Larada outubro 16

Page 1

re v is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to v o d a s v iñ a s nº 95 n- º2Ano M aOUTUBRO rz o 2 0 0 9 2016 - AVIII no I “Hay más dicha en dar que en recibir”. Xesús de Nazaret.

LOS NIÑOS SON EL FUTURO Estamos empezando un nuevo curso escolar y de catequesis Parroquial, con mucha ilusión. Y una vez más nos preocupan los niños y su formación completa e integral. Que crezcan físicamente sanos, que vayan al colegio y se formen bien, que hagan deporte… Pero nos preocupa su formación religiosa…? Nos preocupan muchas cosas: material escolar que han de llevar a clase y que es muy caro; a qué actividades extraescolares lo voy a anotar… Pero ¿verdad que hablamos muy poco de la educación en valores de los niños, de acompañarlos a Catequesis Parroquial? Eso sí: Como hay que hacerle la Primera Comunión, cuántos años hace falta para que la haga, dos o tres, pero no más?. ¡Qué pena, dicen algunos padres, que no pueda mandar a mi hijo al Catecismo, porque tiene que ir al futbol..! Todos los padres quieren que sus hijos mañana sean importantes… E importantes hoy son los empresarios, los economistas, los abogados, los políticos… Toda esa gente grande de la que depende la marcha del mundo. Pero acaso no son ya hoy importantes..? Y sin embargo, cuando Jesús quiere presentarnos los grandes modelos capaces de cambiar y transformar el mundo, no piensa en los grandes sino en los niños. “El que acoge a un niño como este en mi nombre me acoge a mí, y el que me acoge a mí, no me acoge a mí sino al que me ha enviado”. (Lucas 9,46-50) Y lo cogió en sus brazos y lo abrazó. Y en otra parte, nos dice que “el que no se hace como un niño no entrará en el Reino de los cielos”. Algunas veces hasta nos atrevemos a pensar que los niños son discos duros donde archivan nuestras ideas, nuestros modos de pensar, nuestras prohibiciones, nuestros mandatos. Pero el disco duro no piensa, es puro archivo. Os invitamos a que les enseñéis a pensar, a soñar, a crecer, a amar, a decir lo que piensan, a ser generosos, que Dios los ama, a respetar a los demás, a tener iniciativas… Muchas veces pensamos que los niños son “el futuro” y les impedimos ser niños hoy y ser ya “el presente”. Los niños no son el futuro. Los niños ya son hoy. Los niños no son el mañana. Los niños son el presente. Los niños ya nos enseñan hoy. No tienen que esperar a mañana. Los niños sueñan hoy. Dejarán de soñar posiblemente mañana. ¡Feliz curso 2016 - 2017!


