeron un trato: no verán o Sol estaría máis tempo alumeando polo día e a Lúa podería durmir máis e no inverno, sería o Sol o que descansara máis tempo. E ningún deles faría demasiado ruído ao poñerse no ceo.
Claudia LETRAS GALEGAS 2018
17
CLAUDIA E O SEU CAN...
Había unha vez unha nena chamada Claudia, que era moi boa pero moi despistada. Claudia tiña moitas cousas. Tiña tamén un can moi lindo, que sacaba a pasear todos os días. Un día cando o estaba paseando púxose a mirar uns paxaros que estaban facendo o niño. Cando se deu conta, faltáballe o can. Preocupada puxo carteis por todas partes. Por fin, unha persoa lle dixo onde estaba o seu can. Claudia recolleuno moi feliz e desde entón, cada día tiña moito máis coidado co que facía.
Daniela LETRAS GALEGAS 2018
18
O UNICORNIO E O LORO...
Había unha vez un unicornio que estaba triste porque ninguén lle deixaba xogar. Un bo día apareceu un loro. Viu a soidade do unicornio e foi onda el para acompañalo e axudarlle a estar mellor. Xogaron ata estar moi, moi cansos. Ao día seguinte quedaron para seguir xogando. O unicornio non estaba. O loro foi na súa busca e viuno metido nunha gaiola (encerrárano uns cazadores). Rescatouno, marcharon para un lugar seguro e sempre foron amigos.
Miguel LETRAS GALEGAS 2018
19
A PLAY E AS MATEMÁTICAS...
Había un neno que o que máis lle gustaba no mundo eran as matemáticas e xogar coa play. Decidiu que sería estupendo estudar matemáticas con ese aparato. Foi á tenda en busca dun xogo matemático. Cando o atopou viu que custaba 12 €. El non tiña eses cartos. Pensou que podía aforrar a paga que lle daban cada semana e así en oito semanas (dous meses) xa podería mercalo. Así fixo. Foi aforrando e oito semanas despois mercou aquel xogo. Desde entón sempre pode estudar matemáticas na play.
Lois LETRAS GALEGAS 2018
20
STEVE E O DIAMANTE...
Steve encontrou un diamante. Quixo collelo pero necesitaba un pico. Decidiu ir á casa para buscar un, pero perdeuse polo camiño. Dúas horas despois atopouse cun estraño que lle dixo por onde ir á súa aldea. Chegou á súa casa, colleu o pico, foi onde estaba o diamante, picou e colleuno. Volveu para a súa casa e gardouno para que ninguén llo vira.
Fran LETRAS GALEGAS 2018
21
O CAN E O ROBOT...
Había unha vez un can que estaba triste porque sempre estaba só. Un día coñeceu un robot que quería xogar. O robot preguntoulle ao can se podía xogar con el. Xogaron durante moito tempo, fixéronse os mellores amigos e desde entón un nunca deixaron de xogar xuntos.
Mario A. LETRAS GALEGAS 2018
22
ALIENS NO COLE...
No cole Juan Fernández Latorre tres amigos xogaban ao fútbol. Entón apareceron no patio uns aliens! Levaban armas, pero… …eran de comida! Viñan en son de amizade; só querían xogar cos rapaces e invitalos a merendar! Despois dun tempo de xogar xuntos os aliens fóronse e todo volveu á normalidade. Os tres amigos seguiron xogando coma se nada e ninguén soubo o que acontecera alí.
Dani LETRAS GALEGAS 2018
23
UN CAN NA MIÑA PORTA...
Un día, cando estaba na casa despois do colexio, escoitei un ruído na porta. Abrín e… era un can!. Era moi bonito. Empecei a buscar ao seu dono polo barrio. Atopeino ao pouco e deixeille o can. Marchei para casa, ceei e fun durmir. Á mañá seguinte, cando abrín a porta… atopei ao mesmo can! Tiña unha nota que dicía: “Ola, son o dono do can de onte. Tiven que saír de viaxe, por iso déixocho para que o coides. Grazas” Desde entón, cada vez que ese veciño ten que ir a algún sitio, eu xogo e pásoo moi ben con ese marabilloso can.
Ainoa LETRAS GALEGAS 2018
24
O UNICORNIO E AS MAZÁS...
Había unha vez un unicornio ao que lle encantaba a froita. Un día comeu unha mazá e dixo que era a mellor mazá do mundo. Tanto lle gustou que a chamou Sabela. O malo foi que despois non quería probar ningunha outra porque non eran como Sabela e cría que non estaría boa. Un día probou unha; estaba tamén moi boa e descubriu que todas as mazás eran moi saborosas.
Andrea LETRAS GALEGAS 2018
25
SUPERMAN E O LOBO...
Unha noite, un lobo seguiu a un home que ía pola rúa. Foi moito tempo detrás del ata que chegou ao lado da súa casa. Entón, o lobo atacou ferozmente a aquel home. O lobo era grande e moi forte, pero o home non tivo medo. Loitaron moito tempo. Como non lle daba gañado, o lobo subiu ao tellado do edificio para lanzarse sobre o home, pero o home saltou sobre el e venceuno. O lobo non entendía como aquel home era tan forte, ata que se deu conta de que era Superman!
Andrés LETRAS GALEGAS 2018
26
E AQUÍ ESTÁN...
...OS AUTORES E AS AUTORAS Alumnado de 3º B Curso 2017-2018
CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE