AQUELARRE 16
MAIO 2014
1
AQUELARRE 16
MAIO 2014
2
AQUELARRE 16
MAIO 2014
DESPEDIDA DO COLEXIO
O primeiro día que fun ao meu colexio tiña 3 anos, anteriormente estivera dous anos na gardería. No colexio atopeime cunha profesora moi boa chamada Rosa, era moi atenta. Eu creo que era unha mestra con moita vocación. Co paso dos anos coñecín moitos profesores, profesoras, amigos e amigas. As celebracións eran o que máis me gustaba. No Samaín, sempre levei a cabaza pintada e decorada, non deixei de facelo ningún ano. O Entroido era moi emocionante, todas as clases disfrazadas e no patio víasenos multicolor e todos os pais ao redor moi entusiasmados facendo fotos; era moi divertido. As saídas co colexio foron o mellor do mellor. As de fóra como a Casa do Queixo e o Camiño de Santiago encantáronme. As da cidade, moi informativas. Grazas, grazas a todos: ao profesorado que tiven ao longo da miña estancia, á orientadora, ao director e á miña última profesora, Carmen, porque tiveron moita paciencia comigo. Aínda que non me fago á idea de que o colexio acabe tan pronto. Espero que a próxima etapa da miña vida sexa tan feliz coma todos estes anos. O bo de todo isto é que levo moitos amigos e sempre vou telos presentes porque formarán parte da miña vida.
Ainhoa Sánchez Reimúndez 6º B
3
AQUELARRE 16
MAIO 2014
1º PREMIO EDUCACIÓN INFANTIL «CONTOS COMPARTIDOS» MARGA, NON TEÑAS MEDO Conta unha lenda que unha mañá ía Carme maila súa nai de paseo pola fraga que hai a carón do pobo da súa avoa, A Sainza. Nisto oíron unha voceciña tremente que dicía: - Olaaa…hai alguén por aí que me poida axudar? Logo de mirar fixamente a todo que o estaba arredor delas, viron algo que se axitaba moito a pesar de que non ía nada de vento. Carme baixouse a mirar máis preto e oooh sorpresa! Era unha fermosa flor que estaba sorrindo timidamente cara ela. Era fermosa, moi fermosa como o son todas as flores. A nena chamou a súa nai a berros: - Mamá, mamá… vén, corre, rápido. Mira, mira! A nai achegouse e mirou cara a flor. Non o podía crer… Logo de recuperarse, e mirala moitas veces intentou que lle saíran algunhas palabras: - Ola margarida … que é o que che acontece? - Que sorte que me atopastes…Chámome Marga e estou moi asustada vendo a eses homes que están tan pretiño de min. Teño medo porque entre nós sabemos o que está sucedendo coa terra. Está cansa de que os homes a firan. Cansa de que non a cuiden. Cando ela lles dá todo o que ten, o único que recibe a cambio e contaminación nos ríos, no aire; queima de montes, tala de árbores. E por iso polo que se despertan os volcáns, polo que hai terremotos e tsunamis; vai moitísimo frío no inverno e afogamos de calor no verán. A terra está farta de tanta ingratitude. - Marga, non teñas medo. Nós os nenos na escola estudamos moitas cousas e unha delas é aprender a respectar a natureza. Coidala e querela. Seguro que imos facer que todo vaia ben. Que a terra se sinta orgullosa de nós. E así foi pasando o tempo. Pasou a primavera e logo o verán. A flor explicoulle que ía chegando o momento de marchar, pero que coa próxima primavera voltaría, aínda que non sabía onde ía nacer de novo. A nena púxose moi triste pois quería moito a flor e foi contarllo á súa nai. Esta díxolle: - Que che parece se a poñemos nunha maceta e a traemos ao noso xardín? Así na próxima primavera , cando volte, estará contigo. E así foi como a levaron para a casa e durante moitos anos, aínda hoxe en día, en cada primavera florece na maceta que está ao carón da fonte. - Que bonita lenda, mamá. Gustoume moito. Idea orixinal: Xiana López Vázquez Autor texto: Francisco López Blanco
4
AQUELARRE 16
MAIO 2014
1º PREMIO do 1º Ciclo de E P «CONTOS COMPARTIDOS»
A MIÑA AVOA Teño dúas avoas e cada unha moi peculiar. A miña avoa Milagros que lle gusta moito cociñar. A miña avoa Flora que a guitarra lle gusta moito tocar. Avoa pasteleira, comer e comer é o que máis lle gusta facer. Todo o día a todas as horas comida a rodar, ata que o estómago xa non pode máis. Faríame xigante e forzuda se comera o que ela me dá, ah... xa non podo máis, o bandullo empeza a berrar. Unha máquina de cociñar, pola fiestra empeza a marchar. - Vide aquí, berra a avoa, a onde cres que vas? dille a súa comida que quere marchar, as portas dos veciños se abren para mirar e os pasteis empezan a entrar.
