Revista 1

Page 1

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO 2014 OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

1


OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

2


Coma un río quixera eu ser: cantar con estrelas no lombo cara ao mar, deixando unha chorima en cada pedra, e unha bágoa de Deus en cada herba. Xosé María Díaz Castro «Coma un río»

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

3


OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

4


A PORTA E O LIBRO Había unha vez unha porta e un libro que falaban. A porta e o libro estaban moi fartos, porque ao libro sempre lle pasaban as páxinas moi forte e a porta sempre lle daban portazos. Chegou un día no que o libro e a porta estaban moi vellos e tiráronos ao lixo. Un home recolleunos, encantáronlle e tratounos moi ben. Adrián

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

5


O BURRO E A CÁMARA Hai moito tempo un burro vivía coa súa cámara de fotos, que era enorme. A cámara pesáballe moito e o burro tiña que comprar unha cámara nova, moito máis pequena, pero chovía e tivo que chamar a súa amiga a oca para que o levase moito máis rápido nadando. A oca levouno a tenda de cámaras e o burro comprou outra cámara nova máis pequena que a de antes e ademais tiña moitas cores. Volveu a súa casa, púxolle pilas e quitou unha foto coa súa amiga a oca. Despois o burro fixo unha festa con moitos globos de cores. Aldara

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

6


A GATA CUNHA BUFANDA Érase unha vez unha gata que pariu tres gatiños, vivía na casa dunha señora, que se chamaba Susi, que tiña unha filla, que se chamaba Rosalía. Un día Rosalía púxolle unha bufanda, corta e moi ancha, para que non lle fixeran dano os gatiños. Ao día seguinte, Rosalía, ao volver do colexio foi ver aos gatiños e estaban sós, non estaba a gata. Rosalía colleunos un a un para que non tiveran medo. Cando chegou a gata puido alimentar aos gatiños, que estaban xogando con Rosalía. Andrea M.

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

7


O EXTRATERRESTRE E O LIBRO Érase unha vez un libro que vivía dentro dunha mochila e non se podía mover. Un día atopou a un extraterrestre e pediulle axuda. O extraterrestre díxolle: - Vale axudareiche e axudoulle. Despois o libro marchou para casa e o extraterrestre acompañouno e quedouse a vivir con el. Andrea Z

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

8


A MOTO E O ORDENADOR Érase unha vez un rapaz, chamado Xabier, ao que lle regalaron un ordenador cun xogo de motos, porque lle gustaban moito as motos. Xogaba moito con el e rompeulle cando tiña 15 anos. Pasou moito tempo e cando tiña 24 anos mercou unha moto de verdade, porque lle seguían gustando moito. Anxo

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

9


A BOLBORETA E A FONTE Érase unha vez unha bolboreta que tiña moita calor e viu unha fonte e púxose a beber, beber e beber, ata que non puido máis. Estaba chea! E como as bolboretas non se poden mollar perdeu a capacidade de voar e tiña que ir a pé. Nun momento dado díxose a si mesma: - Xa basta, estou cansa! Mirou cara un coche, subiuse nel e chegou a súa casa e díxose: - A próxima vez que saia levarei unha botella de auga para non beber de máis. Chloe

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

10


O BURRO E A SÚA PLANTA Había unha vez un burro que tiña unha planta, plantada na súa cabeza. Estaba farto da súa planta e máis cando estaba pastando. - Io, io, iooo!!!- dixo o burro moi farto. Ao burro molestáballe a planta, porque cando baixaba a cabeza, a planta se lle poñía diante do morro. Ao burro ocorréuselle pedirlle a un home que lle cortara a planta. O home cortoulla e o burro púxose moi ledo. Que alegría!!! Diana

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

11


UN CORAZÓN DE PELUCHE Había unha vez unha cadeira que quería un corazón de peluche para xogar. Un día a cadeira viu un corazón tirado no chan, quixo collelo. Tentou, tentou e tentou e deixou de tentalo porque non pagaba a pena. Un pouco despois pasou por alí un neno, colleuno e púxoo de coxín na cadeira para que estivera brandiña. E así a cadeira tivo o corazón de peluche. Diego

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

12


O GATO NO INVERNO Érase unha vez un gato e unha bufanda. O gato vivía nunha casa e un día quixo saír á neve e explorar o mundo, pero perdeuse e non pasaba ninguén por alí. O gato tiña moito frío. Despois dun tempo pasou por alí unha bufanda e o gato preguntoulle: - Poderías abrigarme? A bufanda díxolle que si e abrigouno. Dende entón a bufanda e o gato andan sempre xuntos.

