AQUELARRE 18
MAIO 2016
1
AQUELARRE 18
MAIO 2016
2
AQUELARRE 18
MAIO 2016
DESPEDIDA DO COLEXIO
DESPEDIDA DO COLEXIO Ola! Futuros avogados, veterinarios, médicos, escritores..., que por que che digo isto? Porque sei que vas ser o que ti queiras ser. Levo nesta magnífica aventura dende os tres anos, foi coma un libro, ao principio tiña medo, non sabía se me gustaría. A miña primeira mestra foi Rosa que, xunto aos meus compañeiros e compañeiras formamos unha gran familia. Despois pasei a primaria, eu chámoa período de misterio, non sabes o que che vai pasar e pensas nos próximos anos no colexio. Nesta etapa tiven moitas emocións: bágoas, risas e sorrisos. Pensaba que non chegaría a sexto, pois aburriríame e perdería a ilusión, pero non a perdín, foi tan interesante este libro que non poderei olvidalo: tiña suspense cando che van dar as notas, tiña medo cando rifaba a mestra, tiña todo o que podería buscar nun libro. O mellor deste libro foi todo o que aprendín nel, todos pensamos que no colexio se aprenden matemáticas, lingua, lengua, música, plástica... unhas pódenche gustar máis que outras, un mestre pódeche agradar máis ou menos, pero para min, o mellor deste libro foron as cousas que aprendín sen darme conta: as risas, a xogar, a perder e gañar sen enfadarse, a paciencia e moitas cousas máis. Non sempre me gustou este libro, pero cando estás a punto de rematalo só recordas os bos momentos e dos amigos e mestres que me encheron de recordos e de emocións. Xa rematei este libro, foi fermoso, teño algo de medo porque o listón está moi alto e non sei se o próximo libro que lerei estará tan ben. Agradezo a todos os meus mestres: Rosa, Loló, Antonio, Luz, Pablo, María José, Benjamín, Carmen Cidranes e sobre todo a Carmen Pérez que fixeron que este último capítulo fora emocionante.
Olga e Ariadna 6º de EP
3
AQUELARRE 18
MAIO 2016
1º PREMIO EDUCACIÓN INFANTIL «CONTOS COMPARTIDOS» O LIBRO EN BLANCO
Cando chegaba a noite era hora de pechar a libraría. Hoxe foi un bo día pois vendéronse moitos libros. Era nese intre cando de forma máxica os libros cobraban vida. Comezaban a contar as súas historias. Un falaba de piratas que atopaban unha illa deserta chea de tesouros, outro dunha princesa que a rescataba o seu príncipe., Había uns que daban medo e asustaban aos contos de bebés que eran moi pequenos. Eran de tódolos gustos e cores, era xenial! Unha noite os choros dun libro interrumpiuron aos demais. Choraba porque non tiña nada que contar, as súas páxinas estaban en branco. Atopábase nunha balda ao final do corredor onde apenas había luz. Os demais contos, apenados, decidiron axudalo e entre todos inventaron unha bonita historia. As páxinas íanse enchendo de letras e debuxos, xa non estaba en branco e era un pouco máis grande que antes. A noite seguinte, novamente os choros chamaron a atención dos outros libros. Non podía ser! O conto volvía a estar en branco outra vez. De novo entre todos volveron a escribir outra historia. E foi pasando o tempo ata que un bo día ao conto dos piratas ocurréuselle que as bagoas estaban a estragar as letras. Ao parar de chorar as páxinas secaron e todas as historias foron aparecendo. O libro en branco converteuse no libro máis apreciado da libraría. Vera Otero Sánchez e a súa nai Mary Infantil 5 anos B
4
AQUELARRE 18
MAIO 2016 1Âş PREMIO 1Âş CICLO EP ÂŤCONTOS COMPARTIDOSÂť A AVOA DE ALDARA
L
