Presentome novo

Page 1

PRESENTÁMONOS AlumnADO 3ºA Curso 2017-18

PRESENTÁMONOS

1


PRESENTÁMONOS

2


EU SON ...

Eu son de Outeiro de Rei, viliña da Terra Chá, onde aprendín a viver e a soñar con libertá. Teño dous grandes amigos de trato noble e sinxelo: o caudaloso Pai Miño e o regato de Cepelo...! Vivín en Lugo algúns anos, conseguín ser bachiller e gastei a adolescencia en troulear e escreber. En Lugo atopei, pra sempre, o meu amor, que é Saleta: ¡comigo a vida non puido ser máis xentil e perfecta!

Profesión...¡procurador! Ando a exercer coma tal pro sempre usei dese oficio dun xeito limpo e cabal.

Casamos. Quixo o destino -ou cecáis a nosa sorteque levemos moitos anos con residencia en Monforte.

Hai quen di que son autor prolífico e incontinente. ¡Ben o sinto!¡E teño mágoa de non ser máis competente!

Nós sempre fomos galegos sinxelos e verdadeiros, soñadores, trotamundos, editores e libreiros...

E aquí sigo: ledo, ufano, satisfeito de estar vivo. Mentras o tempo me gasta: ¡paseo, leo e escribo...!

Manuel María PRESENTÁMONOS

3


PRESENTÁMONOS

4


Adriana

Chámome Adriana, pero gústame que me chamen Adri. Son alta e nin gorda nin fraca. Teño os ollos azuis e o pelo loiro. Son alegre, amable e un pouco tímida. Vístome con vaqueiros, pero gustaríame vestirme con saia. Teño sete anos. Gústame o mes de decembro, porque é o meu aniversario. Non me gustan os nenos e nenas malos, nin o brécol.

AINHOA

Chámome Ainhoa e teño sete anos. Son alta e un pouco forte. Teño o pelo e os ollos castaños,ás veces levo coleta. Vístome con sudadeira e leguins. Son alegre, graciosa e tímida. Gústame xogar coas miñas amigas. Non me gusta contaminar nin que choiva. PRESENTÁMONOS

5


PRESENTÁMONOS

6


ALEJAN DRA Chámome Alejandra. Son alta e delgada. Teño os ollos verdosos e o pelo castaño medio claro. Preparo eu a roupa que visto e a miña nai axúdame un pouco. Teño oito anos e teño un carácter alegre. Gústame a sopa con tortilla e non me gusta a lasaña.

ANTÍA Chámome Antía. Teño o pelo e os ollos de cor marrón. Son alta e non estou delgada, Gústame levar vestidos e saias. Tamén me gusta levar pendentes. Son alegre e un pouco tímida. A min gústame xogar coas miñas amigas as agochadas. Tamén patinar e nadar. Non me gusta a lasaña, nin as xudías.

PRESENTÁMONOS

7


PRESENTÁMONOS

8


BRAIS F Chámome Brais. Son pequeno, ancho e forte. Teño o pelo castaño e os ollos marróns. Vístome con camiseta de manga curta e tamén pantalón curto. Teño sete anos. O meu carácter é alegre. Gústame xogar ao fútbol e non me gusta a violencia.

BRAIS G Chámome Brais. Son alto. Teño o pelo castaño e os ollos tamén. Gústame poñer unha camiseta corta e pantalón curto. Son moi alegre, tamén un pouco tímido. Teño sete anos. Gústame xogar ao fútbol e estudar. Non me gusta que a xente se porte mal.

PRESENTÁMONOS

9


PRESENTÁMONOS

10


BRAIS V Chámome Brais Vale. Son alto e nin moi gordo, nin moi delgado. Teño as pestanas longas e curvadas. O meu pelo é negro e curto. Case sempre vístome de vaqueiros. Son falador, inquedo e feliz. Teño oito anos. Gústame o fútbol e andar na bicicleta. Non me gusta que as persoas discutan e pelexen.

