“COUSAS DE PAPÁ” Autor: Raúl Gómez Pato Editorial: Xerais Libro e CD de poemas e cancións escritas por un pai un pouquiño tolo que viaxa en vasoira, escorrenta os pesadelos, etc. 17 poemas dos que 10 están musicados por Héctor Lorenzo Música e poesía para xogar cos versos.
“UN BECHO ESTRAÑO” Autor: Mon Daporta Editorial: Kalandraka Un libro moi curioso: podes empezar a lelo e acabar formando un rato e darlle a volta e ir desfacéndoo. Un libro de voltas e reviravoltas, un conto de nunca acabar.
“EL HUEVO DEL ERIZO” Autor: Nozomi Takahashi Editorial: Tramuntana Un ourizocacho busca un ovo. Atopa o seu ovo ideal e dedícase a coidalo. Pero un día, hai unha gran tronada, o ovo parte e… Sorpresa! Que pasará?
“DINO Y PABLO” Colección: Mi primer comic. Mamut Editorial: Bang Ediciones Unha colección para iniciar aos máis pequenos na banda deseñada. Historias sinxelas, en viñetas sen texto, para que eles e elas vaian construíndo oralmente o seu cómic.
“AZUL Y BERTIE” Autora: Kristina Litten Editorial: Blume Para Bertie, unha xirafa azul, todos os días son iguais, aburridos e monótonos. Ata que un día esperta e cae na conta de que está soa. Nunca antes estivera soa. Menos mal que atopa a outra xirafa que se fai a súa amiga. O que pasa é… que son de distinta cor!
“MAX E LEA” Autora: Estefanía Padullés Editorial: Hércules Edicións Max é un Tyrannosaurus rex: moi grande, alto, forte, con moitos dentes, que asusta a todo o mundo. Pero, polas noites, Max ten medo, moito medo á escuridade.. Menos mal que a pequena Lea vai axudalo.
“MÍSTER MAGNOLIA” Autor: Quentin Blake Editorial: Kalandraka Un excéntrico personaxe, sen bota nun pé, lévanos rimando do un ao dez. Un libro con moito humor e algunha que outra sorpresa nun álbum que contaxia alegría.
“SOY DEMASIADO PEQUEÑA PARA IR AL COLEGIO” Autora: Lauren Child Editorial: Serres Tolola ten que empezar no colexio “de maiores”, pero ela non está moi convencida. Pensa que aínda é pequena e busca un montón de escusas para convencer aos seus pais de que non a leven.
“O COCIÑEIRO MARTIÑO” Autora: Iago López Editorial: Xerais No pazo real precisan a alguén que saiba cociñar para reis, raíñas, marquesas, duques,… O cociñeiro Martiño quere preparar o biscoito máis especial, pero antes ten que atopar os ingredientes perfectos.
“LA PRINCESA QUE QUERÍA ESCRIBIR” Autor: Beatriz Berrocal Editorial: Amigos de papel Todos cren que unha princesa ten que estar no seu pazo, escoitando música, paseando, aprendendo a ser unha verdadeira princesa. Pero… e se quere escribir historias e poemas? Pasará algo?
“PETE O GATO” Autor: Eric Litwin Editorial: Lata de Sal Un gato moi marchoso, que sabe idiomas. Cunha divertida canción en inglés iranos ensinando cores a partires do que lles pasa aos seus zapatos.
“UNA MONTAÑA DE AMIGOS” Autor: Kerstin Schoene Editorial: Kókinos Un pequeno pingüín está triste porque non pode voar. Os seus amigos axudarano a superar esa tristura. Un libro que nos fala da importancia da amizade para todos.
“NA BUSCA DUN FOGAR” Autor: Alexis Deacon Editorial: Patasdepeixe Álbum ilustrado, moi divertido, no que a través de historietas, descubriremos a un grupo de irmáns hámsteres que teñen que buscar un novo fogar. Para atopalo percorrerán mares e montañas, pero ben protexidos, intentarán non separarse.
“SOPA DE ESTRELAS” Autor: Pepe Cáccamo Editorial: Urco Infantil O noso Sistema Solar está cheo de poesía. Neste fermoso libro de poemas poderás descubrilo. “Sopa de estrelas,
para que as contes todas. Hai unha chea delas”
“O MEU TÍO XAKIM” Autor: Fermín Solís Editorial: El Patito Editorial Un día no tranquilo barrio, soa o timbre da casa. Ao abrir a porta, alí está o tío Xakim subido a un elefante. Todo un personaxe que fará as delicias de tíos, avós, avoas, veciños, etc.
