ENCONTROS CON AUTORES
PINTO E CHINTO ENCONTRO CON AUTORES
1
ENCONTRO CON AUTORES
2
QUEN SON PINTO E CHINTO?
Carlos López (Chinto) e David Pintor (Pinto) comezaron a traballar xuntos como humoristas gráficos en 1993. Como tamén son periodistas, representaban con viñetas as situacións que se vivían no mundo. No ano 2001 decidiron facer contos para nenos pequenos, libros infantís e xa levan publicados máis de 20 (máis de un libro ao ano!), aínda que tamén seguen colaborando cunha tira cómica diaria no xornal «La Voz de Galicia». Cos seus traballos conseguiron moitos premios, tanto a nivel nacional como internacional.
ENCONTRO CON AUTORES
3
ENCONTRO CON AUTORES
4
ADAPT ACIÓN DO LIBRO ADAPTACIÓN CÁMBIACHE O CONTO!
ENCONTRO CON AUTORES
5
ENCONTRO CON AUTORES
6
O SOLDADIÑO DE CHUMBO Érase unha vez unha nena chamada Eva que ía de compras coa súa nai chamada María. Eva viu no escaparate dunha tenda de xoguetes un soldadiño de chumbo que lle encantou, pediulle á súa nai que llo comprase e comproullo. Cando chegou á súa casa púxose a xogar con el e cunha fermosa bailarina . Despois dun tempo, fíxose de noite. Cando a nena durmía, os xoguetes cobraron vida e o soldadiño de chumbo e a bailarina foron correndo, non miraron e golpeáronse. Ao soldadiño rompeulle unha perna, que desapareceu. Os demais xoguetes non querían estar con el. A bailarina e o soldadiño, empezaron a buscar e a buscar e non a encontraron. Comezou a saír o sol e os xoguetes quedáronse quedos. A nena espertouse e viu ao soldadiño de chumbo sen a perna. Púxose moi triste. Unha noite a bailarina ía paseando e atopou a perna do soldadiño. A bailarina emocionada foi darlla e díxolle : -Soldadiño, ven, mira o que teño aquí! É a túa perna ! O soldadiño emocionado díxolle : -Grazas, grazas e mil veces grazas! O soldadiño de chumbo volveu poñer a perna moi ledo. Despois declarouse á bailarina e preguntoulle se quería casar con el e a bailarina encantada díxolle que si. Cando estaban a punto de bicarse apareceu a nena e tiveron que paralizarse. A nena viu desordenada a habitación e dixo: -Vaia desorde! A miña nai vaime regañar! E púxose rapidamente a ordenar todo o cuarto antes de que chegase a nai. Ordenou todo, o malo foi que separou ao soldadiño da bailarina. Beth, Shaila, Héctor e Mencía
ENCONTRO CON AUTORES
7
ENCONTRO CON AUTORES
8
OS TRES BAILONGOS Érase unha vez… Va ! Iso repítese moito; mellor.... Un día os tres porquiños cansáronse do campo e... decidiron ir a New York. Ao chegar, puxéronse a buscar unha casiña pero.... déronse conta de que non tiñan cartos. Pensaron como gañar diñeiro, …eh! Que se nos esquecera! Antes, os porquiños deixaron unha nota ao lobo que dicía. -” Ímonos da casa, ata logo, e unha aperta dos tres porquiños”. Os tres porquiños para gañar cartos atoparon unha idea: poñerse a bailar hip hop . O porquiño pequeno, non bailaba moi ben, o mediano baila ben, mais ou menos e..... o grande, buf! Xenial! Conseguiron moito, moito, pero que moito diñeiro . E repartírono, pero o grande levou case todo, o mediano moi pouquiño e o pequeno pois... case nada . Á hora de buscar a casa, o grande conseguiu a mellor casa de todo New York, o mediano unha de madeira e o pequeno, pobriño, unha caseta de can. Na casiña de can entraba moita auga e o porquiño pequeno foise á casa do mediano, pero, na casa do mediano había cascudas . UF! Que asco! Entón fóronse á do maior. Cando estaban alí chamáronos para unha academia de hip hop e convertéronse en grandes artistas. E colorín, colorado, estes porcos xa bailaron. Alba, Xoel, Manuel, Candela e Antonio
ENCONTRO CON AUTORES
9
ENCONTRO CON AUTORES
10
OS SETE CABRITIÑOS
Unha mañá soleada os sete cabritiños estaban paseando polo bosque. O cabritiño máis pequeno pisou unha póla e o lobo escoitouno e espertou. Foi ulindo o rastro. Os sete cabritiños escondéronse, o lobo chegou e... SORPRESA! Felicidades lobo, feliz aniversario! O cabritiño mediano dixo: Veña, imos á casa a festexalo. Un dos cabritiños meteu a man por dentro da súa la e sacou unha torta de amorodo. O lobo abriu un dos agasallos, e... Era unha galiña! O último era unha caixa, abriuna e saíu de alí un lobo cun sorriso enorme; na man levaba un billete de avión para ir a... LONDRES!! O lobo case morre da ilusión e dixo: -Moitas grazas, cabritiños, nunca tiven un agasallo tan xenial. Contestaron os cabritiños: -Non hai de que; todos aforramos para este día. Querémoste moito e aínda que nos deran mil millóns de euros non te cambiariamos por nada do mundo. O lobo preguntou: -En serio? Boh!, eu tampouco vos cambiaría por nada. Os cabritiños responderon: -Ohh! Grazas, lobo. O lobo foise e un cabritiño dixo: Librámonos del por fin. Non o soporto! Manuela, Carla, Duarte, Desirée, Clara e Emma
