LARADA XULLO

Page 1

2012 re vXULLO is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to vnºo 42 d a-s Ano v iñ IV as M Traballar a rz o con 2 0amor 0 9é construír unha casa con cariño, coma se a persoa amada fose habitar nnela.º2(Khalil - AGibrán) no I CELEBREMOS SAN CRISTOVO!

Este mes celebramos a festa da nosa parroquia, San Cristovo. Será o domingo día 8 de xullo e teremos comuñóns e procesión do santo, acompañada por gaiteiros. Antano , a figura deste popular xigantón podíase ver coa súa barba e o seu caxato en todas as portas das cidades. Críase que só con mirar a súa imaxe, o viaxeiro libraríase de calquera perigo. Pero, quen era? O certo é que pouco pode dicirse con certeza del. Quizais fose un mártir de Asia Menor ao que xa se lle rendía culto no século V. O seu nome grego significa “o portador de Cristo” e arredor del xurdiron numerosas lendas. A máis común conta que se chamaba Ofero, de estatura colosal e gran forza física e moi orgulloso, que quería servir só aos máis poderosos. Empezou poñéndose ao servizo dun rei, que era o señor de toda a terra, ata que un bo día descubriu que o seu amo asustábase ao escoitar o nome de Satanás. Sentindo entón que ese “Satanás” era máis poderoso ca o rei, decidiu servilo a el, acompañándoo por todos os lugares. Nunha das súas andainas, chegaron a un lugar no que había un cruceiro. O demo, ao ver a cruz, púxose a tremer e, sen atreverse a pasar por alí, cambiou de camiño. Cando Ofero lle preguntou o porqué daquel temor, só obtivo como resposta que nunha SUMARIO cruz como aquela morrera hai moito tempo un inimigo chamado Cristo. Entón, o xigante empezou a Clausura actividades buscar a aquel que, aínda morto, asustaba ao seu anterior amo. Rostros do Barrio Preguntou por todas partes como podía servilo e non atopaba máis resposta que: “servindo aos demais”. Púxose entón á beira dun río, axudando pasar á xente dun lado ao outro aínda que non lle desen nada. Un día subiu nos seus ombros a un pequeno e empezou a cruzar o río. Non sabía que ocorría, pero case non era quen de poder con aquel rapaz e máis dunha vez estivo a piques de caer e renderse. Cando por fin chegou á outra beira, preguntoulle ao neno quen era e por que pesaba tanto, que mesmo parecía levar enriba o mundo enteiro. Entón, aquel raparigo contestoulle que sentía tanto peso porque estaba cargando co universo enteiro, porque el era o creador do mundo: Cristo. Díxolle que a partires dese momento chamaríase Cristovo, “o que leva a Cristo”, e que cada vez que levara a unha persoa, estaríao levando a el. E contan que Cristovo bautizouse e empezou a predicar, converténdose en mártir ao ser degolado por defender a súa fe. Ao principio a súa festividade celebrábase o día 25 de xullo, pero en 1969, o Vaticano, para evitar a coincidencia con Santiago, o patrón de España, decidiu trasladala ao día 10.

(Páxina 2) A vocación laical (Páxina 3) Á calor da Palabra (Páxina 4) Para vivir mellor (Páxina 5) Avanzando na Ensinanza Social da Igrexa (Páxina 6) A Igrexa ante a crise (Páxina 7) Axenda (Páxina 8)

E así chegou aos nosos días este personaxe cheo de lenda, de quen non se pode asegurar a súa existencia. Pero iso é o de menos. O máis importante é o que representa: o servizo aos demais. Oxalá cada un e cada unha de nós, que si existimos realmente, imitemos ao noso patrón e sexamos quen darnos aos outros, ofrecendo o mellor de nós. Tal vez non sexamos “cristovos”, “portadores de Cristo”, no sentido literal, pero si podemos levar a súa presenza na nosa vida cotiá para que todos e todas o descubran connosco. Somos a parroquia de San Cristovo das Viñas. Celebrémolo e vivámolo! FELIZ FESTA!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.