Enrique

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

13


A CHAVE DESAPARECIDA Había unha vez un libro que estaba nunha clase, ao lado dunha porta. O libro quería saír e a porta non lle deixaba, entón o libro preguntoulle: - Porta por que non me deixas saír? E a porta contestoulle: - Eu quería deixarche saír, pero perdín a chave. Axudareiche a atopala – dixo o libro. E os dous puxéronse a buscala. O libro mirou debaixo da mesa na que estaba, debaixo das cadeiras, polo chan, nos estoxos, dentro do paragüeiro… ata que mirou no bote das cores e…Alí estaba! O libro abriu a porta, despediuse da súa nova amiga, a porta, e marchou. Helena

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

14


O ESTOXO E A MOTO Érase unha vez unha moto que paseaba e atopou un estoxo, que era moi pobre. O estoxo pediulle unha moeda de euro e a moto non lla quixo dar. O estoxo, entón, púxose a chorar. Non chores - díxolle a moto- vou a casa e tráioche unha. O estoxo fartouse de agardar e foi a casa da moto a reclamarlle a moeda e a moto, deulla e pediulle perdón. Hugo

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

15


A FONTE E A BOLBORETA Había unha vez, nun parque, unha fonte e unha bolboreta. A bolboreta tiña calor e decidiu ir á fonte a refrescarse. Cando chegou á fonte meteuse dentro, pero non notaba a auga, non o entendía. Saíu e volveuse meter, pero seguía sen notar a auga e tamén seguía sen entendelo e decidiu pensar que facer. Despois de moito pensar, ocorréuselle ir a refrescarse a outra fonte, pero como non sabía onde había outra, preguntoulle a outra bolboreta, díxollo e foise a beber. Javier

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

16


UNHA ROSA MOI QUEIMADA Un día un foguete, que estaba nun campo, despegaba unha e outra vez. Ao despegar ás rosas queimábanselles os pétalos , pero non se estragaban, porque sempre se apagaban, pero cada vez estaban máis feas. Un día unha rosa protestoulle. O foguete díxolle: - Ninguén me vai dicir o que debo facer, cala!. Volveu a despegar e queimoulle un pétalo. Un construtor, que pasaba por alí, preguntoulle á rosa: - Estás ben? - Si - respondeu a rosa- pero o foguete vaime queimar outra vez. - Tranquila, sei o que hai que facer- respondeu o construtor- e construíu unha plataforma de metal para protexela e o foguete non volveu a queimala. Joel

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

17


O CAN BUSCADOR Había unha vez un can que sempre durmía nunha cama. Un día, ao volver de enterrar un óso, a cama xa non estaba. Foi buscala e cando se fixo de noite volveu para súa casa. Ao día seguinte volveu buscala e cando a atopou era de noite, entón viu que estaba un neno enriba dela e decidiu durmir esa noite debaixo da cama. Ao día seguinte o neno xa non estaba e o can levou a cama para a súa casa e volveu a durmir, coma sempre, na súa cama. Jorge

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

18


AS GAFAS E O ESTOXO Había, hai moitos anos, unhas gafas que sempre estaban do revés, eran dun estoxo e eran moi amigos. Un día o estoxo caeu na conta de que as gafas estaban do revés e díxolle: - Estás do revés. - Ah! iso explica porque vexo todo do revés- contestaron as gafas. Como podemos solucionalo? Pensaron e pensaron, ata que o estoxo tivo unha idea: - Voute empuxar. Puxéronse de acordo e o estoxo empuxou as gafas cara arriba. Funcionou! as gafas xa vían ben e puxéronse a xogar xuntos. Laura C

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

19


O PLANETA MÁIS BONITO Había unha vez unha rosa e un foguete que vivían nun espazo, no que sempre era noite. Un día, a rosa, quixo visitar o planeta Terra, porque as súas irmás sempre lle contaban o divertido que era e ela tamén quería coñecelo. A rosa pediulle ao foguete que a levara. O foguete díxolle que non, que non e que non. A rosa cansouse de que lle dixera sempre non e díxolle que nunca máis lle volvería falar se non a levaba á Terra. O foguete sentiuse moi triste, porque a rosa non lle falaba e ao final levouna. Os dous xuntos pasárono tan ben na Terra que mercaron un piso para quedarse a vivir nela. Laura N

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

20


O ESTOXO E AS GAFAS Hai moitos anos había un estoxo e unhas gafas que tiñan a amizade máis grande do mundo, pero tiñan un problema: Non podían estar xuntos!!! porque o estoxo vivía na escola e as gafas nunha óptica, que estaba fronte dunha parada de bus. Un día o estoxo dixo: - Estou farto de non estar coas gafas!!! As gafas dixeron o mesmo. Nese momento, as gafas viron un bus na parada e subiron nel. Por casualidade era o bus da escola onde vivía o estoxo. Cando chegou o bus á escola, as gafas foron correndo a unha clase e… sabedes que pasou? Que as gafas e o estoxo atopáronse! Nese momento, unha nena dixo: - Preciso unhas gafas! Oh, que bonitas son estas! E así foi como as gafas e o estoxo puideron vivir sempre xuntos. Luci OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