Á miña avoa guitarrista gústalle moito tocar, E a súa casa ten forma dun instrumento de verdade Que todo o día está a soar. Soa de día e soa de noite; máis alta, máis baixa. Na súa cociña todo é melodía: as cadeiras, as mesas, as tixolas... non paran de bailar E dentro das cazolas un montón de notas cociñándose están. - Teño fame avoa - Un momento que logo está Pero cando vou mirar as potas están a bailar E non me deixan mirar, E a barriga empeza a berrar. Que podo facer, a todos lles gustan as miñas avoas E a min tamén, pero eu só quero comer un pouco de comida de verdade Ah... e logo desperto e chamo a mamá que me está esperando co almorzo, para que coma xa. Estela Regueiro Otero e a súa nai Mercedes Otero López
5
AQUELARRE 16
MAIO 2014
1º PREMIO do 2º Ciclo de E P «CONTOS COMPARTIDOS»
O GATO CHISPA Na casa da Carme, a muller de Donato, vivía moi tranquiliño un fermoso gato. Tan bo era Chispa que así se chamaba, que a todos os veciños engaiolaba. Pensou que se aburrira da nosa Galicia e por marchar dela, deuse moita présa. Visitou mil países, cruzou moitas pontes brincou por cidades e tamén por montes. Ninguén polo mundo galego lle falaba, quería entender, non entendía nada! Cando peixiño fresco quería comer ninguén o comía, era tempo de lecer. Pensou na súa dona, ao carón da cociña, escoitou unha gaita, entroulle a morriña. Chorou por voltar a súa Galicia, o camiño de volta dáballe preguiza. -Coidado co can, que te pilla! berroulle un coello. E Chispa por ser gato, colleu moito medo. Correu tan á présa, sen a cabeza xirar, que chegou a Galicia, chegou ao seu lar. Que ledo se puxo o bo do gatiño, cando viu á súa dona e ao seu veciño! “Nunca máis de Galicia penso marchar, mais do que teño, non penso ir buscar. Que terras fermosas, que xente tan nobre, vivir lonxe dela é sentirse pobre. As chairas, os vales, os golfos e as illas. Non me veñas buscar, porque non me pillas”. SOFÍA GONZÁLEZ TOHUX, 3ºA e a súa nai SOLEDAD Mª TOHUX
6
AQUELARRE 16
MAIO 2014
1º PREMIO do 3º Ciclo de E P «CONTOS COMPARTIDOS»
O NENO DO TAMBORIL Desde que o neno aprendera a tocar o tamboril aquilo converteuse nunha obsesión. Tocaba a todas horas, e deixou de falar. Comunicábase a golpe de tamboril, batía unha vez para dicir “si” e dúas veces para dicir “non”, repicaba se estaba contento e tocaba moi, moi forte cando estaba enfadado. A todo o mundo lle facía doer a cabeza. Ao neno non lle importaba, era feliz co seu tamboril. Pero os seus amigos foron cansándose de tanto ruído e xa non xogaban con el; no colexio non lle deixaban usar o