AQUELARRE 21
MAIO 2019
1
AQUELARRE 21
MAIO 2019
2
AQUELARRE 21
MAIO 2019
DESPEDIDA DO COLEXIO DEICA LOGO, XENTE! Hai nove anos que descubrín este lugar, un dos meus favoritos de toda a Terra, que é dicir moito. Agora mesmo non podo imaxinar a miña vida sen vir a este colexio. Aínda que ao longo destes anos houbo momentos inesquecibles, non todo foi fantasía. Sobre todo polos exames e traballos, deberes e estudos... Pero iso non é nada comparado coas excursións, actividades, xogos, películas... E por riba de todo está que o compartes cos teus amigose amigas. Hoxe coróase o noso esforzo no Centro que, para nós, é coma un segundo fogar, onde nos deron a formación e a educación para ser persoas de ben; grazas ao apoio do noso profesorado. Aquí pasamos anos felices medrando en tamaño e tamén en coñecementos; descubrindo xeitos de aprender, de compartir experiencias, de afrontar estudos, de socializar... Ao noso profesorado agradecémoslles que se teñan preocupado por todos nós, por rifarnos e ser duros cando non fixemos ben as cousas, por agarimarnos cando choramos, por motivarnos e por ensinarnos. Esperamos que todo o adquirido sirva agora de base para que, chanzo a chanzo, continuemos a medrar como colectivo e como persoas: solidarias, respectuosas e xenerosas. Dentro duns meses ábrese para todos nós unha nova etapa chea de retos e de novas experiencias. Chegarán novos compañeiros e compañeiras e cambiaremos de profesorado. Faremos novas amizades, seguiremos aprendendo e seguiremos medrando, pero dalgún xeito, sempre estaremos unidos a este cole. Pechamos nove anos de vivencias. Marchamos con ilusión, pero tamén un pouco tristes por ter que despedirnos do Fernández Latorre. Grazas a todos e a todas por acompañarnos e axudarnos nesta aventura. Ata sempre! Elba e Lucas, 6º A Sergio e Candela, 6º B
3
AQUELARRE 21
MAIO 2019
1º PREMIO EDUCACIÓN INFANTIL «CONTOS COMPARTIDOS» O MOUCHO RONCHO
Érase unha vez un Moucho Roncho curioso, aventureiro e sobre todo moi viaxeiro, que estaba ansioso por coñecer mundo. Así que na primavera decidiu saír de viaxe. Para iso ataviouse cunhas gafas, unhas aletas e de todo o necesario para gozar, xa que aínda que soe raro, este moucho o que realmente quería era nadar. Un bo día decidiu mergullarse no inmenso mar, e de súpeto atopou unha lura. A lura, ao velo amedrentouse tanto que lle botou unha nube de tinta negra. O Moucho Roncho quedou tan negro que non vía nada. Ocorréuselle refregarse contra algo, pero o pobre Moucho Roncho non coñecía os segredos do océano, e en lugar de refregarse contra unha esponxa fíxoo contra un ourizo de mar; que dor!.. 4
AQUELARRE 21
MAIO 2019
O Moucho Roncho, negro e doído, atopouse entón cunha anémona, esa si que parecía suaviña, así que volveu tentar limparse, pero o Moucho Roncho tampouco sabía que cando te tocan as anémonas... pícache todo, todiño. Así que agora temos ao pobre Moucho Roncho, negro, doído e con rañeira. Xa non sabía que facer, ata que viu unha alga verde, que suave parecía; colleuna coma se fose un pano e refregou e refregou... e de cor verde quedou. IIsto non podía ser certo, estaba negro, doído, con rañeira, manchas verdes e moi, moi canso, tanto que decidiu deitarse un intre na area a descansar. E resultou que esta tampouco foi unha boa idea, xa que agora, ademais, parecía unha croqueta. Finalmente o Moucho Roncho de cor negra, doído, con rañeira, manchas verdes e totalmente rebozado en area decidiu que xa se limparía na casa. E pensou que como na casa non se estaba en ningures. Antía, 4º de EI e a súa nai Mónica
5
AQUELARRE 21
MAIO 2019
PREMIO DO PRIMEIRO CICLO DE EP «CONTOS COMPARTIDOS» O CARACOL SEN AMIGOS
Había unha vez un caracol que non tiña amigos. Saía todos os días pasear pero aburríase moito porque non tiña con quen xogar. Metíase dentro da súa casa e alí pasaba as horas a durmir e soñar. Pero un día todo cambiou; levantouse pola mañá e saíu dar o paseo. Desta vez fixo un percorrido distinto. Xa levaba un anaquiño cando atopou outro caracol que estaba buscando verzas e leitugas e este preguntoulle: -Ola, ti sabes onde podo atopar unhas leitugas e unhas verzas? -Sí, voute levar a un sitio onde hai moitísmas, -contestou o caracol sen amigos. -Pois se me levas e queres axudarme xa podemos ir xuntos á festa que faremos e coñecerás aos meus amigos. O caracol sen amigos aceptou encantado e desde aquel día foi un caracol moi feliz e xamais se volveu chamar o caracol sen amigos. Valeria, 1ºEP e súa nai Mª Elena