vivĂa a avoa de Aldara, nunha casiĂąa pequeniĂąa, de madeira con moitos mobles antigos e fotos en cada recuncho. Fotos de cando fora moza, de cando coĂąecera ao avĂł nas festas da aldea, dos fillos, de Aldara recĂŠn nacida. TamĂŠn tiĂąa recortes de xornais desde 1968. Aldara odiaba ir a Ilial. DicĂa que non tiĂąa cobertura, que alĂ non habĂa xente coa que se relacionar. Esto doĂalle moito a avoa porque era a Ăşnica neta que tiĂąa, e devecĂa por contarlle todas as sĂşas historias das fotos e recortes. ProfiĂĄballe e insistĂalle que fose pola casa algĂşn fin de semana, que lle farĂa filloas e castaĂąas a fartar, mĂĄis Aldara sempre tiĂąa cousas mĂĄis importantes ĂĄs que atender e respondĂalle vagamente, e sen concretar ningunha data para visitala: ÂŤAvoa, ĂŠ que teĂąo que ir ao cumple de non sei quen...Âť, ÂŤUf! Hoxe vai moi mal tempoÂť... Despois das contestaciĂłns da sĂşa neta, a avoa colgaba e botĂĄbase a chorar. Ademais, culpabilizĂĄbase, de que Aldara non fora ata alĂ... Un dĂa a avoa pĂşxose moi enferma do triste que estaba e tivo que ir ao hospital. Cando Aldara se enterou tivo tanto medo do que puidera pasar que foi correndo ĂĄ casiĂąa da avoa, colleu as fotos e recortes e levounos para o hospital. AsĂ, mentres a avoa estivera alĂ poderĂa pasar o tempo facendo o que sempre desexou: contarlle cada historia que habia detrĂĄs daquelas memorias. A avoa non volveu enfermar e Aldara pasou en Ilial todo o tempo que puido enriquecĂŠndose da sabedorĂa da avoa e recibindo todo o cariĂąo do mundo. MarĂa AguiĂłn Lamas e Marta Lamas Castro. 2Âş B
5
AQUELARRE 18
MAIO 2016 1º PREMIO 2º CICLO EP «CONTOS COMPARTIDOS» O SEGREDO DAS PALABRAS
Ola nenos/as! Hoxe vouvos contar un segredo. Nunca vos preguntastes por que se cometen as faltas de ortografía? Non? Pois prestade atención porque ides quedar abraiados coa miña historia. No caixón do escritorio de todas as mestras viven uns personaxes moi especiais. Xa vos adianto que non son nada fáciles de ver porque son diminutos e moi revoltosos. A vaca Grafía é a nosa amiga porque, cando cometemos unha falta, vai correndo e corríxea. Todo iría moi ben se non fora por Orto, un canguro moi argalleiro que vai de caderno en caderno facendo trasnadas: cambiando letras de sitio, poñendo b no canto de v, quitando letras...Vaia lampantín! Neste caixón vive tamén a ratiña Matilde, que traballa arreo todos os días poñendo tiles, mentres que o pallaso Tildón pasa o tempo a facer xogos malabares coas tiles que vai raspiñando polos cadernos. Así está o panorama: uns por un lado traballa que traballa, mentres que outros non fan máis que mal. O canguro Orto realmente non é tan malo coma nos podería parecer. O pobre animal só ve comida onde o resto vemos letras: por exemplo, onde todos vemos un «o» el ve unha saborosa mandarina e onde vemos un «a» el ve unha mazá encarnada e apetitosa... Por iso non é de estrañar que vaia por aí roubando letras ou cambiando unhas por outras para encher o bandullo. O caso do pallaso Tildón é diferente. O noso pequeno amigo traballa nun circo moi pobre, por non ter, non teñen carpa nin animais e, como podedes supoñer, tampouco teñen bólas para facer xogos malabares. Por iso vai por aí recollendo todo o que encontra que lle poida servir para facer o que máis lle gusta neste mundo: facer malabarismos e entreter aos nenos. Agora non vos sorprenderedes se algún día vedes por aí escritas cousas coma estas: «A miña nai púxome un mono na cabeza» ou «O meu pai leva unha vaca no teito do coche» cando en realidade o que queremos dicir é que «A miña nai me puxo un moño» e «O meu pai leva unha baca no teito do coche. Non vos riades porque, a conta destas cousas, algún que outro neno ou nena lévase máis dun desgusto. Para aforrarlle traballo a Grafía e Matilde e evitar as falcatruadas de Tildón e Orto poñede toda a vosa atención cando escribades para que non se escape nin unha soa falta de ortografía. Enara, 3º B. e a súa nai Annabel
