OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS
MANUEL MARÍA DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 de MAIO Letras Galegas 2016
1
Letras Galegas 2016
2
AS FLORES LARPEIRADAS Hai moitos anos, nun pais non moi lonxe de aquí, vivian dúas flores. Dúas flores moi raras, tan raras que non lle gustaban as larpeiradas. Chamábanse Lúa e Sol. Todos os días cando vían pasar alguén cunha larpeirada rifábanlle - Como podes comer eso, non ves que así vanche caer os dentes?-dicían. Así todos os días ata que... un día... Convertéronse en larpeiradas! Pensaron e pensaron que facer e non atoparon solución. Ao final de tanto pensar quedaron paralizadas. Desde ese momento todas as flores convertéronse en larpeiradas.
FIN LARPEIRADÍN
Letras Galegas 2016
ALBA
3
PEPITO E O MELOCOTÓN Era unha vez un neno que se chamaba Pepito. Pepito era preguiceiro, vago e un pouco revoltoso. Un día foi á escola e de merenda levou un melocotón. No recreo ía comer o melocotón e nun momento o melocotón díxolle: - Eh, pero ti que fas? Respondeulle Pepito: - É obvio,:comerte. - Pensei que eramos colegas -respostou o melocotón. - Es unha froita, teño que comerte -díxo Pepito. - Ben...polo menos dime que fixen mal -contestou o melocotón. - Mira non é por ti, é por min, preciso comerte -dixo Pepito. - Un momento espera ! -respondeu o melocotón - Síntoo! - dixo Pepito. - De verdade? - preguntou o melocotón - Nooon! -exclamou Pepito. - Eu maldi... queixouse o melocotón. E mordeuno. ÁLEX
Letras Galegas 2016
4
UN DEDO MOI ATREVIDO Unha vez un dedo que paseaba polo bosque encontrou un mapa para chegar ao mundo dos xigantes que poñía: «Para encontrar o mundo dos xigantes terás que seguir estas instrucións: Primeiro: buscar a caveira dos reis, despois coseguir o sombreiro dunha bruxa, logo vencer ao dragón oscuro e, finalmente traspasar o portal dos xigantes». O dedo decidiu ir ao mundo dos xigantes. A mañá seguinte foi buscar a caveira dos reis. Pensou que estaría no castelo encantado. Chegou ás portas. Temblábanlle as pernas. Entrou, era moi fermoso. Escoitou uns pasos, mirou e viu un zombiee. Preguntoulle tatexando: -Sabes onde esta a caveira dos reis? -Estaaa... non o sei, preguntalle ao morcego da sabiduría -contestou o zombie. Mirou por todo o castelo e non o atoupou. Un esquelete dixolle: -Que che pasou ? -Busco a caveira do rei.. Contestou o dedo: -A...toma-dixo o esqueleto -Grazas- o dedo foise moi contento. Foi ao bosque dos pesadelos e buscou unha bruxa e preguntoulle: -Dásme o teu sombreiro. -Claro, toma – dixo a bruxa – Pero... devolverasmo ? - añadiu -Sen dúbida – respondeu o dedo. E sigueu o camiño cantando. «Ao país dos xigantes vou, trampas e mostros superarei» Chegou ao pobo das lambetadas, pasou un río de xeado de amorodo, aproveitou para tomar un pouquiño, e unha voz grave dixolle: - Fóra, non quererás que te queimei. - Quen es? Es o dragón escuro?- preguntou o dedo. - Si, por que mo preguntas - dixo o dragón. - Quero ir ao mundo dos xigantes e encontrar o tesouro – comentou o dedo . - Entón... pasa ao portal dos xigantes. Entrou e … encontrou un trasgo e preguntou:lle - Son un trasgo. - Pódesme dar o tesouro? - preguntou o dedo. - Xa o tés, co teu esforzo en chegar aquí -dixo o trasgo. - É verdade, atopei moitos amigos – dixo o dedo. E colorin, colorado o ogro foi aplastado. ANTONIO Letras Galegas 2016
5
A BUSQUEDA DO TESOURO Había unha vez nun pais moi moi lonxano , pero moi fermoso e fantástico, unha familia de nomos que tiñan un fillo chamado Duartinio e unha filla chamada Rosmirda , o pai, Ramosdoare e a nai, Soldaria. Eran moi amables e educados, pero os nenos eran un pouquiño trastes. Un día os nenos estaban xogando no xardín e a nena atopou un mapa . Foron correndo á casa e dixéronlles aos pais: -Mirade un mapa ! O pai dixo : -Si, é o mapa dunha lenda que contaba o voso avó ! dicía, que había un gran tesouro . O neno preguntou: -Imos buscar o tesouro? -Si - respondéronlle. Chegaron a unhas escaleiras moi longas, cando chegaron á metade descansaron un pouco e seguiron . Ao chegarar viron un poboado de nomos, fadas e trasgos que vivían moi felices. Ese era o tesouro, e quedáronse a vivir nese paraiso. Viviron felices e comeron perdices. BETH
Letras Galegas 2016
6