tamboril e entón nunca falaba; os seus pais usaban tapóns para os oídos e a súa irmá maior non lle facía ningún caso. Cada vez estaba máis só. Os seus pais estaban tan preocupados que o levaron ao médico, o diagnóstico foi que non lle pasaba nada pero que era moi, moi testán. O neno estaba máis triste cada día que pasaba, non sabía explicar o que lle pasaba nin tiña forzas para tocar o tamboril. O rapaz pensou que quería xogar cos seus amigos, quería contar moitas cousas que non podía co tamboril. Non podía explicar como era o niño da pega que se vía desde a súa casa, nin o sabor dos caramelos de laranxa que lle gustaban. Así que decidiu non tocar o tamboril nunca, nunca máis. Logo pensouno mellor e decidiu tocar nas festas. Baixou correndo ao parque e berroulle aos seus amigos: - Podo xogar? Xoán López Castro e a súa nai, María José Castro
7
AQUELARRE 16
MAIO 2014
Dona Disparate É unha doutora que trata de curar case calquera cousa. A Roi T, Lucas, Shaila e Desirée doíalles a testa, a doutora mandoulles... meter froitos na cesta!! A Enara, Héctor e Ánxela doíanlles as orellas, a doutora mandoulles... fregalas con lentellas!!
Em
A Sergio, Beth, Alba e Roi Antón doíanlles as pestanas, a doutora mandoulles... durmir unha semana!!
m
a
A Clara, Alex e Valeria doíanlles os pés, a doutora mandoulles... camiñar durante un mes!! A Alberto, Pablo, Elba e Candela doíalles a gorxa, a doutora mandoulles... berrar con moita forza!! A Emma, Noa e Carla doíanlles os ollos, a doutora mandoulles... quitarse os piollos!! A Felipe, Sofía, Marco e Luis doíalles o embigo, a doutora mandoulles... ir de vacacións a Vigo.
Roi Antón
Agora a estes nenos xa non lles doe nada, a doutora mandoulles... comer moita empanada!! Alumnado de 1º A
8
AQUELARRE 16
MAIO 2014
AS SEREAS EN PERIGO Hai moito tempo no fondo do mar había un castelo onde vivían as sereas. Un día chegou unha quenlla moi grande que atacou o castelo. Trabou a porta cos seus dentes afiados e entrou. As sereíñas escaparon nadando moi asustadas pero unha quedou atrapada nas cortinas de algas pegañentas. As sereas avisaron aos seus amigos os golfiños para que lles axudasen. Cos golfiños, foron todos os animais do mar a salvar á sereíña. Todos menos a balea que era moi grande e non cabía no castelo. Os golfiños agarraron a quenllamentres un peixe espada lle pinchaba o cu. As lagostas e os caranguexos cortaron as algas pegañentas e o polbo sacou á serea cos seus raxos. Ao final a quenlla fuxíu e as sereas invitaron a todos os animais a unha festa no castelo e déronlles medallas a todos.
