Escolma Poética Celso Emilio Ferreiro

Page 1


Deitado Frente ao Mar Lingoa proletaria do meu pobo eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao pór a garabata xa nan saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do lingoaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque sí, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingoa. Non falo pra os soberbios, non falo pra os ruís e poderosos, non falo pra os finchados, non falo pra os valeiros, non falo pra os estúpidos, que falo pra os que agoantan rexamente mentiras e inxusticias de cotío; pra os que súan e choran un pranto cotidián de volvoretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada rente ao mar, ise camiño...


Monólogo do Vello Traballador Agora tomo o sol. Pero até agora traballei cincoenta anos sin sosego. Comín o pan suando día a día nun labourar arreo. Gastei o tempo co xornal dos sábados, pasou a primavera, veu o inverno. Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo i a miña mocedade. Nada teño. O patrón está rico á miña conta, eu, á súa, estou vello. Ben pensado, o patrón todo mo debe. Eu non lle debo nin xiquera iste sol que agora tomo. Mentras o tomo, espero.


María Soliña Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía: ai, que soliña quedache, María Soliña. Nos areales de Cangas, muros de noite se erguían: ai, que soliña quedache, María Soliña. As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían: ai, que soliña quedache, María Soliña. As gueivotas sobre Cangas soños de medo tecían: ai, que soliña quedache, María Soliña. Baixo os tellados de Cangas anda un terror de auga fría: ai, que soliña quedache, María Soliña.


Lendo Certo Período Menstrual Olla meu irmao honrado o que acontece con Daniel: os que o tiñan desterrado agora falan ben del.

O rateiro do peirao, o refugallo incivil, válense de Castelao pra esconder a caste vil.

O palurdo de alma lerda O tendeiro desertor, O vinculeiro da merda disfrazado de señor.

Escoita puto nefando, criado na servidume non pasará o contrabando dise teu noxento estrume.

O lurdo carca refrito o monifate de entroido o aprendiz de señorito, marqués de quero e non poido.

Grotesco escriba sandéu, inxertado nun raposo. Castelao nunca foi teu, porque Castelao é noso.

O badoco endomingado, o franquista pousafol, o forricas desleigado, o pequeño burgués mol.

I anque a ti che importa un pito, sabrás que é cousa sabida, que estás incurso en delito de apropiación indebida.

O devoto do onanismo, o feligrés de pesebre, o tolleito de cinismo, o que dá gato por lebre.


Eu en Ti Eu xa te busquei cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procurei no comezo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañía eu xa te procuraba. Eu xa te chamei cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba. Eu xa te namorei cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outas cumes, eu xa te namoraba. Sempre, dende a neve dos tempos, eu, na túa ialma.


Irmaus Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero ti, que te alcontras alá lonxe, máis alá dos desertos e dos lagos, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmáu che falo. Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto, si os nosos berros son igoales, coma un irmau che falo. Anque as nosas palabras sean distintas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as feridas, coma un irmau che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, si os nosos soños son igoales, coma un irmau che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmau che falo.


Xaneiro 1972 Cando quero vivir digo Moraima. Digo Moraima cando semento a esperanza. Digo Moraima e ponse azul a alba. Cando quero soñar digo Moraima. Digo Moraima cando a noite é pechada. Digo Moraima e ponse a luz en marcha. Cando quero chorar digo Moraima. Digo Moraima cando a anguria me abafa. Digo Moraima e ponse a mar en calma. Cando quero surrir digo Moraima. Digo Moraima cando a mañá é crara. Digo Moraima e ponse a tarde mansa. Cando quero morrer non digo nada. E mátame o silencio de non decir Moraima.


Longa Noite de Pedra No meio do caminho tinha uma pedra tinha uma pedra no meio do camino tinha uma pedra no meio do caminho tinha uma pedra. CARLOS DRUMMOND DE ANDRADE

O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra.


Escolma recollida en Son de Poetas http://sondepoetas.blogspot.com.es/search/label/Celso%20Emilio%20Ferreiro

Imaxes atopadas en: Sinatura CEF, http://cadernodacritica.blogaliza.org/2012/05/04/celso-emilio-ferreiro-no-bloguepoesia-solidaria-e-a-poesia-del-opus-pus-novas-cef-xl/ Portada Longa Noite de Pedra, http://xerais.blogaliza.org/2012/01/13/medio-seculo-de-%C2% ABlonga-noite-de-pedra%C2%BB-critica-de-armando-requeixo/ María Soliña, http://www.cangas.org/inquisicion_cast.html Celso Emilio Ferreiro, http://plazadocoton.blogspot.com.es/2012/01/celso-emilio-ferreiro-nocentenario-do.html Escribindo, http://www.culturareviu.com/articulos/literatura/como-escribir-una-poesia/99570/ “Castelao”, http://albokari2.wordpress.com/2012/06/27/celso-emilio-ferreiros-olla-meu-irmao-sung -by-miro-casabella/ Sello Postal, http://fegasofi.wordpress.com/2012/06/14/filatelia-en-el-ano-celso-emilio-ferreiro/ Celso Emilio Ferreiro, http://armandorequeixo.blogaliza.org/2012/01/13/a-sombra-da-longa-noitede-pedra-e-alongada/ Copyright Theft, http://www.boxertechnology.info/legal-issues-that-can-bother-a-blogger-be-abetter-blogger/ Árbore Poesía, http://www-palabrasdiversas.blogspot.com.es/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.