“EL PUNTO” AUTOR: Peter H Reynolds EDITORIAL: Serres Todos e todas temos capacidade creativa, aínda que moitas veces pensamos que non podemos debuxar. Este libro axudaranos a descubrir que somos capaces de moitas cousas.
“FREDERICK” AUTOR: Leo Lionni EDITORIAL: Kalandraka Un ratiño moi especial,que paga a pena coñecer. Fai traballos tan especiais coma el: recoller raios de Sol,cores e palabras para pasar mellor o inverno.
"O SEテ前R CORPO QUERE XOGAR" AUTORA: Alicia Borrテ。s Sanjurjo EDITORIAL: Xerais
A travテゥs de sinxelos poemas, xogando, iremos descubrindo distintas partes do corpo e o que podemos facer con elas.
"PAN DE MILLO" AUTOR: Migallas EDITORIAL: Kalandraka. Un libro cun Cd con fermosas e divertidas canciテウns coas que o poderemos pasar moi ben toda a familia.
"TOC TOC" AUTOR: Pablo Díaz EDITORIAL: Galaxia Un mollo de cancións cheas de ledicia,bo humor, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida os malos rollos.
"SOÑOS DE ALGODÓN" AUTORA: Amalia Pérez Otero EDITORIAL: Nova Galicia Edicións Unha blanca bóla de algodón que non se conforma con como é e voando voando vaise transformando en diferentes seres, ata que descobre que prefire volver ser o que era. Un libro cheo de poesía e imaxinación.
"TENER AMIGOS ES MUY DIVERTIDO" AUTOR: Rob Lewis EDITORIAL: Sm Ambrosio é un pequeno coello que busca amigos, pero todos teñen algún defecto para el. Irá aprendendo que o que importa é aceptar a todos e todas como son.
"VENTANAS" AUTOR: Carmen Queralt EDITORIAL:Edelvives Un libro máxico, cheo de ventás ao mundo, co que lectores e lectoras disfrutarán co seu brillante colorido e os divertidos e marabillosos personaxes que hai nel.
"POMPAS DE CORES" AUTOR: Miguel Anxo Romero EDITORIAL: Embora Un libro de poesía e tenrura para pequenos e menos pequenos, acompañado de coloridas ilustracións.
“UN AO DEZ… E DE VOLTA OUTRA VEZ” AUTOR: Betty Ann EDITORIAL: A Nosa Terra Un curioso libro sorpresa para abrilo “con dúas mans” e ver aparecer ou desaparecer animaliños dende UN ata DEZ ou do DEZ ao UN, segundo coloques o libro.
"AS
DÚAS
CASAS
DEALICIA" AUTORA:Christelle Vallat EDITORIAL: Baía Edicións Cando os pais de Alicia se separan ela ten medo a ter que escoller entre o amor dos dous. Pouco a pouco decatarase de que iso non é preciso.
“EL LIBRO INQUIETO” AUTOR: The Krikelkrakels EDITORIAL: Kókinos Un libro moi especial, para participar activamente nel en todos os sentidos, levando a historia á vida.Un libro cheo de sorpresas animadas.
"MARCOPOLA.A ILLA REMEIRA 2. OS PIRATAS DA LÚA" AUTOR: Jacobo Fernández Serrano EDITORIAL: Xerais Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, pero tamén terán que enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación
"TENGO UN DRAGÓN EN LA TRIPA" AUTORA: Beatriz Berrocal EDITORIAL: Everest Ás veces, poñémonos moi nerviosos ante os demais. Parece que temos "un dragón na tripa". Con este libro descubriremos como vencelo.
"CANDO SEXADES PEQUENOS" AUTOR:Uxue Alberdi EDITORIAL: Kalandraka Se os adultos foran quen de volverse como pequenos, vivindo coa ilusión dos rapaces e das rapazas, o mundo podería cambiar, sen dubidalo. Só hai que mirar este libro para caer na conta de que iso é posible.
"EL LADRÓN DE LAS PALABRAS" AUTOR:Nathalie Minne EDITORIAL: Edelvives Pola noite, cando a lúa alumea o camiño, o ladrón de palabras sae cara a cidade en busca das palabras. Pero non sempre hai as palabras precisas. Unha historia sobre a beleza das palabras e o seu valor para comunicarse co mundo, para facer amigos, para amar...
"EL MONSTRUO QUE SE COMIÓ LA OSCURIDAD" AUTORA: Joyce Dunbar; Jimmy Liao EDITORIAL: Bárbara Fiore Editora Un fermoso libro para entender que ata a escuridade ten un lado bo. Sen ela non poderiamos ver a lúa nin as estrelas. Un pequeno monstro axudaranos a entender isto
"PAPÁ NON SABE" AUTOR: RuAn EDITORIAL: Baía Edicións Ás veces os adultos cremos que sabemos moito por ter explicacións científicas para todo. Pero iso non ten porqué ser así. Ás veces, os papás, as mamás... non sabemos.
"CAMA Y CUENTO" AUTOR: Gonzalo Moure EDITORIAL: Anaya Para Malva, o mellor momento do día é pola noite, cando ao deitarse lle len un conto. Pero cando se vai facendo maior, xorde a gran desgraza: mamá xa non lle le! Como superar iso?
