OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
1
cantigas do mazarico
Emilio Pita naceu na Coruña en outubro de 1909. Emigrou, moi novo, a Arxentina onde fundou o coro Ultreya co que deu a coñecer a música galega entre os arxentinos.
emilio pita
Mazarico pico pico, mazarico pico pon; no pico unha pónla na pónla unha flor. -Mazarico: ¿que pica o teu pico? -Verde verdegal. -¿Que pica o teu pico mazarico? -Pingas de luar. -Mazarico: ¿Que pica o teu pico? -Graíñas de sol. -¿Que pica o teu pico mazarico? -A pónla e a flor. Piquiño piqueiro do mazariqueiro. Que pica graíñas, que pica no herbal que pica repica pingas do luar.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
2
O OVO BOBO E A GOMA TONTA AINHOA
Había unha vez un ovo bobo e unha goma tonta. O ovo bobo vivia nun iglú e a goma tonta, na cidade. A goma tonta quería vivir no iglú, pero ovo bobo non lle queria cambiar a casa e díxolle: - Non te vou cambiar de casa. A goma boba preguntoulle: - Non haberá outro iglú? O ovo respostoulle: - Creo que si, hai un aquí ao lado. A goma díxolle: - Que ben, xa vou!
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
3
O QUEIXO GARDAMETA ANDREA
Había unha vez un queixo que practicaba para ser gardameta. Quixo apuntarse a un equipo, pero o capitán non o aceptou. O queixo enfadouse e púxose bobo. Pasaron uns días e o queixo decidiu seguir entrenando, entrenando... Un día pasou por alí o entrenador da selección de inverno e contratouno. Gañaron partido tras partido e conseguiron vencer en ligas, copas e campeonatos.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
4
O OVO INVISIBLE ÁLEX
Había unha vez un ovo que desaparecía rapidamente e facíase invisible, cando querían comelo. Un día un can quixo comelo, o ovo fíxose invisible e cruzou a carretera correndo. Un coche atropellouno, lastimouno tanto que se puxo a chorar; Ao can deulle lástima e axudouno. Despois fixéronse amigos e xogaron xuntos toda a vida, ao pillapilla, ao escondite..
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
5
UNHA VACA DENTRO DO MOBLE BROOHLYN
Había unha vez unha vaca que atopou un moble e meteuse nel.. O moble era un armario cheo de roupa, a vaca colleu unha camisa, un pantalón... e disfrazouse de humán. Saiu do armario e foi á festa do Entroido e xogou coas súas amigas.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
6
COMO MODERNIZAR UNHA CASA DANIEL Había unha vez un papaventos e unha casa que eran moi amigos. Un día o papaventos modernizouse e a casa dixo: -Eu tamén quero modernizarme coma ti! -Pois... será difícil, pero podemos intentalo-respondeu o papaventos. -A casa volveuse tola, dicía: -Vou modernizarme, vou modernizarme! -Eso será se o conseguimos-dixo o papaventos. -Conseguirémolo-respostou a casa. -Agora é o momento de intentalo-dixo o papaventos-Que cor prefires, verde ou azul? -Non sei... verde!-respodeu a casa. -Seguro?-preguntou o papaventos. -Si-afirmou a casa. -Collerei un cubo de pintura e... listo. Xá estás modernizada- dixo o papaventos. -Viva, viva!-exclamou a casa. OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
7
A GALIÑA DIEGO
Había unha vez unha galiña que vivía nun caseto de madeira cos seus pitiños, era un pouco tonta e gustáballe moito voar e o sol, cacarexaba cando brillaba. Un día quixo voar ata o sol. Cando chegou facía moita calor e asfixouse.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
8
O SOL E O SEU FILLO OVO EDU
Había unha vez un Sol, que era verde, que puxo un ovo. O ovo non se abría, o sol pensou moitísimo o que tiña que facer para que se abrise. Deulle calor, cantoulle nanas... pero non funcionaba. Un dia o ovo temblou, abriuse e saiu unha galiña, que era boba. Ao Sol deulle igual e seguiuna querendo. A galiña comezou a voar, libre, libre, ata que se cansou e púxose a dormir ao lado do Sol verde.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
9
A GALIÑA E O SOL EVA
Había unha vez unha galiña que quería viaxar ata o Sol. Pero, non podía porque non tina globo para voar, pero tiña ferramentas para construilo. Púxose a construilo, colleu as pezas e comezou a traballar ata que o rematou. Subiu nel e comezou a súa viaxe ao Sol. Cando chegou, gustoulle moito. Despois viaxou a Marte. Encantáronlle as visitas e nunca máis voltou.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
10
A GALIÑA FATI
Un día unha galiña foi de campin e cando chegou a hora de comer púxose ao lado dunha árbore e abriu a mochila para coller a comida e alí non estaba. Como non tiña que comer preguntoulle ao Sol: -Sol, tes algo para comer? E o sol respostoulle: - Non, só teño calor. A galiña decidiu esperar á noite e preguntarlle a Lua, pero a Lua só tiña frío. A galiña pensou: - Estou farta de preguntar e teño fame. Que fago? E dedidiu preguntarlle ás nubes que lle deron unha tortilla e un zume. OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
11
A GALIÑA RONCADORA FÁTIMA M.