6
AQUELARRE 18
MAIO 2016 1º PREMIO 3º CICLO EP «CONTOS COMPARTIDOS» OS TRES AMIGOS DE SEMPRE
Tocou a música e decatámonos que a clase xa rematara. Saímos correndo, Roi, Philiph, Ana e máis eu, os tres coma sempre xuntos, argallando o que íamos facer despois de xantar. Philiph quería que foramos á tarde á súa vila a celebrar a matanza, e deunos un mapa para coller un atallo e chegar axiña. Pareceunos unha boa idea, sobre todo a Roi que debuxaba un enorme sorriso relaméndose ao imaxinar as filloas e o fígado cos cachelos... botámonos todos a rir. Quedamos en xuntarnos no parque para despois ir polo atallo que tiñamos debuxado nun papel. Estivemos moitas horas camiñando, algo non ía ben. Volvín mirar o mapa e decateime de que estabamos indo ao revés, pero xa era demasiado tarde, estabamos perdidos no medio do monte por toda a espesura da vexetación. Ana tiña medo, sabiamos como facernos ouvir, así que fixemos unha trompeta de folla de cabaza; fixémola axiña, cortamos unha folla de cabaza pola metade e atamos cun nó o extremo polo que iamos asubiar, e fixemos un corte pequeno dende o nó cara o outro extremo lonxitudinal e asubiamos unha e outra vez pero ninguén nos escoitou. Como tiñamos moita fame, decidimos comer unhas bagas que atopamos no monte e comezamos a notarnos moi cansos e agochámonos debaixo dunha frondosa árbore... oín unhas voces miúdas, parecía a voz de Philiph preguntándonos se estabamos ben. Non sei como, pero de súpeto, atopámonos na casa de Philiph e intrigados decidimos ir á cociña. Roi foi o primeiro en entrar, de seguido entramos Ana e máis eu. Na cociña atopamos un gran coitelo na mesa, cheo de sangue, e un enorme caldeiro fervendo a cachón que contiña unha morea de tripas, ollos e algún que outro cerebro. Supuxen que a matanza xa comezara mais non vía o porco, só vía os ollos de Ángel, o pai de Philiph, enfocados en Ana e en min, coma se quixera paparnos. Ao virar a cara atopámonos con Roi, cunha mazá na boca, atadas as mans e cun xesto medorento. Agora si que xa non tiñamos dúbida do motivo da invitación, nós eramos o menú. Intentamos fuxir da casa pero non podiamos mover as pernas, estaban moi pesadas e só podiamos berrar. Sentín como batían en min e gritaban, Dani, Dani! Así que abrín os ollos e , pouco a pouco, fun divisando unha figura coñecida: era Philiph, que me dicía: -Tranquilo Dani, é un soño, un mal soño! Mirei arredor e estabamos todos ben, Roi estaba soñando cun gran sorriso lambendo os beizos e Ana susurrando con agarimo o nome do meu compañeiro «Juanjo» - As bagas, son somníferas, dixo Philiph, sacándomas das mans. Todo fora un pesadelo. Cada un ao seu xeito lembrou este día como algo inesquecible. Philiph levounos á súa casa e alí estaba a mesa chea de filloas, fígado e unha gran cacheira coas orellas ergueitas e unha mazá na boca que me quitou a fame de contado. Ao rematar, o pai de Philiph levounos á nosa casa no seu coche e eu non podía deixar de lembrar aqueles grandes ollos... Daniel , 5º A, e a súa nai Ángeles
7
AQUELARRE 18
MAIO 2016
CREAMOS QUE ANIMAIS!
O león Ramón mira a tele sentado nun sillón. A gaivota Carlota espera aos peixes pousada nunha rocha. O mono Manolo pasea polo bosque subido nunha moto.
A mofeta Enriqueta pode xogar ao tenis, mercou unha raqueta O pingüín Serafín ten moito frío e pon os calcetíns. A pomba Noa está en forma, todos os días salta á comba!
