CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS…. ESCRIBINDO EN GALEGO
MANUEL MARÍA 17 DE MAIO LETRAS GALEGAS 2016
© Texto: Alumnado de 3ºB EP © Ilustracións: Alumnado de 3ºB EP Editorial: Fdez. Latorre D.L: CO – 1705-16
O NENO E O GATO Un día, un neno chamado Alexandro, de pelo marrón, camisa vermella, pantalóns vaqueiros e zapatos azuis e verdes, encontrou un gato vermello chamado Antón. Como Alexandro sabe falar como os gatos, Antón díxolle que había por alí un fantasma branco, coma todos os fantasmas, que se chamaba Antón. Cando estaban falando apareceu por alí o fantasma berrándolles. Eles asustáronse moito e botaron a correr coma tolos. Tanto correron que caeron de fociños. Cando o fantasma chegou onda eles díxolles que só quería ser o seu amigo, que non lles quería facer nada malo. Entón Alexandro e o gato Antón, fixéronse amigos do fantasma Simón.
Felipe
O DRAGÓN DRAGOLOSO
Érase unha vez un rei dragón chamado Dragoloso, ao que lle encantaban as cousas brillantes. -
Son o rei máis rico do mundo! –dicía.
Un día, o rei espertou e viu algo que brillaba. Achegouse alí e… foi atrapado por unha bruxa!. Meteuno nun saco e levouno lonxe de alí. O rei intentaba unha e outra vez saír do saco, pero non o daba conseguido. Entón, caeu na conta de que era un dragón, botou lume pola súa boca, queimou o saco e de paso, á bruxa. E volveu ao seu pazo tan pancho.
Roi B.
ELISA E O CAN Unha nena chamada Elisa tiña unha mascota; un canciño chamado Lucky, xoguetón e cariñoso. Elisa tiña unha gran amiga chamada Isis. Xogaban xuntas moitas veces e o pai de Elisa levábaas á praza. Alí había un montón de cadeliños que xogaban xuntos, correndo sen parar. Un día viron un que non tiña colar e que estaba debaixo dunha pingueira que lle caía no rabiño e non paraba de tremer. Cando Elisa o viu, foi onde el e colleuno no colo, porque o animaliño non paraba de chorar. O pai de Elisa dixo que o mellor era levalo ao veterinario. Así o fixo. Chegaron en cinco minutos e o veterinario díxolles que aquel canciño estaba maltratado. Entón, Elisa e o seu pai adoptárono e agora é un cadeliño moi, moi feliz.
Elisa
HANS E PATACA Esta é a historia de Hans, o home calvo. Era tan pequeño que cabía nun estoxo. Gustáballe moito comer galletas. Un día foi ao mercado e mercou unha caixa delas. Ao chegar a casa quixo probar unha, e como o paquete era tan grande, caeu dentro del. Hans vivía cun gato; chamábase “Pataca” e era moi, moi larpeiro, como o seu dono. O gato descubriu na cociña o paquete de galletas e como sempre tiña fame, empezou a roer nelas… Pataca comía e comía ata que chegou ao fondo da caixa. Entón escoitou unha voz que dicía: - Patacaaaaa, sálvame… estou aquíiiiii… Non me papes! O gatiño, ao escoita esa voz dentro da caixa colleu medo, asustouse e fuxiu a toda présa, deixando caer o paquete ao chan. Hans trepou pola caixa arriba e, por fin, saíu san e salvo. Buscou pola casa a Pataca, pero nada, non aparecía…. Saíu á rúa, chamou por el e nada, non respondía… Hans, asustado, foi cara o bosque por se o gato fuxira nesa dirección. No bosque vivía un oso algo mentireiro e liante. O seu nome era “Pardo”. Tiña unha casiña moi chusca no máis profundo do bosque. Hans berrou por el e preguntoulle se vira ao seu gatiño e o oso díxolle que estaba na súa cova descansando, que o tiña de convidado uns días. Hans, que desconfiaba, correu ata a casa do oso, e alí estaba Pataca; pero non estaba de invitado: estaba atado con cadeas, estaba preso. O oso volvera mentir.
