Somos seres dotados para a linguaxe e grazas a ela e con ela construimos o que somos. Temos por iso unha inesgotable confianza nas palabras, no seu poder para argumentar e emocionar, para persuadir e civilizar. Coas palabras elaboramos mundos, teorías, relacións, ficcións, leis, sonos…, aínda que tamén con elas podemos destruír, danar, engañar ou confundir. É por iso que, entre outras misións, confiamos nas palabras para defender as virtudes e as recompensas da lectura. Estamos convencidos de que se acertamos nas descricións, as metáforas ou os razoamentos poderemos orientar aos escéticos ou os indiferentes cara aos libros, impulsalos a descubrir os gozos que outros descubriron antes. Eu, aínda que gran parte dos días me mostro seguro da forza das palabras para invitar a ler e procuro ser consecuente, non poucas veces dubido de que a reiterada apoloxía da lectura poida espertar curiosidade, ánimo ou paixón polos libros. É posible mostrar realmente a alegría dende a que un fala cando defende a lectura dun libro? Que perciben en verdade os outros cando obsevan o meu entusiasmo ou o meu silencio ditoso? Entenden os meus argumentos ou dan o mesmo significado a palabras como emoción, pracer ou fantasía? Neses días indecisos penso que é imposible traspasar a outros a íntima felicidade que un sentiu lendo un poema, un ensaio, un conto, unha novela. O titubeo non impide, non obstante, a perseveranza. Crédito da Imaxe
É por iso que sempre preferirei a discreción do exemplo á baranfunda dos discursos. Se me presento ante un grupo de nenos limítome a abrir un álbum ilustrado e lelo con delicadeza e fervor, se estou en fronte de adolescentes no lles falo nin como un colega nin como un académico senón como alguén que coa súa idade descubriu nos libros o que a vida lle ocultaba, se debato cos meus alumnos procuro inculcarlles amores antes que deberes cara aos libros, se traballo con profesores aléntoos a actuar sempre como lectores antes que como eruditos, se me dirixo a nais ou país intento facerlles ver a importancia de ofrecer modelos e estímulos, se converso con outros lectores sobre un libro non oculto os meus pensamentos pero non os erixo en verdade, Non sei se esa actitude é convincente, se axuda ou non a crear lectores, pero penso que actúo como deberían actuar sempre os lectores, sen arrogancia, sen conciencia de superioridade, procurando regalar o único que nos está permitido: o testemuño cunha alegría, a manifestación dunha experiencia singular cun conxunto de palabras que alguén armou para nós, aínda que o seu rostro nos sexa descoñecido ou a súa vida trasncorrese hai milenios ou o seu cuarto diste centos de quilómetros do noso. Juan Mata Texto cedido polo autor ás Bibliotecas Escolares Galegas con motivo do “Día do Libro” Crédito da imaxe
Para que les? لقراءة تمنحل األجنحة التى تاخذك حيث التسطيع قداماك
“Leer te da las alas que te llevan donde no pueden tus pies” Alaa Hamed
Para que les? “Eu leo para evadirme da realidade, deixar voar a imaxinación e descubrir as sorpresas que cada libro agocha tras as súas páxinas.” Alexia Novo
Para que les? “Desde que tengo consciencia de mi ser, los libros me han acompañado en la soledad como amigos fieles. Han ensanchado el horizonte de mi mente, me han enriquecido culturalmente, me han proporcionado una gran felicidad. No concibo la vida sin libros.” Alsira Fernández
Para que les? A lectura representa: - un exercicio de liberdade que permite unha autoactualización e unha reflexión continua sobre a vida e o seu sentido . - unha oportunidade de evasión e enriquecemento ao permitirme vivir, sentir e achegarme a situacións e personaxes diferentes á miña realidade. unha oportunidade de realización persoal e profesional a través dos retos que outros nos propoñen por medio da palabra.” Amelia Conde