O dromedario Mario é moi ordenado, garda a roupa no armario! A supervaca Paca está moi guapa, leva posta unha fermosa capa. 8
Alumnado e titora de 1ºB
AQUELARRE 18
MAIO 2016
ACRÓSTICOS
e e
Osíxeno Leda Branca Ovípara Rápida Eiruga Tranquila
Océano Mareas Area Rochas S olleiro O ndas L uz Luminosa e grande Única e branca Amada polos astronautas
Lobo, lobiño dame un sustiño O lobo bo e pequeniño Bota correr O lobo lobiño non me vai comer 2º de EP
9
AQUELARRE 18
MAIO 2016
O CROCODILO SEN DENTES Érase unha vez un crocodilo que non tiña dentes. Os demais crocodilos ríanse del e o crocodilo en vez de comer carne empezou a comer sopa. Un día un coello quedou atrapado nun pozo. Apareceu o crocodilo e o coello, todo asustado, dixo: -Por favor, non me comas! Teño un sabor horrible, meu irmán sabe mellor! O crocodilo contestou: -Tranquilo, non teño dentes e agora só como sopa. O crocodilo sacou ao coello do pozo e desde ese día converteuse en herbívoro e deixaron de burlarse del.
O CROCODILO QUE TIÑA O PELO LONGO Érase unha vez un crocodilo que se chamaba Marcelino, que tiña o pelo máis longo que Rapuncel. Rapuncel, sorprendida, preguntáballe como tiña o pelo tan longo. Ao seguinte día creceulle máis e Rapuncel volveulle preguntar. O cocrodilo contestoulle: - Pois comendo moito , descansando e facendo exercicio . E COLORIN COLORADO ESTE CONTO ESTÁ DESENREDADO!
O PAI E O DRAGÓN Hai moitísimos moitísimos anos había un dragón que era malo. Sempre estaba facendo trasnadas, insultando, molestando, pegando e sobre todo non obedecía aos seus pais. Un día o seu pai propuxolle un trato. Díxolle que se se portaba ben levaríao de viaxe. O dragón estaba moi ilusionado coa proposta que lle fixo o seu pai. Entón empezou a portarse ben e fixo moitos amigos. Pasaron moitos días e meses e o dragón seguiu portándose moi ben. O seu pai levouno de viaxe polo mundo enteiro. O dragón era feliz e o seu pai tamén. 3º A
10
AQUELARRE 18
MAIO 2016
O MAGO FARRUCO Érase unha vez un mago ao que todos os trucos lle saían mal. Os seus amigos magos ríanse del e dicíanlle: -"¡O mago Farruco, que non sabe facer ningún truco!" Un día, camiñando polo campo, pensando nas súas cousas, tropezou cunha pedra. -Ai!!! dixo a pedra. -Cooomo? dixo Farruco. -Anda amodo e mira por onde vas!!! dixo a pedra, que estaba claro que era máxica. -Perdón! Non ía mirando o camiño, e tampouco pensaba que podía mancar a unha pedra,- contestou o mago. E logo, andas apampado ou que? -preguntou a pedra. Buaaa!!! Comenzou a chorar Farruco, e contoulle todos os seus problemas. A pedra sentíu mágoa por el e díxolle: -Mira, creo poder axudarche. Con moito coidado levántame do chan e colle un libro cos cinco trucos de maxia máis impresionantes do mundo, so tes que prometer non contarllo a ninguén. Farruco foise co libro a practicar e así foi como chegou a ser o mellor mago do mundo. E non llo contou a ninguén. E se o contara, non o ían crer!!! Lois López Castro 4ºB
MARUXAS E AS ESTRELAS Ola! Eu son Maruxa, unha nena que vive en «Caltania», un país moi lonxano. En Caltania, os días son marabillosos, hai moita luz, os prados son preciosos, a luz alegra a xente e todo o mundo é feliz. En cambio polas noites todo se volve branco e negro, a xente está triste, vai moito vento e a maioría das veces hai tormentas. Ninguén sabe por que, e por iso eu estou intentando averigualo, pero vai ser moi difícil. O martes pasado dinme de conta de que nos contos, nas películas… a lúa brilla moito e a noite é preciosa.