Hans enfadouse tanto, tanto, tanto, que coa rabia comezou a medrar, a medrar, a medrar, tanto, tanto, tanto, que colleu a Pardo polo pescozo e o mandou voando polo aire. Non se sabe onde foi caer e ninguĂŠn soubo mĂĄis o oso mentireiro. Hans liberou ao gatiĂąo, foron felices e comeron galletas.
Lucas
O MISTERIO DE NATALIA Natalia era unha nena alta, delgada, boa e xenerosa. Vivía en Valencia. O día do seu aniversario, nada máis abrir os ollos, foi á sala da súa casa pero alí non había ninguén. Non había ninguén en toda a casa. Os seus pais desapareceran!. Pensou que ao mellor estaban preparándolle unha sorpresa. Entón saíu á rúa e viu que estaba soa. Non había ninguén agás a súa mellor amiga, Lúa, que era alta e xenerosa coma ella. Xuntas foron tomar algo e pasaron a tarde por aí. Natalia volveu á casa e deitouse moi preocupada. Á mañá seguinte, todo era como sempre, estaban todos na casa. Natalia preguntoulle aos pais que pasara o día anterior, pero eles respondéronlle que non pasara nada, que non entendían por que preguntaba iso. Natalia non entendía nada. Tería soñado todo aquilo? Tanto daba. Agora estaba
moi contenta. E vivu moi feliz coa súa
familia.
Ana Ch.
O MELLOR PORTEIRO DO MUNDO Un neno chamado Álex, xogaba no Deportivo. Era o mellor porteiro e ía xogar no mundial. Lesionouse no primeiro partido e non puido seguir xogando o mundial. Era o seu soño, pero a lesión era para seis meses e medio. Cando rematou o mundial, estaba xa recuperándose. Despois xogou a Champions League. Fixo moitos paradóns e quixeron fichalo no Barsa por 99.550.000 de euros, pero el non aceptou. Quixo quedarse no Dépor seis anos máis. Chegou a ser o capitán do equipo e pediu ter o número 1 na súa camiseta.
Leo
O PLANETA CARAMELO Érase unha vez a familia máis grande do Sistema Solar, que vivía no planeta Caramelo, un planeta moi doce, o máis doce de todo o Universo. Eran cinco irmás, catro irmáns, vinte tías, corenta e oito tíos, cincuenta e oito tataravoas, dúas bisavoas, dous bisavós… Ben, imposible falar de toda a familia! Os protagonistas desta historia son Leo, Linda, Berto e Berta. Un verán que era moi caloroso, máis ca ningún outro, déronse conta de que con tanta calor o caramelo íase derreter. Berto, o máis melodramático de todos berrou “O caramelo derrétese!”. Todos empezaron a poñerse coma tolos, berrando sen parar, chorando porque o seu planeta estaba destruíndose.
Os avós, que eran moi intelixentes e moi tranquilos, dixéronlles que non se preocuparan, que eles ían falar con toda a familia e ían solucionar ese problema. E así fixeron: falaron con todas as tías, os tíos, os curmáns, as curmás, etc, e pedíronlles que cada un sacara todo o xeo que tivera no seu conxelador e o puxera sobre a superficie do planeta. Así fixeron e dese xeito conseguiron que o planeta Caramelo non desaparecera do espazo
.
Ángela
ROI, O NON DEPORTISTA Un día, un neno chamado Roi mercou un coche. Roi é pouco deportista; está todo o día metido na casa comendo sen parar. Un día, que fixeron bistés comeu coma un salvaxe. Os pais estaban preocupados porque non xogaba e corría como todos os outros nenos. Levárono ao médico e este díxolles que o único que tiña que facer era practicar deporte. Entón contrataron un profesor particular que vai todos os días á casa de Roi para practicar con el Educación Física.
