PRESENTÁMONOS AlumnADO 3ºA Curso 2015-16
PRESENTÁMONOS
1
PRESENTÁMONOS
2
EU SON ...
Eu son de Outeiro de Rei, viliña da Terra Chá, onde aprendín a viver e a soñar con libertá. Teño dous grandes amigos de trato noble e sinxelo: o caudaloso Pai Miño e o regato de Cepelo...! Vivín en Lugo algúns anos, conseguín ser bachiller e gastei a adolescencia en troulear e escreber. En Lugo atopei, pra sempre, o meu amor, que é Saleta: ¡comigo a vida non puido ser máis xentil e perfecta!
Profesión...¡procurador! Ando a exercer coma tal pro sempre usei dese oficio dun xeito limpo e cabal.
Casamos. Quixo o destino -ou cecáis a nosa sorteque levemos moitos anos con residencia en Monforte.
Hai quen di que son autor prolífico e incontinente. ¡Ben o sinto!¡E teño mágoa de non ser máis competente!
Nós sempre fomos galegos sinxelos e verdadeiros, soñadores, trotamundos, editores e libreiros...
E aquí sigo: ledo, ufano, satisfeito de estar vivo. Mentras o tempo me gasta: ¡paseo, leo e escribo...!
Manuel María PRESENTÁMONOS
3
PRESENTÁMONOS
4
ALBA Chámome Alba e gústame o meu nome. Son de estatura mediana. Teño o pelo longo e marrón, tamén os ollos. Gústame levar uns pantalóns cunha camiseta azul. O meu carácter é alegre. Son un pouco tímida e cóstame falar coa xente. Encántame ler e estudar, porque me gusta aprender cousas novas. Tamén me gusta moito xogar con Candela. Non me gusta que me berren nin que me chinchen. Tampouco me gusta pelexar coas miñas amigas.
ÁLEX Chámome Álex e gústame que me chamen así. Son baixo e delgado. Teño os ollos medio marróns medio verdes e o pelo curto e castaño. Visto con roupa usada e a min gústame a roupa moi nova. O meu carácter é inquedo, medoso e alegre. Encántame xogar cos videoxogos de estratexia, acción, survival horror, etc. Tamén me gusta xogar cos meus compañeiros e que veñan á miña casa. Non me gusta comer xudías nin salpicón.
PRESENTÁMONOS
5
ANTONIO Chámome Antonio pero quero que me chamen Anto. Son alto e rápido. Teño os ollos marróns e a pel branca. Gústame vestir con camisa e vaqueiros. O meu carácter é alegre, un pouco falador, inquedo e xeneroso. Encántame xogar ao fútbol, ao baloncesto e botar carreiras. Non me gusta que me chamen Antoñito o fantástico.
BETH Chámome Bethelehem pero chámanme Beth. Son moi alta para a miña idade, teño o pelo rizado e a miña pel é marrón escura, os meus ollos son tamén marróns escuros e brillantes, eu veño doutro país. O meu carácter é moi alegre e non son moi tímida. Algunhas veces teño medo. Encántame xogar coas miñas amigas e saltar a corda, gústame ir á escola, tamén visitar aos meus avós e ir ao cinema cos meus primos e tamén cos meus pais. Non me gusta enfadarme coas miñas amigas nin a guerra.
PRESENTÁMONOS
6
CANDEL A
Chámome Candela e gústame que me chamen Candy. Son alta e delgada. Teño os ollos de cor marrón verdosa. O meu pelo é longo, liso e castaño. Vístome con roupa bonita e estou guapa, pero ás veces poño roupa deportiva. O meu carácter é alegre. Son faladora, un pouco tímida e moi inqueda. Encántame estar coa miña mellor amiga, que se chama Alba, e coa miña familia. Non me gusta o alboroto, nin que se enfaden conmigo as miñas amigas. Tampouco me gusta que me berren.
CARLA Chámome Carla e gústame que me chamen Carli. Teño o pelo e os ollos de cor marrón. Son alta e non estou delgada, Gústame levar vestidos e saias. Tamén me gusta levar pendentes. Son alegre e un pouco tímida. A min gústame xogar coas miñas amigas as agochadas. Tamén patinar e nadar. Non me gusta a lasaña, nin as xudías.