11
AQUELARRE 18
MAIO 2016
Pero cando miro pola fiestra, vexo que a lúa non brilla e ao mellor é por iso que a noite é así. Hoxe fun á casa do meu mellor amigo, Martín, e conteille todo o que pensaba e o que averiguara. Martín ofreceuse a axudarme, e díxome que tiña que falar coa lúa para ver se é por iso. Eu mirei estrañada: -E como pensas que vou chegar ata a lúa? E el contestoume: Teño unha idea, ségueme! Polo camiño Martín contoulle a Maruxa o seu plan, e como era tarde foise facendo de noite. Foron ata o parque, e colleron dous paus moi grandes, que cravaron na herba. Despois ataron aos palos unha cinta moi longa e ao final engancharon unha cadeira á cinta. Maruxa sentouse na cadeira, Martín colleu a cinta, correu cara atrás e…. BOING!!!! Soltouna de golpe. Maruxa foi voando e voando ata que caeu na lúa. Despois de falar un pouco, Maruxa preguntoulle á lúa: -Por qué non brillas? É a lúa contestou: -E que, é que… síntome moi soa… -E logo non tes amigos? -Pois non, como ves non hai ninguén máis no ceo, só estou eu…. -Non te preocupes, volverei á casa e mañá buscareiche amigos para que poidas brillar. Maruxa despediuse e pegou un brinco tan grande que entrou pola cheminea da súa casa e aterrou na cama. Ao día seguinte contoulle o ocorrido a Martín e despois da escola saíron en busca de amigos para a lúa. Non foi nada fácil porque todos tiñan amigos e ninguén quería ir a vivir coa lúa. Desesperados, foron sentarse á beira da praia, facía calor e Maruxa decidiu mergullarse un pouco para relaxarse. Ao abrir os ollos viu que había uns seres vivos dos que oíra falar, chamábanse estrelas. Pensou que serían unha boa compañía para a lúa, e intentou collelas todas. Cando se fixo de noite Maruxa volveu visitar a lúa e lanzou todas as estrelas, que se dispersaron polo ceo. A lúa volveu brillar e a partir desa noite, todas as noites foron felices. O que Maruxa non sabe é que non recolleu todas as estrelas, e que anos despois as estrelas que non recolleu pasaron a chamarse estrelas de mar. Luci, 5º B
12
AQUELARRE 18
MAIO 2016
APRENDEMOS CON EDIXGAL
13
AQUELARRE 18
MAIO 2016
5ยบ A
14
AQUELARRE 18
MAIO 2016
SAMAÍN
M A G O S T O
15
AQUELARRE 18
MAIO 2016
A PAZ CARREIRA SOLIDARIA
SOÑEI... Que a pomba da paz foi ás fábricas de armas e fixo que dispararan globos cheos de alegría. Que todas as persoas tiñan comida, roupa e casa. Cun mundo sen bandeiras, sen fronteiras e sen guerras. Que todos os nenos/as do mundo poidan ir á escola e teñan tempo para xogar. Que as inxustizas se transformen en xustizas e que o mundo sexa como un conto, no que o ben trunfe sobre o mal.
16
AQUELARRE 18
MAIO 2016
O ENTROIDO
17
AQUELARRE 18
MAIO 2016
DÍA DA MULLER RÚAS CON NOME DE MULLER
18
AQUELARRE 18
MAIO 2016
MANUEL MARÍA: LETRAS GALEGAS 2016 Manuel María Fernández Teixeiro nace en Outeiro de Rei, en 1929. Os seus primeiros estudos realízaos en Outeiro e Rábade, e o bacharelato en Lugo, onde entra en contacto co poeta Uxío Novoneyra, co que mantén unha gran amizade ao longo da súa vida. Na cidade de Lugo publica o seu primeiro libro de poemas «Muiñeiro de brétemas». Durante o tempo que está en Santiago de Compostela realizando o servizo militar acode a diferentes faladoiros literarios onde se relaciona con moitos intelectuais galegos: Maside, Celso Emilio, Otero Pedrayo, Bouza Brey... O seu amor pola lingua e pola cultura galega é cada día máis grande, converténdose nun habitual de conferencias, coloquios e recitais onde se debaten temas do noso país. En 1958 instálase en Monforte de Lemos como Procurador dos Tribunais. Nesta localidade vai exercer unha gran actividade: crea a libraría Xistral, xunto coa súa muller Saleta; intervén como locutor na radio local, imparte conferencias, participa en política chegando a ser concelleiro, mantén a editorial Xistral... e todo isto sen deixar de escribir e publicar. Cando se xubila como Procurador, en 1998, Manuel María e Saleta trasládanse á cidade da Coruña. Nesta época é proposto como académico numerario da Real Academia Galega. Acepta e ingresa na institución o 15 de febreiro de 2003. O seu discurso de ingreso leva por título «A Terra Chá: poesía e paisaxe», unha homenaxe á terra que o viu nacer e medrar. Ao ano seguinte o noso poeta falece na cidade da Coruña, un 8 de setembro de 2004. A obra de Manuel María é inmensa: verso, narrativa, dramática, ensaística, infinidade de artigos xornalísticos, conferencias... e unha obra infantil e xuvenil que ben merece un recoñecemento por si mesma. No poema «Galicia» publicado en 1998 no volume «Os soños na gaiola», resume Manuel María o seu amor polo noso país, a súa xente, o seu idioma, a súa paisaxe... Descifra, co móbil, o código QR e escoitarás o poema.