ENCONTRO CON AUTORES
11
ENCONTRO CON AUTORES
12
O FRAUTIST A E OS RA TOS FRAUTISTA RATOS
Un día o alcalde dun pobo chamou a un frautista moi famoso, para que coa súa música deixara o lugar sen ratos, porque había demasiados e roían todo canto atopaban. Resulta que o frautista estaba ocupado e mandou ao seu irmán, que tamén sabía tocar a frauta. Pero equivocouse de música e en vez de marchar os ratos, foron chegando moitos máis. Aos ratos encantáballes a música e non paraban de bailar. E tan ben bailaban que decidiron montar unha compañía de baile. Foron por todo o mundo co seu espectáculo e fixéronse moi famosos. Crearon a Primeira Escola de Danza Ratonil naquel pobo. O alcalde construíu un teatro para que puideran actuar os ratos e o pobo foi coñecido no mundo enteiro. Lucía P, Roi A, Leo, Iago e Ana Ch
ENCONTRO CON AUTORES
13
ENCONTRO CON AUTORES
14
CARAPUCHIÑA
Érase unha vez unha rapaza chamada Carapuchiña, que era multimillonaria.Tiña unha moto e utilizábaa para ir á casa da súa avoa. Un día que ía visitala, perdeuse polo camiño e atopou un lobo que a convidou a unha festa. Pasárono moi ben, pero sen que Carapuchiña se dera conta, o lobo foise para a casa da avoa. Chamou á porta e a avoa abriuna. Ao ver ao lobo desmaiouse. O lobo quitoulle a roupa e vestiuse con ela, despois deitouse na cama. Ao rematar a festa Carapuchiña foi á casa da súa avoa. Entrou e como viu a avoa desmaiada e ao lobo na cama chamou ao cazador. Cando chegou o cazador lanzoulle ao lobo un dardo tranquilizante e, colorín colorado, este conto está rematado. Lucas, Gabriela, Izan e Elba
ENCONTRO CON AUTORES
15
ENCONTRO CON AUTORES
16
LOBO FEROZ COCIÑEIRO Lobo Feroz levaba días sen atopar nada que comer polo bosque. Entón decidiu ir á casa da avoa de Carapuchiña Vermella para comela, como estaba escrito nos contos. Cando chegou chamou educadamente á porta e abriulle a avoa. Lobo, ao vela, botouse a ela dicíndolle que ía comela porque tiña moita, moita, moitísima fame. Pero a avoa, que era cinto negro de judo, fíxolle unha chave e inmobilizouno. A continuación preparou unha pizza de xamón, unha ensalada tropical e filloas con mel. Cando tivo todo listo, foille dando de comer a Lobo. Todo estaba saborosísimo. Encantoulle a comida! Entón, pediulle á avoa que lle ensinara a cociñar. Ela matriculouno nun curso de cociña e non faltou nin un só día. Despois dun tempo, Lobo foi a un concurso de cociña, gañou e cos cartos do premio abriu un restaurante. Contratou a Carapuchiña como camareira e todos os domingos comían alí coa avoa.
Candela, Lucía S, David, Ana Mª P e Alberto G
ENCONTRO CON AUTORES
17
ENCONTRO CON AUTORES
18
OS PORQUIÑOS E O OSO
Había unha vez tres porquiños. Un día os dous máis novos decidiron disfrazarse de cabra e de ovella. Era un precioso día de Sol e saíron pasear polo fermoso camiño da montaña así vestidos. Cando pasaban por diante da casa do porquiño maior, de súpeto, viron un oso monstruoso. Berraron: «Que vén un oso monstruoso!, ábrenos a porta, irmán e déixanos pasar! O oso está moi preto e as nosas casas están moi lonxe». O porquiño maior abriulles a porta e mandounos entrar moi rápido. Pero, como o oso monstruoso estaba a uns pasiños, non lles deu tempo a pechala e entrou tamén. Quedouse pampo mirando a merenda que había enriba da mesa: minibocatas vexetais, brochetas de froita, torradas con mel e tortiñas de millo e díxolles que tiña moita fame, porque levaba sen comer desde pola mañá. Entón o porquiño maior, preguntoulle se quería merendar con eles. O oso díxolles que quedaría encantado, porque el era vexetariano e aquilo tíñalle moi boa pinta. Os porquiños respiraron aliviados. Cando ían sentar á mesa, chegou a nai do oso. Invitárona tamén a merendar e desde aquela, os cinco foron amigos para sempre.