A LENDA DE PALLASÍN E COLORÍN Hai pouco tempo, no fondo do mar, vivía un polbo chamado Colorín e un peixe chamado Pallasín que eran moi bos amigos. Un día que Colorín e Pallasín estaban a xogar ao pillapeixe, quedaron atrapados na rede duns pescadores. Un cabaliño de mar que pasaba por alí viunos e foi avisar as súas familias. Todos chegaron para axudalos, pero os polbos enredaban os seus raxos na rede e os peixes enganchaban as súas colas. Un dos polbos avisou aá súa amiga a quenlla. Cando esta se achegou, os pescadores fuxiron asustados e soltaron a rede. Ao final puideron escapar da rede, marcharon todos xuntos e fixeron unha festa acuática. Alumnado de 1º B
9
AQUELARRE 16
MAIO 2014
A HISTORIA EN VERSO
Aparece o ser humano, pinta pinturas nas covas; inventa a roda e o lume; estamos na Prehistoria. Empeza a Idade Antiga cando xorde a escritura e os gregos e os romanos tráennos moita cultura. Ao chegar os visigodos, cae o Romano Imperio; comeza a Idade Media, cos seus reis e cabaleiros. Colón descobre América; empeza a Idade Moderna e trae patacas e millo procedentes desas terras. Empeza un novo tempo coa Revolución Francesa: a Idade Contemporánea; aínda hoxe estamos nela. 5º A
10
AQUELARRE 16
MAIO 2014
AO TEATRO! O día 27 de marzo os nenos de terceiro fomos ao FORUMETROPOLITANO para ver unha obra de teatro titulada “A mano”. Contábase unha historia sen falar nada, soamente con barro e as catro mans dos actores que se movían por unha mesa no escenario. Cunha boliña de barro facían a cabeza do boneco protagonista e utilizaban os seus dedos para facer de brazos e pernas do boneco. A historia conta a vida dun personaxe (o boneco de barro) que vive no escaparate dunha tenda de obxectos de ocasión con outros obxectos de barro e é o único que ten vida. Na historia intenta escapar da tenda varias veces porque ninguén o merca e ve como se van vendendo e marchando os outros obxectos. O final é triste pero contáronnos os seus autores que na vida real hai moitas cousas tristes e que é bo contalas. Ao rematar a obra os actores regaláronnos unha boliña de barro para facer o mesmo ca eles. Coidado co barro que pon as mans laranxas!
Alumnado de 3º A
11
AQUELARRE 16
MAIO 2014
SAMAÍN
M A G O S T O
12
AQUELARRE 16
MAIO 2014
RECEITAS de TEMPADA Chulas de cabaza Ingredientes -
1/2 kg de cabaza 200 ml de leite 5 culleradas de azucre sal, aceite e azucre glass
- 4 ovos - 250 grs de fariña - 1/2 sobre de fermento
Preparación Cortamos a cabaza en anacos grandes e sacámoslle a polpa. Poñemos unha pota con auga e sal, e cocemos a polpa ata que estea branda. Escorrémola e reservamos a auga. Poñemos nunha cunca a cabaza cocida, os ovos, o leite, o azucre e pasamos o batedor. Engadimos a fariña. Debe quedar mesta como para facer unhas filloas. Nunha tixola, quentamos aceite cunha pel de limón. Cando empece a dourarse, imos engadindo cun cullerón porcións de masa. Fritímolas e poñémolas nun prato con papel absorbente Espolvoreamos con azucre glass. Alumnado de 4º B
Caldo de castañas Ingredientes -
125 gr de castañas Un anaco de touciño ou un anaco de orella de porco Media cebola e medio dente de allo Media cullerada de vinagre Aceite e sal
Preparación Pela as castañas e párteas pola metade. Bótalas a ferver en auga con sal, acompañándoas cun terzo de cebola, medio dente de allo e o touciño. Deixar este caldo unha hora e media a lume lento. Mentres, nunha tixola poñemos aceite e o que queda da cebola picada e sofritimos ata que estea tenra. Engadimos o sofrito ao caldo e dámoslle un fervor e listo para servir. César Iglesias Pérez 4º B
13
AQUELARRE 16
MAIO 2014
“BEBERAXE PIRATA” Ao barco pirata dos nenos e nenas de 4 anos chegou unha noticia: O pirata Turulata tiña unha enfermidade moi temida, o escorbuto e para que a nós non nos pasase o mesmo, mandounos unha receita cunha beberaxe que nós seguimos.
Puxémonos mans á obra e comezamos co primeiro ingrediente: azucre.
Deseguido, a granadina.
Cada un prepara o seu vaso. Mollándoo primeiro na granadina e logo no azucre.
