GUÍA LECTURAS NADAL 2019 (AMPLIADA)

Page 1


“ANIMAIS” Aut.: Antonio Rubio Ed.: Kalandraka O caracol, o elefante, a tartaruga e moitos máis animais, unidos pola amizade e o xogo, axúdannos a través de simpáticos pictogramas a gozar coas rimas e a melodía que creamos con elas.

“AS EMOCIÓNS” Aut.: Alice Le Hénand Ed.: Edelvives—Tambre Un libro escrito en maiúsculas no que despregando lapelas, os máis novos poderán ir descubrindo como poden cambiar unhas emocións por outras.

“LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR” Aut.: Giles Andreae Ed.: Bruño Chufa, unha xirafa alta e delgada é moi hábil collendo follas das árbores, pero cando corre, é un verdadeiro desastre. Cando se celebra o Baile da Selva, Chufa quere participar nel, pero, como todo o mundo sabe, as xirafas non poden bailar. ...Ou si?

“LOLA E AS 21 VACAS” Aut.: Blas Rueda Ed.: Triqueta Verde A Lola escapáronselle 21 vacas pola casa adiante. Son unhas vacas moi especiais e ten que atopalas antes de que os seus pais regresen. Daralle tempo a facelo antes de que cheguen e descubran a lea que montaron?


“O CAN DE MILU” Aut.: Mariann Máray Ed.: Kalandraka Milu é unha rapaza que é feliz coa súa mascota Peluso (un “can” moi peculiar). Xuntos pásano moi, moi ben cos seus xogos. Con eles dous descubriremos o valor da amizade e da liberdade

“EU COCIÑO, TI COCIÑAS?” Aut.: Mamá Cabra Ed.: Galaxia Un libro moi, moi delicioso cheo de cancións e receitas para que os máis pequenos nos deleiten cos mellores sabores. Nunca foi tan divertido cociñar e cantar en galego!

“DOBLE DOBLE” Aut.: Menena Cottin Ed.: Tecolote Este é un libro para ler “dándolle voltas” porque cando se xira, as ilustracións crean unha nova visión. Unha moi boa maneira de estimular a atención e de descubir os opostos dun xeito visual.

“RABIETAS” Aut.: Susana Redondo Gómez Ed.: Takatuka Os pequenos poden pasar rápidamente de estar felices e tranquilos a un ataque de rabia. Pero ás veces, unhas palabras poden axudar a que as cousas se calmen e o enfado se convirta en sorriso. Con cambios de cor irase ilustrando os distintos estados de ánimo polos que pasan os rapaces cando se enfadan ou cando se amigan con alguén.


“O RAPOSO AVIADOR QUE VOA SEN MOTOR” Aut.: Antonio Reigosa Ed.: Xerais Quen di que só poden voar os paxaros? Neste libro descubrirás a Paquiño, un raposo que se converteu no primeiro e único raposo aviador. Insistindo, insistindo voou ata cruzar a liña do horizonte. Atréveste a seguilo?

“CIERRA LOS OJOS” Aut.: Victoria Pérez Escribá Ed.: Thule Dous irmáns intercambian a súa maneira de “ver” e descubrir todo o que hai ao seu redor. Un ve cos ollos e o outro ve con todos os demais sentidos. Con este delicioso libro aprenderemos que hai moitas maneiras de ver e o enriquecedor que é compartilas.

“A TARTARUGA AMODOVOU” Aut.: Paula Carballeira Ed.: Santillana Unha pequena tartaruga vai descubrindo o mundo amodiño, ao seu ritmo. Escoita moito, non deixa de sorrir nunca e así, vai salvando todos os obstáculos que algúns queren poner no seu camiño. Unha verdadeira delicia de texto e unhas fermosísimas ilustracións.

“LETRAS AL CARBÓN” Aut.: Irene Velasco Ed.: Juventud Nun remoto pobo de Colombia ninguén sabe ler, menos o Señor Velandia, o dono dunha tenda. Cando unha rapaza chamada Gina recibe cartas da súa irmá, ela imaxina que son de amor e decide aprender a ler para saber que din. Así conta unha nai ao seu fillo como aprendeu a ler.


“O PAÍS DO GRAN FURADO” Aut.: Xerardo Quintiá Ed.: Baía Obra gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019). Destaca por utilizar o humor, a transgresión de contos populares e reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para a igualdade.

“A MIÑA FAMILIA: 3+1=7” Aut.: Isha Bottin Ed.: Alvarellos Como pode ser 3+1=7? Con este libro poderás descubrilo. Inspirado nunha feito real, nesta historia descubriremos unha familia un pouquiño especial, diferente ás demais. na que a felicidade ás veces parece estar en perigo. Pero a esperanza sempre atopa o seu camiño se somos xenerosos e abertos aos demais.

