“De Cero a Cen En Tres Poemas”
Sarai no teclado e Sergio co violĂn abriron o encontro
Roedores do caucho Chean de noite queimando goma, Flipados de euforia e decibelios, Coa gasolina inxectada en vea. Logo, malotes de discoteca, descenden do carro maqueado, Co seu toque bakala na fala, Arrastrando o ese como serpes Coa roupa axustada ás tatuaxes, Marcando paquete e territorio, Feroces como galos de pelexa. Hoxe, drogados de adrenalina, Eternamente con dezaoito anos, Sóñanse duros e invencibles, Alleos ao tributo do destino; Irán ficando aos poucos na cuneta, Coa morte a rondar o seu cerebro, As neuronas gripadas para sempre. Carlos Negro (Makinaria)
061 Ao outro lado da li帽a, Cando a noite se converte En fronteira da angustia, Hai unha nai que non dorme E reza a soas na cama Para que non soe nunca Ese timbre terrible Con estrondo de sombra:
Accidente Ambulancia Urxencias Quir贸fano Carlos Negro (Makinaria)
Rústico Estilo Toda a aldea está en venda, Aínda que ninguén a compre. Vai caendo a pedazos, Morta a cámara lenta, De inverno en inverno, Sen rastro de esperanza, Despoboada e gris. E o antigo muíño, Emblema da familia, Non o han recuperar A doenza do verso, A memoria ferida, O estigma da perda. Só a cultura do turismo, O mercado inmobiliario, A moda do rústico estilo Carlos Negro (Cultivos Transxénicos)
A poesía din que é… Un conxunto de versos A expresión dos sentimentos Un conxunto de palabras en forma de verso Un xénero literario Versos, rimas e estrofas Un pequeno texto que rima con algún dos versos dunha maneira melódica Unha forma de afondar máis nos sentimentos Versos e estrofas Unas cantas rases que expresan as máis belas historias de desamor Unha forma de escribir con rimas e versos determinados Unha forma mais de expresarse Un tipo de texto no que as palabras riman e expresan sentimentos Varias estrofas compostas por versos Un texto no que un autor, axudado de ritmo e a asonancia, expresa as súas emocións Un xénero literario no que a rima é o máis importante Un xénero literario composto por versos e estrofas e con musicalidade Unha composición literaria escrita en verso Palabras que riman entre si, versos con sílabas contadas e cun número de estrofas determinadas Unha composición artística con dous tipos de rima (Alumnado 3º e 4º ESO)
A poesía para min é… Unha forma de expresión libre Unha maneira de dicir o que sentes sen ser xulgado Unha escapatoria Entretida Un arte Unha forma de expresar dunha maneira Aquel pequeno texto que expresa un sentimento que conta unha vida e que encerra un mundo Unha maneira de expresar sentimentos ou pensamentos de alguén Liberdade Unha de tantas formas de expresar o que sentes Unha forma de expresar o que non se pode expresar doutra forma A maneira que teñen algunhas persoas de expresas os seus sentimentos Inspiradora Un texto no que se fala de sentimentos A voz durmida doutro ser que se agocha nos nosos interiores máis profundos Expresar moito en poucas palabras Unha forma de expresión Unha forma de expresar sentimentos e de reflectir a actualidade Unha expresión do mundo Pensamentos e sentimentos compartidos con aqueles que abren o seu corazón ao lela O reflexo no papal baseado nos meus pensamentos e sentimentos (Alumnado 3º e 4º ESO)
Greguerías O sofá é o cabalo dos vagos A parede é a ventá dos ignorantes A vida é como unha carreira de caracois As follas son os semáforos das estacións O traballo máis fácil é o que fai outra persoa Soñar é ver a televisión apagada O camiño máis longo é o que fai unha pulga sobre o pescozo da xirafa As tartarugas son coma vellos na taberna
(Aldara, Andrea, José Carlos)
Lista de cousas que os humanos encontrarán nunha libreta Eses deberes de matemáticas ignorados. Unha data inesquecible O nome do teu namorado Aquelas conversas secretas cando queda media hora de clase Un fragmento dunha canción inspiradora Un debuxo de Ralph Os apuntes inacabados de física Cartas daquel amor perdido Esas fotocopias dun tema pasado Pequenos borróns feitos con típex Notas sen sentido algún Ese separador desvirgado Unicornios Frases con e sen sentido Unha despedida Raias Contadores de comillas Recordos pegados con fixo Todos os nomes das persoas importantes Os recordos do pasado As promesas dun mañá Un “Quérote” A imaxinación reflectida Pequenas citas Debuxos traumáticos Desexos de morrer A moda (Noelia, Ruth, Joel)
Medo Medo a quedar soa na multitude Mede a non poder imaxinar Medo a non saber expresas o que penso nun papel Medo a non existir para os meus compañeiros, E medo a que os meus compañeiros non existan para min. Medo a non volver a abrir os ollos e non poder tocar as nubes e a restrinxir as miñas bágoas para sempre. Medo a perder a razón E medo a perder o meu corazón.
(Mariña, Andrea, Sara, Ánxela)
O Lapis Eses lapis esquecidos, abandonados no fondo dun caixón anticuados e mesmo roídos.
Eses lapis que nalgún tempo estiveron nas mans dun neno que xogou a rompelos.
Eses lapis que non lles queda outra que esperar que unhas mans decidan con desprecio o seu final
Xa non contarán eses lapis as vellas historias que ninguén quere escoitar.
