Guía web 15

Page 1


“ONDE ESTÁ O POLIÑO DE ROSALÍA?” Autora: Pat Hutchins Editorial: Kalandraka Despois do seu relaxado paseo pola granxa, Rosalía preséntanos o seu poliño, tan despistado coma ela. A súa nai buscarao por todos os recunchos mentres asistimos ás peripecias da cría, entre situacións cómicas e arriscadas.

“TODOS HACEMOS PIPÍ” Autora: Frédérique Loew Editorial: MACMILLAN Os animais fan pipí en calquera sitio: os peixes na auga, os paxaros no aire e lévao o vento, o canguro na bolsa de mamá. Un día, ven a un neno que fai pipí no penico e todos queren imitalo. “O MONSTRO DE CORES” Autora: Anna Llenas Editorial: Flamboyant Sabes de que cor é a alegría? E a rabia? E a tristura? Un monstro ten un verdadeiro barullo de emocións. Unha nena axudarao asociando cada emoción cunha cor.

“PORQUE ERES MI AMIGO” Autor: Guido van Genechten Editorial: Edelvives Osiño está sempre moi contento ao lado da súa nai. Un día, ela ensínalle un xogo: atopar un amigo. Osiño coñece unha gaivota, unha foca, un pingüín, unha morsa e outros animais máis. Quererá algún ser o seu amigo?


“OS SOÑOS NA GAIOLA” Cd Poemas de: Manuel maría Intérprete: Suso Vaamonde Editado por: AS-PG, en Normalización.

colaboración

coa

Mesa

pola

Reedición deste Cd para que os máis novos vaian coñecendo a obra de Manuel María a través dos seus poemas, interpretados polo galego Suso Vaamonde.

“MONSTRUO, ¡SÉ BUENO! Autora: Natalie Marshall Editorial: Juventud Un monstro non ten que ser sempre maleducado nin agresivo. Pódeselle ensinar como comportarse para que os demais o queiran. Neste libro poderás aprender como facelo.

“OLA, ADEUS” Autora: Delphine Chedru Editorial: Kalandraka Un libro interactivo e sorprendente para xogar coas palabras e cos seus antónimos. Como por arte de maxia, os filtros ópticos descúbrennos escenas, nocións e conceptos antagónicos... sen saír da mesma páxina! Todo depende das lentes coas que se mire.

“YO GRANDE, TÚ PEQUE” Autora: Lilli L´Arronge Editorial: Kókinos Dous animaliños, un grande e outro pequeño, pai e fillo xogan a algo moi orixinal. Pouco a pouco vanse sucedendo escenas moi divertidas cheas de complicidade e amor, que fan asomar as manías e os costumes de cada un.


“COLLER AS RENDAS” Autora: Yolanda Castaño Editorial: Xerais A través de fermosos poemas nos que os protagonistas son animais como o ourizo cacho, a vaca, o porco teixo, a cascuda, a carracha…, descubriremos que cada un de nós debemos trazar o noso propio camiño. Cal será?

“O BIGOTE DE MIMÍ” Autor: Manuel María Editorial: Casa-Museo Manuel María Mimí é o gato de Fiz. Garimoso e manso, cun bigote moi especial. Non hai rato que se lle resista. Pero todo cambia cando a Fiz, o seu dono, non se lle ocorre nada mellor que levalo á barbería.

“PERDIDO?” Autor: Oliver Jeffers Editorial: Patasdepeixe Un neno tenta devolver ao seu mundo a un pingüín que chama á súa casa. Está perdido e triste. Percorren moito camiño polo mar adiante ata que caen na conta que o mellor remedio para a soedade e a tristura é a amizade.

“MATEO SUELTA SAPOS Y CULEBRAS” Autor: Daniel Monedero Editorial: Edelvives Parece que ser neno é moi fácil, verdade? Pois non é así. Que pasa cando te enfadas e dis cousas sen pensar nas consecuencias? Ou cando estás triste ou contento sen saber por que? Non, non é fácil ser neno.


