No corazon defi

Page 1

NO CORAZÓN CORAZÓN DO DO BOSQUE BOSQUE AGUSTÍN FERNÁNDEZ P AZ PAZ 1947-2016 Na lembranza

ALUMNADO DE 4ºA CURSO 2016-17 CEIP Juan Fernández Latorre 1

NO CORAZÓN DO BOSQUE


NO CORAZÓN DO BOSQUE

2


GRAZAS, AGUSTÍN... GRAZAS por adicar gran parte da túa vida a lanzar mensaxes nunha botella que botabas ao mar desexando que alguén as recollese. Mensaxes que chegaban as nosas mans convertidas en libros fermosos. GRAZAS por convertir as verbas en agasallos para o corazón. Ti ben soubeches dende sempre que «O único que queda é o amor». GRAZAS por ter a certeza de que a través das páxinas dos libros podiamos coñecer o mundo enteiro. GRAZAS por pensar que o mundo é como a colcha da túa cama de neno: un mosaico de cores, un inmenso crebacabezas de países e culturas onde todas as pezas, grandes ou pequenas son imprescindibles para todas as persoas que vivimos neste vello e bello planeta. GRAZAS por saber que a diversidade é o fío profundo que nos une. GRAZAS por regalarnos tantos intres de felicidade. GRAZAS por tantos soños que, se cadra, se farán realidade. GRAZAS por ensinarnos que as palabras son o milagre cotiá que nos fai humanos. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NO CORAZÓN DO BOSQUE

3


NO CORAZÓN DO BOSQUE

4


NO CORAZÓN DO BOSQUE

5


UN DÍA DE EXCURSIÓN

Un día unha nena chamada Raquel foi de excursión, cos seus compañeiros/ as, ás fragas do Eume. Mentras recollían castañas, un trasno meteuse na mochila de Raquel, xusto antes de que marcharan.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

6


RUÍDOS NA NOITE

Raquel está na cama e de súpeto escoita un ruído. Érguese e mira de onde vén, decátase que sae da súa mochila, ábrea e ve un trasno! Que susto! Quen es e de onde ves?-Pregúntalle Raquel. Eu son Derdrín e veño da fraga - responde o trasno. Mañá xa falaremos, estou moi cansa, quédate na mochila e non saias. Ata mañá -díxolle Raquel.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

7


UNHA ESTRAÑA PETICIÓN

Ao día seguinte, Derdrín pídelle a Raquel quedarse a vivir con ela todo o inverno. Raquel decide que pode quedar. Pero dille que ten que estar dentro da autocaravana da Barbi e non saír dela cando ela non estivera na casa. Os dous están moi contentos da aventura que van vivir.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

8


TERRITORIO DESCOÑECIDO

Derdrín fártase de estar agochado e decide explorar a casa. Comeza pola cociña, pero aparece a Mouriña e ten que agocharse detrás da caixa das galletas. Despois aparece Lois e ten que marchar correndo, para que non o pillare Ao volver Raquel, Derdrín pregúntalle que son esas dúas vestas. Son a miña gata e o meu irmán pequeño -dílle Raquel. Pois mantelos a raia, por pouco me pillan! -resposta Derdrín. NO CORAZÓN DO BOSQUE

9


RAQUEL E FAMILIA

Raquel volve da escola e ao chegar ao seu cuarto… Raquel, moito tardaches! E non me advertiches dos perigos que hai na casa. Tes que dicirme como funcionan as cousas nesta casa -Protesta Derdrín. Raquel dille que non sexa rosmón e comeza a contarlle quen son as persoas que viven con ela. Despois falan do perigo que representa a Mouriña. Raquel pregúntalle se pode facer feitizos, porque a Mouriña non soporta o ulido a cebola, Derdrín di que si, e que cando vexa a Mouriña soltarao.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

10


UNHA CEA MOI ANIMADA

Derdrín quere ir cear con Raquel. Para que non o descubran Derdrín disfrázase cun mono espacial e queda quedo, coma se fose un moneco. Todo vai ben ata que aparece a Mouriña e comeza a uliscalo. Entón Derdrín solta o tufo a cebola e a Mouriña escapa correndo

NO CORAZÓN DO BOSQUE

11


OS PROBLEMAS DE RAQUEL

Raquel ten problemas na escola cun rapaz que se chama Carlos. Carlos chámalle «francesiña caladiña» e dálle patadas, beliscos … Non quere dicir nada porque pensa que vai ser peor. Derdrín dáse conta e decide axudala.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