Para que les? “A lectura é algo implícito ó meu traballo. É algo fundamental para o meu desenvolvemento persoal e profesional ” Antonio Durán (Morris)
Para que les? “Leo para viaxar sen medo máis alá dos muros que choen a casa da miña ignorancia. Cada vez que regreso dunha lectura, derrubo un muro da miña casa.” Antonio Reigosa
Para que les? “Leo porque, coa lectura, xa non sei se as estrelas son o leite da deusa Venus ou xigantescas esferas de hidróxeno e helio.” Antonio Rivera
Para que les? “Leo para viaxar. Leo para poder visitar outros planetas. Leo para coñecer. Leo para descubrir. Leo para divertirme. Leo para pasar medo. Leo para... vivir.” Anxo Fariña
Para que les? “Leo para aprender a falar coas árbores, a escoitar o rio e saber porque o vento abraza as montañas. Leo para refuxiarme das batallas, das guerras e o odio entre os humanos. Quero ser un refuxiado no pais dos libros capaz de construir con cada unha das letras de calquera deles a palabra Esperanza. Por [...] Anxo Moure
Para que les? “Leo porque son curiosa e agradezo os libros que me fan cuestionar a miña persoal percepción da vida. Que sexan un revulsivo. Que rebenten os límites e os prexuízos.” Anxos Sumai
Para que les? “Para mi la lectura es una forma de desarrollar mi imaginación y de olvidar por un momento mis problemas.” Araceli García
Para que les? “Simplemente leo para alimentar mi imaginaciĂłn, para evadirme y pasar un buen rato al mismo tiempo que aprendo cosas nuevas casi sin darme cuentaâ€? Beatriz Armada
Para que les? “Leo para vivir outras vidas, para viaxar a outros lugares, correr aventuras, coñecer outras xentes e para sentir outras realidades.” Begoña Fernández
Para que les? “Para ser non só persoa, senón, ás veces, tamén personaxe.” Caridad Silva
Para que les? “Un libro sempre é útil. Na Pontepedriña, ou na Baía de San Salvador. Poderíamos vivir sen libros... e sen amigos, e sen amor, e sen pernas… pero que necesidade hai de prescindir de aquelo que nos fai felices? A pregunta debería ser ao revés. Realmente es quen de vivir sen a lectura? Carlos Blanco
Para que les? “O primeiro que observo é or retrato do autor ou autora. Comezando a ler, vou meténdome na súa per para saber como pensa e o comparo co meu pensamento. É como vivir dúas vidas á vez. Apaixoante!” Carmen Arnoso
Para que les? “…gústame que me vexan lendo, por se me preguntan ¿Que les?, e conversamos.” Celso Fdez. Sanmartín
Para que les? “Eu leo para nutrirme. Leo para sobrevivir.� Cristina Novoa
Para que les? “Eu leo para que os meus problemas non teñan tanta importancia. Para evadirme do mundo real e vivir as aventuras que corren as personaxes. Para sentirme libre e voar en dirección á felicidade.” Cristina Prieto Solano
Para que les? “Teño dous lectores dentro de min. Gaña por goleada o que pretende divertirse con historias de policías e detectives, pero o que necesita respostas ontolóxicas sobre a existencia aparece de cando en vez.” Diego Ameixeiras
Para que les? “Para soñar, para viaxar, para vivir.” Domingo Villar
Para que les? “Leo para escribir, para pensar, para crear, para aprender cancións, para celebrar os momentos de silencio ou abrir a carta do meu amigo, leo porque os libros son como camiños que percorren a paisaxe interior de quen os escribe, leo para aprender a ler.” Eduardo Rodríguez Cunha (Tatán)
Para que les? “Para vivir tódalas historias imaxinables. Viaxando en tempo, espazo e vivenzas dende o meu sillón e adquirindo cultura, vocabulario, ortografía...” Elisa Naveiras Santiago
Para que les? “Leo porque me gusta enriquecer mi punto de vista, conocer el mundo que me rodea, andar con ojo avizor por la vida y sentirme vivo, en definitiva.� Emilio Varela