Luís Alberto
DUARTE, O AVENTUREIRO Érase unha vez un aventureiro chamado Duarte. El era alto, guapo, listo e valente. Un día que estaba de saída, perdeuse. Era a primeira vez que se perdía e puidéronlle os nervios. Empezou a berrar e abriu a mochila. Nela atopou un mapa. Colleuno e foise centrando. Primeiro tiña que pasar as lianas trampulleiras. Sabía que se chamaban así porque algunhas eran serpes. Foi camiñando. Cando chegou alí, agarrouse a unha liana e tirouse, caendo nunha serpe, pero logrou saír correndo ata outra liana, gabeando cada vez máis alto, porque espertou ás serpes. Así foi de liana en liana ata chegar á saída. Volveu mirar o mapa para ver por onde tiña que seguir. Debía ir á montaña do xigante de xeo, un lugar terrorífico… Pero era a súa única salvación. Como el era listo, primeiro preparou armas para derrotar ao xigante de xeo. Despois empezou a escalar a montaña ata chegar ao xigante. Viu que estaba durmido. Entón o aventureiro foi de puntiñas. Pero xusto nese momento caeu unha pedra que fixo moitísimo ruido e espertou ao xigante. Empezaron a loitar e Duarte movía as súas armas como se fose un campeón de esgrima. Lanzoulle unha lanza, deulle de cheo e o xigante converteuse en bloques de xeo. O aventureiro aproveitou a súa sorte e fuxiu de alí correndo a todo correr baixando a montaña. Cando mirou de novo o mapa viu que lle tocaba ir polas lagoas da tranquilidade. Pensou que por fin ía ir sen apuros. Pasou por alí, viu unha lagoa e pensou que estaría ben darse un baño. Quitou a roupa, púxose o bañador e… a nadar! Estivo moi
tranquilo. Saiu da auga, secouse, vestiuse e despois de consultar o mapa descubriu que o próximo destino era “A Montaña Rochos”, nun pobo chamado “Tortolitos”, no que había moito amor e no que, se o vía unha rapaza, seguiríao a todas partes. Mirou na mochila para ver se tiña roupa para camuflarse. E si que tiña, só que a roupa de camuflaxe que había era… un vestido, unhas medias, uns tacóns, unha perruca, pintabeizos e sombra de ollos. Vestiuse e maquillouse con todo aquilo e quedou guapísimo (ou guapísima, neste caso). Pero claro, para escalar a montaña estorbáballe a roupa e tivo que quitala. Cando chegou arriba viu unha rapaza que non lle facía nin caso. Preguntoulle por que non o seguía, como facían todas as demais rapazas daquel lugar cando vían un home. Ela contestoulle que non era coma as demais, que ela pensaba por si mesma e que non facía caso das normas que había. Díxolle que se quería lle axudaba a saír de alí e a chegar á súa casa. El aceptou á primeira. O aventureiro quedou encantado con aquela rapaza, fixéronse moi amigos, casaron e pasárono sempre moi ben xuntos.
Antía
O GATO QUE ACABOU SENDO FAMOSO Había unha vez un gato que tiña un pé horroroso e sempre estaba aburrido. Cando ía ao parque todos facían burla del e el marchaba triste para a casa. Un día foi ao veterinario; receitoulle unhas pastillas. O pé foille curando e el foise facendo máis e máis bonito. Entón xa ningún outro gato se ría del. Deixou de estar aburrido e converteuse nun gato tan bonito que ata acabou saíndo na tele.
Alberto G.
O GATO QUE CAEU DA CADEIRA
Un día vin un gato branco e pequeno. Estaba subido a unha cadeira. De súpeto caeu dela e fíxose dano. Doíalle todo o corpo e estaba moi canso. Entón pensou que o mellor era ir á cama para descansar. Á mañá seguinte, cando espertou, sentiuse moito mellor; o descanso curárao!
Martín
A PRINCESA E O MALVADO PRÍNCIPE Estefi era a princesa do reino. Era boa, xenerosa, simpática… A súa nai chamábase Eider e o seu pai Eduardo. Un día, Estefi saíu pasear e encontrouse cun príncipe chamado Félix. Félix era alegre, tímido e bo. Estiveron varios días xuntos, compartindo moitas cousas. A Estefi gustáballe e aceptou ir con el ao seu pazo. Pero unha vez alí encerrouna e non a deixaba saír. Estefi chamaba unha e outra vez por alguén, pero ninguén a escoitaba. Caeu na conta de que tiña o móbil; chamou á súa casa pero non lle colleron. Ao día seguinte, o seu teléfono vibrou (porque o tiña en silencio, para que o príncipe non se enterara). Contestou; era o seu pai, que lle preguntaba onde estaba e por que non aparecera polo castelo dende había varios días. Estefi contoulle o que lle pasaba e indicoulle onde estaba o pazo do malvado príncipe. Seu pai chamou á policía e foi alí o máis rápido que puido. Cando chegaron, atraparon ao príncipe, rescataron a Estefi e viviron felices sempre.
