re v DECEMBRO is ta p a rro q u2015 ia l m e n s u a l d e S a n C ris tonº v o85d a- sAno v iñVII as M a rz o 2 0 0 9 n º2 - A n o I Yo soy la luz, y he venido al mundo para que todo el que crea en mi no permanezca en las tinieblas. (Xesús de Nazaret)
ATENDEMOS A CHAMADA? “Ven, ven, Señor, non tardes/ ven,ven que te esperamos/ ven, ven Señor no tardes/ven pronto,Señor.” Un ano máis e chega o advento. Unha nova chegada de Xesús aos nosos corazóns. Non porque El non estea sempre en nós, senón porque o precisamos para revivir, crer e renacer. Precisamos festexar o aniversario da súa chegada. Igual que celebramos o noso santo ou o cumpreanos. Estes feitos fan que nos lembremos da persoa que está nesas circunstancias e pensamos nela e desexámoslle parabéns e noraboas. É así que, cómpre que o tempo de advento protagonice a nosa reflexión e polo tanto o canto, a oración avive o noso corazón e nos faga dicir: “ven, ven, Señor, non tardes”. A celebración do advento amosa en Europa diferentes ritos e tradicións que van pervivindo xeración tras xeración. Antigo costume é colgar na casa o calendario de advento e a través do día a día e semana tras semana, nenos e nenas da familia van aprendendo tradicións, lendas e historia sagrada que teñen que ver con este tempo. Outro costume consiste en decorar a casa coa coroa de advento e con ela ás veces adoitan estar catro velas, que se van acendendo conforme se achega a navidade. Agora neste tempo de advento e logo de nadal comprobamos que moitas persoas, mulleres, nenos, homes mozos e menos mozos, petan ás portas de Europa. Escapan do seu país porque hai guerra e van cruzando fronteiras e pasan por Hungría, Croacia, Eslovenia...Chegan a Lampedusa en Italia, a Ceuta e Melilla en España, e ás diferentes illas de Grecia. Por estes duros traxectos pasan todo tipo de calamidades, naufragan e morren. Son familias que piden axuda porque pensan que esta Europa cristiá na que confortablemente vivimos, pode botarlles unha man, pode comprender a súa desgraza e pode acollelos e darlles un respiro ata que poidan volver á casa. Como respondemos ante estas chamadas? Poñeremos luces alegres nas nosas rúas, colgaremos o calendario de advento para ir anunciando o nadal e as nosas olladas mirarán cara outro lado… Non somos cristiáns cando miramos con receo ao pobre, ao estranxeiro...Non somos cristiáns se non somos críticos con medios de comunicación que nos amosan estas persoas coma xentíos que nos veñen invadir, que os forasteiros queren a nosa seguridade, o noso traballo...Mentalízannos para que creamos que non os podemos socorrer. Que son moitos. As cifras reais non aportan eses datos. Podemos facer máis e a nosa riqueza non minguará. A resposta do noso goberno e dos gobernos europeos non é tan sequera humana e desde logo nada cristiá. E nós tampouco somos esixentes e non lles prestamos a voz para que sexan atendidos. Preparamos o advento e non atendemos a chamada. Os inocentes petan na nosa porta e non atopan resposta. Cantemos a canción, pero pensemos a letra, non a distanciemos do corazón nin tampouco da nosa conversión, porque calquera pequeno cambio en nós, enchéndonos de misericordia, vai lograr cambios no mundo “El mundo muere de frío /el alma perdió el calor, /los hombres no son hermanos, /el mundo no tiene amor.” Rosa García Vilariño