ENCONTROS CON AUTORES
Z E D N Ó M I E R MARÍA CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE A CORUÑA
O XEITO DAS FROITAS
1
O XEITO DAS FROITAS
2
O XEITO DAS FROITAS
3
BIOGRAFÍA
MARÍA REIMÓNDEZ Naceu na cidade de Lugo, aínda que a familia do seu pai é dos Ancares, por iso tamén lle gustan moito esas montañas. A súa avoa chamábaa «Pequena Rosalía». Ao principio non lle gustaba que lle dixera así pero cando descubriu que Rosalía de Castro foi unha loitadora polos dereitos da muller, encantoulle ese alcume. De pequena gustáballe facer falar ás bonecas e agora é tradutora e intérprete de conferencias. Era tamén moi soñadora e dicía que durmía coas lentes postas «para ver ben nos soños». Publicou o seu primeiro libro no ano 2002 e dende entón ata agora leva publicados moitos máis, recibindo diferentes premios. É feminista e moi solidaria. Fundou a ONG Implicadas/os no Desenvolvemento, que traballa na India e en Etiopía para superar a discriminación de xénero. Foi tamén fundadora da Asociación Galega de profesionais da Tradución e da Interpretación. Gústalle moito viaxar, coñecer lugares, culturas, etc. e facer o seu fogar alí onde chega, porque todo iso que vai coñecendo e vivindo é o seu máis grande tesouro. Pero a súa maior diversión, o que máis lle gusta é abrir un novo libro. O XEITO DAS FROITAS
4
O O XEITO XEITO DAS FROITAS AUTORA: MARÍA REIMÓNDEZ ILUSTRADORA: ALICIA VARELA EDITORIAL: SANTILLANA OBRADOIRO COLECCIÓN: OQUELEO
RE
O XEITO DAS FROITAS
5
O XEITO DAS FROITAS
6
O LIBRO Trata dunha nena, Iris, que se quere chamar castaña. Os seus pais explícanlle que eles escolleron ese nome para ela con moito cariño. Tiña unha compañeira, que era unha mazá de trapo, que collera nun colector e sempre lle contaba todo o que lle pasaba. O seu pai quedou sen traballo e Iris empezou a soñar coas froitas e que ela era unha froita. As froitas contábanlle como era a súa vida. Para Iris era divertido, e esquecía que o seu pai non tiña traballo e que non podían comprarlle cousas innecesarias. Para mercarlle o material de Ciencias tiveron que vender uns libros que lles gustaban moito. Cando a súa nai quedou tamén sen traballo van vivir á aldea coa súa avoa e rematan creando unha empresa de reciclaxe de roupa.
O XEITO DAS FROITAS
7
PERSONAXES IRIS É unha nena de pelo vermello e rizado, ollos marróns e pencas na cara. É guapa,amable, alegre, imaxinativa, soñadora, teimuda e moi, moi especial. Un día decidiu que quería chamarse Castaña en vez de Iris. Fala galego sempre e non entende por que os demais non o falan. Ás veces din que é rara por iso. Pero a ela dálle igual; non pensa cambiar a súa lingua polo que digan outras persoas. Gústalle ler e cando non entende algunha palabra sempre lle pregunta á súa nai, que sabe moitos idiomas. Normalmente viste cun xersei branco con lunares vermellos e un pantalón azul. O seu peluche favorito é unha mazá que atopou nun colector. Encántanlle as froitas. Ten tanta imaxinación que soña moitas veces con elas. Nos seus soños pode ser unha castaña, unha papaia, unha banana ou calquera outra froita. Con elas aprende moitas cousas. Está sempre moi pendente do que pasa na súa casa. É moi cariñosa cos pais e un pouquiño menos co seu irmán Narciso, que sempre está de mal humor. O XEITO DAS FROITAS
8
PERSONAXES NARCISO, IRMÁN DE IRIS É un rabias, sempre está enfurruñado e protestando. Berra moito. Non lle gusta comer, nin ir á aldea. É presumido, sempre anda mirándose no espello e chuleándose do guapo que é. Gústalle ir á moda, sempre está co móbil.. A súa irmán pensa que é parvo
O XEITO DAS FROITAS
9
PERSONAXES PAI DE IRIS Ten o pelo castaño. É loitador, resolutivo, divertido, gracioso e amable. Gústalle moito ir á aldea. Esta no paro, perdeu o seu traballo e agora teñen que aforrar diñeiro para a comida, a luz...