Noa
A PELOTA PERDIDA Un día estaba paseando co meu avó e vimos unha pelota que tiña escrita a palabra “tímida”. Empezamos a buscar ao seu dono, que criamos que tiña que ser unha nena tímida. De súpeto apareceu un can irascible que empezou a perseguirnos, pero despistámolo. Entón, démonos conta de que aquel can era do dono da pelota. Demos volta en busca do can (cun pouco de medo, para dicir a verdade) e cando o atopamos, démoslle a pelota. Axiña levoulla ao seu dono, ou mellor dito, á súa dona, porque como nós pensabamos, era unha nena. Esa nena mandounos unha carta dándonos as grazas. E conto contado, conto acabado.
Iago
O EXTRATERRESTRE E O CAMIONEIRO
Érase unha vez un camioneiro que ía no seu camión, pasando por Barcelona, e atopouse cun extraterrestre. Baixouse e preguntoulle como se chamaba. Presentáronse. O extraterrestre era Aisax e o camioneiro Pool. Entón fixéronse amigos e foron os dous repartir a carga que o camioneiro tiña no remolque. Resultou ser para unha señora que os invitou a tomar un café con tarta na súa casa. Pasaron unha tarde estupenda e sempre foron amigos.
Antía P.
A NENA QUE SÓ SABÍA ESTUDAR
Aita é unha nena que se preocupa só dunha cousa: sacar boa nota. Aquel día veu Quica, unha nena tamén de boas notas, pero á que tamén lle gustaba relaxarse. Ia invitar a Aita á súa festa de aniversario, pero Aita respondeulle: - Non podo, teño que estudar Matemáticas, Natu, Sociais, Lingua Castelá, Lingua Galega, Ortografía… (é dicir,.o normal) - Gustaríame que viñeras. Podes estudar antes ou despois. - Nin falar diso! -contestou Aita- Pensas que son tonta? Ti o que queres é gañarme nas notas, pero iso non vai pasar! Non vou! Xa me contarás que tal o pasastes. Aita non entendía o que significaba divertirse. Cría que o máis divertido do mundo era estudar Ecoloxía. Ao día seguinte, só se falaba da merenda do aniversario de Quica, dos globos, dos xogos… Ata asistiu o director do colexio! Aita pensaba que estudando sería a favorita de todos os profes. Dicía: - Que tontería iso das festas! É moitísimo mellor estar estudando que pasalo fatal nunha festa. Quica explicoulle que estaba moi ben iso de estudar, pero que tamén estaba ben aproveitar outra parte do tempo para pasalo ben coas amigas. Aita púxose a pensar e díxolle:
- Pode que teñas razon. Cando mandan facer unha redacción das vacacións, sempre poño que estudo Ecoloxía e a ninguén lle parece interesante. Seguramente é bo contar outras cousas. Aita deixou de estudar un pouco e xogou con Quica e outras nenas. Aprendeu que podía haber tempo para todo. E así, Aita e Quica fixéronse as mellores amigas.
Lucía P.