PRESENTÁMONOS
7
CARME LA Chámome Carmela. Son alta e delgada. Teño o pelo curto e marrón, os ollos tamén son de cor marrón e pequenos. Vístome dependendo do día e do que vaia facer. O meu carácter é alegre. Son tímida. Encántame debuxar, pintar, escribir, xogar, ir ao colexio, mirar debuxos e facer manualidades porque é moi divertido. Non me gusta que me berren, nin ter moitos deberes. As uvas tampouco me gustan nada.
CLARA Chámome Clara Parga Verdía, pero me gusta que me chamen Clarita. Son pequena e delgada. Teño os ollos marróns e tamén o pelo. Gústame ir cunha camiseta e uns pantalóns azuis e a sudadera rosa. O meu carácter é alegre. Son boa e tranquila. Encántame xogar cos meus amigos, estar co meu coello, os peixes, ir ao colexio e estar coa miña familia. Tamén os cumples, polos agasallos e os globos. Non me gustan os foguetes, que me peguen, as feridas, os roubos, os malos, o lixo e tampouco as bromas.
PRESENTÁMONOS
8
DESI Chámome Desirée e gústame que me chamen Desi. Son alta e delgada. Teño os ollos de cor marrón e son moi grandes. A miña melena é castaña e curta. Visto con vestidos de flores. O meu carácter é alegre e falador. Encántame xogar coas miñas amigas aos «agochos», ao «pilla pilla» e a «paloma branca, paloma negra». Non me gusta que me toquen o pelo, nin que se enfaden comigo. E quero que me axuden cos deberes na casa.
DUARTE Chámome Duarte e gústame o meu nome. Son baixo e delgado. Os meus ollos son pequenos e marróns. Teño o pelo curto e castaño. Gústame vestir con roupa azul. O meu carácter é alegre, tranquilo e tímido. Tamén son xeneroso e listo. Encántame correr, xogar co meu irmán e ir á casa dos meus avós. Estou aprendendo a tocar o violín porque me gusta moito. Non me gusta o barullo, nin que se burlen de min
PRESENTÁMONOS
9
ELBA
Chámome Elba. Teño unha estatura normal, son delgada e miúda. A cor dos meus ollos e do meu pelo é castaña. Visto unha camiseta de manga longa, uns pantalóns e zapatos deportivos. O meu carácter é alegre, son pouco faladora e son moi tranquila. Encántame xogar no patio do colexio, saltar á comba, xogar ao baloncesto, xogar a pato, pato, oca, ir á praza de Pablo Iglesias e a Marineda City. Non me gusta que me chinchen nin que me berren ao oído. As abellas e as avespas non me gustan nada.
ESTELA Chámome Estela e gústame o meu nome. Son alta e delgada. Teño os ollos marróns claros, o pelo loiro. Visto con vestidos, mallas e saias. O meu carácter é alegre e son un pouco faladora. Encántame pintar e pinto ben, tamén me gusta patinar, facer ximnasia rítmica e as flores. Non me gustan os doces, as gafas, facerme dano e o polo do comedor.
PRESENTÁMONOS
10
EMMA Chámome Emma e gústame que me chamen Emmi. Son mediana e delgada. Teño o pelo longo. Os meus ollos son de cor marrón e son morena e algunhas veces póñome de cor vermello. Gústame levar conxuntos que peguen. O meu carácter é alegre e así cando a xente esta mal anímoa. Son un pouco faladora pero só por desfogarme. Encántame facer ximnasia rítmica porque así me expreso, xogar coas miñas amigas no parque porque me divirte. Tamén me gusta ir á praia coa miña familia e pasar momentos divertidos. Non me gusta cando a xente fai moito ruído nin que me berren.
GABI Chámome Gabriela pero gústame que me chamen Gabi. Son alta e delgada. Os meus ollos son marróns. Teño o pelo negro e uso gafas. Gústame moito a roupa e levo moitos vestidos de flores, ás veces levo vaqueiros. Son inqueda e alegre. Encántame debuxar e pintar porque é moi divertido, ás veces pinto moito. Tamén me gusta xogar á goma e a outros xogos. Non me gusta a ensalada, nin o embutido, nin o atún. PRESENTÁMONOS
11
GUILLERM O Chámome Guillermo e gústame que me chamen así. Son delgado e teño os ollos marróns e redondos. Uso gafas cun parche. O meu carácter é alegre, tamén son traballador. Encántame o fútbol e a miña pelota. Tamén me gustan as corridas dos touros e o turrón. Non me gusta o caldo e tampouco o meu irmán porque se porta mal
HÉCTOR
Chámome Héctor. Son mediano e forte. Teño os ollos marróns. E o pelo castaño escuro e curto. O meu carácter é alegre, falador e simpático. Encántame xogar ao fútbol a consola e ver a televisión. Non me gustan as xudías nin o salmón.