6
AQUELARRE 21
MAIO 2019
PREMIO DO SEGUNDO CICLO DE EP «CONTOS COMPARTIDOS» UN TURISTA MOI ESPECIAL Despois de moito planificar, Cenoria, emocionada, colle a súa maleta e sube ao tren para iniciar a súa viaxe. Vai de visita a París, onde viven as súas antigas compañeiras de clase Coles de Bruxelas, que mudaron a esta cidade hai uns meses. O tren das dúas está cheo a rebordar de froitas e verduras pois a primavera é o que ten: á primeira raiola de sol, saen todas de paseo. Cenoria aproveita a longa viaxe para parolar coas súas veciñas. Pataca, a máis lareta de todas, fala sen parar dos seus plans para viaxar ás Américas, onde viven as súas devanceiras. Un grupo de froitas, de camiño a un congreso sobre a gripe, anda moi enfrascado nunha conversa sobre os beneficios de tomar Vitamina C, con Limón e Laranxa á cabeza. Leituga, Tomate e Cebola van pasar uns días á praia, para descansar antes de que comece a tempada de ensaladas. Finalmente, Cenoria comparte asento con Acelga, que anda moi tristeira porque non é a verdura favorita de ninguén e por riba nunca falan ben dela. Vamos, que poñer «cara de acelga» non é nada bo precisamente. Cenoria entende moi ben como se sente Acelga, pois as súas amigas Coles de Bruxelas, tampouco son as máis queridas da horta. Despois de pasar unha viaxe moi entretida animando a Acelga e laretando co resto das froitas e verduras, Cenoria por fin chega a París, onde a esperan as súas amigas Coles de Bruxelas acompañadas dun grupo de Champiñóns de París moi churrusqueiros. Ao parecer, tíñanlle preparadas moitas sorpresas, entre elas, ir ver a súa obra de arte favorita: o cadro «Monda Rina» de Leonabo da Horta. Xa de volta na súa casa, Cenoria pensa: «Que bonito é ter amigos e poder viaxar con eles!». Aimar, 3º C, e a súa nai Annabel
7
AQUELARRE 21
MAIO 2019
PREMIO DO TERCEIRO CICLO DE EP «CONTOS COMPARTIDOS» AS IDEAS, EN PERIGO DE EXTINCIÓN A idea do conto sobre o mago ao que lle gustaba escoitar música Heavy Metal caía precipitadamente dende o ceo. Iso quería dicir que, unha vez máis, outra idea acaba desbotada, pois ao non haber un cerebro que a quixese apadriñar, quedaba irremediablemente orfa. Todo isto preocupaba, e moito, ao señor Big Ote, o Ministro da Imaxinación. Por moita publicidade que facía de libros, por moito que anunciabase a esgalla que os nenos e nenas deben xogar a xogos tradicionais, que debuxar é para o cerebro coma auga de maio e que escribir historias para que outros as poidan ler mantén vivo o ciclo das ideas; por moito que se esforzaba, a xente pasaba de todo. Entrementres, grandes e pequenos engánchanse sen tino as pantallas e os aparatos que consomen os miolos ata deixalos como uvas pasas, perdendo no proceso a unión que conecta o cerebro coas nubes, ata quedar tolos de vez. Este ciclo que tanto inqueda ao señor Big Ote ten moito que ver co ciclo da auga: nas nubes está o mundo da imaxinación, a orixe de todas as nosas ideas. Aquelas con máis sorte que acaban nun cerebro de acollida viven a súa vida ata o final e ven realizado o seu soño. Cando as nubes se enchen de ideas que ninguén quere, empeza a chover e vólvense a encher doutras ideas diferentes... e o ciclo repítese ata que algún humano se lembra delas. Deste xeito, todas as ideas que foran descartadas nalgún momento volven ser candidatas, como no ciclo da auga, porque todas elas teñen vidas sen fin. Por iso se fala de «brainstorming» que, en galego, significa «tormenta de ideas», dise que hai «seca de ideas» cando estas escasean e acúsante de «estar nas nubes». En realidade, é así. E así estamos: ideas hai arreo pero ninguén que as aproveite. De cando en vez, algún humano sorprendíao con algunha idea absolutamente xenial. Como aquela do morcego que usaba lentes e vivía nunha biblioteca no canto dunha cova, para así dedicarse ao que máis lle gustaba: ler. Pero o señor Bigo Ote non se daba por vencido, non é deses seres que se desanima á primeira, nin á segunda, nin sequera á terceira, ía poñer todo da súa parte para acabar con esta pandemia de ideas desamparadas. Que as ideas vos acompañen!