A FUME DE CAROZO

TÓPICOS E SINRAZÓNS DO ATEÍSMO MILITANTE Cada certo tempo crúzome na rúa cun coñecido da infancia e adolescencia, ao que me considero moi próximo por moitas razóns. Unha delas é a condición de exseminaristas, compartida por ambos os dous, anque a saída do Seminario foi diversa en cada caso. Eu deixei o Seminario sendo diácono e disposto a asumir a ordenación de presbítero. El deixara o Seminario en plena adolescencia e o seu discernimento vocacional e vital levouno a converterse en esposo e pai, e hoxe venturoso avó. O caso é que neses ocasionais encontros, este vello coñecido descarga sobre min un apaixoado discurso antirrelixioso e antieclesial, adobado –iso si- con declaracións rotundas de tolerancia e respecto, ao tempo que abusando de reiterados, teimudos e murchos argumentos da súa persoal confesión de ateísmo firme e radical. Como eses “argumentos”, ao meu entender, deitan un zume caducado e de pésima dixestión, cómpre que matinemos neles para sacudir a preguiza mental de quen os empregan como axiomas indefectibles. Escribo facendo un exercicio consciente de diálogo, pois penso que os crentes debemos coñecer as razóns da increnza dos nosos contemporáneos. Así poderemos ofrecerlles as razóns da nosa esperanza. Ademais, todos, aínda os máis santos, sabemos da fraqueza da nosa fe e debemos procurar a resposta persoal, madura e lúcida, para vivila coa dignidade propia de persoas adultas. Que reflexión provoca no crente a existencia do mal e do sufrimento en contradición coa existencia dun Deus bo e compasivo? Esta é unha vella obxección. Xa entre os séculos IV e III antes de Cristo, Epicuro deixou formulado o seu famoso dilema: Se ante o mal Deus non fai nada porque non pode, non é omnipotente, logo non é Deus; se non fai nada porque non se conmove, é cruel e perverso, logo non é Deus. A conclusión é pertinente: a existencia do mal e do sufrimento demostra a inexistencia de Deus. No fondo desta proposición latexan algunhas ideas que é preciso aclarar. Por exemplo, que todo o que nos doe é malo. Tamén, que todo o que nos acaece (bo ou malo) é por vontade directa de Deus intervindo no acontecer continuo de todos os seres e persoas. Por último, latexa tamén a idea preconcibida de que Deus podería ter creado un universo perfecto, onde non houbese nin doenzas, nin limitacións, nin fracaso nin morte. Pero todo ser creado, por ese mesmo feito, empeza a ser, non é eterno. Sería absurda a creación dunha realidade eterna e perfecta: Deus creando outro deus. O universo creado non pode ser un universo sen fraxilidades, límites, morte. Non todo o que nos fai sufrir é malo. E moitas veces o que nos fai sufrir tamén nos fai crecer como persoas. Un exemplo moi ilustrativo é o caso das persoas con síndrome de Down. O disgusto producido polo diagnóstico está totalmente esquecido, ao cabo dos anos, por causa da riqueza de humanidade vivida na familia acompañando, mesmo con grandes sacrificios, o seu crecemento. E, xa para acabar, a intervención de Deus non ten por que ser causal e directa en cada acontecemento. As cousas están creadas para funcionar coas enerxías inseridas nelas polo creador. A.G.V.


A LAREIRA

COMEZAMOS UN NOVO CURSO DE CATEQUESE A partir do día 2 de outubro, comeza un novo curso de catequese, onde nenos e nenas, xunto cos catequistas e as súas familias, irán espertando, facendo medrar e madurando a súa Fe. Este é o obxectivo da catequese, medrar a nivel de coñecemento e vida, o xerme da fe sementado polo Espírito e por medio do noso Bautismo. Quixera recalcar dúas cousas moi importantes: a primeira é que non somos só os catequistas os que formamos e guiamos aos nenos e nenas no aspecto espiritual, son as propias familias as que deben xogar o papel principal nesta tarefa (igual que pasa coa educación regrada, evidentemente é na familia onde o neno ten que ser educado, aínda que o cole sexa un apoio fundamental). E a segunda, é que o importante non é adquirir coñecementos, que tamén, senón saber e poder levalos á vida. Na parroquia somos conscientes da nosa responsabilidade, dar a coñecer ao Deus Pai-Nai que nos ama e dar a coñecer ao seu Fillo Xesús e o seu estilo de vida, que é o estilo de vida que debemos tentar imitar. Por iso non entendemos a catequese exclusivamente como unha preparación para a Comuñón, ou para a Confirmación, senón que a entendemos como a transmisión dos valores do Evanxeo que nos axuden a vivir como persoa íntegra. Claro que a celebración dos sacramentos é parte fundamental desta vivencia, pero están dentro do propio proceso, non son o único obxectivo. Este curso imos mudar un pouco o modelo para os domingos: comezaremos coa catequese ás 10:30, os nenos e nenas irán para o seu grupo onde compartiremos como nos foi a semana e teremos oportunidade de facer oración, logo ás 11:00 comezará a misa, para volver despois da mesma aos grupos a retomar a catequese ata as 12:30. Ademais dos domingos, temos preparadas outras moitas actividades como as celebracións do magosto ou do Entroido, vivencias máis profundas nos tempos fortes (advento e coresma), excursións, etc. Unha parte importante tamén vai ser a relación con outras parroquias, os nenos e nenas de postcomuñón van ten a oportunidade de xuntarse con nenos doutras parroquias da Coruña, no que se chama 5+1 e 5+2, onde van compartir e vivir experiencias para poder seguir medrando como seguidores de Xesús. Non nos esquecemos do café pendente que comezamos a ter o curso pasado, e que nos parece fundamental para unha boa comunicación coas familias; xa vos iremos informando da programación, onde poderemos compartir pais, nais e catequistas inquedanzas, dúbidas, experiencias, e todo aquilo que nos axude no crecemento dos nenos e nenas. Xa vedes, empezamos un novo curso, para nós sempre ilusionante, e contamos que tamén o sexa para todas as familias que queiran achegarse a construír comunidade. Vémonos o próximo día 2!! Yolanda Sánchez