AS MEIGAS Había unha vez un grupo de meigas malas chamadas “O Conxuro”. Todas vivían nunha mansión no medio do bosque morto. Chamábano así porque non tiña flores e os únicos animais que había eran morcegos. Un día cando a meiga Maruxa saíu, encontrouse cun esquío e foi avisar ás demais para comelo. Cando o colleron metérono nunha tixola vella e noxenta que tiñan na cociña. Pero en vez de botarlle aceite, equivocáronse e botáronlle a apócema da duplicación. Entón, como se fixo o dobre de grande, fixeron unha festa á que acudiron todas as meigas do bosque morto. Comeron, beberon e bailaron, pero cando chegou a unha da madrugada, todas marcharon para descansar, porque ao día seguinte tiñan un concurso de meiga mellor vestida. Había diferentes premios: a primeira gañaría unha vasoira exprés da cor que quixera, a segunda, un caldeiro que non necesitaba alimentos e a terceira un libro de conxuros. Ao día seguinte foron ao concurso. Maruxa levou un vestido negro con vasoira gris e zapatos negros e verde fosforito. Xoana, que era a máis presumida, levou un vestido vermello e gris. Curuxa, a cociñeira, púxose un vestido negro cun mandilón gris e uns zapatos azuis. Xata levou unha camiseta gris, unha saia negra e uns zapatos morados.
Perica, unha camiseta vermella, pantalón negro e zapatos vermellos con medias negras. Cuxa, un vestido morado e roto, cuns zapatos lilas e azuis. Pasaron á semifinal do concurso Maruxa, Xata, Curuxa e Cuxa. Eliminaron a Curuxa e Maruxa quedou de primeira, Cuxa de segunda e Xata de terceira. Tan contenta se puxo que fixo un banquete sen invitar ás demais. Todas quedaron moi, moi, pero que moi enfadadas. E nunca volveron ser as súas amigas; todas menos Xata, que era moi boa e perdoaba a calquera.
Ana Mª P.
ORIÓN E WHINSPER
Nun bosque encantado había un pequeno duende azul chamado Orión. Era bo, bromista, xoguetón, guapo, alegre, simpático e listo. Todos os demais pelexaban e metíanse con el; todos menos a súa familia. Seu irmán chamábase Metal e era de cor vermella. Era cuspidiño a Orión, pero bastante travieso, aínda que sempre o apoiaba. Un día apareceu un dragón chamado Whinsper. E empezaron a falar. Orión: Quen es ti? Whinsper: Son Whinsper. Metal: Whinsper? Que nome tan raro! Whinsper: Meus pais puxéronme este nome porque eles se chamaban Whins e Per. Metal: Ah! Pois sabes que, Whinsper? Que es moi, pero que moi raro. Orión: Si que é certo. Es moi, moi raro. Whinsper: Por favor, non me chamedes raro, non me gusta. Orión e Metal: Está ben, non te chamaremos máis así. Perdóanos.
Whinsper: Non pasa nada. Eu son vermello e ti azul (sinalando a Orión), pero ningún de nós é raro. Orión: Tes razón, Whinsper. Que máis dá a cor? E desde entón foron os mellores amigos.
Sergio
O CONCURSO E A MANCHA
Esta historia comeza nun lago con cisnes brancos e brillantes coma un diamante e con cinco fadas. Esas fadas eran irmás e princesas. Os reis estaban supercontentísimos con elas porque eran moi boas. María, Marina, Marta, Malva e Valeria, as princesas, estaban a piques de presentarse a un concurso de vestidos. Sempre estaban falando da roupa que ían levar. Chegou o día do concurso e vestíronse todas “monísimas”. María levaba un vestido de princesa, Marina un de cisnes, Marta un feito con lapis, Malva un de flores malvas e Valeria un de plumas moradas e rosas. Foron ao concurso nun carrusel, pero pisaron unha poza con lama e os vestidos de Maria e Valeria quedaron salpicados. Non se fixaron e en vez de botarlles auga botáronlles pintura. María debuxou un corazón e Valeria unha pluma, pero empezou a chover antes de que secara a pintura e emborronáronse os debuxos e os vestidos quedaron feitos un desastre. Cando chegaron ao concurso, María tivo que saír de primeira. Ela dixo “jolines!, Que desastre!” e, de súpeto, as manchas desapareceron.
Cando saíu Valeria dixo “jopé”, pero o vestido quedou como estaba. Entón dixo”jolines! Que broma plumática!” (porque o vestido era de plumas) e a mancha desapareceu tamén.
Os vestidos eran máxicos! Ao final, despois de repartir as puntuacións, resultaron gañadoras María e Valeria.
