Os sete irmáns chineses fala de que todas as persoas son diferentes, por moito que se asemellen. Por iso todos somos necesarios.
Autor: Rodolfo Castro Editorial: OQO Así comeza : “Os sete irmáns chineses… eran seis. Aínda
que, ao principio desta historia, só había cinco. Vivían preto do mar. Ninguén os podía distinguir, porque eran todos iguais. Para non confundirse, súa nai chamáballes Li a todos…”
O pito Artur estaba incómodo dentro do seu ovo. Medrara tanto que aquel cuarto se lle facía pequeno...
Autor: Xosé Manuel González (Oli) Editorial: Kalandraka. Factoría K “Dentro da casca, Artur sentíase a salvo, pero
estaba moi apretado. Xa non cabía naaquel cálido cuarto de paredes brancas, así que non lle quedou máis remedio que saír de alí. Descubriu entón que habitaba unha parte moi pequeña dun mundo enorme e descoñecido que se abría ante os seus ollos sorprendidos e curiosos.”
Para ter unha mesa fai falta madeira, para ter madeira fai falta a årbore, para ter a årbore‌
Autor: Gianni Rodari Editorial: Kalandraka
O medo ĂĄ escuridade ĂŠ algo moi habitual na maiorĂa dos nenos e nenas. Este libro axudaranos a ver que podemos vencelo.
Autora: Margarita del Mazo. Editorial: OQO
Os maiores tamén temos medo. As nais teñen un moi grande: que aos seus fillos lles pase calquera cousa. Elas tamén deben aprender que hai que deixalos medrar, porque… non pasa nada!
Autora: Beatrice Masini Editorial: Laberinto
Unha apaixonante aventura que nos lembrará o poder que ten a fantasía para cambiar as nosas vidas.
Todos os nenos teñen un animal preferido e os de Brenda son os dragóns. Despois de ler moitos libros sobre o tema, Brenda sabe perfectamente como eran os dragóns e non consegue entender por que desapareceron. Cando chegan as vacacións do verán, a protagonista e mais os seus pais viaxan a unha casa rural nun bosque, e alí… Autor: Agustín Fernández Paz Editorial: Oxford