19
AQUELARRE 18
MAIO 2016
AVENTURA INDIA CoĂąecemos a sĂşa cultura ‌ C ! "" VestĂmonos coma eles: con peles, plumas‌
Descubrimos a importancia do lume.
Para desprazarse utilizaban o cabalo e as canoas polo rĂo.
Aprendemos que cada tribo tiĂąa un sĂmbolo o ÂŤtĂłtemÂť.
E#$% &'( )*#+,-&(.',/
levaban colares, pendentes‌ que eles mesmos facĂan..
3 anos
20
AQUELARRE 18
MAIO 2016
UNHA VIAXE POLA CHINA
As nenas e nenos de 4 anos traballamos nun pequeno proxecto: China.
Percorremos a Gran Muralla. Fixemos comidas con plastilina. Xogamos co tangram.
Convertémonos en “grullas”, osos pandas e monos dourados. 4 anos
21
AQUELARRE 18
MAIO 2016
PEQUENOS CHEFS EN ACCIÓN
Os nosos peques de 6º de Educación Infantil convertéronse este curso nuns auténticos chefs elaborando cada mes unhas receitas do máis orixinal para celebrar os seus aniversarios. Ollade algunha das súas doces creacións
Para adozarvos un pouco, deixámosvos a última receita que elaboramos en marzo: galletas de Minions, unha proposta do máis divertida!!!
Ingredientes: - 1 cunca de arroz inflado - Chocolate (1 tableta) - Pasta de azucre para decorar (Fondant)
Elaboración:
- Derretemos o chocolate no microondas e mesturamos co arroz inflado. - Vertemos a mestura sobre papel encerado e deixámola repousar ata que a masa se endureza. - Cun cortador dámoslle forma redondeada e decoramos coa pasta de azucre.
Bo proveito!!! 22
5 anos
AQUELARRE 18
MAIO 2016
FELIZ DÍA 100!
O día 24 de febreiro celebramos o día 100 de curso. Uns días antes fomos preparando todo; facendo murais, fichas, un antifaz con forma de 100... Ese día atopamos a entrada da clase adornada con todos os nosos traballos. Que sorpresa levamos! Tamén fixemos xogos, sopramos as velas da tarta e para casa levamos como recordo un paquetiño de galletas con forma de 100 e o noso antifaz. Aprendemos moito e, sobre todo, pasámolo moi moi ben.
Nenos e nenas de 1º A
23
AQUELARRE 18
MAIO 2016
SAÍDA Á POLICÍA
O 13 de xaneiro os nenos e nenas de 2º B visitaron ó corpo de Policía Nacional na cidade de A Coruña. Durante a visita ao museo aprenderon moitas cousas, montaron nun coche patrulla no que probaron as sereas, presenciaron o entrenamento de cans policías que buscaban explosivos, e para rematar viron un vídeo sobre o traballo policial. Foi moi divertido e ata lles regalaron uns marcapáxinas.
2º B
EMPANTALLADOS
Os nenos e nenas de 4 anos visitamos o MAC. Vimos esculturas e pinturas relacionadas co corpo humano. Despois, nós, fixemos as nosas propias creacións mesturando partes do corpo de distintos nenos/as. 4ANOS
24
AQUELARRE 18
MAIO 2016
COMO CALCULAR O VOLUME DUN SÓLIDO En 3º estivemos estudando que todos os corpos ocupan un espazo. Iso chámase volume e mídese en litros. Para saber como podemos calcular o volume dun obxecto, fixemos o seguinte experimento: Material necesario: Un recipiente graduado (vaso ou xerra) Unha botella grande de auga Un obxecto (neste caso plastilina) Un lapis ou un rotulador Pasos a seguir: 1º.- Coa botella botamos auga suficiente para que cubra o obxecto no vaso graduado e facemos unha marca co rotulador na altura da auga.
