A
d a t fes
a c os
s Ăş c la
A festa das cabazas
A festa das bonecas A fe cali sta da s ver as SamaĂn 17
Samaín 17
DIN QUE... O noso Samaín vén dos nosos antepasados celtas.Eles crían, que na noite do Samaín, as almas dos mortos viñan visitar ás súas familias e facían farois para guialas. Aquí, no noso Samaín, antes de que se trouxese a cabaza de América, tamén adoitabamos baleirar nabos para facermos farois. Cada lugar tiña unha tradición de seu. En Xermade, estes farois facíanos coa remolacha, e chamábanse Bonecas. Nas Rías Baixas, Portonovo, Sanxenxo e Cangas do Morrazo, chámanse Calacús. Adornaban as cabazas coas espigas do maínzo, coma se tivesen cabelo, mais non lle puñan luz. Pola zona de Cedeira chámanlles Caliveras de melón, que é como lle din ás cabazas que aínda non están maduras e teñen unha cor verdosa.
Samaín 17
Samaín 17
O Samaín Cando chega o Samaín, o verán xa rematado, as cabazas están ledas agardando a estaren cheas de candís e máis candeas. As pantasmas andan soltas, os esqueletes bailando, as bruxas sen as vasoiras nos corredores xogando. As tumbas están baleiras, os corpos andan danzando, os mouchos e as curuxas das árbores xa baixaron para vir a este colexio e vervos tan animados. Goza ben do Samaín, non esteas asustado, xa sabes que as nosas meigas non queren facerche dano. Por certo …por que non xogas coa pantasma do teu lado? non a ves? Fíxate ben… Está detrás, raparigo, a carón do esquelete que anda rindo ás gargalladas, ditoso de celebrar
O SAMAÍN!
Samaín 17
LEMBRA ...
Samaín 17