Naistextospares

Page 1

AS AS NOSAS NOSAS Nais Nais A A ll u u m m n n A A D D O O 4ยบA 4ยบA Curso 2016-17 2016-17

CEIP Juan Fernรกndez Latorre AS NOSAS NAIS

1


AS NOSAS NAIS

2


vanessa

desirée

A miña nai chámase Vanessa Valcárcel Domínguez. Naceu na Coruña o 15 de setembro de 1980. Estudou Graduado Escolar. Gustáballe moito estudar. Comezou Perruquería e Estética pero non acabou o curso. Comezou a traballar aos 20 anos porque non quería seguir estudando e tivo que poñerse a traballar. É asistenta do fogar. Gústalle o que fai, é un traballo entretido, cordial, pero tamén duro. Gustaríalle rematar Perruquería e traballar diso. Tamén aprender idiomas e mellorar o seu soldo porque traballa moitas horas e cobra menos do que debería. A miña nai é alegre, cariñosa e divertida. É a mellor nai do mundo!

pilar

carmela

A miña nai chámase Pilar Fragueiro Parga. Naceu o dezaoito de xullo de 1967 na Coruña. Estudou Naturais. Gustáballe ler e quería estudar Historia. Comezou a traballar con trinta anos. Gústalle moito, páganlle pouco pero a tratan ben e as súas irmás están sempre con ela. Gustaríalle seguir no seu traballo e pensa que todo o mundo o podería facer mellor se se propoñen realizalo así. A miña nai é moi lista, boa, cariñosa, amable, alta, delgada e moi, moi guapa.

AS NOSAS NAIS

3


susana

alex

A miña nai chámase Susana Salanova Martínez e naceu en Noia o 5 de abril de 1972. Estudou BUP e FP2. Non lle gustaba demasiado traballar, quería estudar Bioloxía e fixo o que lle gustaba. Comezou a traballar este verán. Está moi contenta aínda que preferiría estar máis tempo na casa. Os compañeiros e o xefe son moi bos. Gustaríalle ser bióloga e traballar nun barco e ir investigar o fondo do mar. A miña nai gústame porque é moi graciosa, divertida e retranqueira.

belén

mencía

A miña nai, María Belén García Vázquez naceu no ano mil novecentos sesenta e oito. Estudou Perruquería, Auxiliar de Clínica e Graduado Social. Quería estudar e gustáballe moito. Comezou a traballar para ter un futuro cando tiña 21 anos. Está contenta co seu traballo e lévase ben cos amigos. Para ela traballar é divertido aínda que non lle pagan ben. Gustaríalle ser enfermeira pero non puido. Mellorou, segundo di ela, porque traballa moi ben. A miña nai é moi amable e divertida.

AS NOSAS NAIS

4


leticia

enma

A miña nai, Leticia Mouriño Dans naceu o 15 de xullo de 1979 na Coruña. Estudou Relacións Laborais pero o que ela realmente quería facer era Enfermería, mais as ciencias non se lle daban moi ben. Comezou a traballar mentres estaba estudando para sacarse un diñeiro extra. Ao rematar os estudos púxose a traballar nunha tenda de roupa mentres non daba atopado un traballo do que ela estudara. Foi pasando o tempo, o seu labor na tenda gustáballe e, ao final, fixérona responsable dela… e ata hoxe. Para ela, os seus compañeiros forman parte da súa familia. Gustaríalle ter outro horario no seu traballo xa que as xornadas comerciais non son moi compatibles coa vida familiar. A miña nai é simpática e amable coas outras persoas e comigo. Ás veces, rífame, pero con razón. É un pouco despistada e, por iso, nalgunhas ocasións río. Fai moitas cousas por min. «Quérote mamá!»

josefina

antonio

A miña nai, Josefina Muñoz Hernández naceu o 6 de maio de 1968 en Asturias. Fixo estudos básicos, gustáballe estudar e preparouse para perruqueira. Agora non traballa fóra da casa pero vai limpar unha vivenda unha vez por semana. Está contenta e páganlle por día traballado. Gustaríalle traballar como perruqueira. A miña nai é xenerosa e por iso a quero. Edúcame, cóidame… Así é a miña nai! AS NOSAS NAIS

5


anna

lucas

A miña nai, Anna Espinosa Villanueva naceu o 19 de marzo de 1968 en Nehein-Husten (Alemaña). Estudou Filoloxía Hispánica e interpretación de lingua de signos. Tamén lle tería gustado estudar Veterinaria. Comezou a traballar con 19 anos no xornal El Ideal Gallego, tamén realizou tarefas de comercial, vendedora… Nalgúns sitios non estaba moi contenta cos horarios ou cos salarios. Agora traballa de intérprete de lingua de signos. Gustaríalle que o traballo que ten fose fixo, aínda que, en xeral, está contenta porque pode traballar do que estudou. A miña nai é alegre e divertida, aínda que tamén se enfada ás veces. É moi traballadora e cociña moitos pratos que me gustan.

