3º CICLO

Page 1


Os nosos protagonistas van de viaxe a Nil. Que aventuras correrán? Como atoparán a súa vila? Que será do neno Propicio, do cocho Isaías, do río Inrique e de todos os demais? E o máis importante: que será de Hedión? Unha cousa pódese adiantar: fixo novos amigos, e xente boa non son

Autor: Jacobo Fernández Serrano Editorial: Xerais


Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ao fútbol. As persoas que están a carón do rapaz manteñen discursos diferentes: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico e famoso; súa nai, o mesmo que o adestrador do equipo, desexa que Paio xogue e se divirta sen pensar en condicionantes ...

Autor: Jacobo Fernández Serrano Editorial: Xerais


Esta vez "Los sin miedo" viaxan a Galiza de vacacións. Dende a Torre de Hércules chegarán á zona de Fisterra, onde os catro amigos veranse envoltos en situacións moi perigosas ao buscar un tesouro cuxo plano caeu nas súas mans por casualidade.

Autor: José María Plaza Editorial: Edebé


O xoven “Rajá” pertence a unha antiga familia de magos. Pero, ninguén cre nos seus poderes. El, en realidade, co que máis disfruta é coas cousas sinxelas. A pesares diso, verase na obriga de demostrar a todos que é quen de realizr auténticos prodixios.

Autor: Carl Norac Editorial: Edelvives


Un libro de relatos curtos (curtos tiñan que ser porque eran contados por teléfono, e non é precisamente un medio barato) xorde a fantasía para atrapar o lector nun entramado de xogos de palabras, soños e prodixios.

Nova edición ilustrada por Pablo Otero. Autor: Gianni Rodari Editorial: Kalandraka


Venecia. Días da celebración do Antroido. Unha adolescente de trece anos viaxa soa desde Trieste para un apartamento baleiro, no que vai vivir co seu pai, xa que a súa nai faleceu. Durante a viaxe presenza un crime e denúnciao á policía. Pero o asasino entérase e…

Autor: José María Latorre Editorial: Macmillan


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.