A TER EN CONTA HORARIO CATEQUESE: Domingos de 10:30 a 12:30 CURSO/CHARLA: O NOSO PAI, 15 de outubro ás 18:00


AGENDA OCTUBRE 2016 INTENCIONES MISAS Semana del 3 al 9: Sábado 8: 18,00 h.: Por Serafín Moure Soengas. Domingo 9: 11,00 h.: Por Pedro y Jesús Landeira Pena. Semana del 10 al 16: Sábado 15: 18,00 h.: Intenciones Parroquiales. Domingo 16: 11,00 h.: Intenciones Parroquiales . Semana del 17 al 23: Sábado 22: 18,00 h.: Por Pilar Ousinde, Antonio Couto y demás difuntos de la familia. Domingo 23: 11,00 h: Intenciones Parroquiales.

Semana del 24 al 30: Sábado 29: 18,00 h.: Por Javier Loureiro y Familia Andrade Loureiro. Domingo 30: 11,00 h: Intenciones Parroquiales. Semana del 31 al 6 de noviembre: Martes, 1: DÍA DE TODOS LOS SANTOS (EN LA IGLESIA PARROQUIAL) 11,00 h.: Intenciones Parroquiales. Miércoles, 2: DÍA DE DIFUNTOS (EN LA IGLESIA PARROQUIAL) 17,00 h.: Oración en el Cementerio. 17,30 h.: Funeral por los Fieles Difuntos. Sábado, 5: 18,00: Por Serafín Moure Soengas. Domingo, 6: 11,00 h.: Por Javier Loureiro Andrade.

Descansan en la Paz del Padre: Eduardo Gómez Rey Consuelo Souto Álvarez MESA DE REDACCIÓN E COORDINACIÓN Yolanda Sánchez Sánchez Juan López Sánchez Alfredo Losada Suárez José Juan Videla Rodríguez Mª Dolores Mantiñán Loureiro Manuel Rodríguez Rodríguez

HORARIO INVIERNO DESPACHO PARROQUIAL (DEL 1 DE OCTUBRE AL 31 DE MAYO): Martes y jueves, de 17,00 horas a 18,30 horas. Teléfonos: 981 132 700 / 606 400 909

DIRECCIÓN “Centro Parroquial” R/ Birloque, 52 B 15. 008 A Coruña Tlf.: 981 132 700 E-MAIL sancristovodasvinas@gmail.com BLOG: sancristovodasvinas.blogspot.com

NUEVOS HORARIOS: (DEL 1 DE OCTUBRE AL 31 DE MAYO)

TIRADA 500 Exemplares.

-

Eucaristía sábados: 18,00 h. (IGLESIA PARROQUIAL)

DISTRIBUCIÓN Primeiro domingo de mes na parroquia e no barrio.

-

Eucaristía domingos: 11,00 h. (CENTRO PARROQUIAL)

IMPRIME Velfer

-

Inicio Catequesis: 10,30 h. (CENTRO PARROQUIAL)

RECIBOS MANTENIMIENTO CEMENTERIO PARROQUIAL: Aquellas personas que lo deseen pueden pagarlos ya en el Despacho Parroquial en horario de atención (martes y jueves, de 17,00 h. a 18,30 h.). Los días de Todos los Santos y Difuntos, podrá realizarse el pago en el Cementerio Parroquial. Se pondrán carteles indicando el horario.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.