INVENTAMOS PALABRAS DE NOVE LETRAS
ALUMNADO DE 3.º A DE PRIMARIA CEIP «JUAN FERNÁNDEZ LATORRE» A CORUÑA
Inventamos palabras con nove letras
1
Inventamos palabras con nove letras
2
Escribe na area Antonio GarcĂa Teijeiro
Escribe na area a pomba de mel palabras xeitosas cun fino pincel. Escribe carrizo, mencer, caravel, luceiro, aloumiĂąo, calor, chuchamel. Escribe na area a pomba de mel palabras graciosas, belidas. Que ben!
Inventamos palabras con nove letras
3
ROSALÍA DE CASTRO
Canta meniña, na beira da fonte, canta, dareiche boliños do pote. Canta, meniña, con brando compás, dareiche unha proia da pedra do lar.
Inventamos palabras con nove letras
4
KEPRATOTE Kepratote é un réptil carnívoro. Na súa cabeza ten uns grandes cornos, no seu corpo, desde a cabeza ata o seu rabo, ten uns grandes pinchos. Pode voar porque ten unhas grandes ás e para ver as súas presas, tanto polo aire como por terra, uns ollos enormes. E bo, pero cando ten fame vólvese moi feroz. AINHARA
OMOPOROLO Inventei unha palabra chamada omoporolo que significa facer os deberes pronto. Esta palabra estará de moda entre os profesores e os pais. Utilizarase moito para dicirlle aos nenos e nenas que fagan os deberes máis rápido. ÁLEX
AEROFLOR A miña palabra inventada é aeroflor. Aeroflor é unha flor semellante a unha rosa dentro dunha cápsula que perdura co paso do tempo. ALMA Inventamos palabras con nove letras
5
EDUARDO PONDAL
Eu son galeguiña pobriña nacín, na terra de Xallas, moi lonxe de aqui. E a sorte me trouxo vivir a Tandil... Eu xon galeguiña, eu son de Castriz.
Inventamos palabras con nove letras
6
BRAMALEÓN A palabra que inventei é bramaleón. O bramaleón é un animal parecido a un camelo, pero máis pequeno. Ten unha melena arredor do pescozo. É herbívoro e salvaxe. Non adoita atacar, pero se sente medo traba ou dá patadas. Non sabe nadar. Vive en África. CARLA
ROSALEBOT Rosalebot: Robot con semellanza human que o fai parecerse a nós. É un robot que fai o que lle pidas: fregar, cociñar, colgar a roupa... Pode facer de todo! CLAUDIA
ARFELlEÓN É un monstro pacífico, mamífero, acuático e terrestre; tamén nocturno e un pouco vexetariano . A súa parte débil é o corno que ten na cabeza. É quen de agrandar dez veces o seu tamaño. GARI Inventamos palabras con nove letras
7
CURROS ENRÍQUEZ
Aí vén o maio, de flores cuberto... Puxéronse á porta, cantándome os nenos; e os puchos furados pra min estendendo pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai rapaciños, calados e quedos; que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Inventamos palabras con nove letras
8
SALOZAMOR Salozamor é a miña palabra inventada. É o nome dun mono de circo. Significa mono acróbata malabarista dun mundo subterráneo con ceo artificial e máxico. É quen de balancearse nas lianas mentres fai malabares. Viviu hai sesenta e cinco millóns de anos, cando aínda vivían os dinosauros. Salozamor tiña dous irmáns. Descubriuno un explorador en 1974, un ano antes de que nacera o meu pai. GONZALO
LANRETADA A palabra de nove letras que inventei é lanretada. Lanretada é un gusto novo que temos na lingua. PACO
TARAPENKO Tarapenko, é un réptil, terrestre, ovíparo e carnívoro. Ten o corpo cuberto de espiñas e con manchas vermellas. As súas catro patas rematan en pezuños e as dúas orellas en dous cornos. Ten unha grande cola enroscada, uns dentes aguzados e unha lingua moi longa. É tranquilo, pero se o atacan vólvese agresivo. HUGO Inventamos palabras con nove letras
9
XABIER P. DOCAMPO
Como se fai un conto? Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo, inventalo. Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz. Verás que non é tan fácil xuntar a auga e o lume.