"O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS" AUTOR: Oliver Jeffers EDITORIAL: Patasdepeixe Henrique devora os libros. Si, literalmente: come todo tipo de libros: de aventuras, de xeografía, de historia, de matemáticas... De todo! Pero isto non sempre resulta ben, por iso...
"O MERLO DE FERRO" AUTOR: Antón Cortizas EDITORIAL: Xerais Manuel é ferreiro. A súa forxa ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferramentas. Ao outro lado o que hai son campos, árbores e montañas verdes. E un merlo. Manuel pensa: E se fixera un merlo de ferro?
"TOP SECRET" AUTOR:Angels Navarro EDITORIAL:Edelvives Queres converterte nun bo detective? Con "Top Secret" poderás conseguilo; chegarás a ser un experto. Aprende a camuflarte, enviar mensaxes ocultas, descifrar códigos, seguir pegadas, identificar sospeitosos...
"Á SOMBRA DO LUEIRO DE PAPEL" AUTOR: Antonio García Teijeiro EDITORIAL: Everest A lúa convértese en protagonista de todos os poemas e invita a todos os que os len a participar nel de xeito activo.
"EMOCIONES Y SENTIMIENTOS" AUTOR: Roberto Piumini EDITORIAL: Edelvives Poemas que falan de xeito divertido e ameno de sentimentos e emocións, do corpo e as súas distintas manifestacións: as palpitacións, o choro, o hipo...
"IRIÑA BAILARINA" AUTORA: Cristina Justo EDITORIAL: Edicións Embora Iriña Bailarina era, como o seu nome indica, unha bailarina moi especial que vivía na máis fermosa caixa de música. Pero estaba preocupada: non podía saír da súa caixa. Decidida a coñecer outras cousas, saíu do seu lugar e..
"NUN LUGAR CHAMADO LABIRINTO" AUTORA: Ánxela Gracián EDITORIAL: Tambre- Edelvives Maru, unha nena de sete anos, que vive nun lago cun can, un gato, unha vaca, uns paxaros e un espantallo, vivirá unha grande aventura ao lado dos seus amigos para conseguir liberar a un mago que foi secuestrado por unha malvada bruxa.
"CONTOS POR TELÉFONO" AUTOR: Gianni Rodari EDITORIAL: Kalandraka Unha obra maxistral con 70 relatos breves, imaxinativos, comprometidos, humorísticos e surrealistas cun final sorprendente, ilustrados con garbo e mestría.
"HASTA (CASI) 100 BICHOS" AUTOR: Daniel Nesquens EDITORIAL: Anaya Bestiario fantástico, cheo de humor e ironía, inxenio e xogos de palabras. Unha lectura intelixente para ler en voz alta a quen temos ao lado.
"A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ" AUTOR: Miguel Ángel Alonso Diz EDITORIAL: A porta verde do sétimo andar. Nova Galicia Edicións Un libro protagonizado por unha rapaza chamada Sabela, que comete algo gravísimo na sociedade na que vive: ser feliz! A través das súas páxinas, cheas de fermosísimas ilustracións, iremos descubrindo numerosos personaxes que nos axudarán a reflexionar sobre o que verdadeiramente importa.
"HISTORIAS INCREÍBLES 1" AUTORA: Montse Ganges Garriga EDITORIAL: Combel Cinco aventuras reais protagonizadas por homes e mulleres valentes que loitaron por conseguir os seus soños, aínda que a moitos lles pareceran imposibles.
"A PEDRA DE SEIXO" AUTORA: María Canosa Blanco EDITORIAL: Sotelo blanco No día do seu aniversario, a protagonista recibe un agasallo distinto: unha bóla máxica. Este agasallo fai xurdir unha serie de feitos estraños e irrepetibles para o grupo de amigos.Con este libro descubriremos que unha pedra de seixo pode ser moito máis ca "unha pedra".
"CADA CUADRO CON SU CUENTO" AUTOR: Juan Ramón Brotons EDITORIAL: Anaya Un percorrido ao longo de distintos cadros pasando por artistas como Leonardo da Vinci, Van Gogh, Kandinsky, Dalí ou Picasso, cos que, axudados por diferentes historias, iremos descubrindo a arte.
"A VACA CANÍBAL" AUTORA: Marilar Aleixandre EDITORIAL: Galaxia A literatura serve para moitas cousas. Tamén para que as vacas poidan reflexionar, contar historias e nós, oílas.
Este libro permítenos isto e moito
máis. Marilar Aleixandre constrúe un relato divertido, pero tamén crítico, no que imos asistir á aventureira vidas das vacas e ao coñecemento das Vacas exemplares. Cada unha diferente ás outras e coas súas teimas propias.
"EL GRAN LIBRO DE LOS QUIENES" AUTOR: Laura Jaffé EDITORIAL: Oniro A moitos rapaces e rapazas encántalles facer preguntas como: Quen era Gioconda? Quen inventou os patíns? Quen gravou a primeira canción?... Moitas veces non sabemos como contestalas. Este libro responde con sentido do humor, pero con rigor, a numerosas preguntas sobre arte, historia, o espazo,etc.