8
Enara, 6ºB, e a súa nai Annabel
AQUELARRE 21
MAIO 2019
PREMIO EXTRAORDINARIO «CONTOS COMPARTIDOS»
Paula,5º EP, e a súa nai Mª Carmen
O MEU GRAN AMIGO MARCELINO O Marcelino do meu conto, non toma pan, viño tampouco. É un homiño tenro e bonachón co seu audífono e o seu bastón. Leva prata no seu pelo e ouro no seu corazón. As engurras do seu rostro pegadas da súa longa vida son. Coñecino nun banco sentadiño descansando do seu paseo, un chisquiño. Ten mil batalliñas que contar de cando loitaba na Segunda Guerra Mundial. Na súa casa, coas súas historias, non quere aburrir, con todo eu, escoitaríao cen veces, ou mil. Por iso sempre lle digo: «Marcelino, conta, conta!, que a esta que fala non lle importa». Moito tempo había que no banco nos viamos día tras día. Hoxe Marcelino non veu, botareite de menos, amigo meu!
9
AQUELARRE 21
MAIO 2019
A PANTERA TRISTE E O LORO
Había unha vez unha pantera que vivía na selva. Era negra, grande e forte. Gustáballe correr entre as árbores e xogar ás agachadas, pero facíao soa porque ningún animal quería estar con ela: todos pensaban que os ía comer. Un día, pasou un loro voando e ao vela tan triste, pousouse nunha póla e preguntoulle que lle pasaba e a pantera díxollo. Entón, o loro foi por toda a selva contando que a pantera era boa. Desde aquel día, todos xogaban con ela e nunca máis estivo soa e triste. Enma e a serpe
2º A-Grupo 1
Unha vez, hai miles de anos,, unha nena chamada Enma vivía nunha cova coa súa familia. Tiña tres anos e era xoguetona e algo rebelde. Unha noite, escapou da cova. Camiñaba cando, atopou unha serpe. Colleuna cun pau e agochouna baixo a súa cama de pedra. Á mañá seguinte, mentres durmía, a serpe saíu do seu agocho e subíu á cama dos seus pais. Cando a viron asustáronse moito e castigaron a Enma sen saír durante unha semana. 2ºB – Grupo 2
10
AQUELARRE 21
MAIO 2019
A HISTORIA DA NOSA AMIZADE Hai tempo, nos anos nos que había moito racismo, á cidade de Madrid chegou unha familia negra de Níger. Os pais tiñan unha nena chamada Amina. Cando chegou ao colexio, unha compañeira empezou a burlarse dela. Entón a profesora, que tamén era de raza negra, decidíu facer un xogo especial para elas as dúas, no que terían como premio un cofre cun tesouro. Entón díxolles que o sábado fosen ao colexio. O xogo consistía en que tiñan que pasar unha proba na que cada unha tiña que poñerse no papel da outra un día enteiro. A nena que se burlaba de Amina pasouno mal pero Amina pasouno xenial. Ao día seguinte, a profesora abríulles o cofre do tesouro pero nel non había nada. -Nada!, exclamaron as nenas. A profesora díxolles : -Cando estivestes unha no papel da outra, non vistes que erades iguais? -Si, contestaron. -Entón, por que non sodes amigas? -Vale, pero, e o tesouro? - O tesouro é a vosa amizade. Respondeu a profesora. E esas nenas ás que lles aconteceu esta historia de amizade hoxe son grandes loitadoras na defensa dos dereitos humanos.