“A AMIGA DE OSIÑO” Autora: Else Holmelund Minarik Editorial: Kalandraka Osiño comparte lerias e paseos coa súa amiga Emilia durante todo o verán. Ao rematar ese tempo, teñen que separarse, pero a amizade continuará na distancia, porque os amigos non se perden polos kilómetros.

“MOUSTACHE” Autora: Else Holmelund Minarik Editorial: Lata de sal Moustache era un gato elegante, refinado, guapo, un gato con moi educado, coqueto e moi curioso. Un día os seus prezados bigotes arderon con tanta curiosidade. Que poderá facer? Poñer uns bigotes postizos ou… ser axudado por un neno tan curioso coma el.

“O GRAN LIBRO DOS MEDOS DO RATO PEQUENO” Autora: Emily Gravett Editorial: Patasdepeixe Todos e todas temos medo a algo. O ratiño protagonista desta historia parece que é quen máis medos ten do mundo. Pero con el aprenderemos que todos os medos poden vencerse. Só hay que decidirse a facelo.

“UN LOBO BOQUIABIERTO” Autor: Jordi Palet Editorial: Parramón Un único conto con varias historias dentro del, que ademais nos permite recortar, debuxar e tomar parte no desenvolvemento do que alí ocorrre.


“O ESPANTALLO AMIGO” Autor: Xosé Neira Vilas Editorial: Galaxia Historia dun espantallo moi especial, que en vez de espantar aos merlos (traballo para o que foi feito), faise amigo dos animais e dos rapaces.

“O TROMPETISTA E A LÚA” Autor: Xelís de Toro Editorial: Xerais Un xeadeiro que ansía acadar un posto na banda. Non para de practicar para tocar a trompeta, pero non consegue que soe ben. A Lúa axudaralle a descubrir como logralo, pero para iso terá que descubrir de onde nace a música, onde atopala.

“LA LADRONA DE SELLOS” Autor: Txabi Arnal Editorial: Edelvives Carapuchiña quixera que a súa historia tivera sido diferente. Síntese mal polo final do lobo. Escríbelle moitas cartas para intentar cambiar as cousas, pero ningunha chega ao seu destino. Ata que alguén axudará á rapaza.

“CANTAROLAS” Autores: Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas Editorial: Kalandraka Outra volta sobre un clásico entrañable da Literatura Infantil e Xuvenil galega, con poemas -musicados, algúns deles- que evocan os campos, o bulir da fauna dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infancia no medio rural.


“LA JIRAFA, EL PELÍCANO Y EL MONO” Autor: Roald Dahl Editorial: Alfaguara A Xirafa, o Pelícano e o Mono son os mellores limpaventás do mundo. Viven disparatadas aventuras nas que hai un neno que desexa ter unha pastelaría, un duque moi raro, unha duquesa riquísima… e un terrible ladrón, coñecido como “El Cobra”.

“NO SOY PERFECTA” Autor: Jimmy Liao Editorial: Barbara Fiore Editora Unha nena chamada Perfecta Nueno, que de pequena “era perfecta”, vai cambiando co paso do tempo. Farta de que todos busquen a perfección berra “eu non son perfecta” e decídese a expresar as súas ideas. Queres escoitala?

“O PODER DE AMABEL” Autora: Érika Esmorís Editorial: Sushi books Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.

“UN BURRO, DOUS GATOS E MÁIS COUSAS” Autora: Érika Esmorís Editorial: Sushi books Un burro, dous gatos e máis cousas. E iso é o que hai. Un burro que ten curiosidade por coñecer unha cidade. Un gato capaz de pasar calquera perigo con tal de ver a súa namorada. Outro gato lambón e desconfiado. Unha ducia de contos para ler, para contar e para ler coma quen conta.