Había unha vez unha galiña que roncaba moito, tanto roncaba que ela oia os ronquidos e non podía durmir. Un día decidiu meter as plumas no nariz, para ver se así non roncaba, pero tiña cóxegas e tivo que quitalas. Como seguia roncando decidiu ir ao médico e que lle deu unhas gotas, para que non roncara. Desde ese día deixou de roncar.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
12
A GALIÑA E O SOL JENNI
Había unha vez unha galiña que lle encantaba xogar, xogar e xogar e un Sol moi malo que a quería queimar e facer con ela «galiña asada con patacas». Pero un amigo, moi íntimo da galiña, axudouna a agocharse e o Sol quedou coas gañas de comer galiña asada. E colorín colorado, este conto está rematado.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
13
A GALIÑA E O SOL LARA
Érase unha vez unha galiña que lle daba moito o Sol, porque vivía nun galiñeiro coas paredes de cristal. Un día, a galiña colleu unha escaleira e andou ata o Sol e díxolle: - Sol, non poderías xirar a outra parte do planeta? E o Sol respondeu: - Non. A galiña quedou moi triste no galiñeiro, mentras poñía un ovo pensou-por que non collo unha escaleira e eu mesma movo o Sol? Pero... queimaríame as mans. Collerei unhas luvas! E a galiña logrou mover o sol e quedou moi a gusto. OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
14
O QUEIXO QUE QUERÍA SER SOL LÍA
Había unha vez un queixo que quería ser o Sol. Queixo: -Ola, Sol! Sol: -Ola, queixo! Queixo: -Podemos cambiar os papeis por un día? Sol: -Eh!... vale. Sol: Pero, eu non teño furados. Queixo: -Pois chamaremos ao «Rato vello» para que busque unha solución. Rato Vello: -Que pasa? Estaba durmindo. Queixo: -O Sol e mais eu queremos cambiar os nosos papeis, pero eu non teño furados. Sol: -Para! Que me fas cóxegas. Queixo: Que pasa? Sol: -Que me está furando! Queixo: -Solucionado!!! E cambiaron os papeis, pero ao final gustábanlle máis os seus.. OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
15
O QUEIXO AMARELO LORENA
Había unha vez un queixo amarelo que lle encantaba xogar ao fútbol, pero non tiña con quen xogar. Un día un gardameta quedou atrapado nun furado. O queixo quixo axudalo, pero non tiña pernas. Como por arte de maxia aparecéronlle e salvoulle a vida, ao gardameta. O gardameta agradecido, deixoulle xogar co seu equipo e deulle o posto de dianteiro estrela.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
16
A CASA QUE QUERÍA SER PAPAVENTOS LUCÍA
Érase unha vez unha casa que vivía nun campo, era grande e antiga. Un día veu moitos papaventos e desexou ser un, pero non foi capaz de voar. Un papaventos máxico, que pasaba por alí, lanzoulle un embruxo e a casa convirteuse nun papaventos e vou e vou ata chegar as nubes e... Colorín, colorado este conto está rematado.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
17
O LAPIS E A MONTAÑA MARIO
Había unha vez un lapis e unha montaña que non se levaban ben. O lapis era moi antigo e por eso a montaña tiráballe pedras grandes e tamén o insultaba, chamadolle «pringado». Un día chegou un home, parecía torpe, chamábase Edu. Edu falou co lapis, que lle contou o que lle pasaba coa montaña. Edu, que tiña artiluxos do futuro, colleu unha goma, que borraba obxectos, e borrou unhas rochas. Despois foi xunto a montaña e díxolle: - Deixa de insultar e de tirarlle pedras ao lápis ou bórrote. A montaña colleu medo e deixou tranquilo ao lapis. OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