BRUNO Chámome Bruno. Son de estatura baixa. Visto a roupa que me poñen os meus pais. Son moi gracioso e tamén fago paiasadas. Teño oito anos. Gústame o chocolate, facer deporte, xogar cos meus amigos, estudar, e ir ao cole. Non me gustan as guerras, tampouco que os rapaces digan que non lles gusta un alimento sen probalo. PRESENTÁMONOS

11


PRESENTÁMONOS

12


CELIA Chámome Celia. Son alta e delgada. Teño o pelo castaño e os ollos verdes. Moitas veces vístome con maias pero, as veces poño o uniforme do colexio. O meu carácter é divertido.Son alegre e faladora. Teño oito anos. Gústame facer ximnasia artística. Non me gusta a violencia porque me gusta que as persoas dialoguen.

CLOE Chámome Cloe. Son alta e delgada. Teño gafas de cor de rosa e levo un colgante. Algunha vez vistome con vestidos. Son un pouco tímida. Gústame xogar coas miñas amigas. Non me gusta a contaminación nin as lentellas

PRESENTÁMONOS

13


PRESENTÁMONOS

14


DAVID Chámome David e na casa chámanme Davi. Son alto e delgado. Os meus ollos son marróns e o meu pelo é castaño escuro. Visto pantalón vaqueiros e camiseta. O meu carácter é alegre e son un pouco paiaso. Teño oito anos. Gústame xogar ao fútbol, pintar e estudar. Non me gusta o chocolate.

DENIS Chámome Denis, pero moitos chámanme Tenis. Non son moi alto, teño o pelo castaño e os ollos marróns. Gústame vestir de chándal. O meu carácter é alegre. Son bromista e xoguetón. Teño oito anos. Gústame xogar ao fútbol e pasar tempo coa miña familia. Non me gusta a violencia.

PRESENTÁMONOS

15


PRESENTÁMONOS

16


GABRIEL Chámome Gabriel. Son mediano, teño o pelo castaño e longo e son delgado. Vístome con pantalón vaqueiro e poucas veces de chándal. Son tímido coa xente que non coñezo moito e son alegre. Teño sete anos. Gústame facer deporte e estudar. Non me gusta o puré de patacas.

INÉS Chámome Inés. Son baixa e teño o pelo negro. As miñas mans son medianas e os pés grandes.Gústame vestirme de pantalón e camisetas de todo tipo. Calzo zapatos deportivos. Son alegre, xoguetona e faladora e teño nove anos. Gústame xogar cos meus amigos ao fútbol e ir ao patio. Tamén me gusta ir ao parque a xogar co meu coche eléctrico e co meu patín. Ademais me gusta que me respecten. Non me gusta a ensalada de pasta, nin o chocolate, nin os espaguetis. Tampouco me gusta que a xente se porte mal cos seus compañeiros, profesores e pais. e non soporto que me berren.

PRESENTÁMONOS

17


PRESENTÁMONOS

18


LAURA Chámome Laura. Son mediana de estatura. O meu pelo é castaño e os meus ollos de cor marróns. Vístome con camiseta de manga longa e con pantalón vaqueiro. Normalmente levo un chicho e unhas gafas rosas. Teño oito anos. Gústame xogar coas miñas amigas e coa miña irmá. Non me gusta a remolacha.

LUCA Chámome Víctor Luca e dame igual como me chamen. Son alto, delgado, listo, enerxético e teño o pelo castaño. Visto chándal, pero gustaríame ir de Comunión. O meu carácter é alegre, inquedo, torpe, xoguetón e gracioso. Teño oito anos. Gústame os animais, a natureza, os amigos e xogar e non me gusta a violencia.

PRESENTÁMONOS

19


PRESENTÁMONOS

20


LUCAS Chámome Lucas. Son de estatura mediana e un pouco rechoncho. Gústame vestir cun pantalón vaqueiro e unha sudadera. Teño oito anos. Gústame leer un pouco cando remato de facer os deberes, tamén me gusta xogar. Non me gusta que me molesten.

