Suxestions Nadal 2011

Page 1

Suxesti贸ns para un Nadal de Lecturas en Familia

O Segrel do Penedo


PARA ACHEGARNOS AO SAHARA EL BESO DEL SÁHARA – GONZALO MOURE Durante a súa visita a un campamento Saharaui, Marta recibo o bico de nadira, unha rapaza refuxiada, e a partir dese momento as súas vidas intercámbianse. O soño e a realidade confúndense nesta historia como a vida das súas propias protagonistas. PALABRAS DE CARAMELO – GONZALO MOURE / FERNANDO MARTÍN Kori é un neno de oito anos que recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto con que sempre soñou. Quizais a súa aventura nunca remate, sobre todo pola mensaxe tan especial de Caramelo. EL CAZADOR DE ESTRELLAS – RICARDO GÓMEZ Bachir vive nun campamento de refuxiados Saharauis. Unha doenza pulmonar obrígalle a permanecer inválido na súa tenda, dende onde escoita atentamente os sons que chegan ata el. A través do oído tenta imaxinar o que acontece ao seu arredor. Unha noite coñece a Jamida, un sorprendente anciano, mestura de sabio e guerreiro, con quen fala da historia do seu pobo e do nome das estrelas. Ese encontro permitiralle ver un mundo máis aló dos opacos límites da súa jaima.


ESTÁS NA LÚA — CARMEN MONTALBÁN / PILAR MILLÁN Carmen Montalbán plasma nesta historia a fonda impresión da súa estanza en Tinduf, a fascinación pola paisaxe do deserto, a hospitalidade da súa xente. O resultado, unha obra comprometida no fondo, sensible na forma, didáctica no seu percorrido literario polo mundo, tenra polo vínculo creado entre neta e avoa, un libro que enta polos sentidos, como o té: suave, amargo e doce, como o amor, a vida e a morte. As acuarelas de Pilar Millón aportan calidez e colorido, transpórtannos ao reino da area, aos seus espazos e costumes; máis tamén ao mundo das emocións, os soños e os símbolos evocadores, como a Lúa. EL COLOR DE LA ARENA – ELENA O’CALLAGHAN / Mª JESÚS SANTOS Abdulá vive no deserto e non coñece outra cor que a da area. Pero o seu avó, que vivíu tempos mellores, antes da guerra e do illamento, fálalle do oasis e de vexetación, e do mar. O rapaz consegue deste xeito encher o seu mundo de cor, e expresalo cos lapis e o papel que lle chegan, de cando en vez, nos camións. As ilustracións amosan as cores do deserto, tan suaves e delicados como a historia deste rapaz que necesita a pintura para comprender mellor o seu propio mundo.


ÁLBUMES ILUSTRADOS

EL HERBARIO DE LAS HADAS — SÉBASTIEN PÉREZ / BENJAMÍN LACOMBE Este álbum sumérxenos no diario íntimo dun eminente botánico ruso. Aleksandr Bogdanovitch, membro do Gabinete de Ciencias Ocultas, a quen Rasputín encomenda a misión de descubrir o elixir da inmortalidade. As súas investigacións levárono ao bosque de Broceliande, famoso polas súas prantas medicinais e as súas lendas. CUENTOS MACABROS — EDGAR ALLAN POE / BENJAMÍN LACOMBE Unha edición de luxo dos contos de Edgar Allan Poe mestre do terror. Os inquietantes relatos, que se presentan coa tradución de Julio Cortázar van acompañados das espectaculares ilustracións de Benjamín Lacombe. Esta edición única inclúe ademais un texto de Beaudelaire sobre a vida e a obra de Edgar Allan Poe. Contén os relatos: “Berenice” , “El gato negro”, “La isla del hada”, “El corazón delator”, “La caída de la casa Usher”, “El retrato oval”, “Morella” e “Ligeia”


EL VIEJO TOMÁS Y LA PEQUEÑA HADA — DOMINIQUE DEMERS / STÉPHANE POULIN Tomás, un vello e malhumorado pescador, atopa unha pequena nena que as ondas do mar trouxeron á praia. ¿Quen será ese pequeno ser encantador que encherá de novo o seu corazón de sosego e ledicia? Un fermoso e poético relato para nenos e adultos sobre a vellez, a amizade e a necesidade de fantasía nas nosas vidas. Un relato poético e conmovedor, para compartir nenos e adultos, sobre a natureza humana onde destaca a necesidade de vivir en paz cun mesmo e cos demais, e a necesidade do ser humano de afecto e convivencia. CANTO DE NADAL — DICKENS / INNOCENTI Ambientado en Londres na época victoriana, “Canto de Nadal” é un clásico inesquecible da literatura universal ilustrado por un dos máis prestixiosos artistas internacionais. Esta é unha coidada edición para gozar dunha lectura que enxalza o espírito navideño. Os tres Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro revelaranlle ao avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida. Un libro esencial que destaca pola riqueza e pola precisión do texto de Dickens e das imaxes hiperrealistas de Innocenti, que ofrecen múltiples perspectivas visuais.


CAIXA DE CARTÓN — TXABI ARNAL / HASSAN AMEKAN Unha crónica da inmigración, máis dende un punto de vista moi diferente. Vainos descubrir a complexidade deste fenómeno que presenta caras moi distintas: a cara da fama e da miseria nos países de orixe, a cara das mafias que trafican con persoas, a cara do odio e da xenofobia coa que o primeiro mundo recibe aos estranxeiros. E pese a esta realidade tan desoladora, en Caixa de cartón hai esperanza. Porque esta historia tamén fala de solidariedade e das segundas oportunidades. JULIA, LA NIÑA QUE TENÍA SOMBRA DE CHICO CHRISTIAN BRUEL / ANNE GALLAND / ANNE BOZELLEC Unha defensa do recoñecemento das señas persoais de identidade na infancia é a idea central desta sutil obra, dunha beleza austera, con un texto que se desliza entre a ironía e a tenrura, e unhas ilustracións a liña negra sobre fondos brancos. As composicións tipográficas, sobre vermello, conforman un álbum de rara beleza para lectores de todas as idades.


POP — UP EL PRINCIPITO – ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY Unha versión moi especial do clásico da literatura. Da man do estudio gráfico francés Associeés Réunis creou unha arquitectura de papel digna desta obra máxica. E a tarefa non era sinxela. Esta peculiar versión de “El Principito” é fiel á obra de Saint-Exupèry, tanto no que respecta á estética minimalista da súa composición como nos delicados despregables que recrean o mundo da ilusión do libro. PETER PAN – BARRIE JAMES MATTHEW Nesta cuidada edición reúnense por primeira vez en castelán os dous relatos que o autor dedicou a Peter Pan (Peter Pan nos xardíns de Kensington e Peter Pan e Wendy), e acompáñanse con ilustración que para ambos relatos crearon dous célebres ilustradores Arthur Rackham e Mabel Lucie Attwell. Tras a lecturas de ambos relatos, o lector descubrirá unha nova dimensión de Peter Pan e Wendy. Un auténtico acontecemento literario.

Ilustracións: Mónica Carretero


Nadal 2 011


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.