Tarefa 4 - MARÍA DOLORES MANTEIGA GÓMEZ

Page 1


TÍTULO: FOOD FOR THOUGHT

NIVEL EDUCATIVO: B1-B2

RECURSOS NECESARIOS: Libre Office Writer, conta en Issuu, EDI

CONTIDOS A TRATAR: • Festivais tradicionais nos principais paises de lingua inglesa • Vocabulario de comida • Expresión escrita: imperativos, conectores, escritura de receitas de cociña

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA LEVALA Á PRÁCTICA: • Os alumnos dividiranse en 4 grupos e, arredor das datas nas que se celebre unha festividade típica no Reino Unido, Irlanda ou Estados Unidos (e.g. St Andrew's Day, St Patrick's Day, Thanksgiving Day), pediráselles ao 1º grupo que elabore a receita do entrante, ao grupo 2º o prato principal, ao grupo 3º o postre (típicos dese pais nesa data), mentres que o grupo 4º encargarase de buscar e publicar o porqué desa tradición culinaria nesa data en particular. • As asignacións de cada grupo rotará de xeito que cada un poida facer unha tarefa distinta ao longo do curso académico. • Redactados os documentos en Writer, o profesor indicará os erros, se é o caso, e pedirá ao alumnado que trate de correxilos de xeito cooperativo. Finalmente, indicaralles o formato que deben darlle os documentos coa fin de crear un único conxunto. • Publicarase un documento por festividade e compartirase no blogue do grupo -se houber-, no muro do grupo en Edmodo ou no grupo de Facebook da EOI para que toda a escola poida aprender e facer bo uso del.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.