Valeria
O PLANETA FUTURO Nun alonxado país chamado Futuro, habitaban todo tipo de seres como: extraterrestres, humanos, bacterias inofensivas, etc, pero o máis importante de todos era o Rei Sandío e os Áritos, que sempre van detrás del. Lucy, Tom e Max son tres irmáns que viven xuntos coa súa avoa. O seu can, Ozzy, é marrón e branco, fiel e xoguetón. Lucy ten o pelo roxo, con ollos marróns como a Terra; é lista e divertida. Tom é de ollos azuis como o mar e ten o pelo negro como a noite; é valente e amable. Max ten o pelo louro coma o ouro e os ollos verdes como a calma; é forte e encántalle bailar break dance e hip hop. -
A comer! –dilles a súa avoa. Como había patacas e ovos, a avoa preguntoulles:
-
Cantos ovos? Lucy pediu 2, Tom 3 e Max 4. Comeron os ovos con patacas os catros xuntos nunha sólida
mesa chamada “xantares felices 3.000”. Cando remataron o xantar, a avoa lavou os pratos, Lucy foi ao seu cuarto para ler, Tom marchou facer os deberes e Max púxose a bailar no xardín. Ozzy acompañou a Max e deitouse na herba quentiña e suave. A avoa recibiu unha chamada do seu home, o avó, que lle dicía que encontrara traballo en Futuro e que chegaba na súa nave nunha semana.
A avoa púxose moi feliz e avisou a todos os nenos axiña. Unha semana despois, cando o avó viña cara Futuro, na súa nave, bateu contra un meteorito que pasaba por alí. Todo Futuro se enterou e Tom, Max, Lucy e a avoa foron rapidamente para ver a gravidade do accidente. Por sorte, o avó estaba ileso; só se estragara a carrocería da nave, así que levárona ao taller para arranxala. Dende entón, todos viviron xuntos, felices para sempre, naquel país chamado Futuro.
Candela
VIAXE Á PREHISTORIA No instituto de Sara nunca ocorrían cousas raras. Sara era unha nena boa e lista pero aburríase facilmente. Era última hora e estaban dando Historia, falaban da Prehistoria, para ser exactos. Cando rematou a clase foi á biblioteca para coller libros de Historia e estudar. Colleu dous: “Entre a Historia” e “A Prehistoria”. Chegou á súa casa e púxose a ler “Entre a Historia”. Cando levaba lidas moi poucas páxinas xa se sentía como se estivera alí. Estaba talando unha pedra coma unha verdadeira “prehistórica”, cun pequeno grupo de persoas que non coñecía de nada. Só eran tres contándose tamén ela. Un era Rat-cun e o outro Lark. Rat-cun era algo e delgado e Lark era moi listo e parecía ser o xefe. Sara pensou “estou na Prehistoria”. Rat-cun estaba cazando un mamut pequeno e peludísimo a uns poucos metros, así que Sara, para non interromper a caza, preguntoulle a Lark un montón de cousas. Por resposta obtivo un “Grunch!”. Sara non entendía nada, pero nesas, Lark ofreceulle uns auriculares de pedra para poder entendelo. Nese momento notou algo ás súas costas. O mamut que quería cazar Rat-cun estaba detrás dela. Sara saíu correndo e meteuse nunha cova, detrás dun lume que había. Cando o mamut chegou, ao ver o lume asustouse e non se atreveu a pasar. Entón Rat-cun lanzoulle unha lanza con veleno de serpe. Atinou e o mamut quedou tirado no campo. Rat-cun e Lark preparárono e fixeron uns enormes filetes coa súa carne.
Sara deitouse ao lado dunha árbore coa pedra que quería talar. Estaba así, moi cómoda, cando escoitou unhas voces: -
Sara, vén cear. Sara pensou se serían Rat-cun e Lark que xa sabían falar o seu
idioma. Entón Sara notou algo raro, quizás espertou ou volveu á realidade; entrou na cociña e alí estaba seu pai… (iso si, vestido de home prehistórico!).