18
A GALIÑA DURMIÑONA PABLO
Había unha vez unha galiña que era boba e moi durmiñona. Un día botouse a dormir e pasaron catro horas e non se levantaba. A vaca marela empezou a cantar e a cantar, ata que se cansou, e a galiña seguía durmindo. A vaca destrozoulle a cama, e a galiña non despertou. A vaca tivo unha idea:-berrarei e berrarei ata que esperte. A galiña espertou e fixéronse boas amigas e cantaron xuntas e ainda se fixeron máis amigas. Tan amigas se fixeron que se foron a vivir xuntas, ata que chegou a hora de durmir e a vaca púxose a roncar e a galiña foise, para a súa casa.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
19
O LAPIS QUICO
Érase unha vez un lapis que quería explorar o mundo, pero non tiña nin pernas nin mans. Expresábase con debuxos. Un día tivo unha idea:-direille a unha pomba que me transporte! E así foi, a pomba levouno a ver moitos paisaxes e despois de percorrer Exipto foron a un bosque. Ali coñeceros a unha tartaruga, que lle axudou a seguir o camiño. Chegaron a Madrid, onde estaba a súa casa, e descubriu que tamén ali, había unhas paisaxes moi bonitas e quixo quedar. Na súa casa escribiu un libro, con todas as súas aventuras e cos debuxos de todas as paisaxes que vira e convirtiese nun pintor profesional. OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
20
O QUEIXIÑO MÁXICO RAQUEL
Hai moitos, moitísimos anos, había un quexiño delicioso e único, porque non era normal, era máxico co! E cando a xente intentaba comelo, atacábaos!!! Ao queixiño gustáballe moito facer carreiras. Un dia foise apuntar a unha. Cando estaba a punto de apuntarse, a xente comezou a bulrarse e déronlle gañas de fuxir, pero de repente veu un gardameta e mandou calar a todos, non lle fixeron caso. Volveuno decir e calaron. O quexiño amarelo dixo chorando: -Son un pringado! - Non, non o eres-dixo o gardameta. Entón o quexiño apuntouse á carreira e, cruzou a meta de primeiro! Ao chegar o seu novo amigo, o gardameta, díxolle: Felicidades, ganaches!!! OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
21
A VACA EQUIVOCADA SILVIA
Había unha vez unha vaca que encargou un moble. A vaca esperou e ao final do día recibiuno e dixo: -Este non é o meu! Eu encarguei unha estantería.. Ao día seguinte trouxéronlle a estantería e recolléronlle o outro moble. A vaca montou a estantería, encheouna de libros e abriu unha biblioteca.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
22
A GALIÑA XANA
Érase unha vez unha galiña que vivía no Sol. Pero tiña moita calor e decidiu ir nadar ao mar. O caso é, que a galiña non sabía que o mar mollaba, por iso meteuse. Ao sair non podia voar, pero coma facía tanta calor, secáronlle rápido as plumas e puído voar de novo e chegou a súa casa.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
23
O SOL XOÁN
Había unha vez un Sol que corría moito e desaparecía tan rápido que se facía de noite e saía a Lúa. Un día, o Sol, comprendeu que tiña que estar de día no seu lugar de traballo e camiñou máis amodo, é o día durou máis. Dende entón o Sol seguiu o seu horario e a Lúa tamén.
OS NOSOS PRIMEIROS TEXTOS
24