O LAPIS E A SÚA NAI Había unha vez un lapis chamado Xoel. Era moi aventureiro e queria coñecer o mundo. Xoel saíu do estoxo dunha nena chamada Alba e marchou. Os seus amigos: as ceras, os bolis, as tesoiras... choraban e choraban dicíndolle adeus . - O meu pequerrechiño vaise da casa! -Choraba desconsolada a súa nai. Xoel avergoñado dixo: - Mamá, eu xa son maiorciño! A nai dándolle na cabeza preguntoulle: -E que te avergoñas de min! Xoel entrando na casa respostoulle: -Non, pero mellor me quedo na casa vendo a tele, xa marcharei outro día. E asi acabou o conto, amiguiños, agardo que vos gustase. E colorín colorado este conto está enlapizado. CANDELA
Letras Galegas 2016
7
O HIPOPÓTAMO SOLITARIO Era unha vez un hipopótamo, chamado Mateo, que non tiña amigos porque era moi aburrido. El queria ter amigos e comezou a facer cousas para atopalos. Primeiro físoxe xardiñeiro, pero non conseguiu nada. Despois tentou facerse músico.Tocaba a gaita, estaba tan contento, gustáballe tanto! Agora o que faltaba era que aos demais lles gustara a súa música e quixeran ser os seus amigos. Pasaron uns días e o hipopótamo foi dicirlles, aos outros hipopótamos, que era gaiteiro e púxose a tocar a gaita. Aos hipopótamos gustoulles tanto que desde ese día foron todos sempre amigos e cando chegaba a tardiña Mateo tocaba a gaita para eles. CARLA
Letras Galegas 2016
8
O T-Rex MÁXICO Hai pouco tempo, vivía un neno camado Daniel, que era alto e tiña os ollos azuis. O neno sempre quixo un T-Rex vermello. Daniel estaba moi entusiasmado porque era o día do seu aniversario e... -Hora de abrir os agasallos! - Dixo o seu pai. O primeiro e o único era... Un T-Rex! - Pero é moi pequeno! -Protestou Daniel. - Xa, pero é máxico e coa auga faise de verdade! - Dixo o pai. - Pódoo probar? -Preguntou Daniel. - Non, agora tes que ir ao colexio. -Respondeu o pai. - Ohhh!- Queixouse Daniel. Chegou ao colexio e... - Teño un T-Rex. -Berraba Daniel. Pero levaba na chaqueta o T-Rex e comezou a chover e mollouse. Fíxose moi grande, colouse na clase e, asustou a todos os nenos. Daniel secouno e volveu todo a normalidade. CARMELA
Letras Galegas 2016
9
A CIDADE DOS MAGOS Había unha vez ...Unha cidade de magos e magas! Habiaos de todo tipo: de tronos, de raios, de lume... Pero a que non sabedes o que sucedeu? Que de dous magos de lume saíu...Un mago de auga! - Que é o que pasou?- dixo o pai. -Non o sei -respondeu a nai- Os magos de auga son os nosos inimigos! Hummmmm -puxéronse a pensar. -Que facemos co neno da auga?-Preguntáronse. -Xa está, devolverémolo aos magos da auga, para que vexan que con nós non se xoga -dixo a nai. -E logo devolveremoslles a broma -dixo o pai. E asi broma tras broma pasou o tempo e déronse conta de que así só facian dano e decidiron facer as paces para crear un mundo de liberdade. E colorín colorado a maxia rematou CLARA
Letras Galegas 2016
10
O GOLFIÑO E A FLOR Hai moito tempo había un golfiño que se chamaba Kevin. Era alegre e un nadador profesinal. Gañou miles de campionatos era a sensación do mar. Un día encontrou no mar unha rosa máxica que lle concedeu tres desexos . Ao dia seguinte, moi descansado, pediu un desexo. -Quero unha mascota! -dixo o golfiño -Desexo concedido. Quédanche dous desexos -Respondeu a flor. -Quero unha casa! -pediu o golfiño -Desexo concedido. Quédache un desexo -contestou a flor. Por último o golfiño dixo: - Quero que desaperezas. E a flor desapareceu. DESIREÉ
Letras Galegas 2016
11
O PEIXE FALADOR Había unha vez un peixe de cor amarela, que vivía nunha peixeira, que estaba sobre unha mesa. Un día atopou un lapis, ao carón da súa peixeira, que lle dixo: -Estou farto do neno que me utiliza para escribir porque me gasta e acaba comigo O peixe dixolle que faría o que puidera para que non o usara. Pero non o entendía, porque os lapis están para usarse. Intentou axudar ao lapis día tras día e un día, conseguiuno! A súa nai comproulle un lapis novo, aínda que a tenda estaba moi lonxe. DUARTE
Letras Galegas 2016
12
O CABALO QUE QUERÍA IR Á ESCOLA Era unha vez un cabalo que viu unha escola e intentou entrar chamando á porta. Pero non abriu ninguén, porque era sábado. Así que marchou para a súa casa. Volveu ao día seguinte, pero tampouco abriu ninguén, porque era domingo e os domingos non abren as escolas. Decidiu agardar ata o venres. E cando foi venres volveu ir e abriulle a mestra. A mestra quedouse sorprendida cando viu o cabalo. Pero os nenos e as nenas comezaron a aplaudir. Cando foi a hora de lecer, todos os nenos e as nenas xogaron co cabalo: montáronse nel, xogaron ao pilla - pilla e charlaron. E colorín colorado este conto está rematado!
