Larada maio

Page 1

re v is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to v o d a s v iñ a s M a rz o 2 0 0 9 n º2 - A n o I MAIO 2011 nº 28 - Ano III “A máis fermosa palabra nos beizos dun home é a palabra nai, e a chamada máis doce: miña nai” (Khalil Gibran).

LEMBRANZAS DE AMOR CON SABOR DE NAI Mal que nos pese o Tempo Pascual ten sabor de muller, foron elas (cheas de fonda sensibilidade e fidelidade) as primeiras en presentir que a vida de Xesús non quedara sepultada senón que podía seguir enchendo os seus corazóns. O mes de Maio é o mes da Pascua, das flores e de María (o espello de “Muller Nova”), no que tod@s nos debemos reflectir. Con este espírito recollemos na portada un fermoso artigo dun crego ferrolán chamado Xaquín Campo Freire, que canta a tódalas nais: “Naturalmente que hoxe a miña canción, a miña poesía, o meu amor, a miña pregaria, todo o meu ser, vai para todas as nais. As que foron, as que están a ser e as que serán. Mesmo para aquelas que nunca chegaron a ser. Para ti, benquerida muller universal, para ti, os meus parabéns, os meus respectos, a miña lembranza agradecida. Son fillo dunha muller da que non lle sei a cara, pero si o amor. Non lle sei os agarimos, pero si os sacrificios. Non lle sei os milagres, pero si sei que morreu dando vida. Nunca me crucei con ela, pero sempre está gozosamente presente e aparece alentadora en todos os meus camiños Por iso quero cantarche a ti, nai, muller universal. Sempre miro pausadamente, por se foses ti aquela nai que eu non coñecín. E vouche dicir un segredo: Na faciana de cada unha de vós, sempre atopo algo daquela cara para min descoñecida, pero que imaxino. Ti axúdasme a ir facendo o retrato vital e total da que eu ando a procurar. E confésoche que me emociono por dentro cada vez que te vexo cos teus fillos. Quero darche as grazas, a ti, muller universal, Eva orixinal, nai dos viventes e vitalidade. E en ti, cada día, desexo traballar un mundo novo para lograr a túa felicidade. Hoxe, día da nai, día de festa, parabéns a todas. Faltaría máis. Está todo moi ben merecido. Noraboa, nai! Porén, cando lle dou a volta á medalla, querida muller e nai universal, tamén vexo esas Marías do Venres Santo, pegadas a todas as cruces. E teño de pedir perdón pola cantidade de mulleres que a cotío estades a morrer en cada recanto do mundo. Para ti, muller de ollos tristes, de feridas sangrantes e corpo magoado, para ti, hoxe non é festa. Por iso todos os fillos/as do mundo ergueremos a nosa voz para que este día da nai de 2011 marque un fito universal dunha nova cultura: NUNCA MÁIS OUTRA MULLER MORTA NIN MALTRATADA POR NINGUÉN. Loitaremos xuntos a nosa indignación. E dime o corazón que algún día venceremos nós.

SUMARIO

Igrexa na Coruña Rostros do Barrio (Páxina 2)

Que non falte a túa luz (Páxina 3)

Á calor da Palabra (Páxina 4)

Vexo a cotío nais e nenos no cárcere. Nunca tal vira! Para ti, muller, que viñeches Pascua en imaxes ao mundo con corazón de poesía, ollos de amor e vocación de felicidade, para ti o (Páxina 5) mundo tornouse cárcere: A propia casa, o leito, os secuestros, a prostitución, o comercio de persoas, a falta de formación, a cousificación de todo o teu ser como muller obxecto, mesmo nos anuncios dos xornais que a cotío fan negocio contigo, etc. E din que iso non ten nada que ver coa ética. Para que seguir enumerando prisións. Aí, nunca! Nin ti, nin os teus nenos. En ningún penal. Xa penas abondo tes na túa vida, meu ben! Para ti, muller universal, Pascua en imaxes pero de carne, corazón concreto e alma sufrinte, atrapada en calquera rede de dor e de morte, para ti, quero cantarche (Páxina 6) emocionado un grito de liberdade, un himno de rebelión que nunca termine”.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.