Daniella Cousillas Martínez , 3ºA
11
AQUELARRE 21
MAIO 2019
GUSTARIAME SER... ...Un kiwi porque cando vai frío protéxese coa súa pelaxe. Tamén porque ten moitas vitaminas e está moi rico. Encántanme tamén a súa cor e o seu sabor.
... Un amorodo porque está moi rico, gústame a cor vermella, paréceme moi alegre e faime rir. Encántame o seu nome en galego porque é parecido ao nome «amor» e a min encántame repartir todo o meu amor. Ademais son como cariñas sorrintes que parecen querer dar un bico.
...Un coco, porque tería moita protección e sería redondo e exótico. O mellor é que estaría no aire, pendurado das palmeiras na beira de praia. Unha gozada de vida!
...Unha piña. Son doces, están deliciosas e arrecenden xenial. Tamén porque no verán refréscanme e imaxino que estou nunha praia en Hawaii. Co seu zume podo facer xeados que están boísimos. Encántanme!
...Unha sandía, porque me recorda a min coas súas cores. A vermella, como me poño ao coñecer xente nova. A negra das pebidas, cando son malvada e a verde, cando estou contenta.
4º EP
12
AQUELARRE 21
MAIO 2019
SETE AMIGOS Son sete os amigos do club de lectura, «O MUNDO FANTÁSTICO»: o castiñeiro, o ciprés, a mazá, a sandía, a amora, o feixón e a granada. Sempre viaxan xuntos e escriben contos porque lles encanta. Os contos do castiñeiro sempre son os primeiros. Os contos do ciprés duran un mes. Os contos da mazá duran unha semana. Os que escribe a sandía só duran un día. Os contos da amora duran unha hora. Os contos do feixón duran un montón. E os contos da granada, non duran NADA. Carla Vidal Otero. 3º B
13
AQUELARRE 21
MAIO 2019
QUERIDO GUILLE: Na clase de 6º A, quedando xa pouco para fin de curso e despois de moitos anos xuntos, topámonos con que cambiaches de cole sen tempo para unha despedida como é debido. Puxémonos de acordo e redactamos todo isto que nos gusta de ti para que te acompañe alá onde che leven os teus pasos. «Cando algún de nós está triste, pregúntasnos que nos pasa e tentas que nos sintamos mellor. Tamén me gusta que cando se che dá o parabén por algo, sorrís dun modo moi feliz e simpático». (Gabriela). «Encántame cando golpeas co balón sen querer e pídes perdón coma se non houbese mañá. Cando alguén cae ou se fai dano es o primeiro en dicir: Estás ben?». (Manuela e Mencía). «Guillermo, gústame como tocas a frauta porque o fas xenial. Ademais, fasme rir cando tiras á canastra desde lonxe, de costas... e a metes! Nunca paras ata que a encestas, e dís: «Dedícocha Juan» (ou a outro). Espero que poidamos volver xogar xuntos ao baloncesto.» (Elba Sofía e Candela) «O teu ímpeto e entusiasmo ao facer algo que che gusta, como tocar a frauta ou xogar ao baloncesto. A túa tenra alegría cando consegues un pompón ou fas algo ben. E sobre todo que es moi bo amigo dos teus amigos». (Lucas e Emma). «Cando fas trasnadas, que fas moitas, hai que andar con moito ollo; pero cando es o Guille de verdade, recoñeces as túas trasnadas; o teu corazón vale ouro». (Juan e Estela). «Esfórzaste unha chea para conseguir as cousas que che gustan e, cando o logras, poste moi contento». ( Héctor e Estela). «A túa forma de entregarte ao máximo no que se che encarga; bo compañeiro que cando lle pides algo, nunca di que non». ( Xoel). «Encántame cando defendes ao teu irmán para deixarlle xogar connosco». (Carmela). «Cando hai algo que só che fai graza a ti, acabámonos rindo todos. A túa risa é contaxiosa, alégrasnos sempre por moi tristes que esteamos. Gústame unha chea a túa risa». (Alba, Candela e Emma). «Mellor sería unha despedida en persoa e non por carta e así abrazarnos e dicirche o moito que te botaremos en falta». (Bethy). Xa ves Guillermo, unhas cantas cousas deixas ben feitas. Grazas por todos estes anos xuntos e que a felicidade, que ben mereces, sexa a túa compañeira.