Para que les? Cubrirme de puntos suspensivos Poñerme na pel doutra persoa, mesmo dun animal. Mesmo dun oso. Deitarme na Vía Láctea. [Mesmo na pel dun extraterrestre] Enredarme no eco dunha palabra que resoa como unha caramuxa. [Mesmo na pel dun limoeiro] Entendelo case todo. Peitearme con puntos e comas. E saber dicir o que quero dicir cando me toca dicir, e dicilo ben e dicilo alto e dicilo forte e poder escribilo para que haxa outro que o lea e cubrilo de puntos suspensivos e... Para min todo iso é ler. Estíbaliz Espinosa
Para que les? "Eu leo para entender as cousas como os exercicios. TamĂŠn leo para entreterme e aprender novas palabras" Fernando Maceiras
Para que les? “En cada minuto dun día, e doutro, e doutro máis… atoparía unha nova razón para ler. Leo para seguir reconstruíndome. Leo, logo son unha privilexiada.” “Leo para poder dicir Si, para saber dicir Non, con convicción” Fina Casalderrey
Para que les? “Leo por diversión,con imaxinación. Leo por curisiodadidade,con experimentación. Leo por sentirme libre,con ilusión. Leo por coñecerme,por coñecervos,por coñecer outros mundos,outras músicas outras cores,outros cadros e debuxos,outras xentes que tamén len... Leo porque me gusta.” Guadi Galego
Para que les? “Ler, como escribir, é levarnos do Eu ao Nós, é devolver á palabra a dignidade perdida, recuperar a facultade de dialogar co que somos, co que fomos, e ata co que seremos.” Gonzalo Moure
Para que les? “Para medrar por dentro e acabar de ser persoa.� Helena Villar Janeiro
Para que les? “A min gústame ler porque é outra maneira de vivir noutros sitios ou outras situacións, novas experiencias.” Inma Lavandeira
Para que les? “Leo porque los libros me ayudan a olvidar los problemas, a evadirme de aquello que me preocupa o me agobia.� Iria Carpente
Para que les? “Eu leo para: - Evadirme da vida cotiá, dos problemas, das preocupacións. - Imaginar mundos fantásticos, marabillosos... - Gozar nos meus ratos de ocio. - Informarme do que pasa no mundo, na sociedade, no meu entorno máis próximo.” José Gómez
Para que les? “Leo para vivirte Leo para sentirte Leo para crecer Leo para non morrer” José M. Mouriz Cabalo
Para que les? “Porque é unha necesidade, como o respirar” Juan Bautista Fdez. Lamelas
Para que les? “A mi me gusta leer para divertirme y conocer el mundo que me rodea” Juan Carlos Valerón
Para que les? “Porque me gusta soñar. Gústame converterme nun Tuareg do Sahara, nun investigador privado que desmantela os cimentos da xustiza dun país, nun mariño conquistador de novos pobos, nun médico que descubre a vacina contra o cancro… Tamén me gusta afondar e reflexionar sobre as inxustizas que asolan o noso mundo. Nos libros temos a axuda que precisamos e en todos os xéneros literarios encontramos cultura, harmonía e sobre todo boa compaña.” Juan José López Bellón
Para que les? “Leo para vivir outras vidas, outras experiencias e outros mundos e, así, entender o meu.” Juan Pablo Patiño
Para que les? “Leo para vivir máis.” Kiko da Silva
Para que les? "Eu leo para soñar sen durmir, para falar sen mover a boca, para camiñar sen mover os pés, para ser quen non son, para crer nun novo mundo, para vivir..." Laura López
Para que les? “Yo leo para poder sentirme bien, para aprender, para enterarme de lo que puede estar pasando y sobre todo, para que cada uno de los textos que lea me sirva para entretenerme y pasar un buen rato.� Leonardo A. Sanz Diego
Para que les? "Eu leo para descubrirme nos outros e para descubrir aos outros en min. Leo para viaxar, para aprender, para soñar e para ser quen de facer eses soños realidade a través da maxia da lectura" Loly Lago
Para que les? “Leo para saber cosas” Lucía Solano (6 años)
Para que les? "Leo para coĂąecer, para viaxar, para ter aventuras, e... para transportarme a outros lugares e culturas" Luis DĂĄvila
Para que les? “Leer es una manera de vivir muchas vidas.” Luísa López Muiños
Para que les?