ELBA
Letras Galegas 2016
13
OS ZAPATOS DE ALTURA Había unha vez unha xirafa chamada Altura. Vivía nun poboado fastado. Altura levaba sempre uns zapatiños de cor vermella e negra, eran preciosos! Un día cambiaron de cor, agora eran negros e...grises!!! Que raro, que pasou? A xirafa desgustouse moito, non sabía que facer. Ata que un día enterouse de que había un señor sabio que tiña poderes máxicos. Así que Altura foi buscalo e... concedeulle un desexo e…cumpliuse, volveu ter os zapatos coma antes. Os zapatos de Altura volveron ser os zapatos máis bonitos do mundo.
ENMA
Letras Galegas 2016
14
O GRILO E O LOBO Había unha vez un grilo que vivia nunha pedra con mobles pequerrechiños. Un día pasou un lobo e pisoulle a súa casa. O grilo berroulle: - Quita o pé de enriba! O lobo non viu a ninguén, e non quitou o pé. Pero o grilo seguiu berrando ata que o quitou. O lobo, enfadado, dixolle: - A min dáme igual que me berres, cómote! O grilo respondeu: - Os meus amigos e máis eu e ti e os teus amigos faremos unha guerra. Vale -contestou o lobo. Á maña seguinte loitaron e as avespas, abellóns e mosquitos empezaron a picalos e gañáronlles. O lobo foise cheo de picaduras e non volveu.
ESTELA
Letras Galegas 2016
15
COMO ATOPAR UNHA ESTRELA Sempre se empeza así: «Era unha vez» «Hai moitos anos»... Pero eu empezarei así : Un día de calor había unha moneca que quería atopar unha estrela. Sempre o soñaba e o soñaba, e como pensaba que nunca a atoparía foise chorar a unha pedra, que había enfronte da súa casa. De súpeto unha voz dixo: - Concedoche un desexo. - De verdade ! -Contestoulle a moneca -Pois quero atopar unha estrela. A voz concedeulle poder voar. E así puido coller unha estrela. E colorín colorado este conto está rematado! GABRIELA
Letras Galegas 2016
16
O TERREX E OS SEUS AMIGOS Era unha vez un terrex que era moi, moi grande, unha planta que era moi pequena e un lume, tan grande como un planeta enteiro. Ao principio eran amigos , pero enfadaronse porque o lume chamuscara o planeta enteiro e o terrex e a planta non podían vivir nel e tiveron que marchar a outro planeta. O lume quedou só. Ao final, arregláronse e volveron ser amigos
GUILLE
Letras Galegas 2016
17
OS AMIGOS DA PIZZA Un día, un anaco de pizza atopouse cun tigre voador e xigante. Conversaron moito e fixéronse moi amigos e decidiron comprar unha furgoneta que chamaron Rulot. Pasaron días e atoparon un home cunha riñonera parlante e a un dinosaurio parlante tamén. Preguntaronlles como se chamaban. O home contestou: - Chámome Tito Llallo e o dinosaurio chámase Mr Gus. Fixéronse moi amigos e correron moitas aventuras xuntos, como o día que escaparon de moitas momias que os perseguían. E colorín colorado este conto rematou HÉCTOR
Letras Galegas 2016
18
FERNANDO Había unha vez un neno chamado Fernando, que era moi tímido e presumido. Un día chamárono por teléfono e dixéronlle que estaba invitado á voda da súa curmá de Murcia, chamada Laura. Como era presumido decidiu levar gravata e camisa elegante pero tamén era tímido e ao chegar agochouse detrás dunha columna e non saiu dalí en toda a voda. IZAN
Letras Galegas 2016
19
OS LAPIS E E XIGANTE Había unha vez un xigante moi forte que sempre xogaba cos lapis . Un dia un lapis díxolle ao xigante: - Non xogues con nós, xoga cos outros xigantes. - Non teño amigos, só teño amigos imaxinarios -respostou o xigante. -Intentaches facer amigos? -preguntou o lapis. - Pois non, porque o meu irmán díxome que non ia teñer amigos -contestou o xigante . -Non lle fagas caso -dixo o lapis O xigante saiu a facer amigos e non encontrou, pero salvou a unha princesa dun gran crocodilo e xa tivo moitos amigos e os lapis xogaron tamén con el. JOAQUÍN
Letras Galegas 2016
20
O GOLFIÑO CHIRA Había unha vez un golfiño chamado Chira que facía uns espectáculos preciosos! Un día non puido facer o espectáculo porque estaba enfermo e foi outro golfiño que era malísimo. A xente non volveu aos espectáculos e tiveron que suspendelos ata que se recuperou Chira.