paola

shaila

A miña nai, Paola Soledad Fornés Bigarre naceu en Mendoza (Argentina) no ano 1982. Estudou en Antonio Olibares e encantábanlle as matemáticas. Comezou a traballar aos 16 anos no campo e agora faino limpando casas. Está contentísima co seu traballo porque lle pagan moi ben. Gustaríalle non deixar o seu traballo porque a tratan moi ben os seus xefes. A miña nai é a mellor porque cando estou durmindo no seu colo me fai cóxegas. Ademais cociña a comida que me gusta. AS NOSAS NAIS

6


ana

carla

A miña nai, Ana Isabel Costa Fraga naceu o 9 de novembro de 1973 na Coruña en Labaca. Estudou no institudo da Sardiñeira. Gustáballe moito estudar. Fixo Marketing e Ventas, e traballa niso. Comezou a traballar aos 20 anos porque lle gustaba vender. Está moi contenta porque é o que lle agradaba. Pagábanlle ben. Gustaríalle ter o seu propio negocio e ampliar os estudos que xa ten, así lle pagarían máis. A miña nai é encantadora, simpática, guapa, alegre…

maría

duarte

A miña nai chámase María Fernández Prieto e naceu en Ferrol o 10 de xaneiro de 1975. Estudou para ser profesora de Educación Física Comezou a traballar con 16 anos como monitora de natación, pero despois o fixo de profesora de Educación Física. Está moi contenta cos seus compañeiros e co seu xefe e alumnos. Páganlle ben. Gustaríalle a medicina porque lle encanta o relacionado coa saúde. A miña nai é moi boa. Ás veces me rifa… pero o fai para que saibamos que o que facemos está mal.

AS NOSAS NAIS

7


elena

candela

A miña nai chámase Elena María López Escudero. Naceu na Coruña o 4 de abril 1978. Casou aos 24 anos e tívome a min cinco anos despois. Estudou Ciencias Económicas e Empresariais, e para ser profesora de E. Infantil. Agora estuda Patronaxe e Moda e para ser vendedora de roupa. Comezou a traballar aos 21 anos porque non sempre quixo estudar. Está moi contenta co que fai porque aconsella á xente que roupa lle queda mellor. Páganlle moi ben, e as relacións co seu xefe e os compañeiros son boas. Gustaríalle traballar en educación infantil A miña nai é moi traballadora, divertida, boa… Céntrase no que fai, non se distrae co resto do mundo. Quero ser coma ela!

patricia

manuel

A miña nai, Patricia Vázquez Rodríguez naceu no 1985 na Coruña. Estudou nos Salesianos. Gustáballe estudar. Quería facer Perruquería, pero ao final fixo Auxiliar de Enfermería que tamén lle agradaba. Comezou a traballar con 17 anos porque necesitaba o diñeiro. Está contenta co seu traballo que consiste en coidar os enfermos. Páganlle con cartos e lévase moi ben con todos. Non lle gustaría outro traballo; pero si outros estudos porque, día a día, aprende moitas cousas. A miña nai é simpática, boa, guapa… É a mellor nai do mundo!

AS NOSAS NAIS

8


patane

beth

A miña nai, Patane García Méndez naceu en 1970 en Serantes. Estudou moitas cousas pero as que máis lle gustaron foron o bacharelato e Psicoloxía. Comezou a traballar en 2002 na Coruña, aínda que xa o fixera antes en Ribadeo. Agrádalle o seu traballo porque aprende sobre outras persoas. Gustaríalle probar un traballo moi diferente ao que ela fai. A miña nai é divertida cando menos o esperas. Traballa moito e dá bos consellos.

victoria

ga briela gabriela

A miña nai, Victoria Iglesias Carreira naceu en Río de Janeiro (Brasil) o 24 de febreiro de 1977. Estudou nun colexio privado alemán chamado Cruceiro. Despois fixo dereito na universidade. Comezou a traballar de avogada en Río durante cinco anos. Veu a España para estudar un doutorado que non puido rematar. Sei que traballou en moitas cousas. Sacou un grao de FP en Educación Infantil e traballou niso nos últimos cinco anos. Pagábanlle moi mal e a xefa non se portaba nada ben con ela e as súas compañeiras Gustaríalle terminar na universidade que empezou hai tres anos, pero o ano pasado o deixou. Agradaríalle rematar para poder exercer como traballadora social. A miña nai é cariñosa, boa e divertida. Ás veces me rifa… pero sei que o fai polo meu ben. Quéroa moitísimo! AS NOSAS NAIS

9


ana

alba

A miña nai chámase Ana e os seus apelidos son Maroño Arenas. Naceu en Inglaterra nunha pequena cidade, en Bath, o 19 de xullo de 1969. Estudou Enfermería. Non lle gustaba moito estudar pero era o que había. Comezou a traballar de enfermeira aos 20 anos e antes tivo outros traballos. Está contenta co que fai e páganlle moi ben. As relacións cos compañeiros e coa súa xefa son moi boas. Gustaríalle traballar nunha mercería ou nunha cociña pero lle gusta moito o seu traballo. A miña nai é cariñosa, simpática. Iso si…, fai unhas croquetas que están ríquisimas!

conchita

manuela

A miña nai, Conchita Silveira Suárez naceu o 13 de maio de 1975 en Suíza. Estudou Económicas e gustáballe estudar. Comezou a traballar hai moito tempo. Aínda que o seu traballo é algo difícil está contenta e páganlle ben. Gustaríalle ter unha florería e non lle agrada outra carreira que Económicas. A miña nai é moi guapa, lista, amable, boa… Dá moitas apertas!