12


O TRASNO VAI Á ESCOLA

Raquel leva a Derdrín á escola na mochila e está contento, nunca vira tantos nenos/as. Cando se sentan na mesa observa como Carlos se mete con Raquel. Derdrín cabréase, sae da mochila e belisca a Carlos nunha perna. Ao pouco tempo, Carlos volve dar patadas a Raquel e Derdrín, mórdelle nun dedo, pero non lle dá tempo de entrar na mochila e Carlos cólleo.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

13


A VENGANZA DE DERDRÍN

Cando chegan do recreo Carlos volve a beliscar a Raquel, pero máis forte. Derdrín pensa que ese rapaz ten que ter un escarmento, colle o bote de pegamento e bótallo debaixo do brazo. Cando Carlos quere volver beliscar a Raquel non pode mover o brazo, nin pode erguerse da silla porque Derdrín impídello coa súa mirada. A profesora pensa que Carlos é un bule bule e decide poñelo só.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

14


TEMPO DE CAMBIOS

Raquel mira pola ventá, está enfadada. Cantas veces teño que pedirche perdón, polo que fixen na escola? Se vas seguir así, vou ter que marchar –dí Derdrín. Raquel cala, apértao e dille, non tes que pedirme perdón, no colexio axudáchesme, agora Carlos xa non me molesta. Derdrín está pensativo. Que che pasa? – pregúntalle Raquel. Gustaríame fundar unha familia – di Derdrín. Por que non o fas? -Dille Raquel. Porque para fundar unha familia fan falla dous e eu agora estou só. Coñecía unha traniña e levabámonos moi ben, pero un día desapareceu. Faise de noite e Derdrín queda durmido mirando a lúa, pensando na fraga. NO CORAZÓN DO BOSQUE

15


UN NADAL MOI AXITADO

Chega o Nadal e Derdrín quere estar na cea de Noiteboa. Raquel disfrázao de Papa Noel e colócao na árbore de Nadal. Chegan os avos e cean, foi unha cea moi animada, ata que chega a Mouriña, dá un salto e atrapa a Derdrín. Raquel vai auxilialo. Derdrín non se volve mover ata que todos marchan para cama.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

16


UN ENCONTRO SORPRENDENTE

Raquel vai ir de compras coa súa nai e Derdrín quere ir con elas ao centro Comercial. Raquel méteo na mochila e marchan. Nas escaleiras mecánicas Derdrín ve a Gwinlai! a súa amiga das fragas, vai na mochila dun neno. Derdrín bérralle: Vémonos na fraga! Pero as escaleiras seguen e non escoita a resposta.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

17


OUTRA VEZ NA FRAGA

Derdrín pídelle a Raquel que o leve ás fragas para encontrarse con Gwinlai e formar unha familia. Raquel convence aos pais para ir un día de excursión ás fragas. Raquel e Derdrín están tristes pensando na separación, chegaba o momento de despedirse e Derdrín regaloulle un anel.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

18


EPÍLOGO

Ao chegar ás fragas Raquel dille: -Xa podes saír, estás na túa casa. Derdrín marcha contento e Raquel mira pola ventá do coche coa pena de non volver ver a Derdrín.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

19


OPINAMOS A min gustoume moito, porque é un libro precioso e sobre todo porque fala da igualdade de xénero, algo que me parece necesario.

Gustoume moito porque viven moitas aventuras. Tamén ten moitos sentimentos, como a tristura, a sorpresa, a ledicia … e ten imaxinación.

A min este libro … encantoume! Foi superdivertido, metéronse en cada aventura … e cada unha era máis divertida. Eu recoméndoo.

Gustoume porque Derdrín volveu á súa casa contento e feliz.

Gustoume porque era moi bonito, aínda que o final é un pouco triste.

NO CORAZÓN DO BOSQUE

20


Gustoume porque Derdrín é bo con Raquel e axúdalle a que ninguén lle amargue a vida, como facía o seu compañeiro.

Gustoume moito, porque fala de que se pode solucionar o acoso escolar. Tamén fala da amizade.

Gustoume moito, pareceume moi entretido. O que máis me gustou foi cando Derdrín foi ao colexio e alborotou a clase de Raquel.

Gustoume porque Derdrín era moi gracioso, divertido e amigable, Ademais roeulle o dedo a Carlos porque molestaba a Raquel

Gustoume porque é moi emocionante. Ademais Derdrín atopou a súa moza..

NO CORAZÓN DO BOSQUE

21


AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ NA SÚA VISITA AO COLEXIO EN 2009

CEIP «Juan Fernández Latorre A CORUÑA

NO CORAZÓN DO BOSQUE

22


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.