Enara
O PRINCIPIO DO VERÁN Había unha vez unha nena chamada Lúa. Era baixa, guapa, xenerosa e divertida. Gustáballe moito patinar co seu amigo Simón, que era guapo, xeneroso e alto. O día do aniversario de Lúa, Simón regaloulle uns patíns novos e ela púxose moi contenta. Despois foron a un torneo de patinaxe, no que Lúa estreou os seus patín. Empezaron bailando Lúa e Simón. Fixérono de marabilla, pero tamén os demais bailaban moi ben. Cando chegou o momento das puntuacións, todos estaban moi nerviosos. Gañaron Lúa e Simón, e déronlles unha medalla e unha copa. Ao final, cando chegaron ás súas casas, os seus pais déronlles uns achuchóns enormes.
Lucía S.
OS AMIGOS Un día había tres amigos nunha festa bailando e xogando. Puxeron a súa música preferida e todos e todas empezaron a bailar coma tolos. Cando estaban bailando, unha das nenas caeu e partiu un brazo. Tiveron que chamar a ambulancia. Cando chegou levouna ao hospital, pero como todos a querían moito, deixaron a festa e foron ao hospital para acompañala e que non estivera soa.
Roi T.
A VIAXE Un día fun a Marte, o planeta vermello. Fun con Sergio, Héctor, Ángela e Leo. Sergio comeu tanto na viaxe que parecía un glotón. Eu levei un sombreiro. Vimos un astronauta discapacitado nunha cadeira de rodas. Díxonos que se estrelara contra a Lúa. Recollémolo e levámolo á súa casa. A xente enterouse, saímos nos xornais e fixémonos famosos.
Pablo
DEFUNTO Cando tes nove anos non é moi sinxelo comer todas as galletas que fai a túa nai. Ben, presentareime: chámome Lucía e teño o pelo longo e ollos azuis e un can que se chama Michiñas. Cada día, cando se fai de noite intento durmir a Michiñas, pero el sempre me di: - Guauuuuu. Eu respóndolle que ten que durmir, que se non o fai, non lle derei carne ao día seguinte pola mañá. E cando digo iso, xa fica durmido. Contareivos que me pasou un día 17 de maio, Día das Letras Galegas,. Como ese día é o meu aniversario, de agasallo quería un libro de poemas de Manuel María. Meus pais xa sabían que o quería e xa o pediran para regalarmo, pero, como tamén facía catro anos que morrera miña tía Rosa, que era irmá do meu pais, ían ir ao cemiterio. Cando eles marcharon eu púxenme a xogar coa WII con Michiñas. Despois de cinco minutos chamaron á porta. Abrín e alí estaba, diante de min… o mesmísimo Manuel María!. Eu sabía que el estaba morto, pero asegúrovos que estaba diante de min. Entón díxome: - Ola, señora Lucía; son Manuel María. Eu díxenlle: - O-o-o-la, Manuel María.
Non era capaz de dicir nada máis. Estaba cos ollos e coa boca abertos coma pratos. Entón el explicoume: - Ben, preséntome de novo: son Manuel María Defunto. - Defunto? -preguntei. - Veño facerme amigo teu -seguiu falando Manuel María- se a ti non te importa ou non me tes medo. Pouco a pouco, fun capaz de falar máis e díxenlle: - Por min estupendo! Podes vir todas as tardes! Chegaban os meus pais e Manuel María desapareceu. Tiven que ir para a cama. Quedei durmida co meu dragón de peluche chamado Churrasco, pensando no que me pasara. Non podía contarllo a ninguén, pero eu sabía que Manuel María era o meu amigo.
Daniela
O DRAGÓN MARIO Unha mañá, un dragón chamado Mario foi ao circo. Como lle gustaba moito, preguntou se podía facer algo. Dixéronlle que si e actuou na carpa con fogos artificiais, pendurouse do trapecio e fixo malabarismos con vinte pelotas xuntas. Aplaudíronlle moitísimo e dixéronlle que podía traballar alí cando quixera, pero el dixo que non. Cando rematou todo volveu para a súa casa. Vivía nela cos seus avós. Cando o viron preguntáronlle como o pasara no circo. El contestoulles que moi, moi, moi ben. Desde ese día, Mario foi o dragón máis feliz do mundo.
Alberto V.