Engadimos os zumes: primeiro o de piña e despois o de melocotón.
Poñemos as palliñas e… a beber!!!
Que bo está!!! Alumnado de 4 anos
14
AQUELARRE 16
MAIO 2014
A PAZ SEIS HOMES Eran seis homes que buscaban un lugar onde vivir e traballar en paz.
Traballaron moito, fixéronse ricos e contrataron soldados, para que os defendesen.
No outro lado do río vivían uns homes que non querían que os atacasen.
Vixiábanse os dos dous lados do río e, por culpa dunha pomba comezou a batalla.
Cando rematou a batalla, só quedaron seis homes de cada lado.
Os homes dos dous lados, fóronse a un lugar onde vivir e traballar en paz.
Alumnado 3º B
Resumo do libro «Seis Homes» Autor: David Mckee
15
AQUELARRE 16
MAIO 2014
O ENTROIDO UN ENTROIDO CHOQUEIRO
.
Non hai
Isto vaime servir.
Gústavos?
Aquí hai moitas cousas para o Entroido!
Que bonito!
Si
Alumnado de 3º B
16
AQUELARRE 16
MAIO 2014
DÍA DO ENTROIDO Este ano adicamos o Entroido á Historia. Cada grupo escolleu unha época histórica e recreouna con disfraces, bailes, teatro...
17
AQUELARRE 16
MAIO 2014
UNHA VIAXE AO ANTIGO EXIPTO Os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha viaxe a través do tempo e chegamos ao Antigo Exipto.
Visitamos as pirámides, vimos a máscara de Tutankamon
e navegamos en faluca polo Nilo cheo de hipopótamos e crocodilos
e ata nos convertemos en momias.Tamén fixemos xeroglíficos cos nosos nomes en papiros.
Antes de regresar, vestímonos de exipcios e bailamos coa súa música. Foi unha viaxe incrible!
Alumnado de 5 anos
18
AQUELARRE 16
MAIO 2014
LETRAS GALEGAS Xosé Manuel Díaz Castro A miña vida Nacín 1914, na aldea do Vilariño, parroquia dos Vilares, concello de Guitiriz. Fun un neno labrego e, coma tantos outros, estudei no Seminario de Mondoñedo. Alí coñecín ao poeta Aquilino Iglesia Alvariño. Os meus primeiros poemas escribinnos alí, algúns publicáronmos no xornal “El Progreso Villalbés”. Cando estalou a Guerra Civil estiven de enfermeiro polo frente de Asturias, foi horroroso! Apesar de que no servizo militar coñecín, por carta, á que sería a miña muller. Ao remate da Guerra traballei de profesor en Vilagarcía, pero logo fun traballar a Madrid de tradutor. Pero nunca me esquecín da miña terra e da miña lingua. Só publiquei un libro, que ten por título “Nimbos” e que recolle os poemas de toda a miña vida. Publiqueino pola insistencia dun grupo de amigos, porque eu pensaba que os meus poemas non tiñan a suficiente calidade. Cando me xubilei voltei para Galicia, onde pasei os meus últimos anos.
P E N É L O P E
Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron, Deus é o mesmo. Suco vai, xuco vén ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
19
AQUELARRE 16
MAIO 2014
ESMERALDA Letra: Xosé Díaz Castro
Música: Antonio Mandiá
LETRA Herba pequerrechiña que con medo sorrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, por que de ser pequena te me avergonzas ti? O Universo sería máis pequeno sen ti.