“AXENTE RICIÑOS” Autor: El Hematocrítico Editorial: Xerais Non hai cousa que se lle escape a Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Ela resolve calquera delito antes de que ocorra. Mesmo
é
quen
de
deter
á
madrastra
de
Brancaneves.
“A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR” Autor: Alex Sampayo Editorial: Redrum (en colaboración coa Xunta de Galicia) Unha nena que está farta de que todos os seus compañeiros se burlen dela. Decide fuxir e non volver á escola. Na súa fuxida atopará a Xeadeiro, que lle devolverá a súa autoestima e descubrirá o valor para volver ao colexio.
“CÁMBIACHE O CONTO!” Autor: Pinto & Chinto Editorial: Xerais Unha peculiar visión dos contos clásicos. Unha reviravolta ao Frautista de Hamelín, Cincenta, Carapuchiña e moitos outros que poñerá un sorriso nos nosos beizos. Porque os contos non teñen que ser sempre iguais.
“YO SOY ADILA” Autor: Fulvia Degl`innocenti Editorial: Jaguar Por que por ser unha nena é máis seguro que non vaia á escola? Neste libro poderás descubrilo. Historia de Malala, unha rapaza que loita polo dereito á educación das rapazas.
“ESMERALDA EN LOS MARES AUSTRALES” Autores: Sara Rojo Editorial: Macmillan Cómic que conta as aventuras de Lina e o seu dragón Esmeralda nunha nova viaxe no seu barco “Horizonte”. Esta vez terán que atopar un antídoto para curar ao seu pai e iso non vai ser nadafácil.
“POEMAR O MAR” Autor: Antonio García Teijeiro Editorial: Xerais Un libro de fermosísimos poemas nos que poderemos mergullarnos en mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel..
“O PRÍNCIPE DAS SOMBRAS” Autor: Milan Vukotic Editorial: Kalandraka Unha vella historia di que, ás veces, preto das casas deshabitadas, déixase ver unha criatura non máis alta ca un neno. Un libro cheo de encanto, no que a través da fantasía e de adiviñas poderemos chegar a salvar a alguén moi importante.
“LOBISHOME” Autor: Jacobo Paz Editorial: Bolanda Unha acampada no bosque, un estraño suceso e... Neste libro ti serás o encargado de ir creando a historia. Terás que tomar decisións ao final de cada páxina. Serás o protagonista e… …xa veremos como remata o conto!
“OTTOLINE Y EL ZORRO PÚRPURA” Autora: Chris Riddell Editorial: Edelvives Ottoline e o seu mellor amigo preparan a mellor festa da historia. Ninguén quere perdela. Ademais, hai un invitado moi especial, o misterioso “Zorro Púrpura”, un gran aventureiro. Con el ata realizarán un safari nocturno pola cidade, no que…
“QUEN DÁ A QUENDA?” Autor: Héctor Cajaraville Editorial: Xerais Agochada nunha fraga está a cabana da meiga Divina. Ela cura todos os males. Pero os seus clientes non son persoas; poden ser calquera cousa: unha pantasma que xa non asusta, un barco que se marea, unha bolboreta coas ás despintadas… Un libro diferente e moi imaxinativo.
“MALALA. POR EL DERECHO DE LAS NIÑAS A LA EDUCACIÓN” Autor: Raphaelle Frier Editorial: Blume Malala Yousafzai é pakistaní e musulmana. Dende os once anos vén denunciando aos integristas que din que a escola non é para as nenas. Foi vítima dun atentado, pero conseguiu sobrevivir e foi galardoada co Nobel da Paz. A súa loita continúa e esta é a súa historia.
“ALEIDA. CIDADE SEN ALMA” Autor: Víctor Boullón Editorial: Demo Cómic no que no Santiago de Compostela de finais do século XII, chegan un canteiro e a súa filla Aleida. Esta rapaza, intentará resolver un asasinato que tivo lugar na mesma catedral, empezando así unha arriscada aventura coa axuda de Casto e Lucas. Banda deseñada galega, con ilustración moi dinámica e moderna.
“ALMA Y LA ISLA” AutorA: Mónica Rodríguez Editorial: Anaya Unha nena, Alma, chega do mar. Un neno, Otto, comeza a sentir celos dela, non entende o seu idioma nin lle fai gracia que toda a familia estea pendente dela. Pouco a pouco, a amizade transformará todo e a distancia do primeiro momento desaparecerá.
“ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA” Autora: Ledicia Costas Editorial: Xerais Se vos gustou o libro de “Escarlatina, a cociñeira defunta”, seguro que disfrutaredes moito con este. Nel, Esmeraldina, nas cociñas do Hotel Fantastique, no Salvaxe Oeste, faranos descubrir cousas moi interesantes a través das súas receitas. Comprenderemos a orixe de Escarlatina.
“CINCO HORAS CON MAURO” Autor: Pere Tobaruela Editorial: Embora Mauro estaba farto de catro compañeiros que lle facían a vida imposible. E decidiu solucionalo “á súa maneira”. A partir de aí todo foi moi, moi diferente. O que ocorreu foi algo que ninguén podía imaxinar.
“A FRAGA MILMAÑAS” Autor: Carlos Amil Editorial: Demo Nunha fraga galega, o lobo Ferocio, a raposa Fonsa e a súa sombra, Sombra, farannos pasar unhas divertidas aventuras, sen perder de vista a ecoloxía e toda a vida que se desenvolve no seu entorno. A Fraga Milmañas supón a recuperación dun clásico da banda deseñada galega.
“CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS” Autor: Roald Dahl Editorial: Alfaguara Revisión dos contos clásicos con máis acción e humor. Carapuchiña coleccionando pel de lobos, alguén que quere dinamitar a casa dos tres porquiños e unha Brancaneves xefa dunha banda de apostadores, son os pesonaxes fundamentais deste fantástico e imaxinativo libro.
NA LEMBRANZA DE: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ: “NO CORAZÓN DO BOSQUE” Unha nena chamada Raquel que vai de saída escolar ás Fragas do Eume. Un trasno chamado Derdrín que se agocha na súa mochila e vai para a súa casa. Xuntos vivirán moitas e moi variados acontecementos. Un libro cheo de fantasía e realidade, que encantará a todos os que o abran. “O SOÑO DO MERLO BRANCO” Ed: Xerais
O mundo dos merlos está cheo de tristura. É preciso atopar o Merlo Branco que devolverá a alegría a todos. A encargada de buscalo é unha pequena merliña. Ela descubrirá algo asombroso.
CARLOS CASARES: “A GALIÑA AZUL” Unha galiña azul, que ten catro plumas vermellas nunha á, que di cacaracá en vez de cocorocó e pon ovos de cores! Hai quen opina que é perigosa e que hai que acabar con ela. Pero, verdadeiramente, ser diferente é igual a ser perigoso? Un libro que todo o mundo debería ler. “UN POLBO XIGANTE” Ed. Galaxia
Contan que nas noites de néboa, nun cabo galego, un xigantesco polbo afunde barcos e dornas cos seus brazos e deixa uns redondeliños negros no pescozo das súas vítimas. Mergúllate con este libro na fantasía dos contos ao carón do lume e descubre se é certa esta historia.
“O LIBRO DOS MEDOS” Autora: María Canosa Editorial: Bolanda Hai medos que son comúns a todos os nenos e nenas. Neste libro, con sinxelos e fermosos poemas, calquera pesadelo transformarase nun agarimoso soño.
XORNAL “O PAPAGAIO” Editorial: Moito Conto Xornal mensual galego, en galego, para todas as idades. Nel podedes atopar ecoloxía, actualidade, historia, ciencia, un espazo para cousas da escola e moitas cousas máis. Paga a pena botarlle unha ollada porque está pensado para toda a familia.
“COCIÑA INFANTIL E FAMILIAR” Editorial: Ouvirmos A cociña segue de plena actualidade. Con esta colección poderedes realizar sinxelas e saborosas receitas. Convertirédesvos nuns verdadeiros “chefs”, como se di agora.
“EMOCIONARIO” Autora: Cristina Núñez Editorial: Palabras Aladas Moitas veces é moi difícil poñer nome ao que sentimos e entender por que nos está pasando iso. Este libro, un verdadeiro dicionario das emocións, axudaranos a entendelo, a poñerlle nome a esa emoción. Con el tamén comprenderemos que é moi fácil cambiar de estado de ánimo, sobre todo en determinados momentos e en determinadas idades.
“A NAI DA NAI DA MIÑA MAMÁ” Autora: Alejandra Schmidt Editorial: Hércules Un libro que resalta o papel das avoas e bisavoas na vida das familias. Un libro que son en realidade dous: por una banda, a visión da neta, dende a súa perspectiva de nena e pola outra, a bisavoa, que fala con esa serenidade, dozura e sabedoría que dan os anos. Unha verdadeira delicia de libro.