CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL “LEDE A PROBA SEGUINTE CON DETENIMENTO E SEREDES QUEN DE DEMOSTRAR OS VOSOS COÑECEMENTOS”
PROBA Nº 1
Xa sabes que Valentín Paz Andrade estivo moi implicado no mundo industrial, en concreto mostrou unha sensibilización especial pola vocación mariñeira de Galicia e neste senso foi promotor dun importante grupo pesqueiro. 1. De que grupo estamos a falar e en que ano se fundou? 2. En que foi pioneira esta empresa? 3. Onde ten a súa sede esta empresa na actualidade? Indica a localidade, concello e provincia na que se atopa.
NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL
“ESTA PROBA NON TERÁ DIFICULTADE SE EN EQUIPO A INTENTADES” PROBA Nº 2 Un afluente é un río que desemboca noutro de máis importancia. Este último non ten porqué levar máis auga. É o caso do Sil que é máis caudaloso que o Miño na súa confluencia. Por iso se di que “o Sil leva a auga e o Miño a fama”. En Sudamérica hai un caso único en todo o planeta: dous cursos fluviais moi importantes e aparentemente independentes, o Orinoco e o Amazonas, pero comunicados ente si por un río máis pequeno. Como se chama este río?
Crédito da imaxe: almamagazine.com
NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL
“A SOLUCIÓN A ESTA PROBA ATOPARÉDELA SEN DEMORA” PROBA Nº 3 Seguro que tes visto botellas ou cartóns coa etiqueta “Leite pasteurizada”. A pasteurización é un método de esterilización parcial dos alimentos que permite conservalos durante máis tempo. Quen inventou a pasteurización?
Fonte da imaxe
NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL
“A SOLUCIÓN ATOPAREDES AXIÑA SE TEDES AFECIÓN Á ZOOLOXÍA” PROBA Nº 4
“Volverán las oscuras golondrinas…” di o poema de Gustavo Adolfo Bécquer. Pero de onde veñen as andoriñas?
Fonte da imaxe
NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL
“SE LEDES BEN A INFORMACIÓN AXIÑA ATOPAREDES A SOLUCIÓN” PROBA Nº 5
DAMERO MITOLÓXICO Saín de Troia para fundar un novo pobo _ _ _ _ _
Baixei ao Hades na procura da miña amada _ _ _ _ _
Nai do heroe que realizou 12 famosos traballos _ _ _ _ _ _ _
Alimentou a Zeus de pequeno
Entre os romanos almas dos defuntos
Raptoume alguén en forma de águia
_______
_ _ _ _ _
_________
Son irmán de Xúpiter e domino o mar
Os fillos de Leto mataron aos meus fillos
_______
_ _ _ _ _
Xogando coas iniciais das respostas atoparás a un rei grego:
NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL
“SE ESTA PROBA RESOLVEDES AGORA PASAREDES XA Á SEGUINTE ROLDA” PROBA Nº 6 "La Voz de Galicia” editou no 2002, dentro da colección Biblioteca Galega 120, un libro no que xuntou os poemas de Luís Seoane e de Valentín Paz Andrade. Localizade o exemplar (está nos fondos da nosa biblioteca) e buscade o primeiro poema da obra “Pranto matricial” de Paz Andrade. Entre os seus versos atoparedes o nome de dúas flores. Cales son? Ademais, este autor escribira esta obra “in memorian” dun persoeiro da cultura galega. Sabedes quen?
Fonte da imaxe Fonte da imaxe
NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
REGRAS DA XINCANA 1.
Formaredes equipos de ata tres membros.
2.
Todos os membros de cada equipo traballarán conxuntamente para acadar as respostas axeitadas a cada unha das 6 probas de que consta a xincana.
3.
Haberá un profesor/a-comisario/a responsable de cada unha das probas.
4.
Os comisarios/as estarán na biblioteca e na aula de informática 0, dependendo de onde se realicen as distintas probas.
5.
Para resolver as distintas probas podedes utilizar a biblioteca, a aula de informática 0 e a sá de exposicións onde está a exposición de Valentín Paz Andrade.
6.
Desenvolvemento da xincana:
O comisario 1 entregaravos a 1ª proba.
Debedes resolvela e entregala coa resposta axeitada ao comisario da 2ª proba. Este comprobará que a solución é a correcta. De ser así anotará, xunto á súa sinatura, a hora de entrega e daravos a 2ª proba.
Debedes resolvela correctamente e entregarlla ao comisario da 3ª proba. Este comprobará que a solución é a correcta. De ser así anotará, xunto á súa sinatura, a hora de entrega e daravos a 3ª proba.
E así sucesivamente ata rematar as 6 probas da xincana.
Non se poderá pasar á proba seguinte mentres a anterior non estea resolta correctamente.
6.
Non se pode abandonar a xincana antes de realizar a última proba.
Gañará o equipo que antes remate correctamente todas as probas.