AS NOSAS NAIS

10


raquel

elba

A miña nai chámase Raquel López Castro. Naceu na Coruña o 19 de outubro de 1975. Estudou Xornalismo. Gustáballe moito a carreira e foi boa estudante. Comezou a traballar aos 21 anos como redactora en prácticas na TVG e, actualmente, faino na súa delegación na Coruña redactando noticias para os telexornais. Está contenta co seu traballo e cos seus compañeiros porque forman un bo equipo. Gustaríalle traballar para programas culturais porque lle interesan moito a literatura, o cine, etc. A miña nai é divertida, intelixente, guapa, agarimosa e traballadora.

carla

clara

A miña nai, Carla Verdía Pousa naceu na Coruña en 1976. Estudou Bacharelato no instituto Salvador de Madariaga. Gustáballe estudar e quería facer Historia da Arte pero non puido. Comezou a traballar cando tiña 18 anos. Estaba contenta porque se adicaba a pasar o ferro de maneira industrial e estaba de acordo coa súa paga. Gustaríalle ser bibliotecaria e vendedora de libros. Non quería estudar máis porque lle gustaba o que estudou. A miña nai é moi lista, guapa. Ás veces me rifa, pero sei que é polo meu ben e quéroa moito. Gústame miña nai! AS NOSAS NAIS

11


olga

guille

A miña nai chámase Olga Caínzos Naveira, naceu en Bilbao no ano 1975. Estudou Delineante Industrial. Gústalle moito pero ela quería ser decoradora. Comezou a traballar nun supermercado. Estaba moi contenta cos compañeiros e co xefe e pagábanlle o que marcaba o convenio. Gustaríalle traballar na rama sanitaria porque no «súper» non hai traballo. A miña nai é moi simpática e cariñosa. Gústame moito a súa comida, sobre todo a lasaña.

sandra

héctor

A miña nai chámase Sandra Fuciños Calle. Naceu na Coruña en agosto de 1971. Estudou Bioloxía. Comezou a traballar nunha farmacia e gustáballe moito o que facía alí. Agora traballa na cafetería do Monte das Moas e tamén está contenta porque ve ao meu irmán e, ademais, traballa coa miña tía e uns amigos. Gustaríalle ter a súa propia pastelería porque lle encanta facer pasteis. A miña nai é cariñosa, alegre, simpática, etc.

AS NOSAS NAIS

12


mercedes

estela

A miña nai, Mercedes Otero López naceu o 6 de xaneiro de 1971 en Antas de Ulla (Lugo). Estudou Delineación e Terapias Alternativas. Gustáballe estudar e fixo o que quería. Comezou a traballar hai 20 anos. Está contenta co seu traballo, cos seus compañeiros e xefes, e tamén co que lle pagan. Gustaríalle traballar de chef e nun comedor escolar. Agrádalle estudar e sempre está a facer algo novo. A miña nai é guapa, lista, simpática, boa, divertida e cariñosa.

paula

sofía

A miña nai chámase Paula Mirás Díaz. Naceu o 12 de xullo de 1976 na Coruña. Estudou a carreira de Enfermería que era o que ela quería. Gustáballe moito estudar. Comezou a traballar de enfermeira. O seu labor consiste en mellorar a saúde dos enfermos. Gústalle o seu traballo porque axuda á xente. Páganlle ben. Gustaríalle traballar de libreira, estudar Enxeñería e botar menos horas no traballo para estar con nós. A miña nai é moi divertida, boa, traballadora, e quéroa moito.

AS NOSAS NAIS

13


maricarmen

ízan

A miña nai chámase Maricarmen Méndez Fernández. Naceu en Francia o 5 de decembro de 1965. Estudou en Francia. É profesora de francés e gústalle o seu traballo. Comezou a traballar na Alianza Francesa hai moito tempo e tivo sempre moi boa relación cos seus compañeiros e profesores. Gustaríalle traballar na Residencia xa que se está formando para iso. Acaba dentro de pouco e despois vai sacar as oposicións. A miña nai é moi lista e traballadora, tamén é moi ordenada e cóidame moito. Se me porto ben, regálame moitas cousas e quéroa moito.

maría

xoel

A miña nai, María Martínez López naceu o 11 de marzo de 1977 na Coruña. Estudou EXB e Perruquería. Gustáballe estudar e quería ser piloto de avión, pero non o puido facer. Comezou a traballar con 16 anos porque facía falta que o fixese. Traballa nun supermercado e, con respecto aos cartos, pois.... Gustaríalle ter feito unha carreira e querería un pouco máis de soldo. A miña nai é boa, cariñosa, brincadora e graciosa.

AS NOSAS NAIS

14


AS NOSAS NAIS

15


CEIP «Juan Fernández Latorre A CORUÑA

AS NOSAS NAIS

16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.