Consulta Fondos

Page 1


Consulta dos Fondos da Biblioteca 1º Paso Entrar no noso blog, o blog da Biblioteca do IES de Fene, Biblioteca “O Segrel do Penedo” http://osegrel.blogspot.com 2º Paso Clicar enriba do logo do Proxecto Meiga. Entrarás directamente nos nosos fondos.


A páxina que se abre é a dos fondos do noso Instituto Fene - IES de Fene Aí tes toda a información xeral dos fondos da nosa biblioteca. Pero o que queres atopar é a información completa dalgún título ou autor. Fíxate na caixiña que sinala a frecha laranxa. Nesa caixiña, clicando no triángulo negro, podes elixir o “valor” polo que queres facer a busca, é dicir, “título”, “autor”, “materia, “CDU”, “editorial”...


2º Caixa na que escribes o apelido do autor 1º Caixa na que seleccionas autor

3º Clicar na lupa 5º Número de títulos do autor elixido 4º Relación autores por orde alfabética.


Aparecen todos os títulos, que figuran nos nosos fondos, do autor elixido. Clica enriba de calquera deles e terás toda a información relativa ao mesmo. Tamén poderás comprobar se está dispoñible ou emprestado


Se o que che interesa é un título concreto non deberás esquecer que non debes escribir a primeira letra se esta é un artigo ou unha preposición. Por exemplo, se queres saber se nos nosos fondos temos algún exemplar disponible de “A miña planta de laranxa lima”, deberás escribir na caixa de busca “miña planta de laranxa lima” -sen o artigo “A”- e obterás a relación dos mesmos. Aparece a relación alfabética de títulos. Se o que

che interesa está nos fondos aparece no primeiro lugar da lista.


Clica enriba do título e abrirase unha ventá coa relación de todos os exemplares que existen dese mesmo título. Poderás comprobar se está Emprestado ou dispoñible


NOTAS: 

Podedes utilizar a nosa biblioteca como calquera outra biblioteca pública.

Os nosos fondos están á vosa disposición.

Dispoñemos dunha ampla variedade de materiais 

Novela

Banda deseñada

Divulgación

Poesía

Teatro

Cine

Música...

Podedes facervos soci@s ou utilizar o número de soci@ d@s vos@s fill@s.

O tempo do que podedes disponer dos préstamos é de 15 días prorrogables se non hai lista de espera



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.