Xincana Cultural

Page 1


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL SE AS VOGAIS ATOPAS AGORA PASARÁS XA Á SEGUNDA PROBA

PROBA Nº 1 COMPLETA O NOME DOS POETAS M – R - -

M – R – Ñ -

- L V – R -

C – N Q - - - R –

P – L – R

P – L L – R – S

M – R T – N

C – D – X

- D - - R D -

P – N D – L

M – N - - L

M – R - -

C – L S -

- M – L - -

F – R R - - R -

RESPOSTA PROBA Nº 1 M A R I A

M A R I Ñ O

A L V A R O

C U N Q U E I R O

P I L A R

P A L L A R É S

M A R T Í N

C Ó D A X

E D U A R D O

P O N D A L

M A N U E L

M A R Í A

C E L S O

E M I L I O

F E R R E I R O


CONSIGNA E PISTA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL ESTA PROBA RESOLVEREMOS SE NA REDE NOS METEMOS...

PROBA Nº 2 ¿Que tres membros da Real Academia Galega, e en que data, presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas"?

RESPOSTA PROBA Nº 2 http://www.diadasletrasgalegas.com/historia.php Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego o 20 de Marzo de 1963


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL LE A PROBA SEGUINTE CON DETENIMENTO E SABERÁS ONDE IR NUN MOMENTO.

PROBA Nº 3 Unha proba ben doada

No instituto debedes atopar unha persoa que sexa muller, rubia e de pantalóns e que ama a música, compoñer cancións e as matemáticas. Tedes que convencela para que vaia a RADIO BARULLO e recite unha poesía. Tedes que elixir a poesía entre un dos libros da BIBLIOTECA. ¿De que persoa estamos a falar?

RESPOSTA PROBA Nº 3 Mª Carmen Arnoso (Profesora de Inglés)


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL UN MUNDO DE FANTASÍA, CARGADIÑO DE ILUSIÓNS, ESPERTA A NOSA LEDICIA, ENTRE TANTAS ATRACCIÓNS.

PROBA Nº 4 Unha muller tivo a rara fortuna de atopar un taxi libre. Pero de camiño, a muller resultou ser tan faladora, que o taxista case que perde a paciencia. Taxista: “Síntoo moito señora, pero non oio nada do que me está a falar. Son xordo como unha tapia, e o meu audífono estropeouseme. Ao enterarse, a pasaxeira cortou a cháchara. Máis apenas baixou do taxi douse de conta de que o taxista non lle dixera a verdade.

¿Como puido a muller darse de conta da mentira do taxista?

RESPOSTA PROBA Nº 4 O

taxista

oira

á

muller

porque

soubo

levala

dirección que lle dixera ela cando entrou no taxi.

correctamente

á


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL FILLO ERES, PAI SERÁS, ASEGÚN FIXERES ASÍ ENCONTRARÁS.

PROBA Nº 5 PERDÉRONSE ALGUNHAS PALABRAS, BUSCÁDEAS BEN E DE SEGURO QUE AS ATOPAREDES. Un bolo pequeno, Un bolo boleiro Para cala-lo ............ O bolo que digo Non é de centeo Que é de ................ ¡Levará un burato o bolo, no medio, para meter un ........... Ai, ¡que me escachizo; Que non é un rato Que é un ...............! ¡Un chourizo enteiro no medio do bolo pró neno ...............! Manuel María

RESPOSTA PROBA Nº 5 A SOLUCIÓN É ABERTA (PODEN SER ESTAS PALABRAS OU OUTRAS COA MESMA RIMA) PARA TODAS AS PALABRAS EXCEPTO AS SUBLIÑADAS. FACER

RATO

NENO

CHOURIZO

PANTRIGO

LARPEIRO


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL ENTRE AS REDES ATRAPADOS COMA PEIXES HAI POEMAS FERMOSOS ESTE É UN DELES

PROBA Nº 6 MARÍA PITA I María das batallas, Levareiche unha flor por cada bala; E unha cunca de leite Arrebuxada en neve Pra che curar a sede. II María das batallas, dareiche un reiseñor por cada bala, e unha esterlina nova no berce dunha dorna, núa, espida, graciosa: Varona dos meus ollos, unha estrela Que ti gañaches, poderosa e leda III Muller de soberana liberdade, Os artilleiros danche alferecía E faite o mar patrona da cidade. Din as miñas campanas, escoitade, (din, don, din, don) de monte a monte e mais de ría a ría; (din, don, din, don) “O bronce meu, teu bronce foi, María”

¿Quen o escribíu?

RESPOSTA PROBA Nº 6 http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco/letrasg/lorenzov.htm Lorenzo Varela


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL MERLÍN, O MAGO, O DRUIDA DO REI ARTURO, É O HEROE MÁIS FAMOSO DAS LENDAS CÉLTICAS

PROBA Nº 7 ¿Que escritor recibiu o Premio Merlín 2004? Escribe o título, autor, editorial e colección da obra premiada.

Título:

Autor:

Editorial:

Colección:

RESPOSTA PROBA Nº 7 Título: O BRINDO DE OURO

Autor: XESÚS MANUEL MARCOS

Editorial: XERAIS

Colección: FÓRA DE XOGO


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL VER O LIXO NOS OLLOS ALLEOS E NON VER A TRANCA NON SEUS.

PROBA Nº 8

¿Que lle di un ollo a outro?

RESPOSTA PROBA Nº 8 “Estamos separados por narices”


CONSIGNA E PISTA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL SE O DEBUXO MIRAS CON ATENCIÓN AXIÑA ATOPARÁS A SOLUCIÓN...

PROBA Nº 9

¿QUE DEMOSTRABA QUE HABÍA ALGUEN NA CASA MISTERIOSA?

RESPOSTA PROBA Nº 9 O FUME QUE SAÍA POLA CHIMINEA


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL O MUNDO ESTÁ CHEO DE LIBROS PRECIOSOS, QUE NINGUÉN LE. UMBERTO ECO

PROBA Nº 10 DEBES RESOLVER OS SEGUINTES XEROGLÍFICOS

1º EN

-A ¿ONDE NACEU XAVIER?

2º É

¿A QUE SE DEDICA?

RESPOSTA PROBA Nº 10 1º EN CARACAS 2º É SOLDADO


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL CADA OVELLA COA Sร A PARELLA

PROBA Nยบ 11 ALELUIAS Estas aleluias estรกn formadas por pareados. Seguindo a mesma estrutura, debedes facer polo menos outras catro.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.