“CONTA COMIGO” Aut.: Miguel Tanco Ed.: Bululú A gran paixón da protagonista desta historia son as matemáticas. Hai quen non o entende, pero ela ve matemáticas en todo o que a envolve. Un libro divertido para quitar o medo ás matemáticas e miralas doutra xeito.

“PRINCESA 2.0” Aut.: Irene Soler Ed.: MueveTuLengua Aquí temos unha princesa que vive nun quinto piso sen ascensor, leva gafas, non precisa ser rescatada, calza zapatillas de deporte, quere saír para xogar e come macarróns con tomate. Pode ser así unha princesa? Descúbreo neste libro.


“BRUXA E FAMILIA” Aut.: Paula Carballeira Ed.: Santillana Unha bruxa moi especial que ten unha familia máis especial aínda. Vive nunha antiga casa de pedra acompañada por seres tan diferentes como unha mosca de inverno, unha escolopendra, un rato cantor… Un libro para quen no foxe das arañas e non lle ten medo ao descoñecido.

“ANIMALIA 2. BRANCO” Aut.: Xosé Tomás Ed.: Xerais Proxecto de banda deseñada formado por historias de animais que se desenvolven, neste caso, no mar e na auga. Desde o humor, estas viñetas invítannos a reflexionar sobre a humanidade e as súas posiblidades .

“LA ISLA DE LOS NIÑOS ENCONTRADOS” Aut.: Carlos Salem e Diego Ojeda Ed.: Mueve Tu Lengua Camelos verdes que nadan no aire, unha illa (a de San Borondón) que aparece e desaparece no mar, un pirata chamado Gofio e moito máis é o que descubren Martina e os seus amigos cando misteriosamente chegan alí. Terán que pasar varias probas para volver ao seu lugar antes de que a illa desapareza nas augas.

“UNA TERRIBLE PALABRA DE NUEVE LETRAS” Aut.: Pedro Mañas Ed.: Anaya Amanda, de 8 anos, repetiu unha palabra que escoitou e montouse un lío enorme. Os maiores enfádanse sempre con ela porque tamén vende palabras innombrables a outros compañeiros. Isto fará que Amanda acabe nunha aula para alumnado con conductas peligrosas. Alí entenderá moitas cousas...


“UN MUNDO QUENTIÑO” Aut.: Mónica Inés Varela Gestoso Ed.: Fervenza A fada da chuvia vén mollarnos, collemos leña, asamos castañas… Este poemario infantil vai explorando ese mundo sorprendente en todo o que está ao noso carón. Un mundo quentiño que podemos descubrir cada día e permítenos atopar a maxia do cotián.

“HISTORIAS DE RÍOS” Aut.: Timothy Knapman Ed.: Edelvives Gústanche os ríos? Gústache viaxar, coñecer novos lugares? Pois aquí tes un libro para navegar por cinco grandes ríos do mundo, ir despregando lapelas e descubrindo incribles relatos, tradicións, historia, etc, ao longo do seu percorrido, con impresionantes liustracións do seu curso completo.

“VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO” Aut.: Antonio García Teijeiro Ed.: Xerais Ventos falangueiros, ventos mentireiros, ventos dos soños, ventos de aloumiños,… Nestes poemas descubriremos o vento que percorre diferentes mundos: o mar, o sol, as estrelas, os nenos, as follas das árbores, as abellas, os nenos e as nenas.

“MORTIÑA. UN CURMÁN REPUGNANTE” Aut.: Barbara Cantini Ed.: Hércules Mortiña e o seu can, Tristeiro, viven coa tía Defuntiña en Vila Decadente. Un día chegan alí uns nenos amigos de Mortiña. Recibiron unha misteriosa invitación. Ao mesmo tempo a tía Defuntiña desaparece. Terá algo que ver o primo Dilbert que acaba de facer unha visita?


“LÚA EN NINGURES” Aut.: Beatriz Maceda Ed.: Xerais Lúa e a súa familia teñen que deixar a súa terra pola guerra, unha guerra que esnaquiza todo. Chegan entón a Ningures, un campo de refuxiados onde parece que non hai ninguna esperanza. Pero será aí onde Lúa descubra o verdadeiramente importante das persoas. “SUPREMAS. MOZAS MITOLÓXICAS” Aut.: Xan Eguía Ed.: Bululú Se un libro sobre superheroes deben lelo mozos e mozas, por que non un sobre mozas mitolóxicas? Perséfone, Atenea, Batwoman, a Princesa Leia,… teñen moitas cousas en común, pero sobre todo, uns valores moi importantes.

“LA VUELTA AL MUNDO DE SHERLOCK HOMES EN 80 ENIGMAS” Ed.: Larousse Sherlock Holmes, Watson e o seu can Toby, deben perseguir ao malvado profesor Moriarty. Para conseguilo han percorrer todo o mundo resolvendo diferentes enigmas: xogos de cálculo, xeroglíficos, encrucillados, códigos segredos, etc. Un libro de enxeñosos pasatempos para mentes sagaces.

