LARADA AGOSTO 19

Page 1

re v is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to v o d a s v iñ a s nº 131 - Ano M AGOSTO a rz o 2 0 02019 9 n º2 - A XI no I Se non vos volvedes nenos, non entraredes no reino do ceo. Xesús de Nazaret

SOMOS IMAXE DO DEUS DOS ENCONTROS Como en anos anteriores, en xullo tivemos o campamento parroquial na reitoral de Lago (Valdoviño), con 22 nenos/as e mozos/as desde 8 a 16 anos, que participan na catequese, no 5+1 e en confirmación. Un grupo de monitores “veteranos” e outro de monitoras “novas” programou e facilitou que durante a semana do 14 ao 21 de xullo vivisen doutro xeito o verán. Este ano baseouse na creación, conforme aos 7 días que narra o Xénese, tendo tempo para a oración, participación en tarefas e obradoiros polas mañás; e para xogos, piscina e veladas nocturnas na segunda parte do día. Dalgún xeito queremos contribuír a que tamén neste tempo de vacacións poidamos ter espazos para dedicárllelos aos demais. Así que propoñemos para o que queda de verán facer 4 Encontros: con Deus, cos outros, coa creación e cun mesmo. Non son 4 encontros diferentes, separados, senón que en cada un vanse entretecendo os outros 3. Porque ser un mesmo é estar nos outros, nas outras, é vivir no Outro, co outro. Somos imaxe do Deus dos encontros. 1. O encontro con Deus neste tempo pode ser pausado e longo, faise agradecemento, recoñecemento, restauración, recreación. Faise palabra e faise, sobre todo, escoita e silencio que non necesita verbas. Faise aperta, aloumiño, xesto… encontro, faise Amor. No campamento tamén os nenos e nenas tiveron momentos para ter un espazo para o silencio e para a oración. Ata un día que se nos pasaba ter un oco para pedir perdón e dar grazas, algunha moza o botaba en falta… 2. O encontro cos outros, especialmente cos máis desfavorecidos, é experiencia de humildade, de acollida, de escoita, de crecemento e plenitude que nos completa. É experiencia de comuñón que tampouco debemos abandonar neste tempo. O sorriso é máis sorriso cando nace da aperta que acolle mentres se atopan as olladas. No campamento tamén os rapaces e rapazas aprenderon a convivir con quen non eran as súas amizades de primeiras. E atoparon risas e complicidades, a pesar das diferenzas de idade, de afinidade e de gustos. Porque dos máis pequenos é o Reino de Deus, dicía Xesús. 3. O encontro coa creación é experiencia da gratuidade e a providencia de Deus, é encontro coa beleza serena, coa harmonía da vida, é compromiso no seu coidado. A propia vida crece coa contemplación agradecida e superada polo Misterio. E así, ábrenos á comuñón. No campamento tamén foron experimentando que todos dependemos de todos, que temos diante o cambio climático e toda a creación. 4. O encontro comigo mesmo prodúcese nos outros 3, porque Deus, os demais e a creación devólvenme a miña propia imaxe: ás veces borrosa e desenfocada, para fixala, iluminala e recuperala con total nitidez, no meu ser. Deses encontros estamos feitos cada quen. Boa ocasión este verán para refacelos. No campamento tamén houbo espazo para un mesmo: primeiro elaboramos un diario con refugallos, descubrindo que podemos reutilizar moitos materiais, e despois, escribindo no diario as nosas inquedanzas, aquilo que iamos atopando como algo novo, as novas amizades. Así pois, xa en pleno mes de agosto tentemos abrir momentos para estes 4 encontros, que dalgún xeito o experimentaron quen estiveron no campamento parroquial de Lago, pero que cada un de nós tamén o podemos descubrir. De nós depende. E faremos máis felices aos demais. E tamén o seremos nós.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.