2º.- Metemos a plastilina na auga tendo conta de que quede toda cuberta.
3º.- Marcamos co rotulador a nova altura da auga.
4º.- Calculamos a diferenza das alturas da auga. O resultado é o volume que ocupa o taco de plastilina, o obxecto que utilizamos. 500 ml – 400 ml= 100 ml
O volume da plastilina é de 100 ml. 3º B
25
AQUELARRE 18
MAIO 2016
CONCERTO « OS SÚPER HÉRCULES» O día 9 de marzo o alumnado de 4º asistimos ao concerto didáctico « Os Super Hércules». O seu argumento sería este : Transcorría o ano 2088, cando cinco nenos xogaban coa X Box 800. De súpeto, fóiselles a luz e baixaron ao soto para arranxalo. Alí atoparon unha caixa que tiña: un mapa, cinco traxes e cinco instrumentos musicais. Unha voz díxolles: « Poñede os traxes e collede os instrumentos, tedes que librarvos de Silencieitor que quere extinguir os sons. Para iso teredes que pasar unha serie de probas para completar o mapa.» Os Súper Hércules viaxaron ao pasado co fin de superar todas as probas, entre elas poñerlle ritmo, harmonía e melodía as cancións. Ao final completaron o mapa e acabaron con Silencieitor. A min gustoume moito a obra porque tiña música que xa coñecía e emocioneime con ela. Custoume non levantar o cu da cadeira e poñerme a bailar. Raúl, 4º A
CONCERTO « PEDRO E O LOBO» Os alumnos e alumnas do primeiro ciclo de E.P. asistimos, o día 22 de xaneiro, ao concerto didáctico “PEDRO E O LOBO”. O quinteto Invento interpretou unha adaptación do conto musical do compositor ruso Sergei Prokofiev. Nesta obra, un narrador contou a historia e os músicos interpretaron os diferentes personaxes con instrumentos musicaies de vento: frauta, óboe, clarinete, fagot e trompa. Para rematar o concerto os músicos fixeron un experimento, cambiaron o instrumento que interpretaba a cada personaxe pero soaban mellor como os pensou Prokofiev. Estivemos moi atentos e gustounos moito. 2ºA
26
AQUELARRE 18
MAIO 2016
XOGOS POPULARES NA CAPELA O alumando de 6º visitamos A Capela, fomos en autobús dende o barrio do Castrillón ata o Concello de A Capela que está entre Pontedeume e As Pontes. Primeiro visitamos o Museo Etnográfico e despois o CEIP Mosteiro de Caaveiro onde practicamos xogos populares e algúns que outros procedentes de África.
MUSEO ETNOGRÁFICO DE «A CAPELA» Este museo da Capela consta de catro edificacións: dúas casas e dous alpendres. No alpendre podíase ver a maneira de sobrevivir en canto á comida. Nesa parte vimos as épocas da colleita, cando sementaban, os medios que utilizaban para obter a fariña, e a cera e cando e como conservaban a carne e onde a cortaban. No segundo alpendre puidemos ver o que podía ser o taller dun ferreiro. Fóra vimos unha ferramenta que utilizan para poñerlle as ferraduras ás vacas e aos bois, para que non lles dean un couce, xa que o ferreiro poríalles unha ferradura quente para moldeala. Nunha das casas tiñan expostas ferramentas utilizadas na labranza como: o arado, a sulfatadora,… E na última estancia estivemos no que podía ser a casa «de ricos», onde puidemos ver a cociña, unha habitación e obxectos que se utilizaban antigamente. E como nos dixo Secundino, o que nos ensinou o museo, todo era «made in feito na casa».
XOGOS POPULARES ARRASTRES: Este xogo é moi divertido. Consiste en que un xogador se pon sentado nunha especie de bidón de plástico, un pouco grande; mentres outro xogador tira doutro por unha corda atada ao bidón, facendo moverse ao xogador sentado. É máis sinxelo se o xogador do bidón non toca o chan coas pernas.