14
Os teus compis e profes de 6ºA
AQUELARRE 21
MAIO 2019
A CASTAÑA FOXE... DO MAGOSTO ONDE VAS? MARCHO. AQUÍ ABÚRROME.
VOU AO MAGOSTO!
MIRA, OUTRA CASTAÑA. QUE CALOR!
QUEREDES CASTAÑAS?
NON ME GUSTAN AS CASTAÑAS.
EU SI QUE QUERO!
SOCORRO, QUÉRENME QUEIMAR!
QUE FAS AQUÍ? FUXIR DO MAGOSTO. 4º EP
15
AQUELARRE 21
MAIO 2019
A PAZ QUE BONITO É SER DIFERENTES !
Os nenos e nenas de 3 anos celebramos o día da Paz. Tomando como punto de partida o conto de «Elmer» de David McKee, traballamos o significado da igualdade a partir das nosas propias diferenzas, fomentando valores como: o respecto, a amizade, a empatía... A pesar de ser todos e todas distintos e distintas quedounos claro que somos iguais buscando a PAZ.
16
3 Anos
AQUELARRE 21
MAIO 2019
O ENTROIDO
17
AQUELARRE 21
MAIO 2019
8 de MARZO O 8 de marzo de 1857, un grupo de traballadoras téxtiles de Nova York decidiu saír ás rúas para protestar polas míseras condicións de traballo. Sería unhas das primeiras manifestacións para loitar polos dereitos laborais. No ano 1911, cento corenta e seis mulleres morreron calcinadas nun incendio nunha fábrica téxtil de Nova York. Os feitos atribuíronse ao propio dono da fábrica, que diante das protestas das traballadoras, prendeulle lume con elas dentro. Contan que ese día, toda a cidade tinguiuse de cor violeta por causa do fume da fábrica. Dende o ano 1975 a ONU declarou o 8 de marzo como o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER cun obxectivo que segue vixente a día de hoxe: a loita pola igualdade, a xustiza e o desenvolvemento.
18
AQUELARRE 21
MAIO 2019
LUÍS SEOANE
Caricatura de Seoane de A. Pallas.
Luís Seoane naceu en Bos Aires, Arxentina, pero veu para Galicia sendo un neno. Cando a Guerra Civil, estaba no bando perdedor e tivo que voltar para a Arxentina. Gustáballe pintar facendo primeiro as formas con cores e despois as liñas. Para el eran moi importantes as mulleres e fixo moitos cadros con elas como protagonistas: mariscadoras, rosquilleira, leiteiras, mulleres falando,.... Gustáballe tamén pintar cousas de Galicia como bailes, feiras, romarías, etc. Parécennos moi bonitos os seus cadros polas súas cores e os seus debuxos que dan a sensación de estar mal feitos. Como este ano, dedicóuselle o Día das Artes Galegas, no noso Centro traballamos a súa obra.
19
AQUELARRE 21
MAIO 2019
O alumnado de 4 anos A traballamos o cadro «Secadeiro de polbos» e quedou así de bonito!!!
20
AQUELARRE 21
MAIO 2019
ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS Caricatura de Antonio Fraguas, de A. Pallas.