20
AQUELARRE 16
MAIO 2014
PINTAR COS OLLOS VENDADOS A "normalidade" non existe, é unha idea teórica, unha barra quitamedos, como os rodíns das bicicletas dos máis peques, unha idea inventada na nosa cabeza para quitarnos o medo ao descoñecido mentras aprendemos a ser e a estar no mundo. Afastamos de nós as persoas diferentes por non ser como "a xente normal". Cambiar este prexuízo non é doado e precisaremos de xestos visibles que nos axuden no cambio de rumbo que precisamos desde pequenos. Este é o obxectivo que preside moitas das nosas actividades, aínda que a que vos traemos aquí é a que máis nos fixo reflexionar nesta aula de 5º B. Como sente unha persoa cega as cores? É posible poñernos no seu lugar para entender o mundo doutro xeito? Lanzámonos a esta actividade de plástica con moito entusiasmo. Misturamos unhas pinturas de dedo con esencias de arrecendos (limón para o amarelo, laranxa para o laranxa, fresa para o vermello...) E así, cos ollos vendados puxémonos a pintar un cadro. O resultado final aínda nos gustou máis que o que criamos. O mundo non se pecha cando os nosos sentidos ou o noso funcionamento son desiguais, só se pechan as portas da nosa comprensión cando xulgamos o mundo dende a nosa suposta normalidade.
Alumnado de 5º B
21
AQUELARRE 16
MAIO 2014
AUTORRETRATOS Os rapaces a as rapazas de 4º A fixemos neste trimestre os nosos autorretratos. Todo comezou así: cada un de nós tiñamos o autorretrato dun pintor ou dunha pintora que nos deu o noso profe Alfonso e unha pequena información sobre a súa vida e os seus cadros. Logo, nas horas de Plástica, fixemos o noso autorretrato nunha cartulina de cor “beige” mirándonos nun espello ou cunha foto que trouxemos da casa. Tamén buscamos máis información en dicionarios ou en “Google” sobre o pintor e o escribimos nunha cartolina. E para rematar fixemos un gran mural ao lado da porta do ximnasio coas fotos dos pintores, a información e os nosos autorretratos; e sacamos unha foto todos xuntos diante do mural. Descubrimos pintores que non coñeciamos como Andy Warhol, Frida Kahlo ou Degas con outros dos que xa oiramos falar como Picasso, Goya ou Van Gogh. O que máis nos gustou foi ver que tiñamos parecidos cos autorretratos dos pintores e os nosos!!
E aprendimos moito. FOI MOI DIVERTIDO!! Alumnado de 4º A
22
AQUELARRE 16
MAIO 2014
CURIOSIDADES DE ANIMAIS Sabías que… A balea asasina ou orca pode nadar ata 56 Km/hora.
O hámster dorme durante a época máis fría do ano.
No momento de ser capturada, a ra, emite unha especie de queixido en forma de berro moi agudo.
Unha vaca pode beber unha bañeira chea de auga nun día.
Como fai moito ruído ao comer o rato necesita oír que ocorre ao redor del. Por iso as súas grandes orellas.
Os esquíos voadores, para ir dunha árbore a outra, abren mans e patas e forman un paracaídas de pelexo. Alumnado de 2º A
23
AQUELARRE 16
MAIO 2014
A TERRA ESTÁ MALIÑA
24
AQUELARRE 16
MAIO 2014
Alumnado de 2ยบB
25
AQUELARRE 16
MAIO 2014
PROXECTO BEBÉS Durante o primeiro e segundo trimestre o alumnado de tres anos estivemos a traballar o "Proxecto bebés". Quixemos que fose unha fonte de ideas para explicarlles cómo era iso de cando eran bebés e tamén para orientar e acompañar aos pequenos príncipes/princesas destronad@s a quen de repente un día seus pais lles comunican que dentro duns meses terán un irmán.
ANTES DE NACER
BEBÉS
ASÍ SOMOS AGORA Alumnado 3 anos
26
AQUELARRE 16
MAIO 2014
CIRCUíTOS ELÉCTRICOS Este trimestre as clases de 6º A e 6º B fixeron varios circuítos eléctricos para ensinar e aprender como funciona a electricidade. Comezou tras estudar os moitos usos da electricidade. Máis tarde os nenos e nenas comezaron a facer circuítos simples e doados, seguido de traballos cada vez máis asombrosos.