27
AQUELARRE 18
MAIO 2016
AS LOMBAS As lombas son un xogo entretido para o que non se precisa ningún material adicional e pode participar calquera número de nenos e nenas. Neste xogo, o primeiro xogador inclínase dobrado polo lombo apoiándose cos brazos no chan ou nos xeonllos e mirando para abaixo. Os demais rapaces vanse colocando detrás para coller impulso e saltar sobre el, apoiando as mans no seu lombo. O que acaba de saltar colócase na posición do primeiro e, cómpre que deixe uns pasos de distancia para que o seguinte compañeiro poida saltar. OS ZANCOS Son un xogo popular que consiste en gardar o equilibrio e andar enriba deles por un circuito. Están feitos de madeira, aínda que xa se fabrican doutros materiais como o plástico e teñen uns topes para suxeitar os pés, que poden ser axustables ou non. Hai que tratar de movelos coas mans suxeitando a parte superior, e cos pés apoiados no tope e ir camiñando. Antigamente, empregábanse para superar regueiros ou zonas con lama. O ARO É un xogo de habilidade que pode practicar un ou varios xogadores á vez. Consiste en facer rodar un aro coa axuda dunha guía. Para comezar, cunha man cóllese a vara e colócase na parte posterior do aro. Coa outra man axudámonos para poñelo en movemento e a partir de entón será a guía a que conducirá o aro. Xógase preferentemente ao aire libre. Alumnado de 6º EP
28
6º de EP
AQUELARRE 18
MAIO 2016
VISITÁRONNOS YOLANDA CASTAÑO
O mércores, 2 de marzo, visitounos a poetisa Yolanda Castaño. Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de E.P. preparamos a súa visita: lemos o libro de poemas "Coller as rendas". Aprendemos as poesías e inventamos os nosos pareados sobre animais. Ao remate Brais e Noa Fernández fixéronlle unha entrevista moi interesante. 2º de EP Xelís de Toro
Compartiu connosco o seu libro "O trompetista e a Lúa", no que a través de fermosas e marabillosas viaxes, un xeadeiro é quen de descubrir onde está a verdadeira orixe da música. Foi moi entretido o tempo compartido con Xelís, que demostrou tamén ser un músico estupendo. 3º de EP Érika Esmorís
Falounos do seu libro "Nena e o mar", polo que recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. Nel conta como unha rapaza chamada Nena bótase ao mar nun pequeno bote, emprendendo unha fermosa aventura para rescatar o seu pai. Un libro moi bonito no que se mestura a tristeza pola soidade de Nena, e a ilusión pola valentía e a esperanza que nunca perde a protagonista. 6º de EP
29
AQUELARRE 18
MAIO 2016
RECOMENDAMOS O espantallo amigo AUTOR: Xosé Neira Vilas EDITORIAL: Galaxia Un espantallo que, en troques de espantar os merlos, déixalles comer os figos da figueira do tío Ramón. Gustounos moito e aprendemos que hai que ser como o espantallo: simpático, amizoso, amable e xeneroso cos demais, porque é moi bo ter amigos.
O bigote de Mimí AUTOR: Manuel María ILUSTRADOR: Xaquín Marín EDITORIAL: Casa Museo Manuel María Gustounos porque o gato Mimí era divertido e raro, porque o seu santo era o 31 de febreiro, fíxose amigo dunha cadela e tiña os bigotes das cores do arco da vella. Tamén tiña uns debuxos chulísimos! Por outro lado era tamén un pouco triste, como cando lle cortan os bigotes e non pode cazar ratos.
O gato fantasma AUTOR: Xelís de Toro EDITORIAL: Xerais Un gato que nace da rabia dun rapaz chamado Rolo e que vai creando verdadeiros problemas na vila. Menos mal que Pestiña, amiga de Rolo axudará a que todo se resolva. Gustounos porque un neno é o protagonista e porque é moi orixinal e con moitos cambios emocionais, mesturándose suspense, alegría, tristeza, medo e humor. 3º de EP
30
AQUELARRE 18
MAIO 2016
31
AQUELARRE 18
MAIO 2016
32