PRESENTÁMONOS
12
IZAN Chámome Izan. Teño os ollos marróns e o pelo loiro. Son alto e guapo. Gústame vestir con pantalóns vaqueiros e camisetas deportivas. O meu carácter é falador, alegre e inquedo. Encántame xogar ao fútbol e que o meu can esté san. Tamén me gusta xogar ao balonmán. Non me gusta que me chinchen nin que me axuden.
JOAQUÍN Chámome Joaquín Delgado Caballero. Son alto e delgado. Teño os ollos marróns e o pelo negro e liso. Vísto camisetas con manga curta, pantalóns longos e zapatos deportivos. O meu carácter é alegre, medoso, falador e inquedo. Encántanme os videoxogos, os minions, correr e a comida rápida. Non me gusta usar moito a miña tablet.
PRESENTÁMONOS
13
MANUEL
Chámome Manuel e gústame o meu nome. Son alto e delgado. Teño os ollos marróns escuros e o pelo curto e castaño. A miña pel é morena e a maioría das veces póñome chándal. O meu carácter é atrevido e alegre. Encántame xogar ao fútbol, ir ao parque e xogar as agochadas. Non me gusta o tomate e tampouco que me berren
MANUELA Chámome Manuela e gústame o meu nome. Son alta e algo delgada. A miña melena é de cor castaña e un pouco longa, os meus ollos son de cor marrón. O meu carácter é doce e alegre, pero ás veces enfádome e outras póñome triste. Encántame saltar á corda, patinar, xogar coas miñas amigas e coa miña irmá, pero o que máis me gusta é ler. Non me gusta que me berren, nin que me quiten as cousas, pero o que non me gusta nada e que me mintan.
PRESENTÁMONOS
14
MENCÍ A Chámome Mencía Bergondo García. A miña cor de ollos é marrón e o meu pelo é de cor castaña. O meu carácter é amable e inquedo. Tamén son simpática. Encántanme os agasallos, os doces e os meus amigos. Non me gusta o queixo e nin a leituga. Tampouco me gusta que me peguen.
NAIM Chámome Naim e gústame que me chamen Na. Son mediano e delgado. Teño os ollos de cor azul, o meu pelo é roxo, e a miña pel branca. Vístome con chandals, camisetas longas e zapatos de fútbol de Neymar. O meu carácter é alegre e falador. Encántame xogar ao fútbol e ir a Educación Física. Non me gusta que me chinchen nin que me peguen.
PRESENTÁMONOS
15
SHAILA
Chámome Shaila e gústame que me chamen Shai. Son alta, delgada e teño os ollos de cor marrón escura. O meu pelo é longo. Vístome co uniforme do colexio. O meu carácter é alegre. Son boa e faladora. Gústame xogar a moitas cousas e estar cos meus amigos. Non me gusta que me molesten, nin que se burlen de min.
SOFÍA Chámome Sofía. Son mediana de estatura. Teño os ollos de cor marrón e o pelo tamén. Gústame vestir con uniforme. O meu carácter é alegre. Son tranquila e un pouco tímida. Encántame ler e estudar. Tamén me gusta xogar cos meus amigos, debuxar, ir ao cinema e facer exercicio. Non me gusta o alboroto, nin a guerra. Tampouco me gustan as xudías, nin a lasaña.
PRESENTÁMONOS
16
XOEL
Chámome Xoel. Son alto e guapo. Teño os ollos marróns e teño o pelo vermello. O meu carácter é alegre. Son falador e algo inquedo. Encántame que xoguen comigo e que todo o mundo viva en paz e que non haxa pelexas. Non me gusta que xoguen comigo.
PRESENTÁMONOS
17
PRESENTÁMONOS
18
ADIVINA QUEN SON
IZAN E GUILL Duarte PRESENTÁMONOS
BETH
GABRI ELA 19
CEIP «Juan Fernández Latorre A CORUÑA
PRESENTÁMONOS
20