Este ano a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas á figura de Antonio Fraguas Fraguas. Pero... quen era este home? Antonio naceu no lugar de Insuela, no concello de Cotobade, en Pontevedra, o 28 de decembro de 1905. Era fillo de Teresa e de Manuel, canteiro emigrante en Brasil. Os estudos primarios realizounos nun par de escolas do seu concello seguindo o bacharelato en Pontevedra e posteriormente os estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Durante a súa estancia en Pontevedra fundou, cos seus compañeiros de instituto, a Sociedade da Lingua, dedicada á defensa do idioma galego e á confección dun dicionario do noso idioma. Cando chegou a Santiago, en 1924, para estudar na súa universidade integrouse no Seminario de Estudos Galegos, unha sociedade creada para a defensa da nosa cultura e na que colaboraban unha chea de intelectuais galegos. Foi profesor na facultade de Xeografía e Historia da universidade compostelá e catedrático de instituto na Estrada, Lugo e Santiago. A súa vida estivo dedicada completamente ao estudo dos costumes, das festas, da xeografía, do folclore e todas as manifestacións populares de Galicia e é autor dunha chea de libros e artigos en revistas e xornais, tendo todos eles a Galicia como tema: «Lugo», «Castelao en Cotobade», «Algunhas cantigas do mar», «Galicia Máxica», ... Foi elexido membro da Real Academia en 1951, ocupando a cadeira que deixara vacante á súa morte Afonso R. Castelao. O seu discurso de ingreso, lido en 1956, tratou sobre as coplas cantadas nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Cando se inaugurou o Museo do Pobo Galego foi nomeado director e durante o seu mandato restaurouse o Mosteiro de San Domingos de Bonaval. Faleceu na cidade de Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999 e foi soterrado no cemiterio compostelán de Boisaca.
21
AQUELARRE 21
MAIO 2019
VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE
Neste museo mariño vimos un montón de cousas. Na sala Maremagnum viven unha chea de peixes: medusas, estrelas, de mar, polbos, morenas, congros, raias… No piscinarium saudamos ás focas. Na sala Nautilus foi onde mellor o pasamos, vendo como os mergulladores daban de comer ás quenllas. Nesta sala é onde se atopan os peixes máis grandes do acuario: douradas, robalizas, meros…
Alumndo 4
22
AQUELARRE 21
MAIO 2019
VISITA AO MAC O venres, 30 de novembro de 2018, os alumnos e alumnas de 3º C fomos de visita ao Museo M.A.C para ver unha exposición. O título da obra era «A poética da sinalética». Primeiro, vimos varias parellas de obxectos e tiñamos que adiviñar cal era o obxecto artificial e cal era a obra de arte. Logo, fomos ver un ordenador cun vídeo duns pictogramas, que indicaban como tiñamos que comportarnos no museo. Por último, fomos a unha sala na que fixemos dous xogos. Un consistía en que había persoas cun peto no que pegaran un cartón cunha letra debuxada. Había que adiviñar unha palabra que tiña que ver coas cousas relacionadas coa educación vial e o perigo. No outro xogo tiñamos que adiviñar un sinal coa sombra dunhas persoas que se corresponde co sinal. Foi un día moi divertido!
3º C
23
AQUELARRE 21
MAIO 2019
TALLER DE PAPIROS EXIPCIOS
No segundo trimestre, os nenos e nenas de 5 anos viaxamos ao An tigo Exipto, e fabricamos papiros. Materiais: Cartolina branca tamaño folio. Cola branca. Pinceis. Vendas. Café frío. Ceras brandas. Procedemento: 1º Mesturamos a cola branca e o café para obter unha cola nin moi líquida nin moi espesa. 2º Sobre unha cartolina branca colocamos os rectángulos das vendas e pegámolas coa cola. 3º Deixámolos secar durante un día. 4º Unha vez secos debuxamos sobre eles coas ceras. E este foi o resultado. Unha preciosidade!!! 5 anos
24
AQUELARRE 21
MAIO 2019
VIDA SAUDABLE
Algo moi importante que hai que aprender é a levar unha vida saudable. En Ciencias da Natureza, vimos que unha maneira moi importante de coidarse é seguir unha alimentación variada e equilibrada. Así, aprendemos os diferentes chanzos da pirámide alimenticia (alimentos que hai en cada un deles, cantas veces hai que consumilos á semana, que nutrientes nos aportan… ). Para plasmar todo o aprendido, construímos unha pirámide xigante no corredor do colexio para recordar a súa importancia. Enchemos a pirámide recortando os alimentos de diferentes revistas. ´ Xa sabedes: a coidarse, amiguiños!
1º EP
25
AQUELARRE 21
MAIO 2019
OS PLANOS DAS NOSAS CASAS
Aproveitando que traballamos en Ciencias Sociais as estancias das nosas vivendas, decidimos facer un proxecto moi interesante. Para este traballo, fixemos os planos dos nosos fogares aprendendo a representar os mesmos como o faría un verdadeiro arquitecto. En primeiro lugar, puxémonos o traxe de faena co casco e todo. En segundo lugar, trazamos os planos (coidando diferenciar portas, ventás, estancias) e, por último, construímos os edificios no corredor do colexio. Quedounos xenial!