Para que les? “Leo como respiro, para vivir. As lecturas expresan o latexo da vida, dende o entusiasmo por coñecer até a melancolía de saber que se vai, inexorablemente, derramando.” Manuel Bragado
Para que les? “”Para aprender e estar no mundo. Viaxar, soñar, non renegar da especie, vivir as cen mil vidas que non vivirei, experimentar a reencarnación. Se estou triste. Ou feliz.” Mª Isabel Serantes
Para que les? ”Leo porque quero coñecer as distintas caras que ten unha mesma realidade, quero avivar os sentimentos, acender a imaxinación…. Porque si non leo cómo viviría?” Mª José Paz
Para que les? “Leo para aprender, para saber más cosas. Cuando leo Alicia en el país de las maravillas me creo que es verdad” María Jurado (7 años)
Para que les? “Leo, sobre todo mulleres, para compartir a súa rebeldía, para vivir noutros mundos posibles e aprender así a facer mellor aquel no que eu vivo.” María Reimóndez
Para que les? "Leo para nutrirme coa palabra dos outros. A lectura ĂŠ o meu alimento, sen ela non poderĂa vivir!" Mercedes Castro
Para que les? "Eu leo porque me gusta, necesítoo para vivir outras experiencias a través da lectura, coñecer outras culturas. Para min é un vicio moi sán!!" Meren Martínez
Para que les? “Para abrir a mente a formas de pensar e sentir moi diversas, que me fagan replantexarme as miñas. E, sobre todo, por pracer” Montse Rodríguez
Para que les? Os deportistas pasamos moitas horas adestrando, pero tamén en aeroportos,hoteis e hospitais. Neses intres de espera, concentración e tempos interminables de recuperación, un libro é a mellor axuda para amenizar na terminal do aeroporto, disipar a tensión no hotel antes da competición e conbatir a frustración cando te estas a recuperar dunha lesión. Nas tres Olimpiadas nas que participei tiña un libro o carón da cama na villa olímpica. E igual que unha canción ou un perfume recordan a esa chica ou ese día especial. Cando agora collo ese libro na miña casa, lebro todas as emocions, ledicias e tristezas que me aconteceron naquel momento. Porque ler un libro faiche feliz cando o lés pero tamén cando recordas o momento no que o liches a persona que cho regalo ou o lugar onde o conseguiches. Porque ler e recordar, e ¿quen non quere ter recordos? Pablo Cimadevila
Para que les? “Eu leo para saber quen son, para coñecerme e recoñecerme nas historias que escriben outras persoas, que viven outras personaxes.” Paula Carballeira
Para que les? “Para vivir, para soñar, para coñecer, para ser... Se non les non hai nada... A lectura é vide e é esperanza... A esperanza de ser mellores persoas, de ser máis xustas, solidarias, comprometidas, integrales... A esperanza de ser nós mesmas/os ” Pedro Brandariz
Para que les? “Leo para aprender, para pasar o tempo e para que o tempo non pase, para comprender o mundo e para entenderme, para estar acompañada e poder estar soa, para ir ao pasado e ao futuro, para estar na miña realidade e en todas as outras… máis ben, para que non leo? Pilar Sampedro
Para que les? “A min gústame ler porque é un xeito de poñerlle cara aos personaxes que os escritores nos describen. Ademais é unha forma de entrar nas realidades e fantasías que nos relatan, un xeito de abstraerse do presente para trasladarte ao imaxinario” Pinto de Herbón
Para que les? “Leo para saber máis desa mesmísima realidade da que fuximos cando practicamos ese exercicio intenso chamado lectura. Leo para atopar respostas a preguntas que ninguén fará. Leo para encher ocos alí onde a felicidade non chega. E leo tamén para reter ese tempo que escapa entre os dedos fugaz.” Rafa Villar
Para que les? “A min a lectura entretenme porque é unha forma simple de diversión e que pos a proba a túa imaxinación.” Raquel Eiroa Martínez
Para que les? “Eu leo para divertirme cando estou aburrido e tamén leo para aprender e porque me gusta ler.” Roque Sanfiz Arias
Para que les? “Leo para fuxir e para encontrarme no máis fondo de min mesma. Leo para saber e para ignorar. Para ver dende outros ollos e dende as tripas dos meus. Leo para ser ti.” Rosa Aneiros