Inventamos palabras con nove letras
10
PATRÉPALO
A miña palabra e patrépalo. Os patrépalos son bonecos feitos cos paus dos xeados, poden ser de difentes formas. INÉS
ARMADOROS A palabra que inventei é armadoros. O armadoros é un moneco de madeira que se monta e desmonta. YAIZA
ROMPEPALA Rompepala é un meteorito que está no espazo, se choca contra a Terra rematará destruíndo todo. Ten forma cadrada de cor lila e ten lume. Sempre se está movendo. IRENE A. Inventamos palabras con nove letras
11
A. DE SAINT-EXUPÉRY
O principiño atravesou o deserto e non atopou máis que unha flor. Unha flor de tres pétalos, sen importancia... -Bos días -dixo o principiño. -Bos días -contestou a flor. -Onde están os homes? -preguntou cortesmente o principiño. A flor vira pasar un día unha caravana.
Inventamos palabras con nove letras
12
LOFAMEROS
Lofameros: persoas orgullosas que só pensan en si mesmas. IRENE R.
SOFEZATRO O Sofetrazo era un ser mitolóxico que vivía nos bosques. Aínda que era pequeno podía comer un humano en tres segundos. Tiña dúas cabezas de distintas cores e formas e brazos humanos. Era un réptil omnívoro que comía fabas, chourizos e herba. LEO PEDREIRA
SALOZARMÓ A palabra que eu inventei refírese a un animal, chámase salozarmó e é un peixe grande. Destaca polas súas aletas, que lle permiten nadar boca arriba e boca abaixo e pola súa cola, coa que pode electrocutar ás súas présas. LEO PRADO Inventamos palabras con nove letras
13
ANTÓN CORTIZAS
Cando Manuel petaba co martelo escoitaba unhas voces que lle dicían: -«Non llo fagas de latón, non llo fagas de latón»! Así unha e outra vez ata que lles fixo caso e púxolle un peteiro de raios de sol moi apretadiños.
Inventamos palabras con nove letras
14
FAOTERKES A palabra que inventei é faoterkes, que é unha vacina contra o coronavirus. LUCI
SARNAPOTA A palabra de nove letras que inventei é sarnapota A sarnapota é un animal grande de cor gris con raias negras e coa cabeza de cor prateada. Ten as orellas grandes e onduladas, e os seus membros rematan nunhas mans, coma as dos monos. É un mamífero herbívoro e non se pode comer. LUCÍA
ROTONDADO A palabra que escollín foi rotondado. Rotondado é un tipo de vehículo que ten dúas formas, a forma normal, que ten forma pequena para aparcar e xirar nas rotondas e a forma secundaria, que ten unha forma alongada e estreita para ir máis rápido. MARCO Inventamos palabras con nove letras
15
XOSÉ NEIRA VILAS
Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña.
Inventamos palabras con nove letras
16
DEROLASTA A palabra que inventei é derolasta. A derolasta é unha estrela dunha galaxia que está moi lonxe da nosa. Na súa superficie hai volcáns que erupcionan cada hora. Se vas o espazo mellor que non te achegues a ela, porque te queimarás. NICOLÁS
POLBOREXO
O polborexo é un animal acuático, metade polbo metade cangrexo. Vive perto da costa entre as rochas. Pode camuflarse. NOREIA
AGASTERMO Agastermo é un raio que se ve aquí en Vilaza cando hai tormenta. Non é un raio calquera, o agastermo é o raio máis brillante e longo que existe. OLI Inventamos palabras con nove letras
17
MANUEL MARÍA
Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. É unha galiña moi bonita e rara, que ademais pon ovos de cores. E ten moi preocupadas ás autoridades, xa que non di caracá como as outras galiñas, senón que dí cocorocó.
Inventamos palabras con nove letras
18
GLOBOCARA
A miña palabra é globocara que é un globo cunha cara pintada e uns paus con forma de brazos e pernas. Utilízase para facer compañía ás persoas que estean soas no CHUAC. Así estarán acompañadas e menos tristes. IAGO
CAMARACÁN
Camaracán é unha cámara que está deseñada para cans espías, para que ninguén se decate que é un espía. Tamén serve para facer vídeos ou para localizar o can. Aínda que é moi grande, pódese sacar do soporte e poñela no colar. Pódese mergullar, polo que podes gravar ou facer fotos debaixo da auga. VERA Inventamos palabras con nove letras
19
ALUMNADO DE 3.º A DE PRIMARIA CEIP «JUAN FERNÁNDEZ LATORRE» A CORUÑA
Inventamos palabras con nove letras
20