1º EP
26
AQUELARRE 21
MAIO 2019
AS NOSAS PAISAXES
As nenas e nenos de 2º construímos unhas maquetas dos diferentes tipos de paisaxes. Por equipos, utilizando cartón e plastilina fomos elaborando os elementos que formaban as nosas paisaxes: de montaña, de chaira ou de costa. Despois cada equipo expuxo as características da súa paisaxe, primeiro dentro da clase e logo noutras clases do ciclo. «Gustoume traballar en equipo». «A actividade foi divertidísima». «Encantoume facer manualidades». «Foi xenial!». 27
2º EP
AQUELARRE 21
MAIO 2019
EXPERIMENTO DENSIDADE Materiais: 1) Recipiente transparente 2) Mel 3) Auga con colorante 4) Xabón 5) Alcol con colorante 6) Aceite
7) Moeda 8) Parafuso 9) Rolla 10) Tapón de plástico 11) Cacho de cenoria
Proceso: 1º.- Engadimos todas as substancias líquidas, en calquera orde, no recipiente transparente, e comprobamos que as máis densas quedan no fondo sen mesturarse coas demais. Mel > xabón > auga > aceite > alcol. 2º.- A continuación, vamos botando os distintos obxectos e comprobamos en que substancia líquida quedan flotando cada un deles. Ao fondo quedarán a moeda e o parafuso > a cenoria, no xabón > o tapón de plástico, na auga > a rolla, no alcol.
Conclusión: Con este experimento comprobamos as distintas densidades das diferentes substancias líquidas e dos obxectos. Os máis densos vanse ao fondo porque pesan máis, e os menos densos quedan na parte superior.
28
5ª EP
AQUELARRE 21
MAIO 2019
EXPERIMENTO SOLUBILIDADE Materiais: 1) Recipiente transparente 2) Aceite 3) Auga
4) Colorantes 5) Vaso medidor
Proceso: 1º.- No vaso medidor botamos 150 ml de auga e despois engadímola no vaso transparente. 2º.- Facemos o mesmo proceso co aceite. 3º.- Botamos unhas pingas de colorante azul, amarelo e vermello. Estas pingas forman unhas boliñas no aceite.
4º.- Pasado un tempo, observamos como as pinguiñas que botamos de colorante baixan ata o fondo e fúndense coa auga formando un efecto incríble.
Conclusión: Con este experimento observamos que o colorante non se disolve no aceite, pero si na auga.
5º EP
29
AQUELARRE 21
MAIO 2019
VISITÁRONNOS O 21 Febreiro visitounos Iago López, o autor do libro «O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas». Encantounos a historia deste cociñeiro real con tan bo corazón, que lemos todos xuntos en clase na hora de ler. Despois, cada un de nós debuxamos a nosa escena preferida do conto e escribimos a nosa opinión persoal nunha cenoria. Durante a visita do escritor, Iago deixounos participar no contacontos e algúns de nós fomos os protagonistas do libro: a cesteira, a carteira, o apicultor… que van atopándose co cociñeiro. Foi moi divertido! Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria
A min gústame moito o libro de María Reimóndez «O xeito das froitas» porque me axuda a comprender que non temos que ter todo para ser felices, e que temos que aforrar diñeiro para a comida, a luz... e que se algo custa moito e está moi rico podemos cambialo por outra cousa coma un plátano que é moito máis barato e está moi rico. Tamén me gusta porque está escrito en galego. Cando Iris chega á escola é a única da súa clase que o fala. Cando imaxina que é unha froita é moi divertido. Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria
O alumnado de 5º e 6º tivemos un encontro con Ledicia Costas, autora de “As peripecias de Extravaganzza Pérez”, e charlamos sobre o seu libro. “As Peripecias de Extravaganzza Pérez” é un libro de literatura infantil e xuvenil, que ten como protagonista a unha nena de once anos, valente e coas ideas moi claras. Vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son uns biólogos de fama que semellan querer moito aos animais e, por suposto, á súa filla. Un día van a unha expedición secreta, deixando a Extravaganzza soa na casa. Todo parece unha boa idea ata que os seus pais non dan sinais de vida durante semanas. Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria
30
AQUELARRE 21
MAIO 2019
31
AQUELARRE 21
MAIO 2019
32