“NENA E O MAR” Autora: Érica Esmorís Editorial: Xerais Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas

“LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL SR. MORRIS LESSMORE” Autor: William Joyce Editorial: Alfaguara Ao Sr. Morris encántalle ler e escribir. Un día un furacán leva todos os seus libros. El buscaráos ata atopar unha biblioteca na que vivirá o resto da súa vida.

“O MEU PESADELO FAVORITO” Autora: María Solar Editorial: Galaxia Un libro moi divertido no que hai un neno con febre, unha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco... Un pesadelo ou un fermoso soño?

“INVENTARIO DE INSECTOS” Autor: Virginie Aladjidi Editorial: Kalandraka Todo o que precisamos saber sobre os insectos, nun fermoso libro evocador dos antigos cadernos de campo.


“EL COLEGIO DE LOS ANIMALES MÁGICOS” Autora: Margit Auer Editorial: Edelvives Ida empeza o curso nun novo colexio. Alí, ela e os seus compañeiros coñecerán uns máxicos animais que lles presentará a súa mestra, cos que vivirán auténticas aventuras.

“SMERLING NA TEA DE ARAÑA” Autora: Lola Gándara Editorial: Rodeira Como te sentirías ti se un día descobres que non sabes quen es? Que pensarías se de boas a primeiras aterras nun lugar rarísimo? E se sentes que unhas forzas escuras te controlan e non tes nin idea do que che vai pasar?

“MIMI” Autora: Lola Gándara Editorial: Rodeira Cando a nai de Mimi falece nun accidente de bicicleta, toda a familia parece virse abaixo. Non hai forma de animarse, todo é triste e baleiro. Un día, un membro da familia desaparece e todo comeza a cambiar.

“LOS SUPERHÉROES ODIAN LAS ALCACHOFAS” Autor: Sebastien Perez Editorial: Edelvives Un catálogo de superheroes de diferentes culturas e das súas características. Fosfo, un xoven superheroe iranos axudando a descubrir o seu misterio.


“AS COUSAS QUE IMPORTAN” Autor: El Primo Ramón Editorial: Bululú A través de pequenas anécdotas familiares, queda en evidencia o que é verdadeiramente importante na vida das persoas, aquilo polo que paga a pena loitar. E é pouco caro!

Libros Cd “A BRUXA DISCORDIA” “UN CONTO AO REVÉS”

MamáCabra

Chuches Amil

“MEMORIAS DUN NENO LABREGO” Autor: Xosé Neira Vilas Editorial: Galaxia “Eu son… Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña”. Un libro que todos deberiamos ler.

“ABRAZOS” Autor: Jimmy Liao Editorial: Barbara Fiore Editora A través dun león o conto vai desvelando abrazos de distintos personaxes e vemos como o propio león vaise volvendo máis tenro conforme está en contacto con eses abrazos.


“EL LIBRO VALIENTE” Autora: Moni Port Editorial: Takatuka Un libro para que cada quen afonde nos seus medos. Cando levamos un susto, como o superamos, etc. Un libro interactivo para compartir entre todas as idades.

“COCIÑA INFANTIL E FAMILIAR” Editorial: Ouvirmos Unha colección que nos demostra que todos e todas podemos facer moito na cociña. Animádesvos a cociñar xuntos?

“ A AVOA DO CEO” Autor:Anna Lavatelli Editorial: El Patito Editorial Un libro que fala da relación entre unha avoa e a súa neta, unha relación que nin a morte pode romper. Un libro que pode axudar a que rapaces e maiores entendan as ausencias dun xeito máis natural.

“LETRAS DE XEO” Autor:Anna Lavatelli Editorial:Everest Unha noite de tronos e lóstregos, Lois, o fillo do conserxe do CEIP do Piñeiro, atopa cinco letras que semellan de xeo e coas que só se pode formar unha palabra con sentido: "Crime". Coa axuda de Xela, unha compañeira e unha policía moi especial, Lois enfrontarase a este misterio.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.