“SON UNHA NOZ” Aut.: Beatriz Osés Ed.: Edebé– Rodeira Rosanna Marinetti é unha avogada amargada. A súa vida cambia cando un neno refuxiado, Omar, cae da póla da súa nogueira. Entón, a abogada intentará facerse cargo del alegando que é unha noz. A través do humor conseguimos achegarnos á dura realidade da inmigración.


“OS ECOS DO LUME” Aut.: Anxo Fariña Ed.: Xerais Noa ten 12 anos. O único que lle importa é internet e o que pensen os seus compañeiros do instituto dela. Pero todo cambia cando o seu irmán desaparece nunha mámoa. Por salvalo entrará nun mundo descoñecido no que ela é o monstro. Pouco a pouco, irá entendendo por que os humanos son odiados naquel mundo misterioso. Descubrirá o segredo dos ecos do lume… … e moito máis! “JUAN SIN MÓVIL” Aut.: José Vicente Sarmiento Ed.: Fun Readers Juan é un rapaz que acaba de cumprir 10 anos e aínda non ten móbil! Sen móbil Juan é un ninguén; sen móbil non hai amigos e entón Juan acaba uníndose a outros que tampouco teñen amigos. Esta curiosa unión dará lugar a interesantes acontecementos que poden axudarnos a valorar o verdadeiramente importante.

“OS PELOTEIROS” Aut.: Patricia Mallo Ed.: Galaxia Sendo moi optimistas, poderiamos dicir que Os Peloteiros Fútbol Club é o peor club na historia do fútbol. Os protagonistas son sete rapaces e rapazas da pequena vila de Castrovello, na que todos se coñecen. O fútbol, os asuntos de familia e as situacións disparatadas están presentes neste divertido libro.

“ELLAS CUENTAN” Aut.: Katherine Halligan Ed.: Sm Un libro que presenta a historia de 50 mulleres que viviron para cambiar o mundo. Cada unha no seu campo: ciencia, arte, medicina, educación,… Mulleres diferentes que tiñan en común o soño dun mundo mellor e puxeron o seu grao de area para conseguilo.


“PALABRAS CON CORAZÓN” Aut.: Kate Jean Nean Ed.: Bruño (Cubilete) As palabras poden aloumiñar, calmar, facer sorrir… e tamén facer dano. Grazas a elas, dependendo cales elixamos, o mundo pode ser un lugar moito mellor. Intentámolo?

“AMANI” Aut.: Miguelanxo Prado Ed.: Retranca Editora Por que temos que ver aos demais coma rivais e ter que demostrar sempre que somos os mellores? Este hipopótamo busca na beira do río Pantikora a mellor maneira de ser feliz sen amolar aos demais. Terá razón en pensar así? Será posible?

“BRUNO SE HACE MAYOR”/“MÍA SE HACE MAYOR” Aut.: Mónica Peitx Ed.: Juventud Dous libros para falar dos cambios que se producen na puberdade nos rapaces ou nas rapazas. Escrito por unha pediatra-endocrina, vai falando de todo iso facendo fincapé na importancia de manter uns hábitos saudables.

“100 PABLO PICASSOS” Aut.: Violet Lemay Ed.: Juventud Un libro que presenta dunha maneira divertida e orixinal a figura de Picasso. Os rapaces poderán explorar a súa vida desde a infancia, as súas obras, o seu amor polos animais e a súa infinda curiosidade.


“SIRENAS” Aut.: Jessica Love Ed.: Kókinos A Xulián gústanlle as sereas. Tanto que acaba disfrazándose dunha delas coa axuda da súa avoa. Sen xulgar nin condear, este libro é un verdadeiro canto á liberdade e á tolerancia. Unha lección de apertura á diversidade. “SUPERSORDA” Aut.: Cece Bell Ed.: Maeva Unha novela gráfica en forma de cómic baseada na propia historia da autora. A pesar de todas as dificultades coas que se atopa pola súa discapacidade auditiva conseguirá superalas e converterse nalguén moi especial.

“O GRANXEIRO E O VETERINARIO” Aut.: Pim Lammers Ed.: Hércules Os animais da granxa andan preocupados porque o granxeiro fai todo ao revés: vai buscar ovos onda os porcos, quere muxir ás galiñas… É que cando se perden a cabeza e o corazón… Menos mal que podemos atopar o apoio dos bos amigos.

“LA PRINCESITA” Aut.: Marta Plans Ed.: Carambuco Unha princesa moi especial que se perde e que ten claro que se non atopa axuda ela non se vai render e atopará o camiño. Un conto adaptado á lectura fácil con lingua de signos española e unha ligazón para descárgalo e escoitalo en castelán e “COLECCIÓN LECTURA FÁCIL” Ed.: Sm Sete títulos da colección “Barco de vapor” co texto adaptado para que poidan ser lidos por nenos e nenas que poden ter dificultades lectoras e/ou de comprensión.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.