Enara, Valeria, Pablo, Martín e Roi T.
ENCONTRO CON AUTORES
19
ENCONTRO CON AUTORES
20
RAPUNZEL
Rapunzel era unha rapaza que tiña un pelo moi, moi longo. Unha bruxa tíñaa prisioneira nunha torre sen porta. Cando a bruxa chegaba á torre, pedíalle que lle botara a súa longa trenza para gabear por ela e poder entrar. Un día, un príncipe que cabalgaba polo bosque, viu como facían e decidiu sacar de alí a Rapunzel. Como tiña un lapis máxico, debuxou un elevador na parede da torre, chamou á rapaza e díxolle que baixara nel. Escaparon cunha alfombra voadora que tamén debuxou co seu lapis. Rapunzel cortou o pelo e con el fixo unha fermosa manta que usaban para taparse cando voaban moi alto e tiñan frío. Desde entón dedicáronse a percorrer o mundo na súa alfombra máxica, debuxando co lapis máxico todo canto precisaban.
Antía P, Alberto V, Luís, Ángela, e Antía G
ENCONTRO CON AUTORES
21
O FRAUTIST A DE HAMELIN FRAUTISTA Había unha vez un pobo, que tiña un montón de ratos e non podían botalos.Un día chegou un frautista e preguntoulles... -Se boto os ratos, dádesme unha casa? -Vale- Dixo o alcalde. O frautista comezou a tocar unha canción e os ratos seguíano e levounos ata o bosque. Cando lle pediu ao alcalde a recompensa contestoulle: -Non che imos dar unha casa por tocar a frauta! O frautista foise do pobo moi enfadado. Cando chegou a outro pobo comezou a tocar a frauta para obter diñeiro e poder comer. Dáballe cartos todo o pobo e así comprou comida e roupa. -Queres tocar na nosa banda?- Dixo un músico moi famoso. -Encantaríame, pero só quero ser feliz e ir dun lado para outro tocando a miña pequena frauta doce; non teño moito diñeiro pero chégame.- Dixo o frautista. -Pero como chegaches aquí sen nada?- Preguntou un neno. -Porque nun pobo chamado Hamelin botei aos ratos e non me pagaron.Dixo o frautista. Entón un veciño díxolle que esa noite podería quedarse a durmir na súa casa. Ao día seguinte os veciños dixéronlle: -Os de Hamelin portáronse moi mal, que vas facer? O frautista pensou en volver levar os ratos outra vez a Hamelin e foi buscalos. -Ola, ratos!Queredes volver a Hamelin? -Por que o preguntas?- Dixeron todos á vez. -Porque non me pagaron a recompensa. ENCONTRO CON AUTORES
22
Os ratos pensaron no ben que estaban en Hamelin molestando, comendo e amargándolles a vida aos veciños sen que ninguén lle molestara a eles. -Aceptamos!- Dixeron todos os ratos alegres. O frautista comezou a tocar e os ratos foron detrás del outra vez. -Unha tenda de queixos!- Dixo o rato xefe. -Tocounos a lotería!- Dixeron todos á vez. E alí quedaron. Colorín, colorado, os ratos o queixo zamparon.
Sofía, Carmela, Estela e Guille
ENCONTRO CON AUTORES
23
ENCONTRO CON AUTORES
24
A CARREIRA DA LEBRE E A TTAR AR ARTTARUGA
Unha mañá a lebre foi repartir o periódico, como facía todos os días. Atopouse cunha tartaruga que a retou a unha carreira, asegurando que ela podía gañar. Un pouco antes de empezar a carreira, a lebre díxolle á tartaruga que preto de alí había un carriño con comida de balde. Decidiron deixar a carreira para máis tarde e achegáronse xuntas ata onde estaba o carriño. Había de todo: follas de leituga, cenorias frescas, acelgas, pastel de verduras, berenxenas ao forno,… Comeron ata fartarse. Pensaron entón que o mellor era botar unha sesta porque non podían correr coa barriga tan chea. Ao espertar foron ao punto de saída. Alí estaban animándoos Carapuchiña, Brancaneves, os sete ananiños, a Bela Durminte, a Sereíña e moitos máis personaxes de contos. Cando deron a saída, en vez de botar a correr, puxéronse a falar do rico que estaba todo o que comeran e así, falando, falando, chegaron á meta: as dúas xuntas, sen que houbera ningunha gañadora.
Noa, Sergio, Felipe, Elisa e Daniela
ENCONTRO CON AUTORES
25
ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA
CEIP «JUAN FERNÁNDEZ LATORRE» A CORUÑA
ENCONTRO CON AUTORES
26