LUCÍA Chámome Lucía e gústame o meu nome, pero tamén me gusta que me chamen Luci. Son mediana, teño o pelo castaño e os ollos tamén. Sempre levo coleta. Son delgada, presumida e morena de cara e corpo.Vístome con vaqueiros e camiseta de manga corta. O meu carácter é alegre, son faladora e un pouco medoenta. Teño oito anos. Gústame viaxar, xogar coas miñas amigas, ir a praia, ver a tele… Non me gusta o polbo porque dáme asco.

PRESENTÁMONOS

21


PRESENTÁMONOS

22


MIRIAN Chámome Mirian, pero gústame que me chamen Miri. Son baixiña e visto uniforme. Son tranquila, divertida, alegre e un pouco tímida. Teño oito anos. Gústame ver películas de terror e xogar no parque. Non me gusta os canta xogos e non soporto o peixe

NICO Chámome Nico e teño oito anos. Son de estatura mediana, teño o pelo curto e marrón. Os meus ollos tamén son marróns. Vístome con uniforme. O meu carácter é alegre e tímido. Gústame xogar cos meus amigos e xogar ao fútbol. Non soporto a violencia.

PRESENTÁMONOS

23


PRESENTÁMONOS

24


PABLO Chámome Pablo. Non son alto nin gordo.Teño o pelo curto e castaño, os ollos tamén castaños. O meu carácter é alegre, falador e divertido. Teño sete anos. Gústame xogar ao fútbol e ir ao colexio. Tamén me gusta vestir de chándal. Non me gusta o mal comportamento.

PEDRO Chámome Pedro. Son alto e un pouco forte. Teño o pelo un pouco longo e de cor marrón. Visto coa roupa que me preparan meus pais. Son alegre, moi falador e despistado. Teño oito anos. Gústame moito xogar ao fútbol e non me gusta ter malas notas.

PRESENTÁMONOS

25


PRESENTÁMONOS

26


ROI Chámome Roi. Son de estatura mediana. O meu pelo e de cor castaño e os meus ollos son de cor marrón. Son moreno de pel. Vístome de chándal e algúns días de vaqueiros. Teño oito anos. O meu carácter é alegre e gracioso. Tamén fago amigos rápido. Gústame xogar ao fútbol e pintar. Non me gusta o maltrato a menores.

SARA M

Chámome Sara Maseda Pérez. Son alta e morena. Teño o pelo castaño, os ollos claros e o pelo longo. Vístome con camiseta de manga curta e maias. Teño 8 anos. Son faladora e tímida. Gústanme os animais e xogar coas miñas amigas. Non soporto a violencia porque non me gustan a pelexas.

PRESENTÁMONOS

27


PRESENTÁMONOS

28


SARA O Chámome Sara. Son de estatura mediana, e non moi delgada. O meu pelo e de cor castaña, os meus ollos marróns e son morena.Visto moitas veces maias e camisetas. Son moi alegre e boa. Teño 8 anos. Gústame xogar moito coas miñas amigas, e tamén falar inglés.Non me gusta as pelexas e os insultos.

NICOLE

Eu chámome Nicole, pero a miña familia chámame «Nini». Veño do Brasil e teño oito anos. Son unha nena branquiña. Teño os ollos azuis e o cabelo longo e de cor castaño. Son unha persoa moi alegre e tímida. Gústanme os vestidos azuis e tamén comer tomate. Non me gusta a cebola nin os cogomelos.

PRESENTÁMONOS

29


PRESENTÁMONOS

30


ADIVINA QUEN SON

BRUNO L E I R B GA

PRESENTÁMONOS

CLOE

DENIS BRAIS F 31


CEIP «Juan Fernández Latorre A CORUÑA

PRESENTÁMONOS

32


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.