21


OS AMIGOS INSEPARABLES Érase unha vez unha cadeira e un corazón de peluche, que era moi amigos e vivían no cuarto dunha nena. Un día a cadeira e o corazón de peluche estaban falando, cando viron a nena, que xa era maior, encher unha caixa con cousas que quería tirar e na caixa… meteu o corazón de peluche! A cadeira púxose tan triste, que non podía nin falar e pasou días buscándoo. Despois dunha semana, rendeuse, pero de súpeto viuno nun escaparate! Un neno que tamén o viu, mercouno. A cadeira foi tamén para o escaparate e conseguiu que o neno tamén a mercara a ela. Dende entón a cadeira e o peluche non se volveron a separar. Lucía V

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

22


O ORDENADOR E A MOTO Hai moitos anos, existía un ordenador que quería montar nunha moto, pero non sabía e quedouse moi triste, chorando, enfurruñado. O ordenador pensou… «Que importa que non teña carné, vou montar en moto, queira a policía ou non!» Subiu a moto, pisou a fondo e viviu unha vida tola e desastrosa, pero non tanto como para facerse dano.

Marina

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

23


O BURRO E A CÁMARA Había unha vez un burro e unha cámara, que eran moi amigos. Ao burro pesáballe moito a cámara e pensou mercar outra máis pequena. Pero non se decidía porque era moi amigo da que tiña. Foi á tenda e gustoulle unha, pero non a mercou. Volvería ao día seguinte, íao pensar. Ao chegar á súa casa pensou no que ía facer e decidiu mercala. Mercouna e custoulle setenta euros. Ao principio botaba de menos a outra cámara, pero lle pasou pronto. Noa

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

24


UNHA VIAXE ETERNA Érase unha vez uns seres vivos moi distintos que se van facer moi amigos. Eran tres extraterrestres e un libro. Un día o libro quixo facer unha viaxe e decidiu ir a Marte. Cando chegou atopouse cun grupo de extraterrestres, pero non lles entendía nada de nada, e púxose un pouco triste. Pensou e pensou e tivo unha idea: que os extraterrestres lle ensinaran a súa linguaxe e el, ensinaríalles a súa. Cando aprenderon as dúas linguaxes, todos se fixeron amigos e o libro quedou a vivir en Marte Nora

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

25


NO DESERTO Había unha vez unha moto e un estoxo que se perderon nun deserto, pasaban moita calor e tiñan moita sede. A moto non tiña gasolina, porque non tiñan diñeiro para mercar nada. Un día caeu diñeiro do ceo e puideron comprar auga e gasolina, na tenda. A moto levou ao estoxo para a súa casa e ela tamén marchou a súa, para descansar na cama. Óscar

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

26


A PLANTA E O BURRO Hai moito tempo, había unha planta e un burro que se levaban mal, porque o burro quería comer a planta, pola fame que tiña, e a planta non quería que o burro a comese. A planta viu que nunha esquina había moita herba e díxollo aos burro. O burro foi a esquina, comeu toda a herba e deixou de ter fame. A planta librouse de que o burro a comera e nunca a comeu ninguén. Wences

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

27


O CAN E A CAMA Érase unha vez, un can abandonado que loitaba por ser acollido por alguén. Vivía na rúa, nun colchón. Un día de inverno o can foi acollido por unha nena, levouno para o seu cuarto e pousouno enriba da cama. - Ola- díxolle a cama- chámome Tiritirra e, ti como te chamas?. - Eu chámome Cosmedixo o can- e quero un óso. Tamén quero agradecerlle á nena que me trouxera aquí. - Esa nena seguro que te vai coidar moi ben- respondeu a cama - Ah sí?- dixo o can- Por que? - Porque é moi boa e moi cariñosa- contestou a cama. - Pero… a cama do lado non te respetará. A outra cama non os deixaba durmir. Cosme farOS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

28


touse e ladroulle. Pero a cama seguía sen deixalo durmir. Cosme pensou: «mañá estarei canso e canso». Ao final o can tirou a outra cama pola ventá e… - Moi ben, xa mas pagarás!- dixo a cama áre outra cama. Pero Cosme quedou feliz e a nena tamén e conseguiron ser unha familia feliz. Zoe

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

29


OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

30


OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

31


CEIP JUAN FERNANDEZ LATORRE A CORUÑA

OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS

32


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.