(Victoria, Mar, Irene, Silvia)
Poema Dadá A vieira de Ferrol Sigo a medias coa pornografía A investigación destroza o paraíso O amplificador da homofobia é un matón Mentres adelgaza a prostitución Gastaron millóns na verdade. O lema das tarxetas pide un rescate Os teimudos marxinais piden placer O rescate pide un lema O rei fantasma de China Entrega premios aos búlgaros O fermoso Urdangarín alucina de peregrina Denantes sen millóns se consolan Os adolescentes reparten crónicas Pachi pincha ao papa O galáctico conquista Pescanova Don Alberto está de xolda na discoteca Picasso volve historiando
(Jorge, Carlos, Miriam, Aitor)
OPINIÓN DA RAPAZADA… 3º ESO Carlos Aguado En mi opinión, la charla con Carlos Negro fue muy interesante, ya que nos demostró que la poesía va más allá de lo poemas de amor. También, nos enseñó cómo podíamos hacer nuestros propios poemas de diferente forma, como por ejemplo, recortando palabras sueltas de un periódico para luego pegarlas y hacer un texto. Además, me gustó el detalle de los dulces que nos dio..
Ruth Nouche En la charla del otro día me gustaron las actividades que propuso, lo de escribir poemas y bueno, puede que esto un poco menos, lo del tubo por el que susurraba. Sus explicaciones estaban bastante bien, y sinceramente de la charla me gustó todo así que puedo omitir el punto de lo que no me gustó.
4º ESO Victoria Formoso Para min, esta foi unha experiencia moi divertida. Gustoume moito poder interactuar tan de cerca coa poesía, e pareceume un home moi amable. Se por min fose, se faría todos os martes.
Silvia Iglesias A visita de Carlos Negro pareceume unha experiencia maravillosa demostrounos, como el ben dixo, que a poesía non son todo pombas e flores, é dicir non é todo amor, desamor, morte... Pódese facer poesía de todo tipo. Gústoume moito que fora tan próximo a nós e nos axudara a facer poesía, ou polo menos intentalo. Repetiríaa sen dúbida.
Aldara López A experiencia con Carlos Negro resultoume moi gratificante pois, ademáis de que a poesía do autor paréceme fascinante, aprendín que un poema é algo máis ca palabras en verso. Agora, tamén me voltei máis aficionada á poesía, pois son capaz de disfrutala completamente.
Pareceume
especialmente
interesante
a
actividade de escribir e paseino moi ben con ela. Tamén descubrín algúns libros dos que non escoitara falar e que me chamaron moito a atención. En resumo, foi moi inspirador e gustaríame poder realizar un encontro coma este noutra ocasión.
Carlos Negro – Bibliografía Poética Cine
“El club de los poetas muertos” – Oh capitán, mi capitán http://www.youtube.com/watch?v=HVS4PiVicqw
Álbum Ilustrado Leo Lionni – “Frederick” http://revistababar.com/wp/frederick/ Jean-Pierre Simeon: “Un poema para curar a los peces” http://sonandocuentos.blogspot.com.es/2010/03/un-poema-paracurar-los-peces.html Adriana Falcao – “Maniática de la explicación” http://www.lecturaviva.cl/lecturav_wp/?libro=maniatica-de-laexplicacion
Poesía
Ajo – “Micropoemas 2” http://www.arrebatolibros.com/es/wpcontent/themes/arrebato/iBooks/AJO_micropoemas2_4ed.pdf
Fran Alonso – “O meu gato é un poeta” , “Poetízate” http://www.gatopoeta.net/ http://xerais.blogaliza.org/2011/11/16/%C2%ABpoetizate%C2%BB-de-fran-alonso-unhaantoloxia-para-vivir-a-poesia-como-unha-rebelion/
Xosé María Álvarez Blázquez http://www.realacademiagalega.org/figuras-homenaxeadas//journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/13439
Ernesto Cardenal – “Epigramas” http://www.youtube.com/watch?v=2UqRvQ4_qCw http://paredolia.wordpress.com/2010/02/05/ernesto-cardenals-epigramas-the-claudiapoems-part-1/ http://www.tumblr.com/tagged/epigramas http://www.poetryfoundation.org/bio/ernesto-cardenal
Rosalía de Castro http://www.rosaliadecastro.com/
Lupe Gómez Arto – “Pornografía” http://vimeo.com/42359831
Samuel L. Paris http://pararaparis.bandcamp.com/album/inflamable
Antón Lopo http://www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=696
Miguel Munárriz – “Poesía para los que leen prosa” http://www.visor-libros.com/webhtml/visor/555.htm http://www.elmundo.es/encuentros/invitados/2004/05/1087/
Andrés Neuman http://www.andresneuman.com/ http://andresneuman.blogspot.com.es/
Uxío Novoneyra http://www.uxionovoneyra.com/
Benjamín Prado
Kirmen Uribe – “Mientras tanto dame la mano”
http://www.amediavoz.com/prado.htm http://kirmenuribe.com/es/testuak/poemak/
Roger Wolfe http://www.amediavoz.com/wolfe.htm
Imaxes topadas en: 1.
http://blogs.20minutos.es/madreconadolescentes/2008/05/
2. http://irnustian.com/2012/06/load-shedding-more-than-just-annoying/ 3. http://www.abc.es/fotos-galicia/20121212/vista-aldea-unos-compradores1503815091023.html 4. http://www.ecologiaverde.com/pareja-de-tortugas-rompe-tras-115-anos-dematrimonio/ 5. https://englishvg1.wikispaces.com/Ralph+Wiggum 6. http://imposibilidadesimprovabilidades.blogspot.com.es/2012/08/blog-post.html 7. http://es.paperblog.com/arte-en-lapices-679143/ 8. http://letrasdenada.blogspot.com.es/2012/02/titulares-de-fuego.html 9. http://es.123rf.com/photo_9149649_recortes-de-titulares-de-prensa-mostrandomalas-noticias.html 10. http://vanguardia-deportiva.blogspot.com.es/2010_06_01_archive.html