Para que les? “Eu leo para aprender sobre outras culturas, outras formas de pensar e de vivir, pero sobre todo porque me divirte e disfruto cun libro nas mans.” Rosa Fariña
Para que les? “É unha vía de escape, unha forma de vivir outra vida cando che apeteza e sin molestar a ninguén… pero con tanta intensidade como se fose a túa propia historia. E logo, cando rematas e pensas éste sí, este é o mellor de todos. Ata que chega outro que fai que sintas o mesmo. É un vicio moi recomendable, e aínda que cree adición sempre haberá amigos, veciños, bibliotecas ou clubes de lectura para compartilo.” Rosi Rivera
Para que les? “Eu quería ser corsario e escapar de Long John Silver, pretendín ser un neno libre como Pipi Lamstrung, soñei con acompañar a Verne na viaxe ao centro da Terra e con cazar tigres canda Sandokan, pretendín embarcarme no Pequoq. Soamente un lugar no que conseguín realizar todos eses soños: na biblioteca.” Santiago Jaureguizar
Para que les? "Eu leo porque me gusta ler sobre todo comics de risa. TamĂŠn leo para aprender e mellorar a lectura. Pero sobre todo leo porque me gusta" Sergio GonzĂĄlez Fachal
Para que les?
Para que les? “A literatura expándenos fóra do noso eu e ao tempo reforza o noso eu, fainos máis donos. E por iso é unha experiencia única e intransferíbel, porque todo ocorre dentro nosa.” Suso de Toro
Para que les? "Eu leo para aprender, divertirme e para pasar un bo rato imaxinando as aventuras que nel acontecen. Leo para saber o que ocorre noutros lugares, para saber que cami単o escoller ou para, simplemente, ler." Tamara Miragalla
Para que les? "Leo para vivir miles de vidas de papel y sentir asĂ el roce de lo eterno." Toni Solano
Para que les? “É o secreto da eterna juventude. Todo aquelo que se atopa fora do sentido e conhecimento a imaginazom o recompom á sua vontade. É um efecto terapeutico com o mundo e com uma mesma. Um reencontro constante e uma aventura perpetua.” Ugía Pedreira
Para que les? “Leo para imaginarme otra, para soñarme yo misma, para reinventarme. Leo por afición, por aflicción y por compulsión. Leo, luego existo.” Virginia Imaz (Oihulari Clown)
Para que les? “Leo para lerme. Leo para saber quen son. Que quero ser. Leo para encontrarme nos textos. Non vou na procura do que o texto di, senón do que di de min. Así a lectura fáiseme experiencia e vida.” Xabier P. Docampo
Para que les? “Home, case sempre me preguntan porque camiño, porque subo os montes…pero por que leo…..? Pois supoño, que é un acto reflexo igual que camiñar, so que os obxectivos son diferentes. Camiñando quero chegar a un sitio, a un lugar, case sempre alto (para iso son montañeiro), pero lendo, non chego a ningures, simplemente recollo datos. Eses datos que logo necesito para desenrolar a miña vida, e ás veces as miñas aventuras. E si non salgo a camiñar nalgún tempo, entón, me traslado ao interior do libro, e penso que estou alí.” Xan Ramírez
Para que les? “Para descubrir a chorima, abraiarme coa súa cor, probar con ela a dor e a ledicia e acompañala polo planeta.” Xoán Vázquez
Para que les? “Para poder sorrir, mirar a chuvia, ás paredes de Tapies, sentir a Leonard Cohen, emocionarme con De Profundis, para viaxar… sobre todo facer viaxes imaxinarias.” Xosé Cobas
Para que les? “Non podería vivir sen fantasía, o maxín é o que nos fai ter ilusión, esperanza e ser felices. Ese mundo completo de fantasía só está nos libros…” Xosé M. Martínez Fraguela
Para que les? “Leo para multiplicar a miña vida por mil, para sentir que os pés se me elevan, e para poderme mirar sempre dende fóra.” Xosé Tomás
Para que les? "Leo porque é o camiño mellor para aprender a poñerme na pel de outros e de outras, leo para viaxar a outros espazos e outros tempos sen saír de aquí, para atopar nas de outros/as as palabras que nomeen o que me resulta dicífil de pronunciar, leo para achegarme a outras realidades que están nesta e leo sempre, tamén, para gozar" Yolanda Castaño
Pequena Escolma das Respostas Recibidas Para que les?