O traballo consistía en baterías que facían funcionar aparellos eléctricos, tales como un motor, unha lámpada ou un timbre.
Presentando os circuítos había diversos decorados: unha casa, un muíño, un salón e algúns con xogos de preguntas curiosas.
27
AQUELARRE 16
MAIO 2014
Pasámolo xenial facéndoo, recomendámosvolo a todos, pero sempre coa axuda dun adulto.
Un circuíto eléctrico está formado fundamentalmente por: • Un xerador de enerxía (pila). • Elementos ou fíos condutores (cable de cobre). • Aparato ou receptor (timbre, lámpada ou motor). Ademais deste elementos fundamentais pode ter outros como un interruptor. Para que un circuíto eléctrico funcione todos estes elementos deben estar conectados entre si, tendo en conta os polos positivo e negativo da pila. Alumnado de 6º
28
AQUELARRE 16
MAIO 2014
GUSTOUNOS LER “O príncipe das sombras” Autor: Milan Ilustrador: Pablo Otero Editorial: Kalandraka Pareceume estupendo porque estaba cheo de adiviñas e aventuras fascinantes. (Sheila) Dende o principio prendeu o meu interese, non quería deixar de ler. Encantoume! (Claudia A.)
“Desde unha estrela distante” Autor: Agustín Fernández Paz Ilustrador: David Pintor Editorial: Xerais Unha historia orixinal e interesante, que me gustou moito. (Antón) A amizade entre a nena e o extraterrestre chamoume moito a atención. Eran moi amigos. (Claudia R.) Pareceume moi curioso que o extraterrestre se transformara en moitos seres diferentes e que fora tan bo e intelixente. (Yanira)
“A Miragaia” Autor: Carlos G. Meixide Ilustrador: Xeno Editorial: Soteloblanco É un libro que fala dun pobo calquera, no que os nenos son o mellor do mellor. Recoméndollo a todo o mundo ao que lle guste pasar bos momentos. (Clara)
“Contos por teléfono” Autor: Gianni Rodari Ilustrador: Pablo Otero Editorial: Kalandraka É un libro cheo de contos disparatados, pero moi divertido e de gran imaxinación. Recomendaríallo a todo o mundo. (Adrián)
29
AQUELARRE 16
MAIO 2014 «O merlo de ferro» Autor: Antón Cortizas Ilustradora: Irene Fra Editorial: SM Colección: O barco de vapor
Gustoume moito porque di palabras moi bonitas. Tamén me gustou a forma na que o ferreiro escolle as cousas coas que vai facer o merlo, ten moita imaxinación e fantasía. (Luci) A min gustoume moito porque as palabras coas que Antón fixo o libro saíronlle do corazón. (Laura N) Pareceume moi bonito como o merlo vai conseguindo o peteiro de raios de sol ben apretadiños, os ollos de dúas estrelas viaxeiras... (Helena) Gustoume. A min tamén me gustaría facer un merlo de ferro. (Joel)
«Marcopola» Autor e ilustrador: Jacobo Fernández Serrano Editorial: Xerais Colección Merlín, Cómic VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ O xoves, día 10 de abril, os nenos e nenas do primeiro ciclo recibimos a visita do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano. Contounos que os dous pés do seu traballo son escribir e debuxar. Tamén nos ensinou como se deseña unha páxina dun cómic. Con el recordamos a aventura de MARCOPOLA e LIBRO cando coñecen aos Piratas da Lúa, unha curiosa banda de mariños nocturnos aos que lles gusta moito a festa. Gustounos moito cando tivemos que adiviñar personaxes famosos de cómics de outros países: Os Pitufos, Astérix e Obélix, Hulk … Para rematar a súa visita adicounos un debuxo de Marcopola con millóns de bicos e asinounos os libros que trouxemos das nosas casas. Alumnado do 1º Ciclo de EP
30
AQUELARRE 16
MAIO 2014
31
AQUELARRE 16
MAIO 2014
32