NAI DE IRIS É moi alta e ten o pelo roxo. É boa e cariñosa. Traballaba na universidade, dando clases de idiomas, coñece moitas palabras e sempre fala en galego. Ten medo a perder o seu traballo.
O XEITO DAS FROITAS
10
OPINIÓNS Gustoume moito O xeito das froitas, sobre todo o personaxe de Iris porque é moi valente ao enfrontarse á súa profesora. Tamén me gusta porque está escrito en galego. Cando Iris chega á escola é a única da súa clase que o fala. Cando imaxina que é unha froita é moi divertido.
Gustoume, porque me gusta aprender idiomas e o libro era en galego, ademais encántanme os soños dos libros porque me axudan a ter moita imaxinación. Tamén me gustou, porque o libro non é moi realista e é un pouco triste e a min gústanme a mestura da tristeza e a imaxinación. A min gústame moito este libro porque me axuda a comprender que non temos que ter todo para ser felices, e que temos que aforrar diñeiro para a comida, a luz... e que se algo custa moito e está moi rico podemos cambialo por outra cousa coma un plátano que é moito máis barato e tamén está moi rico. O XEITO DAS FROITAS
11
OPINIÓNS A min gustoume o libro, porque falaba dunha nena que lle gustaban moito as froitas. Tamén porque era gracioso e moi divertido . A nena chamábase Iris e tiña uns soños alucinantes, soñaba que era unha froita. A familia de Iris nun momento tivo que vender uns libros para poder comprar os materiais de Iris para a clase de Sociais. Gustoume tamén iso porque fala que a vida ás veces é un pouquiño dura. É o libro que limos na clase que máis me gustou e agardo que veña a autora pronto para que mo asine e que o debuxo e o traballo que faga me saian moi ben. A min encantoume o libro, ten algunha cousa moi graciosa. Iris sempre soña coas froitas, a ela encántanlle as froitas! Solucionaron moi ben o problema do traballo. O que me pareceu mellor é que o libro era en galego, aprendín moitas palabras. As ilustracións son moi bonitas. O XEITO DAS FROITAS
12
GUSTARIAME SER ... ...Unha cereixa. Porque as cereixas son, algunhas veces, dúas como os irmáns, e eu teño unha irmá. Gústame ter unha irmá porque cando non está, ás veces abúrrome, aínda que outras non me gusta que estea porque é moooi pesada. ... Un arando porque aínda que son moi caros están moi doces e a min gústanme. Tamén me gustan porque son moi gordiños e cando están maduros teñen un sabor espectacular. Son moi sans e bos para a saúde. Tamén me gustan porque son da miña cor preferida, a azul.
...Unha sandía, porque me recorda a min coas súas cores. A vermella, como me poño ao coñecer xente nova. A negra das pebidas, cando son malvada e a verde, cando estou contenta.
...Un plátano de Canarias, porque me gustan a súa cor e as súas manchas. Son moi saborosos cando están amareliños. Danme tamén moita enerxía porque teñen moito potasio. O XEITO DAS FROITAS
13
GUSTARIAME SER ... ...Un kiwi porque cando vai frío protéxese coa súa pelaxe. Tamén porque ten moitas vitaminas e está moi rico. Encántanme tamén a súa cor e o seu sabor.
... Un amorodo porque está moi rico, gústame a cor vermella, paréceme moi alegre e faime rir. Encántame o seu nome en galego porque é parecido ao nome «amor» e a min encántame repartir todo o meu amor. Ademais son como cariñas sorrintes que parecen querer dar un bico.
...un coco, porque tería moita protección e sería redondo e exótico. O mellor é que estaría no aire, pendurado das palmeiras na beira de praia. Unha gozada de vida!
...Unha piña. Son doces, están deliciosas e olen xenial. Tamén porque no verán refréscanme e imaxino que estou nunha praia en Hawaii. Co seu zume podo facer xeados que están boísimos. Encántanme! O XEITO DAS FROITAS
14
O XEITO DAS FROITAS
15
CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE A CORUÑA O XEITO DAS FROITAS
16