Alaa Hamed Guía Exipcio Alexia Novo Estudante Alsira Fernández Ama de Casa Amelia Conde Orientadora Antonio Durán (Morris) Actor Antonio Reigosa Escritor, creador de “Galicia Encantada” Antonio Rivera Profesor Anxo Fariña Escritor e ilustrador Anxo Moure Creador do Proxecto “Contos Solidários” Anxos Sumai Escritora Araceli García Estudante Beatriz Armada Estudante Begoña Fernández Profesora Caridad Silva Profesora
Carlos Blanco Actor Carmen Arnoso Mestra Celso Fernández Sanmartín Contacontos Cristina Novoa Mestra, Asesora Bibliotecas Escolares Cristina Prieto Solano Estudiante, Escritora (15 anos) Diego Ameixeiras Xornalista, Guionista Domingo Villar Escritor Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán” Titiriteiro. “Tanxarina Títeres e Marionetas” Elisa Naveiras Santiago C.M.I. Unidade de Fene Emilio Varela Periodista, Naturalista Estíbaliz Espinosa Escritora, Actriz, Cantante… Fernando Maceiras Fernández Estudante Fina Casalderrey Escritora Guadi Galego Cantante Gonzalo Moure Escritor
Helena Villar Janeiro Escritora Inma Lavandeira Ama de Casa Iria Carpente Estudante José Gómez Mestre José Manuel Mouriz Cabalo Profesor Juan Bautista Fernández Lamelas Profesor Juan Carlos Valerón Futbolista – Xogador do Deportivo da Coruña Juan José López Bellón Marino Juan Pablo Patiño Profesor Kiko Da Silva Ilustrador Laura López Estudante Leonardo A. Sanz Estudante Loly Lago Profesora, Coordinadora Bca. Escolar “O Segrel do Penedo” (IES de Fene) Lucía Solano Estudante de Castelló (6 anos) Luis Dávila Humorista Gráfico
Luisa López Muiños Ama de Casa Manel Cráneo Escritor, Ilustrador Manuel Bragado Editor de Xerais, “Brétemas” Mª Isabel Serantes Mestra Mª José Paz Psicopedagoga María Jurado Estudante (7 anos) María Reimóndez Escritora, Tradutora Mercedes Castro Escritora, Editora Meren Martínez Ama de Casa Montse Rodríguez Conserxe Pablo Cimadevila Deportista Paula Carballeira Escritora, Actriz Pedro Brandaríz Cómico Pilar Sampedro Mestra, Asesora Bibliotecas Escolares Pinto de Herbón Regueifeiro
Rafa Villar Escritor, Poeta Raquel Eiroa Martínez Estudante Roque Sanfiz Arias Estudante Rosa Aneiros Escritora Rosa Fariña Ama de Casa Rosi Rivera Auxiliar Xeriatría Santiago Jaureguizar Xornalista, Escritor Sergio González Fachal Estudante Silvestre Gómez Xurxo Escritor Suso de Toro Escritor Tamara Miragaya López Estudante Toni Solano Profesor, Bloguero Re(paso) de lengua Ugía Pedreira Directora Centro Dramático Galego, Cantante Virginia Imaz “Oihulari Clawn” Paiasa, Narradora e Escritora Xabier P. Docampo Escritor
Xan Ramírez Presidente Club de Montaña Ferrol Xoán Vázquez Vázquez Profesor Xosé Cobas Ilustrador Xosé M. Martínez Fraguela Mestre Xosé Tomás Ilustrador Yolanda Castaño Escritor
Os carteis onde van enmaquetadas as respostas son obra de Jaime Izaguirre un arquitecto, deseñador e debuxante galego que gratuitamente cedeu os seus deseños ás Bibliotecas Escolares Galegas con motivo do Día Internacional do Libro.