MANUEL
Letras Galegas 2016
21
A FLOR E A GAIVOTA Hai moitos moitos anos había unha flor que tiña un sabor a coello podre! Un día apareceu unha gaivota dando saltos e como levaba tantísima fame … comeuna! A gaivota comezou a dar voltas, caeu ao río e comezou a ver máis e máis e máis flores. Colleu outra, comeuna e … convertiuse nunha flor! MANUELA
Letras Galegas 2016
22
O NENO E O PAXARO Era unha vez un neno que quería voar, e un paxaro que quería deixar de voar. Un día o paxaro e o neno pedíronlle, ao mago Tormentoso un desexo. O neno pediulle voar e o paxaro deixar de voar. O mago concedeullo. Eran felices coas súas novas vidas, e relucentes vidas. O neno sucaba os ceos, e o paxaro paseaba todo feliz e... pooof¡ -Por pouco me pisan -berrou o paxaro. O neno viu unha galleta, lanzouse en picado para collela e... oooh¡ Non puido. Foron de novo xunto do mago e pedíronlle volver a ser coma antes.
MENCÍA
Letras Galegas 2016
23
O NENO QUE NON VÍA Era unha vez un neno que non vía moi ben. Un día non puido ler moi ben e era un exame ! Ao chegar a súa casa díxollo a súa nai. Levouno á óptica e alí puxéronlle unhas gafas e xa non supendeu máis na súa vida. NAÍM
Letras Galegas 2016
24
O MORCEGO E O CAN Un día moi soleado un can paseando, chegou a unha cova, cando oiu uns ruidos e pasoulle algo por riba do seo lombo e logo caeu ao chan. O can mirou era un ... morcego¡ O can pediulle perdón, por ir a molestalo, na súa cova, e o morcego perdonoulle. Ao seguinte día o can volveu a cova e xogou co morcego e fixéronse amigos. Un día cando chegou o can, o morcego, que era moi traveso, púxolle unha cáscara de plátano no chan e...... plof o can resbalou. O morcego riuse del e o can dixo: -Non me fai graza . E o morcego dixo: -Que dis? se fai moitisima graza, ata fixen un vídeo e vou publicalo en Facebook. - Nooon -dixo o can- e marchou da cova e non volveu máis. SHAILA
Letras Galegas 2016
25
O CROCODILO CROQUI Era unha vez, un crocodilo chamado Croqui. Estaba triste , quixera ter un compañeiro para non estar só. Un día no río, Croqui encontrou unha manada de pelos. O pelo xefe díxolle: - Axúdanos, un pelo caeu ao río! -Eu axudareivos- dixo Croqui . De repente o pelo desapareceu debaixo da auga. Croqui foi o máis rápido que puido e logrou salvar ao pelo! E dende entón Croqui xa non está só, ten un montón de amigos.
SOFÍA
Letras Galegas 2016
26
O NOMO E O DRAGÓN Un nomo camiñaba polo bosque cando atopou un dragón. O nomo preguntoulle: -Como te chamas? O dragón contestoulle: - Son Lois e veño de Xaubu un poboado lonxano, alí hai moitos dragóns. Lois díxolle ao nomo: - Imos dar un paseo e despois voar. - Non podo voar teño as ás rotas –respondeu o nomo. - No meu poboado hai unha tenda que vende pocións e hai outra que arregla ás –Contestoulle Lois. Foron ata alí arranxáronlle as ás e fóronse voando a percorrer o mundo. XOEL
Letras Galegas 2016
27
CEIP JUAN FERNANDEZ LATORRE A CORUÑA
Letras Galegas 2016
28